Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase de comprender e adquirir aqueles coñecementos relativos a transformación de calor en traballo e viceversa, baseandose no plantexamento dos sistemas de comportamento ideal e real e nos balances, e na evaluación de diferentes propiedades termodinámicas de carácter irreversible que permitan afondar nos campos da Termodinámica aplicada a Enxeñaría Química, con carácter eminentemente práctico dirixido a o cálculo e deseño de equipos de xeración de enerxía e de refrixeración, ciclos de potencia, etc, cun alto nivel de aplicación a casos prácticos, comuns nas diferentes plantas industriais. Por outra parte, preténdese achegar o alumno á termodinámica das disolucións e ás aplicacións do equilibrio entre fases, particularmente ao equilibrio líquido-vapor. Estos contidos son fundamentais para diferentes materias de semestres posteriores no Grado en Enxeñaria Química.
Preténdese que o alumno acade unha formación e criterio básicos para o entendemento dos aspectos da aplicación da Termodinámica, destreza nos cálculos de índole termodinámica, ao mesmo tempo que se sensibilice coa complexidade das operacións da relación traballo-calor. Por outra parte, o alumno debe ter adquiridos os coñecementos propios das matérias de Física correspondente a semestres anteriores, xa que a materia actual require destes coñecementos para desenvolvelos, a nivel de repaso e a nivel do cálculo, en resolución de problemas nas primeiras clases.
É indispensable, xa desde o principio de curso, a posesión de habilidade e destreza no manexo de calculadoras programables para desenvolver cálculos en problemas que implican grande extensión e/ou certas técnicas (cálculos iterativos, por exemplo). Asemesno, requírese que o alumno dispoña de coñecementos básicos de aplicación de Excel, para que acade unha familiaridade e destreza nesta matéria e no seu exercício acadêmico e profesional futuro.
É convinte posuír certa afinidade pola procura de bibliografía que complemente as explicacións impartidas na clase.
1. Conceptos básicos. Sistemas termodinámicos. Principios da termodinámica.
2. Propiedades termodinámicas das sustancias puras. Superficies P-V-T. Ecuación de estado para gases ideais e no ideais. Sustancias incompresibles.
3. Análisis enerxético e volúmenes de control. Termodinámica de procesos de fluxo.
4. Segundo principio da termodinámica. Entropía. Exerxía.
5. Ciclos de potencia de gas e vapor. Sistemas de refrixeración e licuefacción.
6. Termodinámica de misturas. Potencial químico. Fugacidade. Propiedades de exceso.
7. Equilibrio LV: efecto da presión. Outros equilibrios.
Básica:
WARK, K. y RICHARDS, D.E. Termodinámica. Madrid: McGraw-Hill, 2003. ISBN: 84-481-2829. Signatura: A040 14
SMITH, J. M., VAN NESS, H. C., y ABBOTT, M. M. Introducción a la termodinámica en ingeniería química. México, Madrid: McGraw-Hill, 2007.ISBN: 9789701061473. Signatura: A041 1
*** Pendente de libro on-line ***
Complementaria:
MORAN, M. J. y SHAPIRO, H. N. Fundamentos de termodinámica técnica. Barcelona, Reverté, 2005, ISBB: 978-84-291-4313-3. Signatura: A040 13
ÇENGEL, Y. A. y BOLES, M. A. Termodinámica. Madrid, McGraw-Hill, 2015. ISBN: 978-607-15-1281-9. Signatura: A041 4
SEGURA, J. Termodinámica Técnica, J.Barcelona, Reverté, 1993. ISBN: 84-291-4352-1. Signatura: A042 12
Se complementará con la aportación de material elaborado por los profesores
Tal coma figura na ficha correspondente ao Grado, con mais detalle, as competencias serían as seguientes:
Competencias específicas
CI.1.1 Coñecementos de termodinámica aplicada. Principios básicos e a sua aplicación a resolución de problemas de enxeñería química.
Competencias xenerales
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote da versatilidade para adaptarse a novas situacions.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisions, creatividade, razonamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
Competencias transversaes
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.6. Resolución de problemas
CT.7. Toma de decisions
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.19. Aprendizaxe autónomo
En relación as competencias, faráse fincapé naqeles aspectos relativso ó análisis de riscos e seguridades nos items vinculados coa materia de termodinámica.
ESCENARIO 1
A metodoloxía relativa as sesións expositivas consistirá en aportar os estudantes con previsión axeitada o material desenvolvido polos profesores a traves do campus virtual. Os estudantes precisarán empregar este material durante o tempo de traballo persoal co fin de preparar as sesión expositivas que terán lugar con posterioridade que que terán un carácter eminentemente práctico, intercalando conceptos teóricos e aplicacións. Isto permite levar a cabo as clases teóricas cunha maior axilidade e dinámica.
O profesor exporá (clases expositivas) os conceptos básicos e desenvolveraos con explicacións que sexan pertinentes. Nas clases de problemas (clases interactivas), a cinética e ritmo de clase, inda sendo vivos, será máis detallado explicando con todo rigor os aspectos estruturais, de contido e de aplicación, de cada problema, atendendo con gran dedicación as preguntas dos alumnos e, á súa vez, establecer unha dinámica alumno-profesor que enriqueza a adquisición dos coñecementos e os aspectos formativos. O alumno debe saír de cada clase cos coñecementos suficientes para abordar con garantía a resolución doutros problemas do mesmo tipo sen grandes dificultades no seu traballo persoal. Por último, algúns dos problemas da materia serán resoltos con folla de cálculo.
Nas sesiones de seminario levaranse a cabo actividades relacionadas coa teoría e problemas previamente traballados nas sesións de carácter expositivo. Desta maneira, as sesión de seminario estarán alonxadas entorno a unha semana dos contidos correspondentes aos impartidos nas sesións expositivas.
As titorías (tanto grupais como individuais) levanranse a cabo preferentemente de xeito virtual a través de MS Teams.
ESCENARIO 2
Na situación correspondente ao escenario 2, as sesión de carácter expositivo levaranse a cabo de xeito virtual empregando MS Teams e o Campus Virtual.
ESCENARIO 3
Na situación correspondente ao escenario 3, todas as actividades levaranse a cabo de xeito virtual empregando MS Teams e o Campus Virtual para desenvolver todas as tipoloxías de sesión.
Distribución aproximada da actividad formativa
Semana 1. Exp (4h) correspondentes ó Tema 1.
Semana 2. Exp (3h) correspondentes ó Tema 2 + Sem (1h)
Semana 3. Exp (3h) correspondentes a los Temas 2 y 3 + Sem (1h)
Semana 4. Exp (2h) correspondentes ó Tema 3
Semana 5. Exp (2h) correspondentes ós Temas 3 y 4 + Sem (1h)
Semana 6. Exp (3h) correspondentes ó Tema 4 + Sem (1h)
Semana 7. Exp (3h) correspondentes ós Temas 4 y 5 + Sem (1h)
Semana 8. Exp (2h) correspondentes ó Tema 5 + Sem (1h)
Semana 9. Exp (3h) correspondentes ós Temas 5 y 6 + Sem (1h)
Semana 10. Exp (3h) correspondentes ó Tema 6 + Sem (1h)
Semana 11. Exp (3h) correspondentes ós Temas 6 y 7 + Sem (1h)
Semana 12. Exp (3h) correspondentes ó Tema 7 + Sem (1h)
Semana 13. Exp (2h) correspondentes ó Tema 7
Semana 14. Sem (2h)
Relación entre Actividad e Competencias CE CG CT
Expositivas: CI.1.1, CG.3, CT.1, CG.4 CT.6, CT.13
Seminarios/Titorías grupo CI.1.1, CG.3, CT.6, CG.4, CT.7, CT.13, CT.19
Titorías individualizadas CI.1.1, CG.3, CT.6, CG.4, CT.7, CT.13. CT.19
Efectuarase un seguimento da apredizaxe dos alumnos a través da realización de actividades, resolución de problemas de xeito individual ou por equipos, facendo fincapé no emprego de follas de cálculo. Farase un exame final incidindo nos aspectos mais destacados da materia e fundamentalmente sobor aspectos de cálculo e aplicación.
Faranse probas de curta duración (10-15 min) durante o semestre nas sesións con grupo completo (E).
A calificación dividirase en actividades relacionadas coa avaliación continuada e o exame.
- Avaliación continuada (30%)
Probas de curta duración nas sesión expositivas: 5%
Actividades durante titorías:10%
Entrega de exercicios durante os seminarios: 15%
- Exame (70%)
Precisarase atinxir un mínimo de 3 puntos sobre 10 na calificación do exame.
As calificación correspondientes as actividades de avaliación continuada comunicaranse os alumnos antes a realización do exame.
En cada convocatoria, na segunda oportunidade, manteñense as cualificación acadadas na primeira oportunidade, para sumalas a o novo exame final.
As diferentes competencias indicadas anteriormente son acadadas mediante o exame escrito (CI1, CG3, CT1), na resolución de problemas nas clases de seminarios (CI1, CT6, CG4, CT1, CT7), traballo con follas de cálculo (CI1, CT6), traballos en grupo (CG4, CT13, CT19).
Convocatoria extraordinaria: Manteráse un examen final coas características indicadas mais arriba. Neste caso suporá o 100% da cualificación.
Esta distribución de actividades relacionadas coa avaliación manterase nos tres escenarios plantexados pola USC.
O exame será presencial nos escenarios 1 e 2 e telemático síncrono no escenario 3.
As probas curtas serán presenciais no escenario 1 e telemáticas síncronas nos escenarios 2 e 3.
As entregas dos seminarios serán presenciais nos escenarios 1 e 2 e telemáticas asíncronas no 3 e, finalmente, a avaliación das actividades das títorías nos tres escenarios será telemática asíncrona.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo lectivo de clases teóricas (expositivas), seminarios e resolución de problemas (interactivas), e titorías regladas nesta materia é de 37, 12 e 2 horas respectivamente
Tempo de traballo do alumno
Expositivas: 82 h
Seminarios: 26 h
Titorías grupo: 10 h
Subtotal 118 h
Titorías individualizadas: 5 h
Exame e revisión: 27 h
Total: 150 horas (ECTS = 6,0)
É indispensable, dada a extensión e dificultade da materia, ter un convencemento sostido ao longo do curso de que a materia é posible de ser comprendida, adquiridos o seu contido e superala en primeira convocatoria. O exame final, dadas as características da súa realización (dispoñibilidade de todo tipo de material bibliográfico) é moi accesible.
Debe recorrerse á consulta de libros de Termodinámica para ter unha visión que vaia máis alá do que dan de sí as clases, así como a consulta e familiarización coa información que presta a rede (internet) e a resolución de dúbidas mediante correo electrónico co profesor. ou outros médios telemáticos.
a) As clases e todo o material docente serán desenvolvidas e entregadas fundamentalmente en castelán.
b) Entregarase con antelación o material preciso para o desenvolvemento das sesión expositivas e o traballo nas sesión de seminario.
c) Empregarase o campus virtual da Universidade de Santiago de Compostela para a entrega do materia, como para a realización de actividades como por exemplo tests.
d) Nas actividades que se desenvolvan a traves de medios telemáticos, empregarase MS Teams xunto co campus virtual. Para estas actividades recoméndase que o equipo informático poda dispoñer de micrófono e cámara.
e) Debe facerse uso da máscara durante o tempo de permanencia do alumno/a no Centro. Síganse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde do Covid-19. Úsese máscara, aplíquese hidroxel ou lávense as mans con auga e xabón seguindo as indicacións e cando sexa posible auméntese o distancia co resto dos compañeiros e profesor na aula.
Plan de continxencia
METODOLOXÍA
En relación ao desenvolvemento de actividades docentes en remoto, realizaríanse, de forma síncrona ou asíncrona en función do que indique o centro, e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través do Campus Virtual e Ms Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto son os medios a través dos cales se levan a cabo as sesións e as actividades de avaliación.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante MS Teams ou ben mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación non ten ningunha diferencia nos distintos escenarios, independentemente do tipo de docencia empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Ramon Felipe Moreira Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816759
- Correo electrónico
- ramon.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diego Gomez Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- diego.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula A3 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A6 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A6 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A7 |
19.01.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A7 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
22.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |