Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Facilitar o coñecemento das operancións de separación na industria química naquelas operacións aire-agua e nas operacións nas que interveñen sólidos.
Asemade se tratarán algunhas operacións emerxentes con empleo de membranas. O deseño enxeñeril das unidades se completará con diversos aspectos de deseño mecánico e de seguridade.
TEMAS
1.- Introduccion as Operacions de Separacion
2.- Evaporacion
3.- Cristalizacion
4.- Filtracion
5.- Outras operacions:
Secado
Operacions de separación mediante membranas
Cambio ionico
Operacions con sólidos
Bibliografía Básica
J.D. Seader, E.J. Henley, D.K. Roper; Separation Process Principles, 3ª Ed., John Wiley and Sons, New York (2011)
Bibliografía complementaria
WANKAT, P.C. Ingeniería de Procesos de Separación, 2ª Ed., Pearson Education, México 2008
R. Sinott and G. Toeler ,Chemical Engineering Design, 5ª edic., , Elsevier, Amsterda, (2009)
Ocon, J. y Tojo G ,Problemas de Ingeniería Qúímica,.. Aguilar de Edic., Madrid, (1968)
Backhurst, J.R. y Harker, J.H ,Process Plan Design,., Heineman, Londres (1973)
Bungay, P.M., Lonsdale, H.K. and Pinho, M.N.,Synthetic Membranes: Science, Engineering and Applications, Nato ASI Series, Dordrecht-Holanda (1986)
Competencias específicas:
CQ1.3 Coñecementos sobre transferencia de materia e operacións de separación. Deseño de unidades de separación. Deseño Enxeñeril e Mecánico.
Competencias xerais:
CG.3 Coñecementos en materias básicas e tecnolóxicas que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidad para adaptarse a novas situacións. Traballo en equipo.
CG.4 Capacidade para a resolución de problemas desenrrolando a creatividade, capacidade de decisión, comunicación de resultados.
Competencias transversais:
CT.1 Capacidade de análise e síntese.
CT.4 Habilidade no uso de ferramientas e aplicacións informáticas.
CT.6 Resolución de problemas
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Impartiránse leccións maxistrais incluindo resolución de problemas prácticos e casos de estudio. Potenciaráse o uso de ferramientas informáticas. En xeral se disporá do común dos aspectos metodolóxicos nesta disciplina.
Os seminarios celebraranse ao final da exposición dos temas. Neles, ademais da resolución de algún problema por parte do profesor, os alumnos individualmente ou en grupos, resolverán algún problema relacionado co tema finalizado, que será entregado e considerado para a avaliación final . Os alumnos tamen realizaran traballos específicos eu actividades. Nestas actividades, ademais da resolución de problemas, farase un repaso das clases recentes obrigando os alumnos a manterse o día nos contidos da asignatura os cales facilitarán a preparación do exame final. Utilizarase a folla de cálculo Excel nos problemas requeridos Tamen poderanse utilizar programas de deseño como Hysis.
As titorías suporán dous direccións. A primeira corresponderá as titorías clásicas (dubidas de teoría e problemas) e a segunda incluirá titorizar o traballo que os alumnos farán de xeito individual ou en grupos .
Por competencias:
Clases expositivas: CQ 1.3; , CG3, CG 4; CT1,
Seminarios interactivos/Titorias: CQ 1.3; CG 4; CT1, CT4, CT 6, CT13
Participacion activa en clase: CG4, CT1, CT6, CQ1.3
Aula de Informática: CG3, CG 4; CT 4, CT 6, CT 13
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio a docencia
A docencia impartirase en castelán.
No caso de desenvolverse o curso nun escenario de normalidade adaptada (escenario 1), as actividades serán presenciais. As titorias tamen poideran ser via telematica.
Levarase a cabo mediante un exame final da asignatura que se desenrrolará en duas partes.
A primeira será un exame de cuestiones teóricas ( 30 % da nota do exame) e a segunda dun exame de problemas (70 % do total da nota do exame)
Os alumnos poderán realizar traballos específicos, Asistencia e participación na clase e Seminarios que podrían supor ata ó 35 % de la nota global. Asemade as titorías serán obxeto de nota representando sobre un 5 % de la nota global.
Resumindo estos datos sería:
Distribución de calificación
a) Exame (60%) [ Teoría (30%) Problemas (70%) ]
Requirirase unha puntuación mínima de 35% en cada parte para poder aprobar o exame
Na avaliacion continua dos alumnos( 40 % da nota global) teranse en conta:
b) Asistencia e Participación activa en clase 10%
c) Seminarios (problemas) 10% e Traballos 15%
d) Titorías 5 %
O alumno deberá obter unha nota minima de 3.5 sobre 10 en cada unha das partes ( b, c, d)
As cualificacións dos apartados b), c) e d) comunicaránselle ao alumno antes do exame final
As notas acadadas no curso nos apartados b), c) e d) manteránse para a segunda oportunidade, na que o exame será o 60 % da nota global
O alumno deberá obter unha nota minima de 3.5 sobre 10 en cada unha das partes avaliables
Por competencias
Exame: CQ1.3, CG3, CG4, CT1, CT 6, CT13
Traballo/Actividades: CQ1.3, CG3, CG4, CT1, CT4, CT6, CT13
Participacion activa en clase: CG4, CT1, CT6, CQ1.3
Titorias: CT1, CT6, CG4, CQ 1.3
Os estudantes que non houberan participado na realizacion do traballo, nin nos seminarios nin asistir as clases nin nas titorías de grupo nin no exame poderán obter a cualificación de Non Presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
4,5 ETCS (114h)
Estimase nun máximo de unha hora e media por cada hora de clase regrada. E dicir, sobre un total de horas presenciales (incluindo titorías y exáme) que corresponde a un equivalente global de 4,5 ECTS (serían 45 horas presenciales y 69 horas de traballo do alumno).
A materia e de 4,5 ECTS (total 114h)
Actividade Presencial (h) – Traballo Persoal (h)
Clases Expositivas 20 28
Clases Seminario 17 30
Titorias 1 4
Exame e revisión 4 7
Traballo persoal 69
Recomendase haber cursado previamente Trasferencia de Materia e Termodinámica Aplicada.
Considera moi importante manter actualizados os conceptos, o que implica un seguemento diario e manteñemento "o día" da disciplina.
A docencia impartirase en castelán
Utilizaráse a Aula Virtual (na plataforma web da USC) como repositorio da documentación da materia
No caso de docencia telemática, será preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ó longo do curso.
Plan de continxencia
METODOLOXÍA
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto (Escenarios 2-distanciamento ou 3-confinamento):
As clases expositivas en escenario 2, e tanto as expositivas como as interactivas en escenario 3, realizaranse de forma síncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC. As titorías individualizadas realizaranse a través do foro da Aula Virtual da materia (Moodle-Campus Virtual), de videochamada de MS-Teams ou por correo electrónico nos escenarios 2 e 3.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario, coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
No caso que se aplique un escenario de distanciamento (escenario 2), as clases expositivas e as titorías en grupo pasarán a realizarse de maneira telemática e síncrona a través da ferramenta MS-Teams. No caso de que se produza un peche das instalacións docentes (escenario 3), todas as actividades desenvolveranse de xeito telemático (MS-Teams para actividades síncronas e Moodle para actividades asíncronas).
Jose Manuel Navaza Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816795
- Correo electrónico
- josemanuel.navaza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
30.05.2022 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
07.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
07.07.2022 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |