Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Aplicar os balances macroscópicos de materia e enerxía a un proceso integrado. Expor as ecuacións diferenciais do balance microscópico de materia, enerxía e cantidade de movemento. Interpretar conxuntamente o transporte convectivo e difusivo. Utilizar ferramentas de cálculo e simulación no ámbito dos procesos químicos.
Obxectivos específicos
Interpretar un diagrama de fluxo de proceso para aplicar balances de materia e enerxía
Identificar as variables de proceso
Definir os coeficientes de transporte e resistencias ao transporte nun sistema de proceso químico
Formular e resolver problemas de condución de calor en estado estacionario
Formular e resolver problemas de difusión de materia en estado estacionario
Formular e resolver problemas de balance de cantidade de movemento en estado estacionario
Formular e resolver problemas de transporte convectivo e conductivo conxuntamente
Utilizar un simulador industrial de procesos químicos
Desenvolver cálculos de enxeñaría en folla de cálculo
Estudar e avaliar experimentalmente os mecanismos e propiedades de transporte
O proceso químico: aplicación dos balances de materia e enerxía a un proceso integrado. Integración de unidades no deseño de procesos industriais: uso dun simulador de proceso. Fundamentos de fenómenos de transporte: mecanismos e propiedades de transporte. Prácticas: mecanismos de transporte; propiedades de transporte segundo Memoria de Título).
UNIDADE DIDÁCTICA I
Contido
Aplicación os balances macroscópicos de materia e enerxía a un proceso integrado.
Actividades
Aula de informática.
Simulación de proceso mediante Hysys. Simulación das etapas de reacción, separación, bombeo, redución de presión, integración enerxética do reactor e recirculación.
Desenvolvemento de cálculos de enxeñaría en folla Excel.
UNIDADE DIDÁCTICA II
Contido
Leis de Fourier, Fick e Newton. Coeficientes de transporte.
Actividades
Laboratorio
UNIDADE DIDÁCTICA III
Contido
Transporte de interfase. Coeficientes de transferencia. Resistencias
Actividades
Laboratorio
Básica
VAN DEN AKKER, H., MUDDE, R.F. Transport Phenomena. Delft Academic Press, 2014, ISBN: 978-90-6562-3584
Complementaria
GEANKOPLIS, C.J. Transport phenomena and unit operations. Prentice Hall. ISBN: 0-13-045253-X.
Competencias específicas
CQ.1.1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía (avalíase en tarefas e probas)
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos (avalíase en tarefas e probas e aula de informática)
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos (avalíase en aula de informática)
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións (avalíase en tarefas e probas e aula de informática)
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial (avalíase en laboratorio e aula de informática)
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese (avalíase en tarefas e probas e laboratorio)
CT.6. Resolución de problemas (avalíase en tarefas e probas, aula de informática e laboratorio)
CT.8. Traballo en equipo (avalíase en laboratorio)
CT.10. Habilidades nas relacións interpersoais (avalíase en laboratorio)
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (avalíase en laboratorio e aula de informática)
CT.14. Adaptación a novas situacións (avalíase en laboratorio e aula de informática)
ACTIVIDADES: clases expositivas, clases interactivas, tutorías.
AULAS:
Aula física
Aula virtual: TEAMS. Soporte.
E-LEARNING (off-line):Campus Virtual.Repositorio de notas de clase, presentacións e audiopresentaciones, vídeos e exercicios e casos prácticos resoltos. Entrega de tarefas. Comunicación co alumnado. Feedback. Soporte.
Asesoramento na adquisición de competencias en actividades de titoría de grupo
Competencias das clases expositivas e seminarios: CQ1.1, CQ2.1; CG 3; CT 1, CT 6.
Competencias de laboratorio e aula de informática: CQ 2.1, CQ 2.2;CG3, CG 4;CT1, CT6 CT 8, CT 13, CT14.
Asesoramiento ao alumnado na adquisición de competencias en actividades de tutoría de grupo
O alumnado poderá participar en actividades complementarias de mellora curricular organizadas no Centro ou polo Centro (talleres, competicións, conferencias, dependendo da dispoñibilidade e compatibilidade con outras obrigacións académicas.
En caso de que o Centro organice e desenvolva algunha práctica de campo, o alumnado fará dita práctica según determine o Centro.
AVALIACIÓN CONTINUA
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións ”.
Como complemento ao anteriormente citado, antes de facer entregas para cualificación é recomendable para o alumnado completar o curso de competencias en información da ETSE.
Entregas programadas, sempre en formato electrónico a través do Campus Virtual.
TAREFAS DOCENCIA EXPOSITIVA + SEMINARIO.
Esta parte consta dos seguintes ítems:
Exercicios resoltos. Entrega a través da ferramenta tarefa do Campus Virtual. 20 % da cualificación.
Cuestionario-examen. Presencial. 25 % da cualificación.
Informe do profesorado na parte expositiva e de seminario. Proactividad do alumnado e informes de actividade das diferentes ferramentas utilizadas: 5%.
TOTAL DE EXPOSITIVA + SEMINARIO (inc. Informe): 50 %
TAREFAS DOCENCIA INTERACTIVA
Esta parte consta dos seguintes ítems
AULA DE INFORMÁTICA: 10 %
LABORATORIO: 30%
TITORÍAS DE GRUPO: 10 %
TOTAL AULA DE INFORMÁTICA +LABORATORIO + TITORÍAS DE GRUPO: 50 %
Coas seguintes condicións:
1. A asistencia á aula de informática, laboratorio e titoría de grupo é obrigatoria. Calquera falta non xustificada suporá o suspenso inmediato e sen posibilidade de recuperación. Entenderanse como faltas xustificadas aquelas que se establecen como tal na normativa de avaliación universitaria. En todo caso, o número de faltas xustificadas non poderá ser superior a 2 horas en laboratorio e 1 hora en aula de informática, para poder superar esta parte da materia. En caso de falta xustificada á tutoría de grupo, darase opción de recuperación. A asistencia controlarase con lista de firmas ou os controis que permitan as ferramentas utilizadas.
2. Para sumar as cualificacións hai que obter como mínimo un 40 % da puntuación máxima asignada a cada ítem, a excepción do informe do profesor e a tutoría de grupo. Se non se alcanza este mínimo, a puntuación obtida nese item non se suma ás demais.
3. Aínda que a puntuación sume 5, non se poderá aprobar a materia se nalgún dos ítems avaliables non se obtivo a puntuación mínima. Nese caso o alumnado figurará como suspenso, e a súa cualificación numérica corresponderá á dos items que cumpren a condición indicada, si é menor que 5, ou 4,9 si é maior que 5
4. A recuperación de segunda oportunidade da parte expositiva, seminarios e tutoría obrigatoria de grupo realizarase mediante proba. As partes de laboratorio e aula de informática non son recuperables.En caso de necesidades sobrevindas por masificación de grupos de prácticas, aplicaríanse as recomendacións da USC e se estudiaría se os repetidores poderían conservar a cualificación de prácticas.
Avaliación por competencias
Competencias específicas
CQ.1.1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía (avalíase en tarefas e probas)
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos (avalíase en tarefas e probas, e aula de informática)
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos (avalíase en aula de informática)
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións (avalíase en tarefas e probas e aula de informática)
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial (avalíase en laboratorio e aula de informática)
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese (avalíase en tarefas e probas e laboratorio)
CT.6. Resolución de problemas (avalíase en tarefas e probas, aula de informática e laboratorio)
CT.8. Traballo en equipo (avalíase en laboratorio)
CT.10. Habilidades nas relacións interpersoais (avalíase en laboratorio)
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (avalíase en laboratorio e aula de informática)
CT.14. Adaptación a novas situacións (avalíase en laboratorio e aula de informática)
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS; 1 ECTS equivale a 25 horas totais de traballo, polo que esta materia ten unha dedicación total de 112.5 horas de traballo, que se reparten da forma que se sinala na táboa.
Actividade........... Horas presenciais Horas traballo autónomo TOTAIS
Clases expositivas...... 13 26 39.0
Seminarios............... 4 16 20.0
Prácticas laboratorio (presencial ou virtual)... 20 10 30.0
Tutorías ................. 1 2 3.0
Probas e revisión.... 4.5 16 20.5
Total..................... 42.5 70 112.5
A asistencia a clases expositivas e de seminario é moi recomendable. As sesións de aula de informática, laboratorio e tutoría de grupo son de asistencia obrigatoria.
Avaliación continua significa desenvolvemento gradual no tempo: non é admisible a entrega traballada a última hora.
IDIOMA: gallego/castellano
PREVENCIÓN DE RISCOS: seguiranse os procedementos establecidos pola Dirección da ETSE.
" A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web.
Maria Isabel Vidal Tato
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Amaya Franco Uria
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816777
- Correo electrónico
- amaya.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Brais Vázquez Vázquez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- braisvazquez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Andrea Arribas Jimeno
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- andreaarribas.jimeno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula A2 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
24.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
03.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |