Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Familiarización co vocabulario básico de historia das relixións e a súa crítica. Distinguir o campo semántico e as características opostas das relixións politeístas e monoteístas.
Coñecer o uso, no sentido da historia das relixións, das múltiples fontes antigas coas súas características. Os tipos de textos, poesía, prosa, epigrafía. O status do mito e os debates que suscita. A documentación arqueolóxica e o seu uso en historia das relixións.
Dar a coñecer os métodos de estudo máis usuais na historia das relixións aplicados as relixións da Antigüidade. Distinguir entre teoría, método e técnica.
Familiaridade coas ferramentas críticas necesarias para comprender, construír e criticar textos de historia das relixións antigas.
Analizar aspectos crave das teorías interpretativas das relixións antigas subliñando as súas similitudes e diferenzas coas teorías arqueolóxicas (histórico-cultural, funcionalismo, estruturalismo, fenomenoloxía).
CURSO MONOGRÁFICO: Relixión e comunidade política no mundo grego e romano
BLOQUE 1: MUNDO GREGO
TEMA 1. Rituais e espazos relixiosos na pólis. O sacrificio.
TEMA 2. Relixión e democracia en Atenas.
TEMA 3. Os santuarios panhelénicos: Delfos e Olimpia.
LECTURA OBRIGATORIA: M. Detienne, Apolo con el cuchillo en la mano, Madrid: Akal, 2001.
BLOQUE 2: ROMA E AS PROVINCIAS DO IMPERIO
TEMA 1. Rituais, sacerdocios e política en Roma baixo a República.
TEMA 2. Augusto: A relixión na res publica restituta
TEMA 2. O culto imperial.
TEMA 4. Cultos e prácticas relixiosas nas provincias do Imperio Romano
Bibliografía básica
C. Ando (ed.), Roman Religion, Edimburgo: Edinburgh U.P., 2003.
M. Beard y J. North, Pagan Priests: Religion and Power in the Ancient World, Londres: Duckworth, 1990.
A. Bernabé; S. Macías (eds.), Religión griega. Una visión integradora, Madrid: Escolar y Mayo, 2020.
L. Bruit Zaidman y P. Schmitt-Pantel, La religión griega en la pólis de época clásica, Madrid: Akal, 2002.
W. Burkert, Religión griega arcaica y clásica, Madrid: Abada, 2007.
J. Rüpke (ed.), A Companion to Roman Religion, Malden (MA): Blackwell, 2007.
J. Scheid, La religión en Roma, Madrid: Ediciones Clásicas, 1991.
Bibliografía complementaria
GRECIA:
M. Detienne, Apolo con el cuchillo en la mano, Madrid: Akal, 2001.
- y J.-P. Vernant (dir.), La cuisine du sacrifice en pays grec, Paris: Gallimard, 1979.
R. Étienne, Athènes: espaces urbains et histoire. Des origines à la fin du III s. ap. J.-C., Paris: Hachette, 2004.
M.H. Hansen, Polis. An Introduction to the Ancient Greek City-State, Oxford: OUP, 2006.
F. Hartog, El espejo de Heródoto. Ensayo sobre la representación del otro, Buenos Aires: FCE, 2003.
N. Loraux, Nacido de la tierra: Mito y política en Atenas, Buenos Aires: El cuenco de plata, 2007.
N. Marinatos y R. Hägg (ed.), Greek Sanctuaries: New Approaches, Londres: Routledge, 1993.
R. Parker, Athenian Religion: A History, Oxford: Clarendon, 1998.
J.G. Pedley, Sanctuaries and the Sacred in the Ancient Greek World, Cambridge: CUP, 2005.
M. Scott, Delfos: historia del centro del mundo antiguo, Barcelona: Ariel, 2015.
Ch. Sourvinou-Inwood, Tragedy and Athenian Religion, Lanham: Lexington Books, 2003.
J.-P. Vernant, Los orígenes del pensamiento griego, Barcelona: Paidós, 1992.
- y P. Vidal-Naquet, Mito y tragedia en la Grecia antigua, 2 vols., Madrid: Taurus, 1987.
ROMA:
M. Beard; J. North; S. Price, Religions of Rome, 2 vols., Cambridge: Cambridge U.P., 1996.
Y. Berthélet, Gouverneur avec les dieux. Autorité, auspices et pouvoir sous la République romaine et sous Auguste, Paris: Les Belles Lettres, 2015.
F. Coarelli, Roma, Guide Archeologiche Laterza, Roma-Bari: Laterza, 2008.
L. De Blois; P. Funke; J. Hahn (eds.), The Impact of Imperial Rome on Religions, Ritual and Religious Life in the Roman Empire, Leiden-Boston: Brill, 2006.
D. Fishwick, The Imperial Cult in the Latin West, varios vols., Leiden-Boston: Brill, 1987-2005.
F. Hurlet y B. Mineo (dir.), Le Principat d’Auguste: Réalités et représentations du pouvoir. Autor de la res publica restituta, Rennes: PUR, 2009.
J.H.W. Liebeschuetz, Continuity and Change in Roman Religion, Londres, 1996.
S. Price, Rituals and Power. The Roman Imperial Cult in Asia Minor, Cambridge: U.P., 1986.
J. Rüpke, Pantheon: A new history of Roman Religion, Princeton: Princeton U. P., 2018.
J. Scheid, Romulus et ses frères: Le collège des frères Arvales, modèle de culte public dans la Rome des empereurs, Roma: EFR, 1990.
- Quand faire, c’est croire: Les rites sacrificiels des Romains, Paris: Aubier, 2005.
P. Zanker, Augusto y el poder de las imágenes, Madrid: Alianza Forma, 1992.
Coñecemento das características específicas das relixións antigas.
Coñecemento dos métodos da historia das relixións e a súa aplicación ás temáticas expostas nas clases.
Capacidade para comentar os textos antigos relacionados coa materia.
Recoñecemento da dimensión material da praxe relixiosa na antigüidade.
O curso está organizado en clases teóricas e seminarios interactivos nos que se procederá á análise histórica de fontes literarias, epigráficas e iconográficas antigas, así como de evidencias arqueolóxicas, relacionadas coas cuestión abordadas no temario. O profesor indicará unha serie de lecturas previas aos estudantes para que preparen as sesións interactivas, nas que se fomentará o debate e se profundizará na crítica historiográfica.
Asemade, cada estudante deberá:
- Ler a monografía sobre a que se será avaliado nunha proba escrita unha vez terminado o bloque 1 do temario: M. Detienne, Apolo con el cuchillo en la mano, Madrid: Akal, 2001.
- Realizar un traballo de investigación persoal e orixinal relacionado coa materia, onde amose o seu dominio da metodoloxía propia da Historia Antiga e da historiografía fundamental relacionada coa cuestión abordada. O tema do traballo será definido co profesor en horario de tutoría.
Asistencia e participación nas sesións teóricas e interactivas: 30%
Proba escrita sobre o libro de lectura obrigatoria: 30%
Traballo de investigación persoal orixinal: 40 %
Dado que a avaliación é continua, a asistencia ás clases é obrigatoria; por iso, unha ausencia reiterada ás clases, superior ao 20%, implicará que o alumno non poderá ser avaliado
EN CASO DE EMERXENCIA SANITARIA, NOS ESCENARIOS 2 E 3 O SISTEMA DE ENSINO ESTABLECIDO, CON AVALIACIÓN CONTINUA, PODE LEVAR A CABO DE FORMA TELEMÁTICA CON RELATIVA SINXELEZA, SALVO O CASO DOS ESTUDANTES CON DIFICULTADES DE ACCESO Á REDE. PARA ESES CASOS ARBITRARANSE MEDIDAS EN FUNCIÓN DAS SITUACIÓNS PARTICULARES QUE SE PRESENTEN.
Actividades presenciais:
Clases maxistrais: 8 horas
Seminarios: 16 horas
Avaliación: 1 hora
TOTAL: 25 horas
Traballo do alumno
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 30 horas
Lecturas para preparación de seminarios e redacción de traballos: 16 horas
Outras tarefas propostas polo profesor: 4 horas
TOTAL: 50 horas
Recoméndase un traballo continuo dentro da materia; dado o carácter de seminarios de debate e comentario dunha parte das horas presenciais, resulta moi conveniente que os alumnos traballen semanalmente os temas e lecturas previamente establecidos.
Será aplicado o Plan de Continxencia da USC aprobado en Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, que parte do desenrolo das clases nun escenario 1.
No caso de pasar a un escenario 2 ou 3, continuarase co plan docente do programa, pasando a facer as actividades e evaluacións online. En tales casos, o programa e a metodoloxía previstos non sufrirán ningunha modificación relevante: as sesións teóricas e os seminarios interactivos desenrolaranse a través da plataforma TEAMS (ou, no su defecto, unha similar accesible a tódolos alumnos/as) e os alumnos/as disporán dos materiais necesarios na aula virtual. No caso de que un destes escenarios comporte a clausura da biblioteca da USC, o profesor proveerá dos materiais necesarios aos alumnos para solventar as carencias bibliográficas na medida do posible, puidendo variar a lectura obrigatoria.
Pedro Manuel Lopez Barja De Quiroga
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812559
- Correo electrónico
- pedro.barjadequiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ruben Olmo Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |
14.01.2022 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Historia Antiga |
17.06.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |