Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia presenta unha introdución á computación e á programación en MATLAB e con follas de cálculo en computadores tipo PC baixo o Sistema Operativo Windows con aplicación a problemas propios da Enxeñaría Química. Ademais, servirá como base para que o alumno poida solucionar problemas en cursos posteriores usando “toolboxes” de Matlab específicas da Enxeñaría Química ou funcións avanzadas de follas de cálculo.
É a primeira introdución do estudante no eido da informática e, en concreto, nos fundamentos da programación. Polo tanto, un primeiro obxectivo da materia é que o futuro enxeñeiro químico coñeza os fundamentos dos sistemas informáticos, facendo especial énfase nos compoñentes que son máis habituais no ámbito das aplicacións químicas na industria.
Os obxectivos relacionados co desenvolvemento de destrezas de programación ocupan unha parte fundamental da materia. En concreto, preténdese que o estudante desenvolva fluidez na especificación, deseño, programación e proba de aplicacións informáticas para a enxeñería química.
Contidos teóricos (25 horas):
---------------------------------------------------------------------------------
Introdución ao desenvolvemento de programas: Estruturas de datos e algoritmos. Linguaxes de programación, compiladores e intérpretes. Tipos de datos e expresións básicas. Estruturas algorítmicas de control. Programación modular. Entrada/saída.
Preténdese dar unha visión xeral do uso da informática para resolver problemas. Farase unha breve introdución aos sistemas informáticos pero profundarase no desenvolvemento de algoritmos e estruturas de control en xeral, para logo aplicarse especificamente en Matlab e en folla de cálculo.
Bloque I. Introdución ao desenvolvemento de programas
Bloque II. Linguaxes de programación Matlab e Excel
1. Constantes e variables. Tipos básicos
2. Expresións básicas.
3. Estruturas de selección.
4. Estruturas repetitivas.
5. Agrupacións de variables.
6. Programación modular: funcións.
7. Entrada/Saída.
Seminarios (10 horas):
-----------------------------------------------------------------------------------
Nos seminarios faranse exercicios prácticos de resolución de problemas. A orde dos seminarios pode variar en función do desenvolvemento do curso.
Seminario 1. Exercicios en pseudocódigo e diagrama de fluxo
Seminario 2. Exercicios de expresións lóxicas e vectores lóxicos.
Seminario 3. Exercicios de selección.
Seminario 4. Exercicios con números, variables y expresións simbólicas.
Seminario 5. Exercicios de iteración, vectores e matrices en pseudocódigo e diagrama de fluxo.
Seminario 6. Regresión en folla de cálculo.
Seminario 7. Resolución de sistemas de ecuacións lineais.
Seminario 8. Exercicios de funcións.
Seminario 9. Exercicios de arquivos e agrupacións de datos.
Seminario 10: Exercicios de integración numérica.
Contidos prácticos (40 horas):
-------------------------------------------------------------------------
Sesión 1: Introdución ao entorno de traballo en rede, sistema operativo, internet, campus virtual da USC.
Sesións 2-3: Tipos de datos, variables e expresións.
Sesión 4-5: Funcións de Matlab.
Sesión 6: Estruturas de selección.
Sesión 7: Estruturas de iteración.
Sesión 8: Iteración indefinida.
Sesión 9: Resolución de ecuacións lineais polo método de Gauss.
Sesión 10: Eficiencia de programas. Control 1º cuadrimestre.
Sesión 11: Repaso.
Sesión 12: Funcións.
Sesión 13: Método de Newton e funcións anónimas.
Sesión 14-16: Entrada/Saída e agrupacións de variables.
Sesión 17: Interpolación e programación lineal.
Sesión 18: Integración simbólica e numérica.
Sesión 19: Exercicio completo de programación.
Sesión 20: Control 2º cuadrimestre.
Bibliografía básica:
- GILAT, Amos, 2006. MATLAB: una introducción con ejemplos prácticos. Barcelona: Reverté. ISBN: 978-84-291-5035-3. Dispoñible na Biblioteca ETSE: A300 35, e A300 35 A-D.
Este texto resulta básico para a materia pois aborda os fundamentos da computación dende a perspectiva do futuro enxeñeiro.
Bibliografía complementaria:
- BOURG, David M., 2006. Excel: aplicaciones científicas y de ingeniería. Madrid: Anaya Multimedia. ISBN: 84-415-2074-7. Dispoñible na Biblioteca ETSE: A012 44 A-C.
- PALM, William J., 2005. Introduction to MATLAB 7 for engineers. Boston: McGraw-Hill. ISBN: 0-07-123262-1. Dispoñible na Biblioteca ETSE: A012 30
- ETTER, Delores M., 1993. Engineering problem solving with MATLAB. Englewood Cliffs, New Jersey: Prentice Hall.: Dispoñible na Biblioteca ETSE: A012 76 USO EN SALA. Dispoñible na Biblioteca de Fisica: C00 112
- HANSELMAN, Duane C., LITTLEFIELD, Bruce, 2005. Mastering MATLAB 7. International Edition. Upper Saddle River (New Jersey): Pearson/Prentice Hall. ISBN: 0-13-185714-2. Dispoñible na Biblioteca ETSE: A012 22 B
Distribúense ademais as transparencias utilizadas na clase para a explicación da materia. E farase uso da documentación das ferramentas Matlab e Excel.
Competencias básicas:
CB.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da educación secundaria xeral, e soe encontrarse a un nivel que, se ben se apoia nos libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas – Módulo de formación básica:
FB.1. Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre:
FB.1.3. Métodos numéricos; algoritmia numérica.
FB.3. Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría.
Competencias xerais:
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisión, creatividade, razonamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
Competencias transversais:
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
CT.6. Resolución de problemas
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
CT.19. Aprendizaxe autónomo
Todo o material da materia estará na plataforma do Campus Virtual da USC.
O programa de teoría baséase en dúas clases semanais dunha hora de duración nas que se inclúen as explicacións dos temas e mais os seminarios de problemas/casos prácticos. O programa de prácticas organízase de forma regular en sesións de dúas horas de duración. En cada sesión aplícanse na práctica do xeito máis inmediato posible os temas explicados nas clases teóricas.
Contémplase unha primeira sesión de prácticas de introdución ao acceso ás Aulas de Informática da USC e ás ferramentas de docencia non presencial nas que se desenvolven os contidos da materia. O Campus Virtual úsase como soporte dalgúns contidos teóricos e de todos os contidos, guións e problemas prácticos, xunto coas súas solucións.
Esta materia está totalmente integrada coas materias "Matemáticas" e "Fundamentos de Procesos Químicos", actuando como soporte de ambas en canto á aprendizaxe dos entornos informáticos para desenvolvemento das prácticas de ditas materias.
Utilizaranse Matlab e Excel nas sesións na aula de informática.
Nas clases maxistrais desenvolveranse os contidos xerais básicos e haberá seminarios para resolver os problemas que se plantexen, tanto en Matlab como en Excel.
As competencias CB.1, CB.3, FB.1, FB.3, CG.3 e CG.4 teñen contidos asociados na parte teórica e práctica da materia e avalíanse de xeito explícito nas probas realizadas ao longo do curso. Os contidos CB.1, CB.3 e FB.3, ademais, se traballan coa preparación de temas xerais do ámbito informático, algúns na vangarda da súa área, que teñen que expoñer e valorar.
As competencias instrumentais (C.T.1, C.T.4 e C.T.6) trabállanse fundamentalmente no aspecto de capacidade de organización e planificación, toma de decisións e resolución de problemas, nas entregas que teñen que realizar nas clases prácticas.
Das competencias persoais trabállase fundamentalmente o razoamento crítico, avaliando as distintas posibilidades de resolución de problemas tanto na parte teórica como na práctica.
Do grupo de competencias sistémicas (C.T.13 e C.T.19) trabállanse principalmente a creatividade, adaptación a novas situacións, e motivación pola calidade, especialmente nas clases prácticas, onde se propoñen problemas para desenvolver estas competencias, con cambios de situacións, e se avalían na cualificación do problema a entregar.
A avaliación consta de tres partes, Teoría, Seminario e Práctica, que é necesario superar de forma independente:
- Teoría (4 puntos sobre a nota final): exercicio escrito nas 2 datas oficiais de avaliación. Realizaranse controis periódicos. Estas actividades de avaliación continua poden sumar o 100% da nota de teoría. AS CUALIFICACIÓNS PARCIAIS CONSÉRVANSE SÓ DURANTE O CURSO ACTUAL.
Utilízase para avaliar as competencias CB.1, CB.3, FB.1, FB.3, CG.3, CG.4, CT.4, CT.6, CT.13 e CT.19 mediante distintas preguntas no exame teórico e a avaliación dos exercicios realizados e entregados durante o curso.
- Seminarios (2 puntos sobre a nota final): entrega de exercicios de Excel e/ou Matlab individuais ou por grupos e de traballos.
Estes traballos utilízanse para avaliar as competencias CB.1, CB.3, FB.3, CG.3, CG.4, CT.1 e CT.19.
- Práctica (4 puntos sobre a nota final): avaliarase coa entrega de exercicios prácticos de avaliación continua a realizar durante o curso mais un control ao final de cada semestre. Os exercicios contarán un 30% na nota final de prácticas e os controis un 70%. ESTAS CUALIFICACIÓNS CONSÉRVANSE SÓ O CURSO ACTUAL.
Utilízase para avaliar as competencias CB.1, CB.3, FB.1, FB.3, CG.3, CG.4, CT.1, CT.4, CT.6, CT. 13 e CT.19 mediante a entrega periódica das prácticas realizadas durante o curso.
As cualificacións dos traballos e actividades de avaliación continua se lle comunicarán ao alumno antes do exame da oportunidade ordinaria.
Ao ser unha materia anual, faranse avaliacións parciais no 1º e no 2º semestres.
Avaliación na segunda oportunidade:
- Parte teórica: os 4 puntos da parte de teoría avaliaranse mediante un exame teórico de toda a materia.
- Parte práctica: os 4 puntos da parte práctica virán da nota de prácticas obtida previamente durante o curso, non se avalía na segunda oportunidade.
- Seminarios: os 2 puntos virán da nota obtida previamente durante o curso, non se avalía na segunda oportunidade.
Condicións de Non Presentado: O alumnado que entregue algunha das actividades de avaliación con data posterior ao 1 de novembro consideraranse como Presentado e polo tanto se lle poñerá a nota que acade.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
Clases maxistrais: 25 horas presenciais + 42 horas de traballo persoal = 2,7 ECTS
Seminarios: 8 horas presenciais + 13 horas de traballo persoal = 0,9 ECTS
Aula de informática: 40 horas presenciais + 40 horas de traballo persoal = 3,2 ECTS
Titorías individualizadas: 4 horas presenciais + 2 horas de traballo persoal = 0,2 ECTS
Titorías individualizadas organizadas en grupo: 4 horas presenciais + 16 horas de traballo persoal = 0,8 ECTS
Exames e revisión: 9 horas presenciais + 22 horas de traballo persoal = 1,2 ECTS
En total o alumnado deberá dedicar un total de 90 horas presenciais (incluíndo as revisións e titorías) e 135 horas de traballo autónomo (equivalentes a 9,0 ECTS).
Ao ser unha materia anual de 1º curso, non hai materias previas aconsellables, aínda que sería útil ter coñecementos básicos de informática a nivel de usuario e ter soltura co manexo de equipos en rede.
Para o estudo da materia, recoméndase realizar a totalidade dos exercicios dos boletíns de problemas e de prácticas, tanto os que se resolvan nas propias sesións de problemas e de prácticas coma os que queden propostos.
Recoméndase encarecidamente utilizar as titorías para a resolución das dúbidas respecto destes problemas ou de calquera contido da materia. Isto é especialmente importante co modelo de avaliación continua das prácticas, xa que uns contidos van asentándose sobre os anteriores, o que fai moi conveniente ter asimilados os temas anteriores antes de intentar comprender os novos.
Utilizarase o campus virtual da USC para toda a docencia, publicación de material, guións de prácticas e entrega de traballos.
Utilizaranse basicamente os programas informáticos Matlab e Excel (MS Office). Alternativamente, nos equipos propios pode empregarse as alternativas de software libre Octave e Calc (LibreOffice)
A materia impartirase principalmente en castelán.
Jesus Maria Rodriguez Presedo
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816433
- Correo electrónico
- jesus.presedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Manuel Sánchez Vila
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816466
- Correo electrónico
- eduardo.sanchez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paulo Manuel Felix Lamas
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816422
- Correo electrónico
- paulo.felix [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Carlos Vidal Aguiar
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816388
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Olinda Nelly Condori Fernandez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- n.condori.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
18.01.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
30.05.2023 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
27.06.2023 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |