Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos marcados, de acordo co establecido na Memoria do novo Plan adaptado ao EEES, poden quedar como segue:
• Acadar os coñecementos básicos para entender os procedementos necesarios para a realización dun levantamento topográfico.
• Coñecer as características dos Instrumentos da Topografía clásica.
• Coñecer as características dos Sistemas GNSS e a súa conexión coa topografía clásica e outros recursos para Proxectar ou para dirixir Obra.
• Ser capaz de aplicar a metodoloxía topográfica clásica ou por satélite para levar a cabo un levantamento topográfico, calcular e obter resultados correctos.
• Poder interpretar planos, mapas e ortofotos e outros produtos cartográficos, en papel e dixitais.
• Coñecer a nivel de usuario o manexo e utilidades dos Sistemas de Información Xeográfica.
• Realizar as prácticas de campo, laboratorio suficientes para aprender a planificar un levantamento topográfico, a realizar a toma de datos de campo, e executar os cálculos e a representación gráfica correcta dos resultados.
• Ser capaz de organizar un replanteo de obra e a executalo.
• Coñecer, comprender e utilizar os principios básicos da fotogrametría e teledetección.
A Memoria Verificada do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Fundamentos teóricos básicos
• Instrumentación topográfica.
• Métodos topográficos.
• Sistemas de posicionamento.
• Cartografía.
• Fotogrametría
• Sistemas de Información Xeográfica.
• Teledetección.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario e temporización:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
Bloque I: Topografía e Cartografía (14h)
T1. Introducción e conceptos xerais (1h)
T2. Sistemas de coordenadas (2h)
T3. Instrumentación (2h)
T4. Métodos topográficos (6h)
T5. Sistemas de posicionamento global (3h)
Bloque II: SIX (3h)
T6. Funcionamento dos SIX (1,5h)
T7. Operaciones fundamentais co SIX (1,5h)
Bloque III: Fotogrametría e Teledetección (7h)
T8. Fundamentos e aplicacións da Fotogrametría (1h)
T9. Visión 3D: Estereoscopía e paralaxe (1h)
T10. Método xeral da fotogrametría. Cámaras e imaxes (1h)
T11. Principios básicos da teledetección remota (2h)
T12. Procesamento de imaxes (2h)
SESIÓNS INTERACTIVAS
Bloque I: Topografía e Cartografía (16h)
P1. Levantamento topográfico (16h)
Bloque II: SIX (4h)
P2. Análisis cartográfico con SIX (4h)
Bloque III: Fotogrametría e Teledetección (4h)
P3. Levantamento aerofotogramétrico e tratamento dixital de imaxes (4h)
Bibliografía básica:
• CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Teoría de errores e instrumentación," Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
• CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Métodos topográficos" Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
• DOMÍNGUEZ GARCÍA-TEJERO, F.. "Topografía General y Aplicada," 13/Ed., Ed. Mundi-Prensa, Madrid. (1998)
• FOTOGRAMETRÍA MODERNA: ANALÍTICA Y DIGITAL. J. L. Lerma García. (2002).
• FOTOGRAMETRÍA DIGITAL. Toni Shenk. (2002)
Bibliografía complementaria:
• ARRUFAT MOLINA, E "Instrumentos topográficos" Tirant lo Branch, Valencia (2006)
• DIOPTRA. "Instrumentación para la Topografía y su cálculo," Ed. DIOPTRA, Lugo. (2000)
• OJEDA, J. L. "Métodos Topográficos y Oficina Técnica" Ed. J.L. Ojeda, Madrid. (1984).
• CARPIO HERNÁNDEZ, JUAN PEDRO. “Redes Topométricas” Ed. Bellisco. (2001)
• M.T. MARTÍN Y J. RODRÍGUEZ “Estudio y replanteo de alineaciones y curvas circulares”
• SANJOSÉ, J.J., MARTÍNEZ, E., LÓPEZ, M. "Topografía para estudios de Grado". Ed. Bellisco. Ediciones Técnicas y Científicas. Colección Biblioteca Técnica Universitaria. Madrid. (2009).
Referencias web:
http://www.ign.es
http://www.icv.gva.es/ICV/
http://www.icc.cat/
http://mapas.xunta.es/
http://sitna.navarra.es/
http://www.cartesia.org/
http://www.elgps.com
http://www.leica-geosystems.es/
http://www.topocal.com/
http://www.digi21.net
http://www.topografia.upm.es/
http://www.citop.es/
http://www.protopo.com
http://www.arcgis.com
i. Básicas e Xerais
CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de proteción, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redatar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
ii. Transversais
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
iii. Específicas
CECF6 – Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Topografía, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección.
Os coñecementos e as habilidades desenvólvense a través de:
- 24h de clases teóricas presenciais onde se introducen os temas expositivos.
- 24h de sesións interactivas presenciais, realizando prácticas e/ou seminarios.
- Uso da aula virtual, onde estará o material da clase, así como actividades complementarias.
- As titorías grupais e individuais que serán presenciais.
A) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA (primeira e segunda oportunidade):
- ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN CONTINUA (EC): o alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos. Para aprobar a materia deberá obter un mínimo de 4 puntos nesta parte.
COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR6, CR9, CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CB1, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6
- EXAME (EX): o exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos. Para aprobar a materia deberá obter un mínimo de 4 puntos nesta parte. COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR6, CR9
- PRÁCTICAS (PR): o alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. Para aprobar a materia deberá obter un mínimo de 4 puntos nesta parte. COMPETENCIAS: CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CEG1, CEG4, CR6, CR9
A nota final corresponderá ás avaliacións parciais obtidas segundo a seguinte ponderación:
NOTA FINAL = 20% EC + 40% EX + 40% PR
B) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
- Se completaron a práctica axeitadamente (PR> 4 puntos), só terán que facer o exame (EX) e as actividades de avaliación continua (EC) sendo avaliados cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
- Se non teñen as prácticas aprobadas do curso anterior, terán que facelas no curso actual.
- A cualificación da parte práctica manterase durante un máximo dun ano desde a finalización da mesma.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 24 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 24 horas.
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual: 99 horas (incluidas lectura e terminación de traballos prácticos)
- Consulta diaria do campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os alumnos aos que se lles conceda esta dispensa deberán realizar o seguimento da materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter cualificación positiva en EC, PR e EX respectivamente.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Teresa Martin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 (Aulario 1) |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 (Aulario 1) |
15.05.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |
07.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |