Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 45 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacitar ao alumno no uso das tecnoloxías que apoian os procesos de adquirir, analizar e visualizar datos espaciais, adquirindo capacidade para manexar información xeoespacial.
Dado que a Xeoinformática consta das seguintes ramas: Cartografía, Xeodesia, Sistemas Satelitais de Navegación Globais, Sensores remotos, Análise espacial e Mapeo web, os contidos da materia serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario, que constitúe o programa teórico e práctico da materia:
Programa teórico (45h)
Módulo 1: Cartografía: (13h expositivas)
- Conceptos fundamentais de cartografía.
- Representación cartográfica dos fenómenos xeográficos.
- Clasificación da cartografía e tipos de representacións cartográficas.
- Semioloxía cartográfica.
- Cartografía topográfica e cartografía temática.
Módulo 2: Fotogrametría: (13h expositivas)
- Fundamentos de fotogrametría.
- Visión 3D e fotointerpretación.
- Sensores (sistemas aéreos).
- Proceso xeral da fotogrametría.
- Restitución fotogramétrica.
- Ortofotomapas.
Módulo 3: Teledetección: (11h expositivas)
- Fundamentos e principios físicos da teledetección.
- Sensores (sistemas espaciais).
- Tratamento dixital da imaxe.
- Extracción de información de imaxes de satélite.
Módulo 4: Xeodesia espacial: (8h expositivas)
- Sistemas de posicionamento global por satélite
- Constelacións de satélites para posicionamento
- Navegación espacial
Temario práctico (15h)
Práctica 1. Escalas e proxeccións cartográficas.
Práctica 2. Interpretación, análise y edición de mapas.
Práctica 3. Visión 3D: Estereoscopía.
Práctica 4. Interpretación, análise e corrección de imaxes.
Práctica 5. Navegación GPS.
Bibliografía básica:
• Vázquez maure, f. y Martín López, J. (1989). Lectura de mapas, IGN, Madrid.
• Bernabé, M.A.; iturrioz, T. (1995). Elementos de Diseño Gráfico. Ed. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica. Universidad Politécnica de Madrid.
• LERMA, J.L. Fotogrametría moderna: Analítica y Digital. UPV. Valencia, España. 2002.
• SANJOSÉ, J. J. Fotogrametría Analítica. Ed. Blasco. Cáceres, España. 2002.
• Chuvieco Salinero, E. .2002. Teledetección Ambiental. La observación de la Tierra desde el espacio. Editorial Ariel S.A. Barcelona. España. ISBN 84-344-8047-6.
• Jensen, John R., 2007, Remote Sensing of the Environment: An Earth Resource Perspective, 2nd Ed., Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall, 592 pages.
• Jensen, John R., 2005, Introductory Digital Image Processing, 3rd Ed., Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall, 526 pages.
• Kleusberg, Alfred; Teunissen, Peter J.G. GPS for geodesy. Berlin etc.: Springer, cop. 1998. | 2nd ed.
Bibliografía complementaria:
• Robinson, A. H. et al. (1987). Elementos de Cartografía. Omega. Barcelona.
• Kraus, K. Photogrammetry. Vol. 1. Fundamentals and Standard Processes. Ed. Dümmler. Köln, Germany. 2000.
• Kraus, K. Photogrammetry. Vol. 2. Advanced Methods and Applications. Ed. Dümmler. Bonn, Germany. 1997.
• Pinilla, C. "Elementos de Teledetección". Ed. Rama. 1995.
Competencias básicas e xerais:
CG2 - Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe.
CG5 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais:
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e da internet.
Competencias específicas:
CE03 - Coñecemento adecuado e aplicado á paisaxe dos sistemas de representación espacial e fotográfica.
CE11 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de levantamentos e replanteos topográficos. Cartografía, Fotogrametría, sistemas de información xeográfica e teledetección.
CE12 - Coñecemento adecuado e aplicado á paisaxe das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
CE59 - Deseño, produción e difusión da cartografía básica e temática. Implementación, xestión e explotación de Sistemas de Información Xeográfica
Consideranse 3 escenarios posibles de docencia:
Escenario 1: normalidade adaptada
O escenario 1 caracterízase pola convivencia con certas medidas de prevención, de autoprotección da poboación (mascarillas faciais, uso de xeles desinfectantes etc.) e mantemento de restricións que afecten a eventos de certa afluencia de persoas.
Neste escenario, os coñeceentos e habilidades desenvólvense a través de:
• 45h de clases teóricas expositivas: onde son introducidos os temas teóricos e se traballan as competencias CG2 e CG5
As clases teóricas serán presenciais.
• 12h de prácticas, traballando as competencias CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CE03, CE11, CE12 e CE59.
As prácticas serán presenciais e realizaranse segundo o horario oficial publicado pola Escuela Politécnica Superior de Enxeñaría.
• Utilización da aula virtual, traballando as competencias CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2
• As titorías serán presenciais.
Escenario 2: distanciamento
No escenario 2 aplicaranse as medidas de protección activas, de obrigado cumprimiento, como o distanciamento de seguridade, o uso de mascarillas faciaies e medidas organizativas de control de acceso e aforo.
Neste escenario, os coñecementos e habilidades desenvolveranse a través de:
• 45h de clases teóricas expositivas: onde son introducidos os temas teóricos e se traballan as competencias CG2 e CG5
As clases teóricas serán presenciais e virtuais.
Cando as clases sexan virtuais, utilizarase tanto a aula virtual da asignatura como Microsoft Teams.
• 12h de prácticas, traballando as competencias CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CE03, CE11, CE12 e CE59.
As prácticas serán presenciais e realizaranse segundo o horario oficial publicado pola Escuela Politécnica Superior de Enxeñaría.
• Utilización da aula virtual, traballando as competencias CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2
• As titorías serán virtuais, tanto a través da aula virtual da asignatura como de Microsoft Teams.
Escenario 3: peche das instalacións
En atención ás medidas que dispoñan as autoridades sanitarias, pódese producir un novo confinamiento da poboación, e peche das instalacións da Universidade e a determinación das funcións esenciais que deberán manterse.
Neste escenario, os coñecementos e habilidades desenvólvense a través de:
• 45h de clases teóricas expositivas: onde son introducidos os temas teóricos e se traballan as competencias CG2 e CG5
O alumno disporá de test de autoevaluación de cada tema na aula virtual, así como de exercicios prácticos de aplicación dos coñecementos adquiridos
As clases teóricas serán virtuais e se utilizará Microsoft Teams para impartilas, preferentemente según horario oficial publicado pola Escuela Politécnica Superior de Enxeñaría, a non ser que por calquera circunstancia non se poidan impartir por este mecanimo e teñan que ser a través de vídeos explicativos.
• 12h de prácticas, traballando as competencias CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CE03, CE11, CE12 e CE59.
As prácticas serán virtuais.
• Utilización da aula virtual, traballando as competencias CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2
• As titorías serán virtuais, tanto a través da aula virtual da asignatura como de Microsoft Teams.
Os coñecementos y competencias son avaliadas por:
A) Alumnos matriculados por primeira vez na materia
• TEST E EXERCICIOS DE AVALIACIÓN CONTÍNUA (EC): o alumno disporá de test que terá que realizar de cada tema na aula virtual, así como de exercicios prácticos de aplicación dos coñecementos adquiridos obtendo unha nota sobre 10 puntos.
(NOTA: Para superar a materia hai que obter un mínimo de 4 puntos nesta parte)
COMPETENCIAS: CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CE03, CE11, CE12, CE59
• EXAMEN TEÓRICO (Ex): o exame constará de cuestións teóricas podendo chegar a obter unha nota sobre 10 puntos.
(NOTA: Para superar a materia hai que obter un mínimo de 4 puntos nesta parte)
COMPETENCIAS: CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CE03, CE11, CE12
• PRÁCTICAS (P): o alumno debe entregar as prácticas que se van realizando, podendo chegar a obter unha nota sobre 10 puntos.
(NOTA: Para aprobar a materia hai que obter un mínimo de 4 puntos nesta parte)
COMPETENCIAS: CG2, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CE03, CE11, CE12 CE59.
A cualificación final do alumno matriculado por primeira vez na materia corresponderá ás avaliacións parciais obtidas de acordo coa seguinte ponderación:
Nota final = 30% EC + 30% EX + 40% PR
B) Alumnos non matriculados por primeira vez na materia por non tela superada:
- se teñen realizadas as prácticas e aptas (PR>4 ptos), unicamente terán que realizar a parte teórica (EX) e a avaliación continua (EC segundo os criterios de avaliación contemplados anteriormente (alumnos matriculados por primeira vez na materia)
- se non teñen realizadas as prácticas, terán que realizalas e a avaliación tanto da parte teórica como práctica será avaliada segundo os criterios de avaliación contemplados anteriormente (alumnos matriculados por primeira vez na materia)
- as prácticas realizadas gardaranse un máximo dun ano desde a realización das mesmas.
En canto ao desenvolvemento do sistema de avaliación, será diferente en función do Escenario:
Escenario 1
EC: serán entregas telemáticas a realizar unha vez finalizado o tema
PR: serán presenciais
EX: será presencial
Escenario 2
EC: serán entregas telemáticas a realizar unha vez finalizado o tema
PR: serán presenciais (>50%) e virtuais
EX: será telemático
Escenario 3
TE: serán entregas telemáticas a realizar unha vez finalizado o tema
PR: serán virtuais
EX: será telemático
Tempos de estudo asignados:
• Clases teóricas expositivas 45 horas
• Prácticas 12 horas
• Titorías en grupo 3 horas
• Estudo individual: 90 horas (incluídas lectura e terminación traballos prácticos)
• Asistencia ás sesións expositivas e prácticas.
• Uso do campus virtual.
• Asistencia ás titorías de grupo para discutir, aclarar ó resolver calquera dúbida.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Teresa Martin Sanchez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario I (Pav.III) |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario I (Pav.III) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario I (Pav.III) |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 (Aulario 2) |
05.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 (Aulario 2) |