Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os instrumentos e modelos participativos de intervención e planificación da paisaxe (catálogos, cartas da paisaxe, atlas, etc.).
2. Identificar os procedementos e métodos empregados para canalizar a participación social na custodia do territorio e na protección da paisaxe.
3. Aprender a deseñar instrumentos de consulta para a xestión democrática da paisaxe.
4. Coñecer exemplos de participación pública na salvagarda da paisaxe: os exemplos de catálogos e de guías da paisaxe urbana.
1.- A ordenación e planificación territorial participativa: antecedentes e exemplos.
2.- Os instrumentos de preservación e posta en valor da paisaxe: unha nova xeración do ordenamento ambiental e territorial.
3.- O dereito cidadá a unha paisaxe harmónica e de calidade
4.- A planificación democrática e de base: cómo facer unha carta e un catálogo de paisaxe.
5.- As dinámicas e os grupos colectivos de discusión: as claves da súa organización e funcionamento.
6.- Un exemplo participativo en Galicia: a Guía da Paisaxe Urbana.
- Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.
-González, A. et al (2019). Guía de estudos da paisaxe urbana. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia. https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=444733&nam…
- Howard, P.; Thomson, I. e Waterton, E. (2013): The Routledge Companion to Landscape Studies. Abingdon: Routledge.
- Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Nogué, J.; Puigbert, L.: Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona : Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.
- Prieur, M. et al. (2006): Landscape and Sustainable Development: Challenges of the European Landscape Convention. Strasbourg: Council of Europe.
-Tarroja, A. e Camagni, R. (Coords.) (2006): Uma nueva cultura del território. Criterios socials y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona: Diputaciò de Barcelona.
- Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucia/Fundación Duques de Soria.
-Capacidade de organización e planificación
-Capacidade de razoamento crítico e autocrítico
-Capacidade de análise e síntese
-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección, e presentación de toda clase de información.
-Usar eficazmente as tecnoloxías de información e comunicación.
-Capacitación para o traballo en equipos de carácter interdisciplinar. Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións. Xerar acordos en equipos.
-Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
-Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase na aula e tamén a través de actividades non presenciais.
Realizaranse prácticas de campo de acordo co horario oficial da materia e segundo dispoñibilidades orzamentarias. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desas actividades.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%.
De acordo co Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, o desenvolvemento do curso basearase no Escenario 1: Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.
1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.
1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
No escenario 1, o tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 42
- Horas titorías: 5
- Como media recoméndase 3 horas de traballo autónomo por cada hora de aula.
1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.
Todo o plantexamento do programa para o Curso 2020-21 poderá verse alterado en función de calquera problema epidemiolóxico que acompañe aos posibles rebrotes do COVID-19.
De acordo co Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, establécense as seguintes consideracións para os escenarios 2 e 3.
Escenario 2 «Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)»
2.1. De se poderen realizar as aulas interactivas, desenvolveranse o máis parecidas que sexa posíbel ao primeiro escenario. Porén, non se terá en conta a participación activa do alumnado nas aulas nin haberá traballo de campo. De non se poderen realizar as aulas interactivas, proporanse tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia.Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame telemático.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame telemático equivalente na primeira oportunidade.
Escenario 3 «Peche das instalacións»
3.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas
equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, a primeira compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame telemático.
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jose Piñeira Mantiñan
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- mariajose.pineira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Gabriel Tirado Ballesteros
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- juangabriel.tirado [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
01.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | UDC. GP |
05.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | UDC. GP |