Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir coñecementos xerais sobre o ámbito do Inglés para Fins Específicos e un coñecemento máis profundo dunha ou varias das súas subdisciplinas.
Desenvolver conciencia crítica dos temas e desafíos principais do Inglés para Fins Específicos como área aplicada e campo de investigación.
Familiarizarse cos principais trazos estruturais e lingüísticos dos distintos tipos de textos empregados en contextos especializados.
Desenvolver unha competencia básica na elaboración dos principais tipos de textos empregados en ámbitos concretos de uso do Inglés para Fins Específicos.
Familiarizarse coas cuestións e conceptos fundamentais e desenvolver competencias docentes básicas no ámbito do Inglés para Fins Específicos.
Familiarizarse coas principais ferramentas de investigación (datos, intrumentos de análise, programas informáticos, etc.) e desenvolver unha competencia suficiente na súa utilización con propósitos prácticos ou de investigación no ámbito do Inglés para Fins Específicos.
Panorámica da disciplina. Ramas do Inglés para Fins Específicos.
O inglés como lingua franca da ciencia: vantaxes e obstáculos.
Métodos de investigación cuantitativos y cualitativos en IFE.
A análisis de xéneros en inglés para fins académicos.
Características do inglés académico.
O inglés académico falado: as presentaciones en congresos.
Ammon, U. (Ed.) (2001a) The dominance of English as a language of science. Effects on other languages and language communities. Berlin: Mouton de Gruyter.
Belcher, D. (2009). English for specific purposes in theory and practice. Ann Arbor: University of Michigan Press
Bhatia, Vijay K. (2004). Worlds of written discourse. A genre-based view. London and New York: Continuum.
Dudley Evans, Tony & Maggie Jo St John (1998), Developments in English for Specific Purposes, A multi-disciplinary Approach. Cambridge: Cambridge U. P.
Flowerdew, John (ed.) (2002) Academic discourse. Harlow: Longman
Flowerdew, John and Matthew Peacock (eds.) (2001) Research perspectives on English for academic purposes. Cambridge: Cambridge University Press.
Fortanet Gómez, Inmaculada (coord.) (2008) Hablar inglés en la universidad : docencia e investigación. Oviedo: Septem.
Fortanet, I., Palmer, J. C., Posteguillo, S. (eds.) (2004) Linguistic studies in academic and professional English. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
Hutchinson, Tom & Alan Waters. (2006) English for Specific Purposes. Cambridge: Cambridge U.P.,
Hyland, Ken (2004). Disciplinary discourses. Social interactions in academic writing. Michigan: University of Michigan Press.
Hyland, Ken (2006) English for academic purposes: an advanced resource book. London: Routledge.
Hyland, Ken & Marina Bondi (eds) (2006) Academic discourse across disciplines. New York: Peter Lang.
Swales, J. (2004) Research genres. Explorations and applications. Cambridge: Cambridge University Press.
Swales, John M. & Christine B. Feak (2000) English in today's research world: a writing guide. Ann Arbor: University of Michigan Press.
Swales, John M. (2001) Genre analysis: English in academic and research settings. Cambridge: Cambridge University Press.
Ventola, Eija & Anna Mauranen (eds.) (1996) Academic writing: intercultural and textual issues. Amsterdam: John Benjamins.
Ventola, Eija; Celia Shalom & Susan Thompson (eds.) (2002) The Language of conferencing. Frankfurt am Main; New York: Peter Lang.
CB6 Que os estudantes posúan e comprendan coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G01 Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios da devandita área de estudo.
G02 Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contorno multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G03 Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito dos Estudios Ingleses.
G04 Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita coma oral.
G05 Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 Capacidade para adquirir un espíritu crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G07 Habilidades de consolidación e desenvolvemento da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
G08 Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para este fin a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
E01 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
E02 Coñecemento dos principais recursos, ferramentas e metodoloxías de investigación lingüística.
E05 Coñecemento dos estudos do inglés para fins específicos e as súas aplicacións a outras disciplinas.
Unha parte importante das sesións do curso consistirá na presentación, por parte do profesorado, de ideas e conceptos que se complementarán co traballo práctico do alumnado. As actividades prácticas consistirán, por exemplo, na análise de textos, a participación en debates ou a presentación de temas na clase. Algunas destas sesións terán un formato de obradoiro e centraranse no deseño e uso de instrumentos e ferramentas de investigación.
Avaliación continua (100%) ou avaliación continua (50%) + exame final (50%). A asistencia regular será un requisito indispensable. Ao longo do curso organizaranse diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados, tales como a análise de textos, presentacións orais, redacción de ensaios, etc.. Contémplase asimesmo a realización dun pequeno proxecto de investigación como posible tarefa adicional. Na avaliación destas actividades, teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fontes; a claridade na exposición das ideas; a precisión no uso da terminoloxía e os conceptos específicos; a implicación nos seminarios e as actividades de grupo; o rigor e a orixinalidade na formulación das propostas de investigación; a exhaustividade e profundidade nas análises; e a utilización dun estilo académico adecuado. O exame final consistirá, de organizarse, nunha serie de preguntas relacionadas cos contidos do curso.
A avaliación dos estudantes que se presenten á oportunidade extraordinaria ou dos que teñan dispensa oficial de asistencia oficial rexerase polo mesmo procedemento. No caso dos estudantes que se presenten á oportunidade extraordinaria, para o compoñente de avaliación continua o alumno poderá ter que repetir parte das actividades realizadas ó longo do curso ou desenvolver novas tarefas que lle encargue o profesor. Canto ós alumnos con dispensa oficial de asistencia, a avaliación continua basearase nas actividades realizadas a través do curso virtual. Estes estudantes deberán realizar ademais a proba escrita final, de preverse a realización da mesma, ou completar varias tarefas complementarias.
Nota importante. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Número total de horas presenciais: 14
Número total de horas de traballo no contorno virtual: 10
Número total de horas de traballo autónomo do estudante: 51
Plan de continxencia para os posibles escenarios en relación coa COVID-19. En xeral, nos escenarios 2 e 3 previstos nas Directrices do Reitor para responder á pandemia, do 23 de xuño de 2020, os obxectivos e contidos do curso non sufrirán modificación. En cambio, tanto a metodoloxía de ensino/aprendizaxe como o sistema de avaliación poden verse alterados para adecuarse ás recomendacións do Reitor, de modo que parte ou toda a docencia se leve a cabo de forma telemática.
No escenario 2, todas as clases de contido expositivo, tipo lección maxistral, terán lugar por Teams, en direto ou gravadas previamente e postas ao dispor do alumno a través de Teams ou da aula virtual (Moodle). As clases de contido interactivo, na medida do posible, procurarase que teñan lugar de modo presencial nos escenarios 1 e 2.
No escenario 3, toda a actividade do curso, incluídas as clases maxistrais do profesor, as actividades colaborativas, presentacións, entrega de tarefas, participación en probas de distinto tipo, etc. terán lugar a través da aula virtual ou de Teams. De haber un exame final, na medida do posible, será presencial nos escenarios 1 e 2 e en liña no escenario 3.
Toda a interacción entre os estudantes e os profesores, incluídas titorías, consultas, etc. levarase acabo de forma telemática a través do correo electrónico da USC, do foro de novas (aula virtual) ou mediante chat (Teams).
Francisco J. Fernandez Polo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811898
- Correo electrónico
- xabier.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Cal Varela
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811858
- Correo electrónico
- mario.cal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C09 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C09 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C09 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C09 |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
12.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
18.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
18.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |