Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: Horas de Titorías: 45 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 117
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado unha ampla introdución á Física, máis concretamente a Mecánica, Termodinámica e Electromagnetismo. Preténdese, por unha parte, dar a coñecer os principios da Física resaltando os seus límites de aplicabilidade e, por outra parte, desenvolver no alumnado tanto a capacidade de análise coma a de resolución de problemas. Ademais de introducilo no manexo de material de laboratorio, o que lle vai permitir aprender a tomar e tratar datos experimentais, de xeito acorde a este nivel e polo tanto non exhaustivo.
Módulo de formación básica, Plan de estudos do Grao en Enxeñería Química,BOE 22-2-2011
http://www.boe.es/boe/dias/2011/02/22/pdfs/BOE-A-2011-3580.pdf
Enlace coa información detallada
http://www.usc.es/es/centros/etse/titulacions.html?plan=13928&estudio=1…
Segundo descritores, ver páx. 20 da Memoria para a solicitude de verificación do Grao en Enxeñería Química)
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/memorias_grao…
TEMA 1. INTRODUCIÓN
Que é a Física?. Contribución das mulleres á Física.
Magnitudes Físicas. Sistema de Unidades. Análise Dimensional.
Nocións de metroloxía.
Álxebra Vectorial.
Sistemas de coordenadas polares planas, cilíndricas e esféricas.
TEMA 2. CINEMÁTICA DA PARTÍCULA.
Movemento e sistemas de referencia.
Vectores velocidade e aceleración. Compoñentes intrínsecas da aceleración.
Análise dos distintos tipos de movementos.
Movemento relativo.
TEMA 3. DINÁMICA DA PARTÍCULA
Principios da mecánica clásica. Leis de Newton.
A ciencia nos salóns: Madame du Châtelet.
Momentos lineal e angular. Teoremas de conservación.
Traballo e potencia: Conservación da enerxía mecánica.
Forzas de rozamento.
TEMA 4. DINÁMICA DO SISTEMAS DE PARTÍCULAS
Sistema de partículas: Forzas interiores e exteriores.
Centro de masas. Movemento do centro de masas.
Momento lineal e angular dun sistema de partículas.
Teoremas de conservación. Aplicacións.
TEMA 5. MECÁNICA DO SÓLIDO RÍXIDO
Concepto de sólido ríxido.
Cinemática do sólido ríxido.
Rotación o redor dun eixe:momento angular e momento de inercia.
Cálculo dos momentos de inercia. Teorema de Steiner.
Rotación o redor dun punto: Sophie Kovalevskaya.
Movemento de rotación e translación.
Teoremas de conservación.
Equilibrio.
TEMA 6. TEORÍA ELEMENTAL DE CAMPOS
Campos escalares e vectoriais.
Gradiente dun campo escalar.
Circulación dun campo vectorial.
Fluxo dun campo vectorial.
Diverxencia dun campo vectorial: Teorema de Gauss.
Rotacional dun campo vectorial: Teorema de Stokes.
Campos conservativos. Función potencial
TEMA 7. FUNDAMENTOS DE TERMODINÁMICA
Conceptos e definicións básicas
Principio cero. Temperatura empírica. Medida da temperatura
Traballo termodinámico. Enerxía interna. Primeiro Principio. Calor
Segundo Principio. Escala termodinámica de temperatura. Entropía
Terceiro Principio. Consecuencias físicas
TEMA 8. CAMPO ELECTROSTÁTICO NO VACÍO.
Introdución
Carga eléctrica. Lei de Coulomb
Campo electrostático. Potencial electrostático
Dipolo eléctrico
Fluxo eléctrico. Teorema de Gauss integral e diferencial
Algunhas aplicacións do teorema de Gauss
Enerxía dun sistema de cargas
TEMA 9. CAMPO ELECTROSTÁTICO EN PRESENZA DE MATERIAIS.
Condutores. Sistema de condutores. Enerxía dun sistema de condutores. Asociación de condensadores.
Dieléctricos.
TEMA 10. CORRENTE ELÉCTRICA.
Corrente eléctrica. Densidade de corrente. Ecuación de continuidade.
Lei de Ohm. Forza electromotora. Lei de Ohm xeneralizada.
Redes de resistencias. Leis de Kirchhoff.
Hertha Ayrton e o arco eléctrico.
Edith Clarke e a calculadora gráfica.
TEMA 11. CAMPO MAGNÉTICO NO BALEIRO.
Forza entre dous circuítos completos.
Indución magnética. Lei de Biot e Savart.
Forza sobre unha carga puntual que se move nun campo magnético.
Propiedades do campo magnético. Lei de Ampère da circulación.
Potencial vectorial magnético.
TEMA 12. INDUCIÓN ELECTROMAGNÉTICA.
Indución electromagnética. Lei de Faraday.
Indución mutua. Autoinducción. Asociación de indutancias: serie e paralelo.
Enerxía magnética.
Estes contidos impartiranse nas clases expositivas e nos seminarios. A orde dos temas e os contidos son orientativos e poden modificarse lixeiramente segundo o desenvolvemento específico do curso.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
-Roda de Maxwell
-Leis de Newton
-Momentos de Inercia de Corpos Ríxidos
-Densidade e Viscosidade
-Resortes
-Tensión superficial
-Péndulo de Káter
-Circuítos de corrente continua
-Medida de pequenas resistencias
-Condensador de placas plano-paralelo
-Curva de carga dun capacitor
-Campo magnético creado por bobinas de Helmholtz
-Balanza electrodinámica: forza sobre un condutor de corrente
Libros básicos
SEARS, Francis W., ZEMANSKY, Mark W., YOUNG, Hugh D. y Roger A. FREEDMAN. Física Universitaria con Física moderna, 14ª ed. México: Pearson Educación, 2018. Volume I ISBN 9786073221252 (https://iacobus.usc.es/record=b2477660~S1*gag) Volume II ISBN 9786073244428 (https://iacobus.usc.es/record=b2481000~S1*gag)
Libros complementarios
ALCARAZ i SENDRA, Olga, LÓPEZ LÓPEZ, José y Vicente LÓPEZ SOLANAS. Física: problemas y ejercicios resueltos. Madrid: Pearson-Prentice-Hall, 2006. ISBN 978-84-205-4447-2. SIGNATURA: 3 A00 102 Biblioteca de Física
BAUER, Wolfgang y Gary D. WESTFALL. Física para ingeniería y ciencias. 2ª ed. México: McGraw-Hill Educación, 2014. ISBN 9786071511911. SIGNATURA: A020 43 Escola de Enxeñaría
BIX, Amy Sue. Girls coming to tech! : a history of American engineering education for women. Cambridge, Massachusetts : The MIT Press, 2013. ISBN 9780262019545. SIGNATURA: A0X0 8 Escola de Enxeñaría.
BOLÍVAR, Jorge. Científicas. Córdoba: Guadalmazán, 2018. ISBN 9788494608568. SIGNATURA: 3 A01 142 Biblioteca de Física
BURBANO de ERCILLA, Santiago, BURBANO GARCíA, Enrique y Carlos GRACIA MUÑOZ. Problemas de Física. 27ª ed. Madrid: Tébar, 2006. ISBN 978-84-7360-238-9. SIGNATURA: A FS 28 Biblioteca de Bioloxía.
GÓMEZ, Faustino; VARELA , Luis Miguel; CARRETE, Jesús y Martín PÉREZ. Guía básica sobre incertidumbre en la medida: enseñanza secundaria y bachillerato. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2014. ISBN 978-84-16183-63-0. SIGNATURA: A020 44 Escola de Enxeñaría
LAYNE, Margaret E. Women in engineering : pioneers and trailblazers. Reston, Virginia American Society of Civil Engineers, 2009. ISBN 9780784409800. SIGNATURA: A0X0 7 Escola de Enxeñaría
LEA, Susan M. y John R. BURKE, Física. La naturaleza de las cosas. Madrid: Paraninfo, D.L. 2001. ISBN 84-283-2755-6. SIGNATURA: A020 31 2 Escola de Enxeñaría
MUÑOZ, Adela. Sabias: la cara oculta de la ciencia. Barcelona: Debate, 2016. ISBN 9788499927121. SIGNATURA: 0X0 8 Escola de Enxeñaría.
PINTOS, Mercedes y Juan M. RUSO. Introdución ao electromagnetismo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008. ISBN 978-84-9887-009-1. SIGNATURA: GA 42732 Biblioteca Xeral
Recursos na rede
CLARAMUNT Rosa María y Teresa CLARAMUNT. Mujeres En Ciencia Y Tecnología. Ed. digital. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia, 2012. Dispoñible en https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1150
FERRÓN, Lucía. Boas prácticas en prevención de riscos laborais. Manual de seguridade no laboratorio. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2013. Dispoñible en https://issga.xunta.es/export/sites/default/recursos/descargas/Activida….
MACHO, Marta. Mujeres con ciencia. [blog en liña]. Dispoñible en: http://mujeresconciencia.com/
COLABORADORES DE GALIPEDIA, "Historia das mulleres na enxeñaría," Galipedia, a Wikipedia en galego, https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Historia_das_mulleres_na_enx… (consultado o 27 de maio de 2021).
COLABORADORES DE GALIPEDIA, "Mulleres en Física," Galipedia, a Wikipedia en galego, https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mulleres_en_F%C3%ADsica&oldi… (consultado o 27 de maio de 2021).
Competencias básicas
CB.2. Que as/os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencias específicas
FB.2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os/as capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os/as dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG. 4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3. Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira.
CT.4. Habilidades para o uso de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.10. Habilidades nas relacións interpersoais
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12. Razoamento crítico
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.14. Adaptación a novas situacións
CT.15. Motivación pola calidade
CT.19. Aprendizaxe autónoma
CT.20. Iniciativa
A información que se subministra neste apartado corresponde ao escenario 1, normalidade adaptada.
O primeiro día lectivo que corresponda, poñerase a disposición do alumnado na aula da materia na USC virtual, o programa detallado da materia, e a bibliografía básica e complementaria. Ademais empregarase a aula do campus virtual da USC para a publicación de material docente, guións de prácticas, entrega de traballos e outras tarefas.
a) Clase expositivas.
Expoñeranse de forma dedutiva os contidos teóricos de cada tema complementando o desenvolvemento na pizarra co material audiovisual. Preténdese que estas clases sexan o punto de partida para que o alumnado desenvolva as capacidades de análise e síntese dos aspectos máis relevantes da materia e que lle sirvan de guía para o desenvolvemento da súa aprendizaxe autónoma. O tema de Termodinámica impartirase empregando a metodoloxía de Aula Invertida.
b) Seminarios.
Clases fundamentalmente prácticas na que se resolverán os problemas e exercicios propostos nos boletíns, postos a disposición do alumnado con suficiente antelación a través da aula virtual. O obxectivo é que o alumnado traballe entre outras as capacidades de resolución de problemas tanto de forma individual, de traballo en equipo e as súas habilidades para as relacións interpersoais.
É fundamental aquí a participación do alumnado, xa que vai permitir realizar parte da súa avaliación continua.
c) Prácticas de laboratorio
O alumnado deberá realizar diversas prácticas de laboratorio, en catro sesións. Antes da primeira sesión de laboratorio o alumnado disporá, a través da aula virtual, das normas de seguridade da USC no laboratorio, dun guión da práctica a realizar xunto cun enlace a un vídeo da mesma. Tamén deberán completar a través da aula virtual un pequeno cuestionario sobre contidos da práctica, co obxectivo de que cando acudan ao laboratorio teñan coñecemento do que nel van realizar. En relación a seguridade e prevención de riscos laborais para cada unhas das prácticas o alumnado dispón dun manual básico de funcionamento no que se reflicten os aspectos máis senlleiros.
Con estas clases prácticas preténdese consolidar os conceptos teóricos explicados en clase, desenvolver a capacidade de aplicar os conceptos teóricos a unha práctica, a aprendizaxe autónoma, a iniciativa, a capacidade de resolución de problemas tanto de forma individual como en equipo e as súas habilidades para as relacións interpersoais.
d) Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas.
Están orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico, prestando unha atención individualizada á alumna ou ao alumno que o necesite. As titorías requerirán cita previa e serán fundamentalmente de carácter presencial se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual, empregando a ferramenta MS- Teams.
Con esta metodoloxía docente preténdese que o alumnado desenvolva as seguintes competencias:
-Clases expositivas: FB2, CB2, CG3, CT1, CT12, CT19.
-Seminarios: CG4, CT3, CT5, CT6, CT8, CT10.
-Prácticas de Laboratorio: CT2, CT4, CT6, CT8, CT10, CT 11, CT12, CT13, CT14, CT15, CT 19, CT20.
A información que se subministra neste apartado corresponde ao escenario 1, normalidade adaptada.
Para superar a materia será condición indispensable que cada estudante realizase, durante as datas nas que foi convocado/a, as prácticas de laboratorio. Polo demais, o sistema de avaliación inclúe a realización de probas escritas e a avaliación entre compañeiros-as. A avaliación baséase nos seguintes elementos:
1. Asistencia a clases expositivas e seminarios. Porcentaxe na cualificación final: 5%. Carácter: Opcional
2. Asistencia ao laboratorio e realización dos cuestionarios*. Porcentaxe na cualificación final: 20%. Carácter: Obrigatorio
3- Probas de avaliación continua realizadas durante o curso. Porcentaxe na cualificación final: 15%. Carácter: Opcional
4. Elaboración biografía científica ou enxeñeira en formato Galipedia. Porcentaxe na cualificación final: 10%. Carácter: Opcional
5. Exames escritos. Porcentaxe na cualificación final: 50%. Carácter: Obrigatorio
* Realización de cuestionarios sobre o traballo realizado no laboratorio e análise dos datos adquiridos.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Realizaranse dous parciais (un por semestre). Ambos parciais terán o mesmo peso na nota final. Necesítase unha nota mínima de 5 en cada parcial para superar a parte da materia á que corresponda.
-No caso de non superar a materia, o alumnado poderá recuperala no exame da segunda oportunidade. Este exame constará de dous partes correspondentes ao primeiro e segundo semestre. O alumnado poderá presentarse ás partes con cualificación global inferior a cinco. Neste último caso, a nota da devandita parte será a obtida na segunda oportunidade. A cualificación do exame final obterase como media de ambas dúas partes.
-A cualificación será de Non presentado só no caso de que a/o estudante non realice ningunha das actividades propostas para a avaliación continua, nin se presente a ningún dos exames parciais da materia.
-As cualificacións de avaliación continua e prácticas (1-4) consérvanse para a segunda oportunidade.
-Este proceso de avaliación rexe tanto para alumnado de matrícula nova coma para estudantes repetidores.
AVALIACIÓN COMPETENCIAS:
Exames e cuestionarios: CB2, FB2, CG3, CG4, CT1, CT3, CT5, CT6, CT12, CT13, CT19
Actividades avaliación continua: CB2, FB.2, CG4, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CT12, CT13, CT14, CT15, CT19, CT20.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases presenciais e titorías 61
Prácticas de laboratorio 15
Total horas traballo presencial/telemático 76
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 90
Preparación cuestionarios prácticas 10
Preparación de exames 40
Total horas traballo persoal do alumnado 140
Exames e revisión: 9 horas presencial/telemático.
Cada estudante deberá dedicar un total de 85 horas presenciais/telemáticas (incluíndo as revisións e titorías) e 140 horas de traballo autónomo (equivalentes a 9,0 ECTS).
A medida que a/o estudante cursa esta materia ira adquirindo de forma paralela algúns coñecementos necesarios para a súa comprensión, a maior parte nas materias Matemáticas e Informática. Nas prácticas de laboratorio é convinte saber empregar a folla de cálculo de Libre Office para poder realizar o tratamento de datos.
Recoméndase ao alumnado que consulte de cotío a aula virtual da materia, onde atopará un resume das transparencias empregadas polas profesoras nas clases expositivas, test, enlaces e información da materia.
Recoméndase a/o estudante que non trate de memorizar o impartido, senón comprender os razoamentos e o método de traballo desta parte da Ciencia, tratando de solucionar os problemas formulados nos boletíns, así como cuestións que se propoñan nas clases ou que lle poidan xurdir ao estudar a materia. É importante que cada estudante evite a práctica de atrasar o estudo ata o exame. A maioría das veces, esta forma de proceder ten uns resultados desastrosos. No referente ás sesións de prácticas de laboratorio, o alumnado deberá prestar especial atención ao manexo correcto dos aparatos e á toma de datos, para evitar no posible erros á hora de levar a cabo o tratamento e análise dos devanditos datos.
A materia impartirase en galego e empregarase a aula na plataforma Moodle da Campus Virtual da USC para toda a docencia, publicación de material, guións de prácticas e entrega de traballos.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
PLAN DE CONTIXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
As clases expositivas serán telemáticas, mantendo o horario oficial de clase, e síncronas. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
Interactivas de seminario
Se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias o permiten as interactivas desenvolveranse presencialmente respectando o horario oficial de clases aprobado polo centro.
As titorías serán telemáticas e requirirán de cita previa.
Prácticas de laboratorio
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias o permiten as prácticas de laboratorio desenvolveranse presencialmente respectando o horario oficial de clases aprobado polo centro. As medidas de distanciamento impostas poderán supoñer que sexa necesario reducir o tamaño dos grupos de prácticas e con iso o número de horas presenciais a un 50% das horas prácticas da materia, que se complementarán con actividades non presenciais.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requirirán de cita previa
6) O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC. No escenario 2 os exames serán preferentemente presenciais.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudio da materia: sen cambios
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso. Recoméndase a adquisición de equipos co entorno MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos que se empregan nas materias, dispoñibles na USC.
• Mellorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
Maria Encina Calvo Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- encina.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diego Martinez Hernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814065
- Correo electrónico
- diego.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sergio Feijoo Juarros
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814044
- Correo electrónico
- sergio.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Vallet Moreno
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- pablo.vallet.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A1 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
17.01.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
23.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A2 |
01.07.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |