Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer, comprender e aplicar os sensores básicos pasivos (resistivos, capacitivos, inductivos,...).
Coñecer, comprender e aplicar os sensores básicos activos (termopares, piezoeléctricos, fotovoltaicos,...).
Coñecer, comprender e aplicar sensorización básica en robots (proximidade, posición, contacto, ...).
Coñecer, comprender e aplicar sensorización avanzada en robots (sensores inerciais, sensores de par, sensores táctiles, sensores láser,...).
Coñecer, comprender e aplicar outros sensores como electroquímicos ou biosensores.
Seleccionar os sensores mais adecuados para resolver un problema de robótica no que se requiere interaccionar con elementos do entorno.
Coñecer os principios básicos dos mecanismos dos sistemas robóticos.
Coñecer e aplicar os sistemas de transmisión indirecta: engranaxes, correas, cadenas, levas, transmisión en cremalleira
Coñecer e comprender os sistemas de transmisión indirecta: frenos, acoplamientos.
Coñecer e comprender outros mecanismos como rodamentos, unións, muelles, resortes.
Coñecer e comprender os reductores (HDUC, Cyclo).
Coñecer e comprender o accionamento directo.
Coñecer os diferentes subsistemas mecánicos e mecanismos que forman parte da estructura dun robot.
Comprender as funcionalidades dos mecanismos e subsistemas mecánicos
Contidos
1. Funcionamiento de sistemas eléctricos de medición. (4 h presenciais, 5 h non presenciais)
2. Sensores básicos: pasivos e activos. (12 h presenciais, 16 h non presenciais)
3. Sensorización básica en robots. (4 h presenciais, 9 h non presenciais)
4. Sensorización avanzada en robots. (4 h presenciais, 9 h non presenciais)
5. Outros sensores con aplicación en robótica. (3 h presenciais, 4 h non presenciais)
6. Mecanismos básicos dos sistemas robóticos. (10 h presenciais, 15 h non presenciais)
7. Sistemas de transmisión indirecta e directa. (10 h presenciais, 15 h non presenciais)
8. Outros elementos: rodamentos, unións, muelles, resortes. (4 h presenciais, 6 h non presenciais)
9. Reductores. Accionamento directo. (3 h presenciais,6 h non presenciais)
Prácticas
Práctica nº 1: Realización de transductores básicos: resistivos, capacitivos e inductivos.
Práctica nº 2: Medidas con sensores avanzados: triaxiais, acelerómetros, ultrasonidos
Práctica nº 3: Construcción de sistemas de medida.
Práctica nº 4: Simulación de sistemas mecánicos.
Práctica nº 5: Deseño e construcción de mecanismos de barras
Práctica nº 6: Deseño e construcción de mecanismos rotativos
Bibliografía básica
1. Pallás Areny R. “Sensores y acondicionadores de eseñal” ed Marcombo (2003)
2. Fraile Mora, J., García Gutierrez, P, Fraile Ardanuy J. “Instrumentación aplicada a la ingeniería” ed Garceta (2013)
3. Myszka D.H. “Máquinas y mecanismos” ed. Pearson (2012)
4. Norton, R.L. “Diseño de máquinas: síntesis y análisis de máquinas y mecanismos” ed. McGraw-hill (2013)
Bibliografía Complementaria
5. Perez García M.A. “Instrumentación electrónica” ed Paraninfo (2014)
6. Fraden J. “Handbook of Modern Sensors” ed Springer (2016)
7. Sandin P.E. “Robot mechanisms and mechanical devices illustrated” ed McGraw-Hill (2003)
8. Sandler B.Z. “Robotics. Designing the mechanisms for autometed machinery” ed Academic Press (1999)
Competencias
Competencias básicas
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecimentos oa seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución dentro da sua area de estudo-
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e
solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Competencias xerais
CG1 - Coñecimento de materias básicas e tecnoloxías, que lle capacite para a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías, así como que lle dote dunha gran versatilidade para adaptarse ás novas situacións.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas no campo da enxeñaría robótica con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamiento crítico.
CG3 - Capacidade de utilizar ferramientas informáticas para o modelado, a simulación e o deseño de aplicaciós de enxeñaría.
CG4 - Saber as necesidades tecnolóxicas da sociedade e a industria, e ser capaz de mellorar servizios e procesos de producción aplicando tecnoloxía actual de robótica, mediante a elección, adquisición e posta en marcha de sistemas robóticos en diferentes aplicacións, tanto industriais como de servizos.
CG5 - Ser capaz de obter e analisar información sobre circuitos, elementos de máquinas, control automático, sensores e sistemas informáticos, co fin último de lograr aplicacións robóticas autónomas e flexíbeis
CG6 - Concebir, calcular, deseñar e poñer en marcha algoritmos, equipos ou instalacións no ámbito da robótica, para aplicacións industriais ou de servizos, tendo en conta aspectos de calidade, seguridade, criterios medioambientais, uso racional e eficiente de recursos.
CG7 - Capacidade de traballar nun grupo multidisciplinar e de comunicar, tanto por escrito como de xeito oral, coñecimentos, procedimentos, resultados e ideas relacionadas coa robótica e a electrónica.
Competencias específicas
CE2 - Entender e saber aplicar en problemas de enxeñaría os fundamentos físicos nos que se basa a enxeñaría da robótica: estática, cinemática, dinámica, electromagnetismo e circuitos eléctricos e electrónicos.
CE4 - Coñecer, saber utilizar e integrar os sistemas operativos e sistemas empotrados, así como as suas características de multitarefa o comunicación entre aplicaciones.
CE8 - Coñecer os distintos tipos de control para deseñar, analizar e programar sistemas robóticos.
CE9 - Coñecer os sensores habituais en robótica, o seu funcionamento, así como os métodos e técnicas para o tratameento da información captada.
CE10 - Analizar e entender a configuración dun sistema de control automático para proceder á sua modificación o actualización mediante as técnicas que permitan deseñar, configurar e axustar controladores.
CE12 - Capacidade de coñecer e implementar métodos de extracción de características a partir da información percibida por cámaras e sensores 3D ao desenvolvimento de aplicaciós en robots e sistemas intelixentes.
CE13 - Saber seleccionar un robot para a sua implantación nunha aplicación tendo en consideración as especificaciones e os estándares existentes.
CE14 - Capacidade de aplicar sistemas de navegación, localización e construcción de mapas en robots, e estar ao corrente das novas tendencias en robótica.
CE15 - Coñecer as técnicas de intelixencia artificial utilizadas na robótica industrial e de servizos, saber cómo utilizalas en aplicacións robóticas fixas e móbeis.
CE17 - Coñecimento das características, funcionalidades e estructura dos Sistemas Operativos.
CE20 - Ser capaz de establecer sistemas robóticos cooperativos e multirobot aplicando as técnicas adecuadas.
CE21 - Ter capacidade para deseñar e proxectar sistemas robóticos e a sua implantación industrial e no ámbito dos servicios.
CE22 - Capacidade de deseñar robots e programar robots móbeis
CE23 - Capacidade de deseñar robots e sistemas intelixentes orientados á interacción con persoas, adaptados a entornos domésticos e urbáns.
CE24 - Capacidade de deseñar e programar robots aéreos.
CE25 - Capacidade de deseñar robots , sistemas intelixentes, ou decidir sobre sensores e actuadores, en base á aplicación, requisitos, e condicións de contorno
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensíbel.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, conciso y coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información complementaria e/ou puntual na lengua inglesa
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecimentos.
Materia cuadrimestral, coa seguinte distribución horaria e metodoloxía en cada caso:
- 24 horas expositivas distribuídas a razón de duas horas por semana e impartidas como clase maxistral con apoio de encerado, transparencias e canón de vídeo.
- 12 horas de seminarios iteractivos para a resolución de exercicios e problemas e casos prácticos
- 3 horas de titorias en pequenos grupos onde se primará o traballo e a participación individual.
Tanto nas horas expositivas como nas iteractivas poderase dar unha porcentaxe de docencia de tipo virtual até un 10 % das horas totais da materia tal e como marcan as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021 “ aprobadas pola USC.
No caso de plantexarse o escenario 2 ou o escenario 3, as clases expositivas manteranse no horario oficial, impartíndose a través da plataforma Teams e da plataforma Moodle de forma síncrona ou asíncrona dependiendo das circunstancias do momento e do tipo de materia a impartir. O método non variará con respecto ao modelo presencial, permitiranse e fomentaranse dúbidas e preguntas durante a exposición cando se imparta sincrónicamente, e se crearán foros de consulta e discusión para o caso da impartición asincrónica.
- 12 horas prácticas realizadas na aula de informática e no laboratorio de electrotecnia, onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo para desenvolver e realización da práctica por parte do alumno.
No caso de plantexerse o escenario 2, as prácticas realizaranse o 50 % de xeito presencial e o outro 50 % de xeito non presencial utilizando Moodle e Teams. Para este caso serán sincrónicas e utilizaranse programas de acceso libre e gratuíto.
No caso de plantexarse o escenario 3, a totalidade das prácticas serán virtuais, usando as plataformas Moodle e Teams, e software de acceso libre e gratuíto. Así mesmo poderanse plantexar actividades prácticas manuais realizábeis nos domicilios particulares do alunado.
- Apoio á docencia mediante campus virtual, posibilidade de realización de test de teoría nos que se verificará a correcta aprendizaxe da materia e que axudarán a preparar a parte de teoría do exame final; ademais dos diferentes contidos como temario, transparencias, horarios prácticas,... dispón dun foro onde se poderán facer consultas de dúbidas que complementarán as titorías presenciais
A avaliación constará de 3 apartados :
a). Avaliación das prácticas (20% da cualificación final). As prácticas avaliaranse mediante a presentación dunha memoria final, tendo un 20 % de peso sobre a cualificación final da materia. As prácticas son de asistencia obligatoria.
b). Realización de exercicios e resolución de cuestións teóricas na aula (20% da cualificación final). Plantexaranse pequenos exercicios e tests de cuestións teóricas en varias ocasións ao longo do curso.
c). Exames final e parcial (60% da cualificación final). Realizarse un exame final e un exame parcial optativo. Os exames constarán dunha parte de teoría e outra de exercicios (20-40 % teoria, 60-80% exercícios), sendo obrigatorio acadar como mínimo o 25 % da puntuación de cada exercício para aprobar o exame. O exame parcial terá un peso do 30 % do total da cualificación final e o exame final da convocatória ordinária terá un peso do 30 % de dita cualificación. Neste caso no exame final avaliarase únicamente a parte da matéria non avaliada no exame parcial. As persoas que non desexen facer o exame parcial, ou que non o superen, poderanse presentar ao exame final de toda a materia sendo o seu valor neste caso do 60 % da cualificación final.
A nota mínima do exame final terá que ser de 4 puntos sobre 10.
Os apartados a (memória de prácticas) e b non son de realización obrigatória. É dicir a materia pódese superar se se acada o 50 % da cualificación final (a suma do total dos tres apartados) no exame final.
Para a convocatória da segunda oportunidade rexerán as mesmas condicións que para a convocatória ordinária de primeira oportunidade.
Os alunos repetidores poderán asistir ás clases teóricas e de problemas cando o estimen oportuno. Ademais, poderanse presentar a todos os exames e probas que se realicen para os alunos de primeira matrícula.
O alunado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo a instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral deberanse poñer en contacto co profesor para fixar a realización das prácticas e de ser posíbel a realización das cuestións na aula, que se poderían sustituir por pequenas provas e tes de tipo telemático. No caso de imposibilidade de realización destas, o exame final valerá o 80 % da nota e as prácticas o 20 %.
As prácticas terán validez durante dous cursos académicos desde a sua realización, polo que non se terán que repetir neste periodo.
No caso de non permitirse os exames presenciais, o peso da avaliación contínua será o 50 % (20 % prácticas e 30 % cuestionarios e tarefas), e o da prova final telemática outro 50 %.
Para a avaliación contínua faranse provas de tipo cuestionario e tarefas a entregar a través do campus virtual para cada tema que se vaia avanzando nas clases expositivas/iteractivas, de xeito síncrono.
Ademais contémplase una prova final telemática de contidos xerais e abarcando o temario completo, na data fixada polo centro. e como consecuencia será síncrona.
Para os casos de realización fraudulente dos exercicios e provas, aplicarase o recollido na “Normativa de avaliación do rendiemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Relación entre sistemas de avaliación e competencias avaliadas.
Exercicios en aula, provas parciais e exame final (80 %): competencias : CG1, CG2, CG5, CE2, CE9, CE25
Aproveitamento e memoria de prácticas (20 %): competencias CB4, CG3, CG5
O resto das compmetencias serán traballadas pero non avaliadas.
Presencial:
- Asistencia a clases de expositivas e seminarios: 36 horas
- Realización da práctica en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo ás medidas de seguridade: 12 horas
- Sesións de titorías en pequenos grupos : 3 h
- Sesións de tutorías individualizadas : 4 h
Total : 55 h
Non presencial:
- Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 48 horas ( 48 h expositivas)
- Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 24 horas (15 iteractivas, 6 titorías pequenos grupos, 3 titorías individuais)
- Asociación de contidos teóricos ás prácticas realizadas mediante a resolución de cuestións propostas: 13 horas (9 h iteractivas, 4h de titoría en pequenos grupos)
Total: 85 h
Avaliación
- Realización de exames e revisión : 10 h
Total do curso 150 h
- Asistencia e participación nas clases, seminarios e prácticas.
- Dedicación regular ao estudo teórico e realización de exercicios e cuestións propostas.
- Uso das titorías e campus virtual para a consulta das dúbidas que xurdan do estudo da materia cando se requira.
A materia será impartida en lingua galega
Plan de continxencia
Metodoloxía da ensinanza
No caso de plantexarse o escenario 2 ou o escenario 3, as clases expositivas manteranse no horario oficial, impartíndose a través da plataforma Teams e da plataforma Moodle de forma síncrona ou asíncrona dependiendo das circunstancias do momento e do tipo de materia a impartir. O método non variará con respecto ao modelo presencial, permitiranse e fomentaranse dúbidas e preguntas durante a exposición cando se imparta sincrónicamente, e se crearán foros de consulta e discusión para o caso da impartición asincrónica.
No caso de plantexerse o escenario 2, as prácticas realizaranse o 50 % de xeito presencial e o outro 50 % de xeito non presencial utilizando Moodle e Teams. Para este caso serán sincrónicas e utilizaranse programas de acceso libre e gratuíto.
No caso de plantexarse o escenario 3, a totalidade das prácticas serán virtuais, usando as plataformas Moodle e Teams, e software de acceso libre e gratuíto. Así mesmo poderanse plantexar actividades prácticas manuais realizábeis nos domicilios particulares do alunado.
Avaliación
No caso de non permitirse os exames presenciais, o peso da avaliación contínua será o 50 % (20 % prácticas e 30 % cuestionarios e tarefas), e o da prova final telemática outro 50 %.
Para a avalikación contínua faranse provas de tipo cuestionario e tarefas a entregar a través do campus virtual para cada tema que se vaia avanzando nas clases expositivas/iteractivas, de xeito síncrono.
Ademais contémplase una prova final telemática de contidos xerais e abarcando o temario completo, na data fixada polo centro. e como consecuencia será síncrona.
Para os casos de realización fraudulente dos exercicios e provas, aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendiemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Angel Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- miguelangel.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 (Aulario 2) |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Laboratorio de Electrotecnia (Pav.II-PSS) |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Laboratorio de Electrotecnia (Pav.II-PSS) |
19.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
19.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 (Aulario 2) |
22.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
22.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 (Aulario 2) |