Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: Clase Interactiva: 49 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Desenvolver a habilidade para realizar experimentos, saber cuantificar as operacións con fluxo de fluídos, transmisión de calor e transferencia de masa, analizar os datos e interpretar a teoría que os explica.
- Aprender o manexo dos equipos, os métodos de traballo no laboratorio, e as precaucións a tomar desde a perspectiva da súa aplicación á industria.
Nesta materia realizaranse prácticas de laboratorio, tales como:
- Medidores de caudal
- Perdas de carga en conduccións e accesorios
- Perdas de presión a través dun leito poroso
- Ecuación de Bernouilli
- Determinación de las curvas características de bombas. Asociación de bombas centrífugas en serie e en paralelo
- Sedimentación
- Condución de calor en réxime non estacionario
- Intercambiadores de calor. Determinación da área de intercambio e/ou coeficiente global de transmisión de calor
- Evaporador de película ascendente. Concentración dunha disolución
- Curvas de solubilidade en sistemas líquido-líquido
- Destilación diferencial
- Rectificación discontinua
- Absorción gas-líquido
- Lixiviación
- Determinación da temperatura húmida do aire
- Secado de sólidos
A) Básica:
A correspondente coas materias de “Enxeñaría Química I e II”, “Mecánica de Fluidos”, “Transferencia de Materia” e “Transmisión de Calor”.
B) Complementaria:
Os guións elaborados para cada práctica indicarán a bibliografía específica para cada unha delas.
Básicas e Xerais:
CB2 - Que os estudantes podan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que poden demostrarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os alumnos podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un públio tanto especializado coma non especializado.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, pensamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na especialidade de Química Industrial.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Transvesais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 – Capacidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT3 - Capacidade para xestionar a información.
CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
Específicas:
CE22* - Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación das propiedades termodinámicas e de transporte, e modelaxe de fenómenos e sistemas no campo da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transferencia de calor, operacións de transferencia de masa, cinética das reaccións químicas e reactores.
(*adquirida como un todo con outras materias da titulación)
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”:
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse aos tres escenarios da seguinte maneira:
Escenario 1:
Esta é unha materia práctica de laboratorio (49 horas), con actividade presencial de docencia interactiva e asistencia obrigatoria na que os estudantes, distribuídos en grupos, realizarán de 4 a 7 prácticas, de entre as indicadas nos contidos da materia, segundo a complexidade das mesmas.
O estudante traballará en equipo e disporá no Campus Virtual dos guións de prácticas antes de comezar a materia no laboratorio, esta información proporcionarase na titoría obrigatoria en grupo (2 horas) na que se analisarán e debatirán as dúbidas que se plantexen.
Durante a realización das prácticas o estudante deberá de dispoñer dun caderno de laboratorio no que anotar os datos obtidos e as observacións correspondentes a cada práctica. Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia (traballo con follas de cálculo) para o tratamento dos datos obtidos nas prácticas de laboratorio.
Para o manexo de técnicas de cálculo necesitarase empregar Microsoft Excel que estará a disposición do estudantado na versión corporativa de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es.
Unha vez finalizadas as prácticas de laboratorio e obtidos os datos experimentais, os estudantes realizarán, obrigatoriamente e pola súa conta, todos os cálculos necesarios para conseguir os resultados pretendidos, os analisarán e extraerán as conclusións pertinentes, que plasmarán nunha memoria de prácticas.
Coas titorías individuais preténdese que o estudante consulte e resolva as dúbidas que poda ter á hora de confeccionar a memoria de prácticas.
Ademais planificaranse Prácticas de campo, é dicir, programaranse visitas a plantas de proceso para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas a dispoñibilidade de financiación e posibilidade de realización tanto por parte da empresa como da USC.
Como apoio ao desenvolvemento da docencia empregarase o Campus virtual da USC .
Escenarios 2 e 3:
*PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
De non poder realizarse as prácticas de forma presencial, éstas terían lugar de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams. As prácticas de laboratorio serían substituidas pola realización de prácticas simuladas mediante ferramentasa informáticas de libre acceso e tratamento de datos con técnicas de cálculo baseadas en Ms Excel. Ademais, para a docencia en remoto desta materia, o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.), de conexión a internet, de webcam e micrófono.
Para a realización das memorias de prácticas será necesario empregar Excel e Word, que estarán a disposición dos estudantes na versión coorporativa de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es.
Ademais, no Campus Virtual estará dispoñible un foro que servirá para manter unha comunicación direta tanto entre os propios estudiantes como entre éstos e os docentes.
Así, as titorías individuais poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante correo electrónico.
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo para os tres escenarios independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial o virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Valoraranse positiva ou negativamente a actitude e aptitude individual do estudante, a súa capacidade para traballar en equipo, para debater co docente e para realizar o traballo experimental, así coma o caderno de laboratorio (35%). Avaliaranse as competencias: CB2, CB3, CB4, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE22.
Tamén, valorarase a calidade do informe (memoria de prácticas) realizado por cada grupo de estudantes, na que deberán facer constar: obxectivo da práctica, fundamentos teóricos, metodoloxía, materiais e datos experimentais, tratamento de resultados, conclusións e bibliografía (30%). Avaliaranse as competencias: CB2, CB3, CB4, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE22
Por último, haberá un exame teórico-práctico obrigatorio no que o estudante deberá responder a unha serie de cuestións e/ou exercicios sobre as prácticas que realizou (35%). Avaliaranse as competencias específicas (CE 22)
A asistencia é obrigatoria a todas as sesións presenciais. Unicamente os estudantes que non teñan realizada ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
A Memoria de Prácticas e o Caderno de Laboratorio deberán ser entregados en datas próximas á finalización das prácticas.
Para superar a materia é imprescindible obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en todos e cada un dos apartados avaliables.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (mínimo 5), o estudante avaliarase na segunda oportunidade de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida. As prácticas de laboratorio non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
Debido ao carácter experimental desta materia, os estudantes repetidores deberán cursala de novo íntegramente.
Esta materia divídese en 49 horas de Prácticas de Laboratorio e 2 horas de Titorías en grupo, actividades todas elas de carácter presencial obrigatorio.
Estímase que o estudante deberá emplear un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia, distribuídas na realización da memoria de prácticas e o tratamento dos datos experimentais así como na preparación do exame final.
Antes de comezar a realización das Prácticas de Laboratorio, os estudantes deberán coñecer os principios básicos nos que se fundamentan. Para elo, deberán analisar detalladamente os Guións de Prácticas postos a súa disposición e consultar a bibliografía neles mencionada.
O estudante deberá ter os coñecementos das materias de “Enxeñaría Química I e II”, “Mecánica de Fluidos”, “Transferencia de Materia” e “Transmisión de Calor”.
É necesario dominar a folla de cálculo Ms Excel ou similar.
No caso de que as autoridades competentes establecesen a ensinanza en remoto, sería imprescindible para o estudante dispoñer do seu propio ordenador e de conexión a internet. Tamén será de utilidade que os estudantes instalen nos seus dispositivos móbiles a aplicación oficial da USC e Ms Teams.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma gallega: galego e castelán.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
PLAN DE CONTINXENCIA
De aplicación no caso de que as autoridades competentes establecesen a necesidade de realizar, total ou parcialmente, as actividades docentes de maneira telemática ou en remoto.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”:
-Escenario 1: docencia expositiva e interactiva presencial
-Escenario 2: conviven a docencia presencial e virtual de acordo co calendario e horarios establecidos polo centro
-Escenario 3: docencia completamente virtual
As metodoloxías docentes adaptaranse aos escenarios 2 e 3 da seguinte maneira:
Escenarios 2 e 3:
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
De non poder realizarse as prácticas de forma presencial, éstas terían lugar de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams. As prácticas de laboratorio serían substituidas pola realización de prácticas simuladas mediante ferramentasa informáticas de libre acceso e tratamento de datos con técnicas de cálculo baseadas en Ms Excel. Ademais, para a docencia en remoto desta materia, o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.), de conexión a internet, de webcam e micrófono.
Para a realización das memorias de prácticas será necesario empregar Excel e Word, que estarán a disposición dos estudantes na versión coorporativa de Office 365 a través do dominio @rai.usc.es.
Ademais, no Campus Virtual estará dispoñible un foro que servirá para manter unha comunicación direta tanto entre os propios estudiantes como entre éstos e os docentes.
Así, as titorías individuais poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
De acordo cos escenarios 1, 2 e 3, definidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo para os tres escenarios independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial o virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jose Manuel Martinez Ageitos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
18.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | SALON ACTOS |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |