Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
G4091108 e G4071224 - Xeoloxía e Climatoloxía (Módulo de Formación Básica) - Curso 2020/2021
Información xeral:
• Créditos ECTS: 6.00
• Horas Clase Expositiva: 24.00
• Horas Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
• Horas de Titorías: 3.00
• Horas Actividades de avaliación: 4.00
• Horas traballo do alumno ECTS: 95
• Total: 150 h
OBXECTIVOS DA MATERIA
GRAO EN ENXEÑERÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA
Coñecemento das bases e fundamentos xeolóxicos e climatolóxicos no ámbito da Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.
GRAO EN ENXEÑERÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Coñecemento das bases e fundamentos xeolóxicos e climatolóxicos no ámbito da Enxeñaría Forestal.
CONTIDOS
- Estrutura e dinámica da Terra.
- Minerais e Rochas.
- Sedimentos, estratos e tempo xeolóxico.
- Estruturas xeolóxicas.
- Magmatismo e metamorfismo.
- Modelado terrestre.
- Mapas xeolóxicos. Xeoloxía de Galicia.
- Conceptos básicos de mecánica de solos.
- Conceptos e medidas dos parámetros climatolóxicos.
- Clasificacións climáticas.
- Realización do estudo climático dunha zona.
Estes contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
Bloque I.- XEOLOXÍA
1.- INTRODUCIÓN. 1.1.- Xeoloxía. O tempo xeolóxico. 1.2.- Estrutura interna da terra. 1.3.-Ideas básicas de tectónica de placas. Oróxenos e acreción continental. Isostasia. Sismicidade. 1.4.- Ciclo petroxenético.
Horas expositivas: 3
Horas traballo alumno: 6
2.- MINERALOXÍA. 2.1. Definición e composición dos minerais. 2.2. Clasificación mineral. 2.3. Propiedades físicas e identificación de minerais. 2.4 .Silicatos e minerais non silicatos máis importantes. 2.5. Cristalografía: Conceptos básicos.
Horas expositivas: 3
Horas traballo alumno: 10
3.- PETROLOXÍA. 3.1.- Magmatismo e Rochas ígneas. Plutonismo e vulcanismo 3.2. Sedimentos e rochas sedimentarias: Meteorización, erosión e transporte e sedimentación. Alteritas. Litificación. Xacementos minerais e recursos xeolóxicos. 3.3 .- Metamorfismo e Rochas metamórficas. Comportamento mecánico dos solos.
Horas expositivas: 6
Horas traballo alumno: 20
4.- ESTRATIGRAFÍA. Ambientes e estruturas sedimentarias. Datación relativa. Fósiles, cronoloxía e rexistro xeolóxico. Datación numérica. Series estratigráficas. Discordancias.
Horas expositivas: 1,5
Horas traballo alumno: 4,5
5.- DEFORMACIÓNS DA CORTEZA. Esforzo e deformación. Pregamentos: Xeometría e clasificación; Asociación de pregamentos. Fracturas. Diaclasas e Fallas. Asociación de fracturas. Grandes estruturas tectónicas.
Horas expositivas: 1,5
Horas traballo alumno: 4,5
6.- FORMACIÓNS SUPERFICIAIS. Modelado litolóxico. Modelado fluvial. Modelado periglaciario e glaciario. Modelado litoral. Modelado eólico. Modelados climáticos.
Horas expositivas: 4
Horas traballo alumno: 10
Bloque II.- CLIMATOLOXÍA
7.- ATMOSFERA E VARIABLES CLIMÁTICAS. A atmosfera: composición e estrutura. A radiación solar. A temperatura do aire. A presión atmosférica. O vento. Humidade atmosférica e precipitación.
Horas expositivas: 2
Horas traballo alumno: 3
8.-EVAPORACIÓN E BALANCE HÍDRICO. Evaporación e Evapotranspiración. Balance Hídrico.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 1
9.- CIRCULACIÓN ATMÓSFERICA. ANÁLISE E PREDICIÓN DO TEMPO. Masas de aire e frontes. Situacións sinópticas. Rede de estacións. Predición.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 1
10.- CLASIFICACIÓNS CLIMÁTICAS. Clasificación de climas. Índices climáticos.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 1
SEMINARIOS E PRÁCTICAS.
SEMINARIOS:
Seminario 1: Interpretación mapas topográficos.
Horas interactivas: 2
Seminario 2: A Terra (I).
Horas interactivas: 0,5
Seminario 3: A Terra (II).
Horas interactivas: 0,5
Seminario 4: Historia xeolóxica de Galiza e do NO da Península Ibérica.
Horas interactivas: 2
Seminario 5: Interpretación de mapas xeolóxicos I.
Horas interactivas: 2
Seminario 6: Interpretación de mapas xeolóxicos II.
Horas interactivas: 2
Seminario 7: Xeoloxía e paisaxe.
Horas interactivas: 2
Horas trabajo alumno:
Seminarios 1, 5 y 6: 9 h
Seminarios 2 y 3: 0,5 h
Seminarios 4 y 7: 2 h
PRÁCTICAS:
Práctica 1.- Identificación de minerais de visu.
Horas interactivas: 2
Práctica 2.- Identificación rochas de visu -I.
Horas interactivas: 2
Práctica 3.- Identificación minerais e rochas de visu -II.
Horas interactivas: 1
Práctica 4.- Climatoloxía-1: Fontes de datos climáticos e cálculos de axuste máis habituais. Cálculo de evopotranspiración e de balance hídrico con ferramentas informáticas.
Horas interactivas: 2
Práctica 5.- Climatoloxía-2: Obtención de clasificacións climáticas e de índices climáticos con ferramentas informáticas.
Horas interactivas: 2
Práctica 6.- Viaxe de campo (obrigatoria):
Percorrido xeolóxico para o recoñecemento de materiais, estructuras xeolóxicas e modelado superficial.
Horas interactivas: 4
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA XEOLOXÍA
De Pedraza Gilsanz, J. (1996). Geomorfología. Principios, Métodos y Aplicaciones. Ed. Rueda. Madrid.
Monroe J.S., Wicander, R., Pozo, M. (2008). Geología. Dinámica y evolución de la Tierra. Ed. Paraninfo. Madrid.
Pozo, M., González, J., Giner, J. (2003). Geología Práctica. Prentice Hall, Madrid.
Tarbuck E.J., Lutgens, F.K. (2005). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. 6ª Ed. Prentice Hall, Madrid.
Okrusch, M., Frimmel, HE. (2020) Mineralogy: An Introduction to Minerals, Rocks, and Mineral Deposits. Springer, 1st ed. 981pp.
Parriaux, A.(2009). Geology basics for engineers. CRC Press/Balkema. The Netherlands
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA CLIMATOLOXÍA
Elías F., Castellví F. (2001). Agrometeorología. MundiPrensa. Madrid.
Hartmann D.L. (2016). Global Physical Climatology. Elservier 2ª Edition. WA, USA 472pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA XEOLOXÍA
González de Vallejo, L.I., Ferrer, M., Ortuño, L., Oteo, C. (2002). Ingeniería Geológica. Pearson Education. Madrid.
Gutiérrez Elorza. M. (2008). Geomorfología. Prentice Hall, Madrid.
I.T.G.E. (1987). Riesgos Geológicos.
I.T.G.E./I.G.M.E. Mapas xeolóxicos, xeotécnicos e de riscos xeolóxicos.
Klein, C., Hurlbut, C.S.Jr (1996). Manual de Mineralogía. 4ª Ed Reverté. Barcelona.
Lambe T.W., Whitman R.V. (1993). Mecánica de Suelos. Ed. Limusa. México, D.F.
Maltaman. (1990). Geological Maps: An introduction.Open University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA CLIMATOLOXÍA
Carballeira A. et al. (1983). Bioclimatología de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Martínez Cortizas A., Pérez Alberti et al. (1999). Atlas Climático de Galicia. Xunta de Galicia.
GRAO EN ENXEÑERÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA
Competencias básicas e xerais
-CG1- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
-CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
-CB2 - Que os-as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
-CB3 - Que os-as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
-FB6 - Coñecementos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñaría. Climatoloxía.
Competencias transversais
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
GRAO EN ENXEÑERÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Competencias xerais e básicas:
-CG1 -Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticose físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
-CB2 - Que os-as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
-CB3 - Que os-as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
- CEFB6 - Coñecementos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa Enxeñaría. Climatoloxía.
-CECF3 - Ciencias do Medio Físico: Xeoloxía, Climatoloxía e Edafoloxía.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT9- Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Para determinadas actividades promoverase o emprego voluntario (sen repercusión na cualificación) de recursos en idiomas adicionais ó galego e ó castelán, como inglés e francés. Como exemplos específicos, recomendarase o acceso a webs con recursos interesantes sobre Xeoloxía neses idiomas, así como empregar a versión en inglés (ou francés) do programa Cropwat que se usa nas prácticas de Climatoloxía, e tamén se proporá acceder a páxinas web con información meteorolóxica e climática en inglés, francés ou outras linguas. Estas actividades teñen relación coa competencia CT11.
GRAO EN ENXEÑERÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA
As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas e clases interactivas (prácticas, seminarios, elaboración dun traballo de curso e titorías). Como apoio a estas actividades se proporcionará aos/ás alumnos-as material docente axeitado, ben imprimido ou ben a través da Aula Virtual.
Clases expositivas:
Leccións maxistrais participativas. O profesor presentará os conceptos teóricos que permitan ao/á alumno-a abordar o estudo e compresión da materia. Como apoio utilizaranse medios audiovisuais. Promoverase a participación crítica dos-as alumnos-as.
Competencias traballadas: CG1, FB6, CB3, CT2, CT1.
Clases interactivas:
As clases interactivas son un complemento aos contidos presentados nas clases de teoría. Realizaranse:
1. Prácticas de laboratorio e campo: No laboratorio ensinarase a metodoloxía para identificar de visu diferentes exemplares de minerais e rochas. No campo completarase o estudo petrolóxico e visitaranse, para o seu recoñecemento, distintos modelados xeolóxicos.
Competencias traballadas: CG1, FB6, CG5, CB2, CB3.
2. Prácticas de aula informática: Utilizaranse programas informáticos para a realización de estudos climáticos.
Competencias traballadas: CT9, CT10.
3. Seminarios: Realizaranse dous tipos de seminarios con obxectivos diferentes: a) interpretación de mapas topográficos e xeolóxicos de diferentes zonas b) reforzar certos aspectos teóricos que teñen máis relevancia no ámbito de Galicia, utilizando para iso medios audiovisuais.
Competencias traballadas: CG1, FB6, CT2, CT1.
4. Elaboración de traballo de curso: O/a alumno-a realizará un traballo consistente no estudo climático dunha zona determinada.
Competencias traballadas: CB2, CB3, CT2, CT1, CT3, CT5, CT8, CT9, CT10.
5. Titorías: Realizaranse en grupos moi reducidos e utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo-a alumno-a e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen. Haberá tamén titorías individualizadas nas que o/a alumno-a poderá resolver dúbidas relacionadas con calquera actividade relacionada coa materia
Competencias traballadas: CG1, FB6, CT2, CT1.
GRAO EN ENXEÑERÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas e clases interactivas (prácticas, seminarios, elaboración dun traballo de curso e titorías). Como apoio a estas actividades se proporcionará aos alumnos material docente axeitado, ben imprimido ou ben a través da Aula Virtual.
Clases expositivas:
Leccións maxistrais participativas. O/a profesor-a presentará os conceptos teóricos que permitan ao/á alumno-a abordar o estudo e compresión da materia. Como apoio utilizaranse medios audiovisuais. Promoverase a participación crítica dos alumnos.
Competencias traballadas: CG1,CB3, CEFB6, CECF3, CT2, CT1.
Clases interactivas:
As clases interactivas son un complemento aos contidos presentados nas clases de teoría. Realizaranse:
1. Prácticas de laboratorio e campo: No laboratorio ensinarase a metodoloxía para identificar de visu diferentes exemplares de minerais e rochas. No campo completarase o estudo petrolóxico e visitaranse, para o seu recoñecemento, distintos modelados xeolóxicos.
Competencias traballadas: CG1, CEFB6, CECF3, CB2, CB3
2. Prácticas de aula informática: Utilizaranse programas informáticos para a realización de estudos climáticos.
Competencias traballadas: CT9, CT10.
3. Seminarios: Realizaranse dous tipos de seminarios con obxectivos diferentes: a) interpretación de mapas topográficos e xeolóxicos de diferentes zonas b) reforzar certos aspectos teóricos que teñen máis relevancia no ámbito de Galicia, utilizando para iso medios audiovisuais.
Competencias traballadas: CG1, CEFB6, CECF3, CT2, CT1.
4. Elaboración de traballo de curso: O/a alumno-a realizará un traballo consistente no estudo climático dunha zona determinada.
Competencias traballadas: CB2, CB3, CT2, CT1, CT3, CT5, CT8, CT9, CT10.
5. Titorías: Realizaranse en grupos moi reducidos e utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo-a alumno-a e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen. Haberá tamén titorías individualizadas nas que o/a alumno-a poderá resolver dúbidas relacionadas con calquera actividade relacionada coa materia
Competencias traballadas: CG1, CEFB6, CECF3, CT2, CT1.
Seguindo as recomendacións das autoridades, e cos medios específicos que indiquen, de ser o caso, promoverase evitar o plaxio ou reducilo todo o posible. En concreto: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
GRAO EN ENXEÑERÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA
A avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación a porcentaxe de cada parte sobre a cualificación final:
1. Probas teóricas (inclúe todos os contidos explicados nas clases teóricas e seminarios): 55%. Con esta probas avaliaranse as seguintes competencias: CG1, CB2, CB3, CT2, CT1 e FB6.
2. Probas prácticas:
2.1. Identificación de minerais e rochas de visu (15%). Con esta probas avaliaranse as seguintes competencias: CG1, CB2, CB3 e FB6.
2.2. Interpretación de mapas topográficos e xeolóxicos (10%) e viaxe de campo (5%). Con esta proba avaliaranse as seguintes competencias: CG1, CB2, CB3, CT2 e FB6.
3. Traballo de Climatoloxía (15%)
Coas probas prácticas e o traballo práctico de Climatoloxía avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CT2, CT1, CT3, CT5, CT8, CT9 CT10, FB6.
Durante o curso farase unha proba parcial teórica e outra práctica (identificación de minerais e rochas). O exame teórico constará de dúas partes e eliminarase aquela/s que alcancen unha cualificación mínima de 5. O exame práctico tamén será eliminatorio si se alcanza a cualificación de 5. Para presentarse a esta proba parcial será imprescindible unha asistencia ás clases teóricas e prácticas dun 75%. Para os alumnos repetidores esta porcentaxe será do 50%.
Na primeira oportunidade (convocatoria de xuño) o alumno examinarase da segunda parte da asignatura e das partes non superadas no primeiro parcial. Poderán compensarse as partes non superadas (teoría, prácticas de laboratorio e traballo de Climatoloxía) a condición de que se consiga en cada unha delas unha cualificación mínima de 4,5.
Na segunda oportunidade o alumno deberá presentarse á/ás parte/s non superadas. Para calcular a cualificación final manteranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade, é dicir alcanzar unha puntuación mínima de 4,5 en cada parte.
Os/as alumnos-as con dispensa de asistencia a clase serán avaliados mediante examen de cada unha das partes (teórica e práctica) xunto co traballo de Climatoloxía. Poderán realizar probas parcias.
Xa que nesta materia existe proba final, debe saberse que por unha banda é complementaria á avaliación continua das fases anteriores (xa que na proba final se avalían aspectos que non foron avaliados antes), pero tamén pode verse como alternativa á avaliación continua, para os casos de alumnos-as que non tivesen superado as probas de avaliación das fases anteriores. Ademais, debe quedar claro que a proba final é obrigatoria para todo o estudantado (tivese ou non superado a avaliación continua previa), posto que (como xa se indicou) nela se avaliarán algúns aspectos que non foron avaliados anteriormente. O que variará serán os contidos dos que os distintos alumnos-as serán avaliados, posto que os-as alumnos-as que xa tivesen superados algúns en fases anteriores da avaliación continua (segundo os criterios indicados previamente) non terán que examinarse na proba final deses contidos que xa tiñan superados.
GRAO EN ENXEÑERÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
A avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación a porcentaxe de cada parte sobre a cualificación final:
1. Probas teóricas (inclúe todos os contidos explicados nas clases teóricas e seminarios): 55%. Con esta probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CG1, CEFB6, CECF3, CT1, CT2.
2. Probas prácticas:
2.1. Identificación de minerais e rochas de visu (15%). Con esta probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CG1, CEFB6, CECF3.
2.2. Interpretación de mapas topográficos e xeolóxicos (10%) e viaxe de campo (5%). Con esta proba se avaliarán as seguintes competencias: CB2, CG1, CEFB6, CECF3.
3. Traballo de Climatoloxía (15%).
As probas prácticas e o traballo práctico de Climatoloxía avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CG1, CEFB6, CECF3, CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT9, CT10.
Durante o curso farase unha proba parcial teórica e outra práctica (identificación de minerais e rochas). O exame teórico constará de dúas partes e eliminarase aquela/s que alcancen unha cualificación mínima de 5. O exame práctico tamén será eliminatorio si se alcanza a cualificación de 5. Para presentarse a esta proba parcial será imprescindible unha asistencia ás clases teóricas e prácticas dun 75%. Para os-as alumnos-as repetidores esta porcentaxe será do 50%.
Na primeira oportunidade (convocatoria de xuño) o-a alumno-a examinarase da segunda parte da asignatura e das partes non superadas no primeiro parcial. Poderán compensarse as partes non superadas (teoría, prácticas de laboratorio e traballo de Climatoloxía) a condición de que se consiga en cada unha delas unha cualificación mínima de 4,5.
Na segunda oportunidade o-a alumno-a deberá presentarse á/ás parte/s non superadas. Para calcular a cualificación final manteranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade, é dicir alcanzar unha puntuación mínima de 4,5 en cada parte.
Os/as alumnos-as con dispensa de asistencia a clase serán avaliados mediante examen de cada unha das partes (teórica e práctica) xunto co traballo de Climatoloxía. Poderán realizar probas parciais.
Xa que nesta materia existe proba final, debe saberse que por unha banda é complementaria á avaliación continua das fases anteriores (xa que na proba final se avalían aspectos que non foron avaliados antes), pero tamén pode verse como alternativa á avaliación continua, para os casos de alumnos-as que non tivesen superado as probas de avaliación das fases anteriores. Ademais, debe quedar claro que a proba final é obrigatoria para todo o estudantado (tivese ou non superado a avaliación continua previa), posto que (como xa se indicou) nela se avaliarán algúns aspectos que non foron avaliados anteriormente. O que variará serán os contidos dos que os distintos alumnos-as serán avaliados, posto que os-as alumnos-as que xa tivesen superados algúns en fases anteriores da avaliación continua (segundo os criterios indicados previamente) non terán que examinarse na proba final deses contidos que xa tiñan superados.
Elaboración de traballos de curso: 12 h (en grupo ou individuais)
Lectura e preparación de temas , prácticas e probas de avaliación: 83 h
TOTAL: 95 h
Seguimento da materia de xeito continuado e lectura da bibliografía recomendada.
Plan de continxencia:
Bibliografía básica e complementaria
Nos escenarios 2 e 3 (sen libre acceso físico a todas ás instalacións da USC que si son accesibles no escenario 1), proponse a alternativa de facer uso dos materiais que cada profesor/a colgue na Aula Virtual da materia para suplir ou complementar os recursos bibliográficos habituais correspondentes ás partes da materia que teña encomendadas, así como empregar os recursos axeitados dentro dos que a USC pon a disposición da comunidade universitaria de xeito online. De feito, parte das referencias bibliográficas sinaladas enriba xa contan con versións accesibles de maneira libre e gratuíta na internet, como é o caso do último manual referenciado, mentres que outros poden estar accesibles en repositorios da USC ou de outros organismos públicos, pero o acceso pode variar segundo a ubicación do ordenador co que se traballe, cuestións que pode verificar cada interesado-a no momento en que o precise.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2:
-As clases teóricas e seminarios poderán realizarse por medio de sistemas de videoconferencia (preferentemente MS Teams, predominante na USC, e tamén preferentemente de xeito sincrónico), cando sexa posible e apropiado. Se se dan casos de imposibilidade de conectarse para algúns alumnos-as ou profesores-as, ou hai motivos que aconsellen como máis axeitadas outras alternativas (por exemplo, por mala calidade de conexión ou de cobertura, que non permita comunicación correcta por sistemas de videoconferencia, ou falta de acceso a eses medios), a docencia poderase basear nos materiais que se colgan na aula virtual (incluídas as eventuais gravacións de clases telemáticas, sempre que se conte con autorización específica e soporte legal da USC e/ou autoridades competentes), e establecer contactos grupais ou individualizados, polas canles realmente operativas para os-as implicados-as. Os-as profesores-as poderán facer uso das listaxes de participantes nas actividades en remoto, así como encargar e programar entrega de tarefas acorde ó traballo que se podería realizar no escenario presencial (escenario 1).
-Clases prácticas: nos laboratorios ou aulas de informática correspondentes, nas condicións e coas medidas que dispoñan as autoridades competentes.
-Viaxe de campo: poderase substituír por seminarios impartidos por sistemas de videoconferencia onde se poñan imaxes dos percorridos ou enclaves seleccionados, transmitindo os-as profesores-as os comentarios e as explicacións oportunas. Para os casos nos que alumnos-as ou profesores-as non poidan establecer comunicación correctamente por sistemas de videoconferencia, poderanse colgar na aula virtual itinerarios virtuais, baseados en imaxes e textos, e/ou os recursos operativos e realmente accesibles a todos os afectados-as. Aparte dos materiais específicos elaborados polos profesores-as, existen na internet recursos complementarios, como itinerarios xeolóxicos interactivos, que poderían ser un complemento formativo.
Escenario 3:
-Clases teóricas e seminarios: Igual que no caso do escenario 2, no escenario 3 as clases teóricas e seminarios poderán realizarse por medio de sistemas de videoconferencia (preferentemente MS Teams, predominante na USC, e tamén preferentemente de xeito sincrónico), cando sexa posible e apropiado. Novamente, se se dan casos de imposibilidade de conectarse para algúns alumnos-as ou profesores-as, ou hai motivos que aconsellen como máis axeitadas outras alternativas (por exemplo, por mala calidade de conexión ou de cobertura, que non permita comunicación correcta por sistemas de videoconferencia, ou falta de acceso a eses medios), a docencia poderase basear nos materiais que se colgan na aula virtual (incluídas as eventuais gravacións de clases telemáticas, sempre que se conte con autorización específica e soporte legal da USC e/ou autoridades competentes), e establecer contactos grupais ou individualizados, polas canles realmente operativas para os-as implicados-as. Os-as profesores-as poderán facer uso das listaxes de participantes nas actividades en remoto, así como encargar e programar entrega de tarefas acorde ó traballo que se podería realizar no escenario presencial (escenario 1).
-Clases prácticas: Farase uso de tipoloxías de traballo denominadas “casos prácticos”. Novamente haberá que considerar a posibilidade de todos os alumnos-as e profesores-as de comunicar ou non por sistemas de videoconferencia, e en caso necesario adaptar as eventuais carencias ou deficiencias colgando os materiais axeitados na aula virtual, e facendo uso das canles de comunicación grupal ou individualizada realmente operativas e accesibles. Considérase que, en todo caso, co soporte da comunicación por medio de sistemas de videoconferencia ou sen ese soporte: Nas prácticas correspondentes a minerais e rochas se poderá contar con imaxes que ilustren a ambos tipos de materiais, e con textos coa información complementaria apropiada. Nas prácticas referentes a mapas topográficos e xeolóxicos, contarase con ferramentas online, que igualmente se empregan nas prácticas presenciais, complementadas cos textos explicativos. Nas prácticas de climatoloxía igualmente se conta coas mesmas ferramentas online que se empregan nas prácticas presenciais, e máis con textos explicativos.
-Viaxes: De igual modo que no escenario 2, no escenario 3 poderanse substituír por seminarios impartidos por sistemas de videoconferencia onde se poñan imaxes dos percorridos ou enclaves seleccionados, transmitindo os-as profesores-as os comentarios e as explicacións oportunas. De novo compre sinalar que, para os casos nos que alumnos-as ou profesores-as non poidan establecer comunicación correctamente por sistemas de videoconferencia, poderanse colgar na aula virtual itinerarios virtuais, baseados en imaxes e textos, e/ou os recursos operativos e realmente accesibles a todos os afectados-as. Aparte dos materiais específicos elaborados polos profesores-as, existen na internet recursos complementarios, como itinerarios xeolóxicos interactivos, que poderían ser un complemento formativo.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Seguindo as recomendacións das autoridades, e cos medios específicos que indiquen, de ser o caso, promoverase evitar o plaxio ou reducilo todo o posible. Específicamente: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenarios 2:
Se as circunstancias e as autoridades o permiten, realizaranse as probas de avaliación de igual maneira que no escenario 1.
En caso de que non se permita o anterior, realizarase a avaliación seguindo o que se indica de seguido para o escenario 3.
Escenario 3:
As probas presenciais que consisten en exames substituiranse por probas telemáticas, a través da plataforma Moodle ou outra que indiquen as autoridades competentes. Nos casos en que os profesores-as consideren que o sistema de avaliación por medio de traballos é máis axeitado, e sempre que non entre en contradición con instrucións das autoridades, poderase empregar ese medio para substituír total ou parcialmente os exames. Nos casos en que xa na modalidade presencial se fai avaliación por medio de traballos, manterase dito sistema.
Isto é aplicable ás dúas convocatorias oficiais (primeira e segunda oportunidade).
Xa que nesta materia existe proba final, debe saberse que por unha banda é complementaria á avaliación continua das fases anteriores (xa que na proba final se avalían aspectos que non foron avaliados antes), pero tamén pode verse como alternativa á avaliación continua, para os casos de alumnos-as que non tivesen superado as probas de avaliación das fases anteriores. Ademais, debe quedar claro que a proba final é obrigatoria para todo o estudan tado (tivese ou non superado a avaliación continua previa), posto que (como xa se indicou) nela se avaliarán algúns aspectos que non foron avaliados anteriormente. O que variará serán os contidos dos que os distintos alumnos-as serán avaliados, posto que os-as alumnos-as que xa tivesen superados algúns en fases anteriores da avaliación continua (segundo os criterios indicados previamente) non terán que examinarse na proba final deses contidos que xa tiñan superados.
Avelino Nuñez Delgado
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- avelino.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Esperanza Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Luisa Fernandez Marcos
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823119
- Correo electrónico
- mluisa.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Agustín Merino García
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- agustin.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Isabel Barreiro Buján
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823138
- Correo electrónico
- ana.barreiro.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |
26.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
26.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |