Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Informar aos alumnos/as dos principios básicos, natureza, propiedades e aplicacións dos Materiais, así como das súas principais familias. A materia está concibida como unha introdución xeneral a Ciencia e Tecnoloxía de Materiais, que se desenvolverá posteriormente en cursos máis específicos de Cerámica, Metalurxia e Polímeros.
Adicionalmente preténdese dotar aos alumnos/as de coñecementos básicos na tecnoloxía dos materiais e o seu procesamento industrial.
INTRODUCIÓN
Tema 1.- Introdución
1.1.- Materiais e Civilización
1.2.- Materiais e Enxeñaría
1.3.- Estrutura, propiedades e usos dos materiais
1.4.- Tipos de materiais
II.- ESTRUTURA E PROPIEDADES DAS FASES SÓLIDAS
Tema 2.- Átomos, enlaces e coordinación
2.1.- Átomos e Ións
2.2.- Enlaces
2.3.- Moléculas
2.4.- Coordinación
Tema 3.- Orde atómica nos sólidos
3.1.- Cristais
3.2.- Simetría
3.3.- Sistemas cristalinos
3.4.- Polimorfismo e isomorfismo
3.5.- Difracción de raios X polos cristais
Tema 4.- Desorde atómica nos sólidos
4.1.- Impurezas nos sólidos
4.2.- Solucións sólidas
4.3.- Imperfeccións e defectos cristalinos
4.4.- Materiais amorfos
4.5.- Difusión atómica. Procesos de difusión
Tema 5.- Termodinámica e equilibrios
5.1.- Introdución. Equilibrios
5.2.- Termodinámica dos diagramas de fases
5.3.- Sistemas dun compoñente
5.4.- Sistemas binarios
5.5.- Sistemas ternarios
Tema 6.- Sinterización
6.1.- Difusión en sólidos
6.2.- Reaccións en sólidos
6.3.- Sinterización
6.4.- Procesamento de materiais. Procesos
6.5.- Microestruturas
III.- PROPIEDADES DOS MATERIAIS
Tema 7.- Propiedades mecánicas
7.1.- Introdución
7.2.- Propiedades elásticas de sólidos
7.3.- Fractura
7.4.- Fractura en sólidos reais
7.5.- Mecánica estatística de fractura
Tema 8.- Propiedades eléctricas, magnéticas e ópticas
8.1.- Condutividade metálica
8.2.- Propiedades dieléctricas
8.3.- Semicondutividade
8.4.- Supercondutividade
8.5.- Propiedades magnéticas dos materiais
8.6.- Piezoelectricidade
8.7.- Propiedades ópticas
IV.- TIPOS DE MATERIAIS
Tema 9.- Metais
9.1.- Metais e aliaxes
9.2.- Procesamento de metais
9.3.- Aliaxes dunha e dúas fases
9.4.- Deformacións elásticas en metais
9.5.- Deformacións plásticas en metais
9.6.- Recristalización
9.7.- Propiedades dos metais policristalinos
9.8.- Corrosión
Tema 10.- Polímeros
10.1.- Moléculas xigantes
10.2.- Polímeros lineais
10.3.- Polímeros tridimensionais
10.4.- Variacións nas estruturas moleculares
10.5.- Temperatura de transición vítrea
10.6.- Cristais moleculares
10.7.- Deformación en polímeros
10.8.- Procesamento de polímeros
Tema 11.- Cerámicas
11.1.- Fases cerámicas
11.2.- Tipos de compostos cerámicos. Óxidos, silicatos e cerámicas non oxídicas
11.3.- Fractura en cerámica
11.4.- Procesamento de materiais cerámicos
11.5.- Cerámica avanzada
11.6.- Refractarios
Tema 12.- Composites
12.1.- Tipos de materiais compostos
12.2.- Materiais reforzados
12.3.- Propiedades mecánicas. Fractura
12.4.- Mecanismos de reforzamento
12.5.- Materiais multicapa
V.- SELECCIÓN DE MATERIAIS
Tema 13.- Selección de materiais. Introdución
13.1.- Deseño de materiais
13.2.- Bases do proceso de selección. Criterios de selección
13.3.- Materiais e formas
13.4.- Materiais e procesamento
13.5.- Sistemas expertos
13.6.- Exemplos de selección de materiais
VI.- EXEMPLOS DE MATERIAIS
Tema 14.- Aceiros e fundicións
14.1.- Diagrama Fe-C
14.2.- Procesamento
14.3.- Propiedades
14.4.- Usos
Tema 15.- Madeira
15.1.- Estrutura e características
15.2.- Propiedades
15.3.- Usos
Tema 16.- Porcelana
16.1.- Diagrama Al2O3-SiO2-K2O
16.2.- Procesamento
16.3.- Propiedades
16.4.- Usos
Tema 17.- Poliéster/fibra de vidro
17.1.- Composición
17.2.- Procesamento
17.3.- Propiedades
Bibliografía básica:
-CALLISTER, William D. Jr., 2016. Ciencia e ingeniería de materiales. 2ª edición. Barcelona: Reverté. ISBN 9788429172515 (BUSC: A QM 9 H)
-MONTES, J. M., F. G. CUEVAS, J. CINTAS, 2014. Ciencia e ingeniería de los materiales. 1ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 9788428330176 (BUSC: A QM 10 A)
Bibliografía complementaria:
-Van Vlack: Elements of Materials Science and Engineering. 6ª Ed. Pearson. ISBN 978-0201093148
-BOLTON, William. Engineering Materials and Technology. 2ª Edition. Elsevier. ISBN 9781483141077
-ASHBY, M.F., et al., 2009. Engineering Materials and Processes Desk Reference . Elsevier
-SAJA, J.A. de, M.A. RODRIGUEZ, M. L. RODRIGUEZ, 2005. Materiales. Estructura propiedades y aplicaciones. Madrid: Thomson
http://www.grantadesign.com/education/resources/students.htm
-GAUKLER, L. J., 2009. Ceramic Materials In Energy Systems. Techna Group .
-COURT, S. A., 2008. The mapping of Materials supply chains in the UK`spower generation sector. MATERIALS UK ENERGY REVIEW. NAMTEC-UK.
-FOSSHEIM, K., A. SUDBO, 2004. Superconductivity: Physics and Applications. Wiley
-SEEBE, Bernd, 1998. Handbook of Applied superconductivity .Bristol: Institute of Physics
BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que capaciten para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT6 - Resolución de problemas
CT8 - Traballo en equipo
CT19 - Aprendizaxe autónomo
ESPECÍFICAS
CI3 - Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
O curso estruturase sobre a base de 30 horas de clases teóricas e 15 horas de seminarios prácticos. As aulas teóricas impartiranse na aula con apoios de proxeccións e as aulas prácticas en seminarios. Nos seminarios resolveranse os boletíns de problemas entregados previamente aos alumnos/as e discutiranse cuestións relacionados con aspectos fundamentais e específicos da materia.
Os alumnos/as disporán no Campus Virtual (Moodle) das diapositivas correspondentes a cada tema, boletíns de problemas así como calquera outra información necesaria para o correcto desenvolvemento do curso.
Os alumnos/as deberán realizar un traballo en grupo (máximo tres alumnos/as) referente a un material cerámico metálico, polimérico ou composto, que incluirá un resumen sobre a natureza, preparación e propiedades do material, os seus usos e o seu mercado. Competencias: CG3, CG4, CT1, CT6, CT8, CT19, CI3. O traballo entragarase a traves do Campus Virtual
Aplicarase unha avaliación mixta, baseada en:
a) Cualificación obtida polo alumno nun exame final, consistente en un ou dous problemas e catro ou cinco preguntas cortas. Cualificación: 70%. Todas as preguntas e problemas deben ser respondidos en maior ou menor medida. Para aprobar o exame non debe haber ningunha pregunta ou problema en branco.
b) Cualificación conseguida na avaliación dos traballos realizados durante o curso (10%).
c) Avaliación continua coa resolución de problemas nos seminarios e na resposta a preguntas breves durante as aulas teóricas (20%).
Para aprobar a asignatura será necesario obter como mínimo un 4 (sobre 10) no exame final. A cualificación obtida nos puntos b e c anteriores, poderá conservarse para a segunda oportunidade, e computará coa nota de exame para a cualificación final solamente en caso de que no exame final se obteña polo menos un 4 (sobre 10).
O sistema de avaliación para estudantes repetidores será o mesmo que o aplicado aos non repetidores.
Para poder ser avaliado é necesario asistir polo menos ao 50% dos seminarios, realizar os traballos requiridos e realizar o exame final. Isto é así tanto para superar a materia na convocatoria ordinaria como para a recuperación.
Nos seminarios realizaranse problemas e casos prácticos relacionados cos contidos da materia que son fundamentais para unha clara comprensión e aprendizaxe desta. Por iso é obrigatoria a asistencia aos seminarios.
Avaliación de competencia Aulas teóricas Tutorías Seminarios Traballos Exame
CG3 :........................................X................X................X...................X
CG4..........................................X................X................X...................X
CT1..............................................................................X...................X..........X
CT6..............................................................................X...............................X
CT8..............................................................................X...................X
CT19............................................................................X...................X..........X
CI3...........................................X................X................X...................X..........X
Sistema de cualificación % Mínimo necesario
Seminarios e aulas teóricas........ 20 Presencial
Traballo.................................... 10 Campus Virtual
Exame..................................... 70 Presencial 4,0
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estimase un tempo total de traballo do alumno de arredor de 112 horas, distribuidas como segue:
Horas presenciais: 44
Horas traballo alumno: 68.5
Relativas a materia.
— Coñecementos de Física xeral e Química xeral. — Son desexables coñecementos de Mineraloxía e Xeoloxía xerais.
Constancia a lo longo do curso e asistencia as aulas teóricas e seminarios.
Xerais:
Constancia ao longo do curso e asistencia a clases e seminarios.
Alvaro Gil Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
16.01.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
16.01.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
16.01.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
22.06.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
22.06.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
22.06.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |