Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo da materia é a capacitación do estudantado para o desenrolo de sistemas eléctricos e electromecánicos na actividade profesional do Enxeñeiro en Robótica. Os resultados da aprendizaxe perseguidos son:
• Resolver circuitos de corrente alterna tanto de circuitos monofásicos como trifásicos.
• Coñece-los circuitos magnéticos. Coñecer e comprender o funcionamiento dos relés.
• Elexi-lo transformador adecuado para aplicacións robóticas.
• Comprender o funcionamiento dos motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Comprende-los cálculos técnicos e a súa metodoloxía, dos motores e/ou xeradores.
• Comprende-lo comportamento dos motores como máquina reversible.
• Coñece-las tipoloxías e as curvas características dos motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Deseña-lo accionamiento de motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Analizar e evaluar alternativas dos diferentes motores de enerxía eléctrica, tanto de corrente alterna como continua.
• Analiza-los resultados e tomar decisións en consecuencia sobre as distintas posibilidades de elección dunha máquina eléctrica.
• Elexi-lo tipo de motor máis adecuado para cada aplicación robótica.
A memoria do título establece os seguintes contidos:
Aplicación de circuítos de corrente alterna. Circuítos magnéticos. Transformadores. Motores de corrente alterna e de corrente continua. Accionamento de motores. Selección de motores para aplicacións robóticas
Estes contidos de desenvolven de acordo coa seguinte estrutura:
• Circuitos de corrente continua.
• Correntes e tensións alternas.
• Representación vectorial e complexa.
• Circuitos de corrente alterna: relaciones entre tensións e correntes.
• Circuitos de corrente alterna: resposta en potencia e en frecuencia.
• Circuitos trifásicos.
• Reglamento Electrotécnico de Baixa Tensión.
• Seguridade eléctrica en electrotecnia.
• Circuitos magnéticos.
• Aspectos xerais das máquinas eléctricas.
• Máquinas de corrente continua.
• Máquina de corrente alterna.
• Transformadores.
• Motores síncronos.
• Motores asíncronos.
• Bobinados.
• Medidas en electrotecnia.
• Motor paso a paso.
• Motor BLDC.
• Motor lineal.
Bibliografía Básica
• Fraile Mora, Jesús. Circuitos eléctricos. Prentice Hall, 2012
• Fraile Mora, Jesús. Problemas de circuitos eléctricos. Pearson Eduaction,, Madrid 2013
• Fraile Mora, Jesús. Máquinas Eléctricas. Garceta, Madrid, 2015.
• Fraile Mora, Jesús; Fraile Ardanuy, Jesús. Problemas de Máquinas Elécrtricas. Garceta, Madrid, 2015
Na materia trabállase para que os alumnos adquiran competencias tanto básicas, como xerais, transversais e específicas:
Competencias básicas (recollidas na memoria do título): CB2 y CB5
Competencias xerais: CG1, CG3, CG4, CG5 y CG6
Competencias específicas: CE6, CE10 y CE11
Competencias transversais: CT1, CT3, CT4, CT9 y CT12
A materia consta tanto de contidos teóricos como prácticos e de seminario. Na clase de teoría o profesor expoñerá os contidos teóricos da materia apoiándose en materiais multimedia. Estas clases completaranse coa discusión de problemas a realizar nos seminarios. Para a realización das prácticas os alumnos disporán de guións que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos. A realización das prácticas será obrigatoria.
Para o estudo da materia o alumno disporá da bibliografía básica da materia, así como do material de apoio que use o profesor, ao que se poderá acceder tamén desde a USC virtual.
No caso de que a evolución sanitaria non permita a docencia presencial na súa totalidade, establécese un plan de continxencia que se describe no apartado de observacións.
A avaliación da materia realizarase mediante un exame, que suporá un 60% da nota. A avaliación do traballo práctico realizado polo alumno no laboratorio suporá outro 30%. O 10% restante provirá da avaliación da actividade realizada nos seminarios (resolución de problemas propostos polo profesor).
A avaliación da adquisición das competencias realizarase mediante o exame escrito, a avaliación da actividade práctica realizada no laboratorio (destrezas adquiridas) e nos seminarios de problemas.
No caso de alumnos que solicitan dispensa o proceso de avaliación será o mesmo. Os alumnos terán que realizar as prácticas e asistir e participar nas actividades dos seminarios.
No caso de que a evolución sanitaria non permita a docencia presencial na súa totalidade, establécese un plan de continxencia que se describe no apartado de observacións.
O alumno dedicará 24 horas á asistencia ás clases presenciais, 12 horas a realizar prácticas no laboratorio. outras 12 horas á realización de seminarios e 72 horas ao traballo persoal. Esta distribución temporal sería suficiente para que un alumno media opte á máxima nota posible.
Debido á alta correlación existente entre os conceptos desenvoltos nas clases de teoría e os contidos das prácticas e os seminarios, recoméndase aos alumnos constancia no estudo da materia, acudindo ás sesións de prácticas e seminarios cos conceptos xa traballados. Coa realización das prácticas e os seminarios, éstes quedarán claros e asentados, facilitándose así o estudo e comprensión da materia.
Plan de continxencia COVID-19
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
As clases expositivas serán telemáticas, mantendo o horario oficial de clase, síncronas (salvo asíncronamente por causas sobrevidas que se comunicarán ó alumnado con anterioridade).
Interactivas de seminario e de laboratorio:
Parte da docencia será telemática:
Se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias o permiten, as clases expositivas serán on-line e as interactivas serán presenciais, respectando o horario oficial de clases aprobado polo Centro.
Se a limitación de aforo dictado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista ás clases interactivas presenciais, éstas se retransmitirán en streaming. Os alumnos asistirán por turnos ás clases presenciais. O número de alumnos por turno estará condicionado ás normas en vigor en cada momento.
Priorizase a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido a unha inevitable rotación do alumnado as probas de avaliación consumisen un número inasumible de horas, a docencia correspondente impartiríase on-line.
As tutorías poderán ser presenciais ou telemáticas e requerirán cita previa.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases respectarán o horario oficial de clase. Se non é así, comunicaráselle ó alumnado previamente.
As tutorías serán telemáticas e requerirán cita previa.
6) Sistema de evaluación
Escenarios 2 e 3
As actividades de avaliación que non poidan realizarse de forma presencial, si non poden adiarse, realizaranse con ferramentas institucionais como Office 365 y Moodle. Neste caso o estudantado disporá dun dispositivo con micrófono e cámara. O estudantado pode ser entrevistado durante a proba.
Enrique Comesaña Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 982823251
- Correo electrónico
- e.comesana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |
25.01.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
25.01.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 (Aulario 2) |
29.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
29.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 (Aulario 2) |