Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionarlle ao alumnado os coñecementos e ferramentas básicas para que sexa capaz de entender, valorar e participar nas decisións de investimento e financiamento tanto da empresa como persoais. É dicir, posibilitar que o alumnado poida responder a cuestións como: ¿canto investir?, ¿en qué activos debería investir? e ¿como conseguilos fondos?, ¿como funciona o mercado de capitais?
2.Coñecer e comprender a idea da Contabilidade como sistema de información
3.Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control
4. Familiarizar ao estudantado cos métodos adecuados (criterios de avaliación, aplicacións informáticas, material bibliográfico, etc.) para a toma de decisións financeiras.
5. Formar ao alumnado nos fundamentos das finanzas, ao nivel preciso para afrontar os contidos das materias relacionadas dos cursos superiores.
Tema 1. Actividade económica e empresa
Tema 2. Fases e trámites na creación dunha empresa
Tema 3. Fundamentos de Contabilidade
Tema 4. O ciclo contable e as contas anuais
Tema 5. Interpretación e análise da información financeira
Tema 6. O control orzamentario. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos
Tema 7. Fundamentos de cálculo financeiro
Tema 8. Avaliación de investimentos e análise do risco
Tema 9. Fontes de financiamento na empresa
Bibliografía básica
O material facilitado no campus virtual considerase suficiente para o desenvolvemento da materia. Polo tanto a bibliografía que se facilita ten toda ao caracter de complementaria.
Bibliografía complementaria
(1) BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamaricana de España. Capítulos 1 a 16.
(2) LARRÁN JORGE, M . (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.
(3) FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid
(4)ARCHEL DOMENCH, P. LIZARRAGA DALLO, F E SÁNCHEZ ALEGRÍA,S (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide. 2º Ed.
As competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire nesta materia serán as seguintes:
Competencias específicas
CB.6.- Coñecemento adecuado do concepto de empresa. Organización e xestión de empresas. Capacidade para entender e analizar a información económico-financeira básica dunha empresa. Avaliación e financiamento de proxectos.
Competencias xerais
CG9.- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CG.11.- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias transversais.
CT.2 Capacidade de organizar e planificar
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.7 Toma de decisións
CT.9 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
CT.10 Habilidades nas relacións interpersoais
CT.11 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12 Adaptación a novas situacións
CT.18 Liderado
CT.20 Iniciativa e espírito emprendedor
O noso propósito, en relación coas aulas expositivas é:
- Ofrecerlle ao alumnado, antes de iniciar cada tema, unha visión xeral dos seus contidos e dos obxectivos que hai que cubrir.
- Sinalar cales son os conceptos e coñecementos dos que se parte.
- Especificar a bibliografía básica para o seguimento da materia e outra bibliografía recomendada para o seu estudo.
- Propoñer actividades complementarias, por exemplo, a lectura de novas relacionadas co tema ou a visita a determinadas páxinas web, para que o alumno comprobe que os conceptos que se imparten teñen unha correspondencia absoluta coa realidade.
COMPETENCIAS: CB.6, CG.9 e CG.11.
En canto ás clases de carácter interactivo:
- Tratarán de integrarse no normal transcorrer das clases expositivas, para reforzar a aprendizaxe dos aspectos teóricos tratados e darlles contido.
COMPETENCIAS: CT.2, CT.7, CT.10 e CT.20.
Por último, as aulas de laboratorio impartiránse na aula de informática, tendo como obxetivo a implementación dos coñecementos adquiridos tantos nas aulas expositivas como interactivas
COMPETENCIAS:CT.4, CT.5, CT.7, CT.9, CT.10, CT.11, CT.12 e CT.18.
Ao longo dos temas do curso farase uso do Campus Virtual, Moodle e da folla de cálculo Excel. Así mesmo nos escenarios 2 e 3 empregaremos MS Teams.
Dentro da planificación da USC para o vindeiro curso contemplanse 3 escenarios
Escenario 1 (Sin restriccións; uso de mascara e hidroxeles/xabrón)
As clases expositivas e interactivas serán tal e como se deseñaron anteriormente e todas realizadas de forma presencial.
Escenario 2 (distanciamento)
A docencia expositiva será non presencial (con MS Teams) e os seminarios, aulas de informática e laboratorios se efectúan de modo presencial.
Escenario 3 (confinamento)
A docencia terá carácter non presencial (con MS Teams). As sesións expositivas, seminarios, prácticas e titorías serán todas online.
As titorías grupais serán desenvolvidas en grupos de entre 10 e 15 alumnos. No escenario 1 serán presenciais e no escenario 2 e 3 mediante MS Teams.
O sistema de avaliación en cada unha das oportunidades de exame (maio/xuño e xuño/xullo) é igual englobando dous elementos en cada unha de elas:
1. Exame final dos temas recollidos no programa da materia (9 Temas): 70% da cualificación final. O alumnado deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,8 sobre 7 puntos.
Proba escrita composta dunha parte teórica e dun ou varios exercicios prácticos. A primeira parte pode constar de preguntas de resposta breve ou cuestiones tipo test. Esta última opción trata de abarcar un amplo abanico de conceptos impartidos na materia, mentres que coa primeira procurará, ademais de observar cal é o grao de coñecemento da materia por parte do alumno, fomentar a súa capacidade de trasladar as nocións adquiridas de forma ordenada e sintetizada ao papel. A segunda parte do exame, de carácter práctico, inclúe o desenvolvemento de moitos dos contidos que compoñen o temario, tratando de reflectir o grao de comprensión do alumno da materia.
2. Traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas: 30% da cualificación final.
Outras actividades prácticas serán exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, etc.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua, sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame.
Calquera estudante poderá presentarse ao exame final (punto 1) realizara ou non as actividades propostas na avaliación continua (punto 2). En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provén exclusivamente do exame final, polo que só poderá alcanzar unha nota máxima de 7.
Este sistema de avaliación que engloba as dúas partes (70% e 30%) será aplicado nas dúas oportunidades. A nota do traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas será mantida da primeira oportunidade para a segunda.
O sistema de avaliación do alumnado será independente da súa condición de repetidor ou non.
DISPENSA ASISTENCIA A CLASE
De conformidade cos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e consonte a Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, o alumnado poderá solicitar durante a primeira semana de clases ou, posteriormente, de concorrer causas imprevistas e sobrevidas, a dispensa de asistencia a clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decano. Neste caso o alumnado será valorado no exame final sobre 10.
COMPETENCIAS:
Exame final: CB.6, CG.9, CG.11, CT.2, CT.7, CT.10 e CT.20
Traballo en grupo e individual: CT.4, CT.5, CT.7, CT.9, CT.10, CT.11, CT.12 e CT.18.
As actividades anteriores serán realizadas de diferente forma en función dos escenarios.
Escenario 1: Exame final; presencial e Avaliación continua; presencial e Telemática
Escenario 2: Exame final; Telemática sincrónica e Avaliación continua; Telemática
Escenario 3: Exame final; Telemática sincrónica e Avaliación continua; Telemática
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais na aula
Clases maxistrais 12,0 h
Seminarios 12,0 h
Aula informática 25,0 h
Tutorías grupo 2,0 h
Tutorías individualizadas 2,0 h
Exame e revisión 5,0 h
Total 58,0 horas de traballo presencial na aula
Horas traballo alumno
Clases maxistrais 14,0 h
Seminarios 20,0 h
Aula informática 25,0 h
Tutorías grupo 8,0 h
Tutorías individualizadas 3,0 h
Exame e revisión 22,0 h
Total 92,0 horas de traballo persoal do alumno
- Asistencia ás clases expositivas e interactivas e a realización dos exercicios propostos nelas.
- Manexo da bibliografía recomendada na aula para a preparación dos temas. Isto facilita a obtención dunha visión global dos contidos.
- Levar ao día os contidos, debido ao carácter secuencial dos conceptos impartidos na materia.
- Familiarizarse coa folla de cálculo Excel de Windows.
- Habituarse ao manexo e á lectura da prensa financeira, dado que se tratará de acompañar os temas co debate na aula de casos reais relacionados cos distintos temas.
No escenario 2 e 3 recomendase ao alumno contar con habilidades informáticas para seguir as clases en MS Teams.
Observacións
Os idiomas empregados na aula serán o galego (temas 1 ao 5) e castelán (temas 6 ao 9)
Recoméndase o uso del campus virtual xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia, así como de MS Teams si fose preciso (escenarios 2 e 3).
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos co entorno MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos que se empregan nas materias, dispoñibles na USC.
• Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Na docencia presencial debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do alumno/a no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese o distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
Plan de continxencia
As clases seguiran diferente formato en función do escenario no que nos atopemos
Escenario 1 (Sin restriccións; uso de mascara e hidroxeles/xabrón)
As clases expositivas e interactivas serán tal e como se deseñaron anteriormente e todas realizadas de forma presencial.
Escenario 2 (distanciamento)
A docencia expositiva será non presencial (con MS Teams) e os seminarios, aulas de informática e laboratorios se efectúan de modo presencial.
Escenario 3 (confinamento)
A docencia terá carácter non presencial (con MS Teams). As sesións expositivas, seminarios, prácticas e titorías serán todas online.
No escenario 2 e 3 as actividades docentes en remoto realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC-
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación pode modificarse en función dos diferentes escenarios. En particular nos escenarios 2 e 3 a nota de avaliación continua tería un valor de 50% e o exame un 50%. A xustificación de este cambio é a dificultade para implementar unha proba/exame que recolla as diferentes metodoloxías a implementar no escenario 1. En particular algún contido práctico que se acostuma preguntar nun exame sería de maior dificultade para avaliar, de forma que este tipo de contidos pasaría a avaliación continua.
David Rodeiro Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811585
- Correo electrónico
- david.rodeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Luis Sieira Lopez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseluis.sieira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula A7 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula A7 |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A8 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A8 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A8 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
27.05.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
09.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
09.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
09.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
09.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
09.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
09.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |