Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é axudar ao alumnado a desenvolver as súas destrezas de comprensión e expresión oral e escrita. Espérase que ao finaldo cuadrimestre acade un nivel equivalente a B1 + (Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas).
Ademais, a materia persegue os seguintes obxectivos:
-Promover a corrección lingüística nos niveis da gramática, vocabulario técnico, ortografía e pronuncia.
-Consolidar o coñecemento das estruturas e funcións básicas do inglés técnico.
-Consolidar vocabulario que lles permita cubrir unha variedade de temas relacionados co dominio científico.
-Promover a reflexión sobre o uso dos dominios científicos de linguaxe.
Os contidos desta materia abranguen unha variedade de aspectos gramaticais, léxicos e fonéticos seleccionados con base ao Marco Común Europeo deReferencia para as Linguas (MCER) para o nivel B1. Traballaranse así mesmo as destrezas de comprensión e produción oral e escrita, centrándosesempre en temas relacionados co campo da (Enxeñaría) Química.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
IBBOTSON, M., 2009. Professional English in Use: Engineering. Technical English for Professionals. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN9780521734882
MCCARTHY, M. & F. O’DELL, 2017. English Vocabulary in Use – Upper-Intermediate. 4th edition. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN9781316631744
MURPHY, R., 2019. English Grammar in Use: A Self-Study Reference and Practice Book for Intermediate Students of English. 5th edition. Cambridge:Cambridge University Press. ISBN 9781108457651
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
IBBOTSON, M., 2008. Cambridge English for Engineering. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9783125342866
SWAN, M., 2016. Practical English Usage. 4th edition. Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780194202411
SWAN, M. & C. Walter. (2011). Oxford English Grammar Course: Intermediate. Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780194420822
RECURSOS EN LIÑA:
Dicionarios (inglés e inglés-español)
http://www.thefreedictionary.com/ (inglés)
http://www.lexico.com/ (inglés e inglés-español)
http://www.ldoceonline.com/ (inglés)
http://dictionary.cambridge.org/ (inglés)
http://www.wordreference.com/ (inglés e inglés-español)
http://www.learnersdictionary.com/ (inglés)
http://dictionary.reference.com/ (varios, en inglés)
http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html (inglés-galego)
http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)
Sinónimos, antónimos etc.:
http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm (con exercicios)
http://www.englishpage.com/grammar/ (con exercicios)
Miscelánea (gramática, vocabulario, actividades, tests, lectura, escritura, podcasts...):
English Test Net (http://www.english-test.net/)
About.com (http://esl.about.com/)
Easy English (http://www.easyenglish.com/)
A4esl.org (http://a4esl.org/)
UsingEnglish.com (http://www.usingenglish.com/)
English Page (http://www.englishpage.com/)
BBC Learning English (http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/)
British Council - Learning English (http://www.learnenglish.org.uk/)
University of Victoria - Language Center (http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm)
Competencias xerais:
CX.10 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar
Competencias transversais:
CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira
CT.10 Habilidades nas relacións interpersoais
CT.17 Creatividade
A materia componse de dúas partes diferenciadas:
A)Parte teórica (competencias CG.10, CT.3): nestas sesións expositivas combinarase a exposición por parte do profesorado sobre cuestións de índolegramatical, léxica e fonética, xunto co traballo do alumnado mediante exercicios prácticos. No campo da gramática poderanse abordar cuestións talescomo a revisión de formas e usos de tempos verbais; os verbos modais; as cláusulas de relativo; a voz pasiva e as estruturas causativas. No que
30/5/22, 16:50 Imprimir
https://sec-virtual.usc.es/Docentes/Programas/imprimir.htm 2/2
concirne aos aspectos léxicos, tratarase vocabulario técnico relativo á (enxeñaría) química e as matemáticas, entre outros revisión de cifras, operaciónsmatemáticas, elementos químicos ou equipamento do laboratorio. No relativo á pronuncia, ao longo do cuadrimestre proporcionaranse pautas para pulira pronuncia do alumnado.
B)Parte práctica (competencias CG.10, CT.3, CT.10, CT.17): nestas clases propoñerase unha ampla variedade de tarefas co fin de poñer en práctica asdistintas destrezas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral). Espérase que o alumnado participe activamente nassesións en inglés.
Todos os materiais precisos para a materia estarán dispoñibles no Campus Virtual.
Tanto na primeira oportunidade de decembro/xaneiro como na segunda de xuño/xullo o rendemento do alumnado e o grao de consecución dosobxectivos avaliarase como segue:
1)EXAME FINAL (60%), que constará das seguintes partes (competencias CG.10, CT.3):
-Comprensión oral (20%)
-Comprensión escrita (20%)
-Gramática e vocabulario (20%)
2)AVALIACIÓN CONTINUA (40%): para a avaliación continua teranse en conta actividades orais e escritas que se realizarán de forma individual ou engrupo, na clase ou a través da plataforma virtual. A porcentaxe de avaliación continua divídese da seguinte forma:
-Expresión escrita (20%): realizaranse 2 tarefas de produción escrita de maneira individual ao longo do semestre (competencias CG.10, CT.3, CT.17).
-Presentación oral (20%): esta tarefa realizarase en grupos reducidos e sobre un tema relacionado co ámbito da Enxeñaría Química, que se acordarápreviamente co equipo docente. As datas das presentacións orais serán anunciadas con anterioridade polo profesorado (competencias CG.10, CT.3,CT.10, CT.17).
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
-Para superar a materia, a suma dos diferentes compoñentes avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que o alumnado debe obter unhacualificación mínima de 4 sobre 10 nas seguintes partes: 1) tarefas de expresión escrita (avaliación continua – 20%); 2) exame final (60%). O alumnadoque non acade a nota mínima de 4 sobre 10 nestas dúas partes suspenderá a materia, aínda que a nota aritmética total sexa de 5 ou superior. Nestecaso, a nota que se rexistraría na Acta Oficial sería un 4,5.
-O alumnado que non se presente á proba oficial na data establecida obterá a cualificación de NP (‘Non Presentado’), mesmo se completou todas asactividades de avaliación continua. A nota de avaliación continua si se gardaría para a segunda oportunidade.
-O alumnado que non entregue as tarefas de avaliación continua perderá a porcentaxe correspondente da nota final.
-O sistema de avaliación é o mesmo para a primeira que para a segunda oportunidade.ALUMNADO CON DISPENSA:O alumnado con exención de asistencia terá que facer o exame final na data oficial establecida. O exame representará un 100% da nota, coa seguinte distribución de porcentaxes:1.- Proba escrita (80%), que engloba: gramática e vocabulario (20%), comprensión escrita (20%), comprensión oral (20%) e producción escrita (20%). Competencias CG.10, CT.3, CT.172.- Proba oral (20%).Competencias CG.10, CT.3, CT.10, CT.17Para superar a materia, a suma dos diferentes compoñentes avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que o alumnado debe obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 tanto no conxunto da proba escrita (gramática e vocabulario; comprensión escrita; comprensión oral; producción escrita) como na proba oral. O alumnado que non acade a nota mínima de 4 sobre 10 nestas dúas partes, suspenderá a materia, aínda que a nota aritmética total sexa 5 ou superior. Neste caso, a nota que se rexistraría na Acta Oficial sería un 4,5.
ACTIVIDADE HORAS DE CLASE TRABALLO INDIVIDUAL TOTAL
Clases teóricas 28 25 53
Clases prácticas 9 44 53
Presentacións estudantes 2 18 (traballo guiado) 20
Son necesarios coñecementos previos dun nivel B1 (Marco Europeo Común de Referencia das Linguas) de inglés a nivel escrito e oral.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Tamara Bouso Rivas
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- tamara.bouso.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jorge Fernández Avilés
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811974
- Correo electrónico
- jorgefernandez.aviles [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula A2 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula A2 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula A2 |
22.01.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
22.01.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
22.01.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
22.01.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
22.01.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
22.01.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
21.06.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
21.06.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
21.06.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |