Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 19 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as leis e ecuacións de velocidade para o transporte de propiedade.
- Coñecer as operacións básicas, os modos de operación e os equipos máis comúns na industria química, especialmente para a separación de fases e compoñentes.
- Desenvolver a habilidade para realizar experimentos sobre propiedades termodinámicas e de transporte, analisar os datos obtidos e interpretar as teorías que os explican.
A materia ten créditos teóricos e créditos de laboratorio, que teñen os seguintes contidos:
Teoría
- Introdución aos fenómenos de transporte.
- Sistemas e modos de operación das operacións básicas.
- Operacións controladas polo transporte de cantidade de movemento.
- Operacións controladas pola transmisión de calor.
- Operacións controladas pola transferencia de masa.
- Outras operacións básicas.
Laboratorio
- Lei de Hagen-Poiseuille.
- Determinación de viscosidades de líquidos.
- Convección de calor natural e forzada.
- Determinación de coeficientes de transferencia de masa.
- Determinación de coeficientes de difusión.
A) Básica:
- McCABE, W. L., SMITH, J. C. e HARRIOTT, P., 2007. Operaciones Unitarias en Ingeniería Química. 7ª ed. México: McGraw-Hill. ISBN 9789701061749. Referencia: QUT 396 e QUT 407
- CALLEJA PARDO, G. et al, 2016. Nueva introducción a la ingeniería química, v.1, v.2. Madrid. Síntesis. ISBN 9788490773963 (v.1); 9788490773970 (v.2). Referencia: QUT 427-1 e QUT 427-2; QUT 428-1 e QUT 428-2
B) Complementaria:
- AGUADO, J. et al, 1999. Ingeniería de la industria alimentaria, v.1, v.2 e v.3. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-667-6 (v.1); 84-7738-938-1 (v.2); 84-7738-939-X (v.3). Referencia: ALT 55-1, ALT 55-2, ALT 55-3; ALT 56-1, ALT 56-2, ALT 56-3
- BIRD, R.B., STEWART, W.E. e LIGHTFOOT, E.N., 1993. Fenómenos de transporte: un estudio sistemático de los fundamentos del transporte de materia, energía y cantidad de movimiento. Barcelona: Reverté. ISBN 84-291-7050-2. Referencia: QUT 93 a QUT 96
- CALLEJA PARDO, G. et al, 1999. Introducción a la Ingeniería Química. Madrid. Síntesis. ISBN 978-84-773866-4-3. Referencia: QUT 412
- COSTA LÓPEZ, J. et al, 1999. Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte. Barcelona: Reverté. ISBN 84-291-7126-6. Referencia: QUT 164, QUT 165 e QUT 221
- COSTA NOVELLA, E. et al, 1985-1986-1988. Ingeniería Química, v. 3, 4 e 5. Madrid: Alhambra. ISBN 84-205-1119-6 (v. 3); 84-205-1408-X (v. 4); 84-205-1704-6 (v. 5). Referencia: QUT 14-3, QUT 15-3 e QUT 22-3; QUT 14-4, QUT 15-4 e QUT 22-4; QUT 14-5, QUT 15-5 e QUT 22-5
- COULSON, J. M. et al, 1999-2002. Chemical Engineering, v. 1 e 2. 5ª e 6ª ed. Oxford: Butterworth-Heinemann. ISBN 0-7506-4444-3 (v. 1); 0-7506-4445-1 (v. 2). Referencia: QUT 76-1 e QUT 76-2.
- WELTY, J.R., 1998. Fundamentos de Transferencia de Momento, Calor y Masa. 2ª ed. México: Limusa. ISBN 968-18-1306-5. Referencia: QUT 198 e QUT 199.
C) Recursos online:
http://www.rpaulsingh.com/learning/virtual/virtual.html
Básicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes podan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poden demostrarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os alumnos podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, pensamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na especialidade de Química Industrial.
CG10 - Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 – Capacidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT3 - Capacidade para xestionar a información.
CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
Específicas:
CE20* - Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CE22* - Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación das propiedades termodinámicas e de transporte, e modelaxe de fenómenos e sistemas no campo da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transferencia de calor, operacións de transferencia de masa, cinética das reaccións químicas e reactores.
(*adquiridas como un todo con outras materias da titulación)
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”:
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse ao tres escenarios da seguinte forma:
Escenario 1:
A consecución dunha formación básica do alumno baséase nas clases teóricas de tipo expositivo (30 horas) pero coa participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente, especialmente centrados no coñecemento das diferentes operacións básicas da industria de procesos químicos e dos equipos de operación.
A realización dos seminarios (4 horas) e as actividades/traballos son obrigatorias; permiten a adquisición de competencias xerais e específicas.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías obrigatorias con grupos reducidos (2 horas) para traballar temas específicos.
Co programa de prácticas de laboratorio (15 horas) refórzase a habilidade de poñer os coñecementos teóricos na súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos.
Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).
Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.
Todas as actividades docentes serán presenciais (excepto o traballo en grupo), a no ser que as autoridades competentes establezan a obriga de realizar, total ou parcialmente, as actividades en remoto (telemáticamente).
Escenarios 2 y 3:
*Plan de continxencia para actividades docentes en remoto.
Levaranse a cabo de xeito síncrono/asíncrono e sempre segúndo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams. Para a docencia en remoto o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.) e de conexión a internet.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empreada, as principais diferenzas entre a docencia presencial e a docencia en remoto serían:
- Clases expositivas e Titorías en grupo se realizarán por sesións online usando Ms Teams.
- Seminarios e Prácticas de laboratorio, é preciso empregar Excel, que estará a disposición dos estudantes na versión de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es, e o recurso online proposto na bibliografía. Nos seminarios requerirase unha tarefa síncrona. Se as sesións de laboratorio non poden ser presenciais substituiranse por explicaciones e entregas de tarefas relacionadas cos procedimentos experimentais previstos.
- Os traballos en grupos requieren búsqueda de información, que poderán atopar nos libros dispoñibles na biblioteca en formato online e información seleccionada de internet. Para a exposición dos traballos usarase Ms Teams.
Ademais, no Campus Virtual estará dispoñible un foro que servirá para mantener unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre éstos e o docente. Así, as titorías individuais poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante un correo electrónico.
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do tipo de ensino empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, xa sexa de forma presencial na aula ou de forma remota. a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Realizarase un seguimento da aprendizaxe co estudo de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Farase a lo menos un exame.
A nota final do alumno considerará tanto o resultado do exame (50%) como das actividades realizadas (seminarios, actividades/traballo e titorías: 30%; prácticas de laboratorio: 20%).
Nos seminarios, actividades/traballo e titorías avaliaranse as seguintes competencias:
Seminarios: CB2, CG4, CT3, CE 20, CE22.
Actividades/traballo e Titorías: CB2, CB4, CG4, CG10, CT1, CT2, CT3, CT4, CE20, CE22.
Nas prácticas de laboratorio terase en conta o traballo no laboratorio e presentarase un breve informe das prácticas realizadas, avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CG4, CG10, CT1, CT2, CT3, CT4, CE20, CE22.
No exame final da materia avaliaranse as competencias específicas CE20, CE22.
O estudante debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, actividades/traballo, titorías e prácticas de laboratorio).
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (mínimo 5), o estudante avaliarase na segunda oportunidade de soamente o apartado exame (teoría e/ou problemas) manténdose as cualificacións da avaliación continua. As prácticas de laboratorio non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
A non asistencia a algunha das horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame final) impedirá a superación da materia tanto na primeira oportunidade do semestre coma na segunda.
Unicamente os estudantes que non teñan realizado ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
É obrigatoria a asistencia e realización dos seminarios, titorías, actividades/traballo, prácticas de laboratorio e exame.
O alumno debe levar ao día a materia para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se propoñan na clase.
Así, estímase que o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á materia (30 horas para a docencia expositiva, 15 horas para as prácticas, 32 horas para os seminarios, 2 horas para as titorías e 16 horas para o exame).
O alumno deberá realizar pola súa conta os exercicios prácticos, tanto os resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.
O alumno deberá ter os coñecementos de Matemáticas, Física, Química e Enxeñaría Química I impartidos anteriormente.
É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.
As clases serán impartidas en español e/ou galego.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do estudante no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese a distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
METODOLOXÍA
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas "Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura":
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse aos escenarios 2 e 3 da seguinte maneira:
*PLAN DE CONTINXENCIA para actividades docentes en remoto.
Levaranse a cabo de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams. Para a docencia en remoto o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.) e de conexión a internet.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, as principais diferenzas entre a docencia presencial e a docencia en remoto serían:
- Clases expositivas e Titorías en grupo se realizarán por sesións online usando Ms Teams.
- Seminarios e Prácticas de laboratorio é preciso empregar Excel, que estará a disposición dos estudantes na versión de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es, e o recurso online proposto na bibliografía. Nos seminarios requerirase unha tarefa síncrona. Se as sesións de laboratorio non poden ser presenciais substituiranse por explicacións e entregas de tarefas relacionadas cos procedementos experimentais previstos.
- Os traballos en grupos requieren a búsqueda de información, que poderán atopar nos libros dispoñibles na biblioteca en formato online e información seleccionada de internet. Para a exposición dos traballos usarase Ms Teams.
Ademais, no Campus Virtual estará dispoñible un foro que servirá para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente. Así, as titorías individuais poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante un correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do tipo de ensino empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, xa sexa de forma presencial na aula ou de forma remota. a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
María José Vázquez Vila
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
09.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |