Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia ‘Xestión de Proxectos Informáticos’ trata da planificación e implantación de todos os diferentes procesos do ciclo de vida do software en proxectos informáticos, desde a aparición da necesidade de un (ou varios) cliente(s) ata a retirada do produto e/ou a finalización do proxecto. Esta materia inclúe temas tanto puramente de planificación, xestión e control do proxecto como de procesos tan importantes como a xestión da configuración, problemas e cambios, os procesos de enxeñaría e desenvolvemento, os procesos de verificación e validación, de revisións e auditorías. Dado o caracter transversal que ten a xestión de proxectos, se organiza a materia seguindo o contido do PMBOK(R) do PMI.
Tema 01. Introdución á materia
Obxectivos da materia
Organización da materia
Tema 02. Proxecto. Conceptos e iniciación. Xestión da Configuración
Concepto de proxecto
A dirección de proxectos
O ciclo de vida dos proxectos
Procedemento de xestión de cambios nos requisitos
Tema 03. Estimación
Introdución
Métodos de estimación
Factores de complexidade
Un exemplo
Tema 04. Planificación
Planificación de procesos
Planificación de Tarefas
Restricións na planificación
Tema 05. Xestión de Riscos
Introdución
Planificación de Riscos
Seguimento de Riscos
Tema 06. Xestión de Custos
Contextualización do tema
Estimación de Custos e Elaboración de presupostos
Control de custos
Tema 07. Xestión de Recursos Humanos
Determinación e planificación de recursos
Xestión de Recursos Humanos segundo o PMP
Tema 08. Xestión das Comunicacións
Xestión das comunicacións do proxecto segundo o PMBOK
Matrices de interesados
Planificación de Información e Comunicacións
Xestión da Información
Tema 09: Seguimento e Control e Integración
Crise en Proxectos Informáticos.
Xestión da Integración do Proxecto
1. Bibliografía Básica
1.1 Apuntes e transparencias da materia.
1.2. PMBOK: A Guide to the Project Management Body of Knowledge (Pmbok Guide)- Fifth Edition by Project Management Institute, 2013. ISBN: 978-1-62825-009-1
1.3. Chrissis, Mary Beth; Konrad, Mike; Shrum, Sandy. "CMMI Para el desarrollo, versión 1.3: Guía para la integración de procesos y la mejora de productos", Editorial Universitaria Ramón Areces. España. 2012 ISBN: 978-8499610788
2. Bibliografía Complementaria
2.1. Estimación
2.1.1. Jack E. Matson, Bruce E. Barrett, and Joseph M. Mellichamp, "Software Development Cost Estimation using Function Points", IEEE Transactions on Software Engineering, vol 20, no 4, April 1994.
2.1.2. Marcela Varas C, "Modelo de Gestión de Proyectos Software: Estimación del Esfuerzo de Desarrollo", Informe de Habilitación Profesional para optar al Título de Ingeniero Civil Informático, Universidad de Concepción, 1995. http://www.inf.udec.cl/~mvaras/papers/arica/arica.htm
2.1.3. Magne Jørgensen, “Practical Guidelines for Expert-Judgment-Based Software Effort Estimation” IEEE Software. May/June 2005
2.1.4. Barry Boehm ‘Safe and Simple Software Cost Analysis’ IEEE Software Septiembre/Octubre 2000
2.2. Xestión da Calidade
2.2.1. ISO 9000:2000 series: Quality management systems. 2000. ISO
2.2.2. ISO 90003: Software engineering -- Guidelines for the application of ISO 9001:2000 to computer software. ISO
2.3. Xestión de riscos
2.3.1. Boehm, B.W., Software Risk Management: Principles and practices, IEEE Software, 32-41, Enero 1991.
2.3.2. Software risks taxonomy. http://www.sei.cmu.edu/risk/main.html
2.3.3. http://www.decisionmetrics.net
2.4. Evaliación de procesos
2.4.1. ISO/IEC 15504 ISO/IEC Information Technologies – Process assessment (parts 1-5) ISO.
2.4.2. CMM/CMMI Capability Maturity models. Continuous and staged models. www.sei.cmu.edu/CMMI
2.5. Recursos humáns
2.5.1. J. Fernando Naveda, Stephen B. Seidman “Professional Certification of Software Engineers: The CSDP Program” IEEE Software September/October 2005
Ao finalizar o curso, o alumnado deberá dominar os seguintes aspectos:
1. Coñecer, analizar e potenciar os factores que inflúen no éxito dun proxecto.
2. Realizar a estimación de esforzo necesario para levar a cabo un proxecto.
3. Fixar o calendario de fitos e entregas e establecer a planificación dun proxecto.
4. Coñecer e realizar as tarefas de seguimento e control dun proxecto.
5. Realizar unha análise de riscos e tomar as medidas preventivas e/ou paliativas oportunas.
6. Entender os conceptos e métodos asociados coa xestión da calidade e a satisfacción do cliente.
7. Xestionar os cambios nos requisitos dun proxecto.
8. Xestionar a configuración, sendo capaz de manter un control de versións axeitado.
9. Xestionar o presuposto dun proxecto, facendo un bo control de gastos.
10. Xestionar os Recursos Humanos dun proxecto permitindo a súa participación noutros proxectos.
O alumnado deberá ter desenvolvido as competencias básicas e xerais CB3, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG8, CG9, CG12. O alumnado tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Como parte do módulo de Organización e Xestión na materia tamén se desenvolven as competencias de formación básica: FB5, FB6; as competencias relacionadas coa informática: RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16; e as competencias relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI5. Ademais das cales a materia tamén contempla a última das competencias do modulo, isto é: Comprender como se desenvolve un proxecto integral de tecnoloxías da información no seo empresarial.
José Manuel Cotos Yáñez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816461
- Correo electrónico
- manel.cotos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Ángel Taboada González
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
10.07.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula A3 |