Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O igual que o ambiente actual, calquera ambiente do pasado ten que ser considerado como un sistema dinámico de complexidade emerxente, produto das interaccións entre os subsistemas terrestres (litosfera, atmosfera, hidrosfera, biosfera), xogando a actividade humana un papel crecente nos cambios ambientais. Esta complexidade demanda unha visión interdisciplinar. Por iso, nesta asignatura preténdese introducir ós alumnos nos conceptos chave de cómo se leva a cabo o estudo dos ambientes pretéritos, as ferramentas dispoñibles na actualidade en diversas disciplinas, e amosar a complexa relación entre a actividade humana e as transformacións da paisaxe.
Os obxectivos concretos son os seguintes:
- Introducir os conceptos teóricos sobre cambio ambiental e reconstrucción de ambientes pretéritos, mediante una aproximación sistémica
- Introducir as principais técnicas de datación absoluta e establecemento de cronoloxías en arquivos ambientais
- Presentar os aspectos metodolóxicos da toma e conservación de mostras de arquivos ambientais, así como describir sucintamente a enorme variedade de técnicas analíticas dispoñibles
- Resumir brevemente a natureza do sistema climático da Terra e os aspectos máis relevantes da evolución climática a distintas escalas de tempo
- Introducir as disciplinas das Ciencias da Terra relacionadas co rexistro arqueolóxico e ambiental: sedimentoloxía, xeomorfoloxía, edafoloxía, xeoquímica
- Introducir as disciplinas biolóxicas relacionadas co rexistro arqueolóxico e ambiental: paleobotánica e zooarqueoloxía
- Introducir a aportación da Antroploxía Física ó estudo das sociedades pretéritas
Parte expositiva e seminarios
- Introducción a investigación paleoambiental: paleoambiente, arquivos ambientais, sinais ambientais, reconstrucción paleoambiental, paleoambiente e arqueoloxía
- A cronoloxía: introducción as ténicas de datación absoluta, datación radiocarbónica, calibración, dendrocronoloxía, termoluminiscencia
- Introducción a toma e análise de mostras: toma de mostras, conservación de mostras, preparación de mostras, analíticas máis habituais
- Ciencias da Terra e Arqueoloxía: sedimentoloxía, xeomorfoloxía, edafoloxía, e xeoquímica aplicadas a contextos arqueolóxicos
- Como diseñar, elaborar e presentar un póster
- Paleoclimatoloxía: o sistema climático, evolución temporal do clima, cambio climático abrupto
- Paleobotánica: Palinoloxía, antracoloxía, carpoloxía, fitolitos
- Antropoloxía Física: o corpo humano, paleodieta, enfirmidades, xenética, movilidade
- Actividade humana e transformacións da paisaxe: o exemplo do NW de España, ¿unha paisaxe cultural?
Práctica de campo
- A realizar en Pedra do Castro (no caso de que se conceda o orzamento): localización, descrición e mostraxe de solos e sedimentos con potencial para a reconstrucción ambiental
BUTZER, K.W. 1982. Archaeology as human ecology. Cambridge University Press, Cambridge, UK.
BUXÓ, R. y PIQUÉ, R. 2008. Arqueobotánica. Los usos de los plantas en la Península Ibérica. Barcelona: Ariel Prehistoria.
BUXÓ, R., Arqueología de las plantas. La explotación económica de las semillas y los frutos en el marco mediterráneo de la Península Ibérica, Barcelona, 1997.
CAMPILLO, D. 2001. Introducción a la paleopatología. Barcelona: Bellaterra arqueología
CHAIX, L y MÉNIEL, P. (2005). Manual de Arqueozoología. Barcelona
CRIADO BOADO, F.; MARTÍNEZ CORTIZAS, A. 2005. O modelo de formación dun xacemento arqueolóxico. F. Criado Boado & E. Cabrejas Domínguez (coords.). Obras públicas e patrimonio. Estudo arqueolóxico do Corredor do Morrazo. TAPA 41, p. 89-95. Santiago de Compostela: CSIC.
DAVIS, S. J. M. 1987. La arqueología de los animales. Barcelona: Ediciones Bellaterra.
DINCAUZE, D. 2006. Environmental Archaeology. Cambridge University Press. Cambridge, UK.
HARRIS, E.C. 1979. Principles of archaeological stratigraphy. Academic Press, London, UK.
HOLLIDAY, V. 2004. Soils in Archaeological Research. Oxford University Press. New York, USA.
MARTÍN SEIJO, M.; RICO REY, A.; TEIRA BRIÓN, A. PICÓN PLATAS, I.; GARCÍA GONZÁLEZ, I.; ABAD VIDAL, E. 2010. Guía de Arqueobotánica. Arqueoloxía/Guías Metodolóxicas. Xunta de Galicia
MARTÍNEZ CORTIZAS, A. 2000. La reconstrucción de paleoambientes cuaternarios: ideas, ejemplos y una síntesis de la evolución del Holoceno en el NW de la Península Ibérica. Estudos do Quaternário 3, 31-41.
MARTÍNEZ CORTIZAS, A. y MOARES DOMÍNGUEZ, C. 1995. Edafología y Arqueología. Estudio de yacimientos arqueológicos al aire libre en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
SCHAETZL R., ANDERSON, S. 2005. Soils. Genesis and Geomorphology. Cambridge University Press, Cambridge, UK.
SCHIFFER, M.B. 1987. Formation processes of the archaeological record. Albuquerque: University of New Mexico Press.
Competencias específicas
CE-1. Elaboración da tesis de doutoramento. Implica o coñecemento e emprego, por parte do alumno, das regras que rixen a elaboración das tesis de doutoramento, no ámbito das humanidades, esto é, unha correcta expresión da linguaxe, a adecuada exposición e ordeación dos argumentos, o correcto uso das notas como instrumento para, entre outras cousas, recoñecer as débedas científicas contraídas, evitándose así incurrir en plaxio.
CE-2. Preparación e redacción de informes históricos
CE-3. Xestión de coleccións e museos
CE-4. Asesoramento en plans directores, plans especiais, traballo arqueolóxicos, etc.
CE-5. Xestión cultural
Competencias transversais
CT-1. Empregar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, que incluen o acceso a internet, vendo as suas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
CT-2. Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
CT-3. Pontenciar a capacidade de traballo en equipo, en entornos cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
Segundo o establecido nas “bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, diferenciamos tres escenarios:
1. Normalidade adaptada. Se impartirán clases teóricas nas que se aportarán coñecementos básicos ó alumnado, complementadas con clases prácticas de seminarios e visitas de campo – no caso de que sexa factible. Na docencia teórica empregaranse medios audiovisuais como apoio a exposición oral.
2. Distanciamento: neste caso, a parte teórica estará dispoñible na Aula Virtual ou mediante a plataforma Teams. As clases presencias manteranse, de ser posible, coas medidas de seguridade e distanciamento necesarias - desvotando o traballo presencial en grupos. Na práctica de campo respetaranse a medidas de seguridad e se traballará en grupos reducidos.
3. Peche do centro. Tanto a parte expositiva como os seminarios e prácticas desenvolverase mediante videoconferencias con grupos reducidos de alumnos, test de auto-aprendizaxe, vídeos informativos e tódolos elementos dispoñibles para facer a docencia o mais dinámica posible.
Avaliación contínua (40%)
- Seguimento do traballo do alumno na aula, laboratorio, saídas de campo, seminarios e titoría
- Entrega e/ou exposición dos traballos, resultados, informes, etc.
Avaliación do proceso de aprendizaxe (60%):
- Elaboración en presentación (tipo póster) dun traballo de curso relacioado cos contidos da materia.
- Exames escritos ou orais, que poderán incluir probas tipo test, probas de ensaio de formato diverso, preguntas de razoamento, preguntas tema e curtas, resolución de problemas e casos prácticos. Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de stembro).
Estudo autónomo (individual ou en grupo) 30 horas
Lecturas recomendadas (actividades de biblioteca) 12 horas
Preparación de presentacións, debates, etc. 4 horas
Outras tarefas asignadas polo profesor. 4 horas
Se recomenda os estudantes que fagan uso da titoría para a resolución de calquera dúbida que xurda durante o estudo da asignatura. Ademáis, terán que asistir e participar activamente e realizar as tarefas que se lles encarguen. E tamén recomendable que fagan uso da bibliografía especializada, no so dos libros de texto senon tamén de artigos de investigación e divulgación científica.
Antonio Manuel Martinez Cortizas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02- Cartografía |
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
19.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Seminario Historia Antiga |
23.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Seminario Historia Antiga |