Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Familiarizar o alumno coas características da civilización helénica, a súa peculiar visión do mundo e os seus logros artísticos, facendo especial fincapé na necesidade de coñecer o pensamento grego, o mito e a relixión da polis para comprender a produción artística.
A) A materia consiste nunha exposición das principais manifestacións artísticas e culturais da Grecia antiga, partindo do mundo prehelénico e prestando especial atención aos períodos arcaico e clásico, tratando de ofrecer unha visión de conxunto mediante o estudo da arquitectura , a escultura e o valioso testemuño da pintura vascular. A este respecto unha parte importante do desenvolvemento temático céntrase no estudo dos mecanismos da figuración, en especial no estudo da preocupación pola figura humana, e a narración visual do mito. A exposición teórica compleméntase cunha serie de lecturas para discusión sobre aspectos da arte e a experiencia estética na Grecia arcaica e clásica.
B) Programa:
0. Introdución á arte da Antigüidade clásica: fontes, enfoques e métodos.
1. A arte grega: tempos, espazos e contextos
2. A arte de Grecia e a arte dos primeiros gregos.
3. A arte grega arcaica.
4. A arte do momento clásico I.
5. A arte do momento clásico II.
6. Construcións e imaxes do helenismo.
C) Contidos interactivos:
As clases interactivas consistirán nunha serie de seminarios sobre diversos aspectos da arte grega, para os que será necesario facer lecturas previas e participar de maneira activa, desenvolvendo tarefas de identificación de obxectos e imaxes.
Os contidos dos seminarios serán os seguintes:
- Conceptos e nomes: sobre a terminoloxía da arte antigo
- Introdución á cerámica grega I: cronoloxía e técnicas
- Introdución á cerámica grega II: formas e funcións
- Lectura da imaxe grega: o mito e a imaxe
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Y DE REFERENCIA:
BLANCO FREIJEIRO, A., Arte griego. CSIC. Madrid, 2011 (ed. revisada por Pilar León; ed. original 1956)
ELVIRA BARBA, M.A., Manual de arte griego. Obras y artistas de la Antigua Grecia, Madrid, 2013.
RAMÍREZ, J.J. (dir), Historia del arte. Arte antiguo. Alianza Editorial. Madrid, 1989
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BERARD, C., BRON C., DURAND, J. L., FRONTISI-DUCROIX, F., LISSARRAGUE F., SCHNAPP A. Y VERNANT, J. P., A City Of Images, Princeton, Princeton University Press, 1961.
BOARDMAN, J., Athenian Black Figure Vases. Londres 1974.
BOARDMAN, J., Athenian Red Figure Vases: The Classical Period. Londres 1989.
BOARDMAN, J., El arte griego, Barcelona, 1991.
BOARDMAN, J., Escultura Griega. El período Clásico. Barcelona, Destino, 1999
CARPENTER, T., Arte y Mito en la Grecia antigua, Destino, Madrid, 2001
ELVIRA BARBA, M. A., Arte clásico, Historia 16, Madrid, 1996.
ELVIRA, M.A., El arte griego (III). Historia 16. Madrid, 1990
HURWIT, J., The Art and Culture of Early Greece, 1100-480. BC., Ítaca y Londres,1987.
LEÓN ALONSO, P., El arte griego (II). Historia 16. Madrid, 1990.
OLMOS ROMERA, R., El Arte griego en España, Madrid, Historia 16, 1992
ONIANS, J., Arte y pensamiento en la época helenística, Alianza, Madrid, 1996.
OSBORNE, R Archaic and Classical Greek Art, Oxford, 1998.
POLLITT, J.J., Arte y experiencia en la Grecia clásica, Bilbao, 1984RASMUSSEN T. y SPIVEY, N. (Eds.) Looking at Greek Vases. Cambridge, Cambridge University Press 1991.
RHODES R.F. Architecture and meaning on the Athenian Acropolis. Cambridge, 1995.
SPIVEY, N. Understanding Greek Sculpture: Ancient Meanings, Modern Readings. Londres, Thames and Hudson 1996
STEWART, A. Greek Sculpture: An exploration. New Haven And London, Yale University Press 1990.
O alumno adquirirá competencia no recoñecemento das caracteristicas específicas da produción artística do mundo grego antigo, podendo relacionar os acontecementos históricos, sociais e literarios co fenómeno da arte que na Grecia antiga ten uns trazos especiais definitorios e básicos para comprender o desenvolvemento posterior de gran parte da produción artística de Occidente.
1) O desenvolvemento metodolóxico da materia baséase na exposición dos contidos en clase en forma de clases teóricas que contemplan a produción artística do mundo grego desde o terceiro milenio antes de Cristo ata época helenística.
2)Estas clases teóricas compleméntanse con clases de seminario e actividades academicamente dirixidas, nos que se tratan temas específicos da historia da arte grego que se consideran problemas de investigación. Para estas actividades os alumnos deberán realizar lecturas e traballos escritos para mostrar os seus intereses e a súa capacidade de expor enfoques dos distintos problemas.As clases prácticas pretenden que os alumnos se enfronten persoalmente ao coñecemento e investigación sobre a produción artística helénica.
3) Como complemento, os alumnos deberán elaborar un traballo non presencial de aplicación da lectura da imaxe mitológica desde o punto de vista iconográfico e co auxilio das fontes literarias gregas.De maneira concreta, o traballo consistirá en analizar e argumentar a representación dunha historia mitolóxica nun vaso pintado grego.
O traballo terá unha extensión mínima de 3000 e máxima de 5000 palabras, e deberá levar unha portada co título, a materia e o nome do alumno e a data; debe incluír referencias ás fontes literarias, notas ao pé de páxina, bibliografía e un anexo de seis (6) imaxes como mínimo e dez (10) como máximo.
O traballo enviarase ao profesor por vía telemática. A data final de entrega para a primeira oportunidade é o 15 de maio de 2021, e para a segunda oportunidade o 15 de xuño de 2021.
1) Asistencia ás clases teóricas
2) Participación nos seminarios.
3) Realización do traballo
A asistencia ás clases teóricas e seminarios é OBRIGATORIA e será controlada.
A realización do traballo ten así mesmo carácter OBRIGATORIO e é condición "sine qua non" para ser avaliado.
O sistema de avaliación rexerase de acordo ás seguintes porcentaxes:
-Asistencia: 10%
-Participación e realización das tarefas interactivas dos seminarios: 40%
-Traballo non presencial: 50%
O alumno deberá dedicar de catro a seis horas semanais ao estudo persoal da materia e aos exercicios prácticos e o traballo encomendado.
A asistencia ás clases teóricas e seminarios é OBRIGATORIA así como a realización das prácticas.
Unha recomendación importante é a lectura reflexiva dos textos propostos para discusión e comentario nos seminarios.
É recomendable a capacidade de ler nalgunhas linguas modernas estranxeiras, moi especialmente en inglés, italiano e francés.
Recoméndase unha asimilación paulatina dos contidos, dedicándolle tempo á lectura e á análise dos textos e das imaxes obxecto de estudo.
PLAN DE CONTINXENCIA de acordo coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” da USC:
A. Escenario 2: distanciamento:
1. Metodoloxía do ensino:
A docencia expositiva será impartida maioritariamente de forma virtual mediante as ferramentas tecnolóxicas postas a disposición pola USC, principalmente: campus virtual, correo electrónico, MS Teams. Os profesores proporcionarán aos estudantes os diferentes materiais e recursos necesarios para o seguimento dos contidos teóricos ou lles indicarán a maneira de poder acceder a eles.
As actividades prácticas desenvolveranse maioritariamente nas clases presenciais de acordo co explicado máis arriba no punto 2 da apartado “Metodoloxía”.
As titorías realizaranse prioritariamente por vía telemática.
2. Sistema de avaliación nas dúas oportunidades:
Manterase o sistema de avaliación continua nas dúas oportunidades atendendo aos seguintes elementos:
- A asistencia e participación activa nas clases presenciais e o seguimento continuado e pertinente das actividades virtuais representará o 40% da cualificación.
- O 60% restante da cualificación final corresponderá á realización do traballo explicado máis arriba no punto 3 da apartado “Metodoloxía”.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia serán avaliados exclusivamente mediante este traballo final, ao que corresponderá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
B. Escenario 3: peche das instalacións:
1. Metodoloxía do ensino:
Tanto a docencia expositiva como a docencia práctica interactiva serán desenvoltas de forma virtual mediante as ferramentas tecnolóxicas postas a disposición pola USC, principalmente: campus virtual, correo electrónico, MS Teams. Os profesores proporcionarán aos estudantes os diferentes materiais e recursos necesarios para o seguimento dos contidos teóricos e prácticos ou lles indicarán a maneira de poder acceder a eles.
As titorías realizaranse por vía telemática.
2. Sistema de avaliación:
Nas dúas oportunidades manterase o sistema de avaliación continua baseado nos seguintes elementos:
- O 40% da cualificación final outorgarase pola continuidade no seguimento das diferentes actividades e pola calidade dos resultados desas actividades que sexan obxecto de entrega por parte dos alumnos de forma individual ou colaborativa.
- O 60% restante da cualificación corresponderá á realización do traballo individual explicado máis arriba no punto 3 da apartado “Metodoloxía”. Os resultados dos traballos serán comentados entre os profesores e cada estudante mediante unha entrevista a través de MS Teams dunha duración non superior a 15 minutos.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia serán avaliados exclusivamente mediante o traballo indicado no parágrafo anterior, ao que corresponderá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Maria De Fatima Diez Platas
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
08.06.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Historia Antiga |
09.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Historia Antiga |