Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Obxectivos xerais:
-Proporcionar ao estudante unha formación avanzada no estudo da literatura española.
-Instruír no coñecemento das ferramentas teóricas e técnicas necesarias para a edición crítica da literatura española.
-Incentivar a integración e aplicación dos coñecementos á metodoloxía da investigación literaria.
-Incentivar a integración e aplicación dos coñecementos á metodoloxía da crítica textual.
• Obxectivos específicos:
-Ofrecer unha formación superior teórica e práctica en aspectos concretos do estudo textual da literatura española.
-Capacitar na especialización de determinados autores. Capacitar na especialización nunha obra determinada. Capacitar na especialización nunha determinada época. Fomentar a fixación textual de determinados textos. Estimular a innovación con aportacións aos estudos precedentes. Fomentar a recuperación e revalorización de determinados textos e autores.
A edición e anotación dos textos de Emilia Pardo Bazán
1. A obra literaria de Emilia Pardo Bazán: visión de conxunto.
2. Especificidades da edición e anotación de textos de Emilia Pardo Bazán.
3. A transcrición dos seus manuscritos. Algúns casos prácticos: cartas e outros paratextos, contos...
4. A fixación textual de El Cisne de Vilamorta, novela sen antetextos.
5. Como conformar un aparato crítico-xenético: o caso de La Tribuna.
6. A anotación de La Revolución y la Novela en Rusia.
Bellemin-Noël, Jean, Le texte et l’avant-texte, Paris, Larousse, 1972.
Benito, Lorenzo, “El cisne de Vilamorta”, Revista contemporánea, Año XI, Tomo LVIII, xullo-agosto de 1885, pp. 5-15.
Blecua, Alberto, Manual de crítica textual, Madrid, Castalia, 1986.
Botrel, Jean-François, “La poética periodística de Clarín: el ejemplo de los cuentos”, en Javier Serrano Alonso e Amparo de Juan Bolufer (coords.), e Claudio Rodríguez Fer, Cristina Patiño Eirín, Luis Miguel Fernández y Ana Chouciño Ferández (eds.), Literatura hispánica y prensa periódica (1875-1931). Actas del Congreso Internacional (Lugo, 25-28 de noviembre de 2008), Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da Universidade, 2009, pp. 115-135.
—, “De la idea al libro: los avatares del cuento periodístico”, en Nathalie Ludec e Aránzazu Sarría Buil (ed.), La morfología de la prensa y del impreso: la función expresiva de las formas. Homenaje a Jean-Michel Desvois, Pessac, PILAR/ Presses Universitaires de Bordeaux, 2010, pp. 27-45.
Clemessy, Nelly, “En torno al realismo de El cisne de Vilamorta de Emilia Pardo Bazán”, Iris, 1988/1, pp. 37-51.
Giner, Francisco, “Últimas novelas. El cisne de Vilamorta, de doña Emilia Pardo Bazán”, Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, 1885, Tomo IX, 1886, pp. 216-219.
Grésillon, Almuth, Éléments de critique génétique. Lire les manuscrits modernes, Paris, Presses Universitaires de France, 1994.
Hay, Louis, éd., La naissance du texte, Paris, Corti, 1989.
Lissorgues, Yvan, Leopoldo Alas, Clarín, en sus palabras (1852-1901), Oviedo, Ediciones Nobel, 2007.
Orlando, “Revista literaria. El cisne de Vilamorta”, Revista de España, Tomo XIV, mayo y junio de 1885, pp. 618-627.
Pardo Bazán, Emilia, Cuentos completos, Edición de Juan Paredes Núñez, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1990, 4 vols.
—, Obras completas, Edición de Darío Villanueva y José Manuel González Herrán, Madrid, Fundación José Antonio Castro, 12 volúmenes, 1999-2015.
__, Los Pazos de Ulloa, edición, introducción e notas de E. Penas Varela, Madrid, RAE, 2017.
__, Insolación, edición, introducción e notas de E. Penas Varela, Madrid, Cátedra, 2001.
Patiño Eirín, Cristina, “El Cisne de Vilamorta de Pardo Bazán: los mimbres románticos de su realismo”, Foro Hispánico. Revista Hispánica de los Países Bajos. “Asimilaciones y rechazos: Presencias del Romanticismo en el Realismo español del siglo XIX”, nº 15, septiembre de 1999, pp. 31-38.
—, “Historia, génesis y transmisión de los textos de Emilia Pardo Bazán”, en Emilia Pardo Bazán: estado de la cuestión, Edición de J. M. González Herrán, C. Patiño Eirín e E. Penas Varela, A Coruña, Real Academia Galega-Fundación Caixa Galicia, 2005, pp. 67-112.
—, “Operaciones de reescritura de La Tribuna, de Pardo Bazán”, Individuo y sociedad en la literatura del XIX, Edición de Raquel Gutiérrez Sebastián y Borja Rodríguez Gutiérrez, Santander, Tremontorio Ediciones, 2012, pp. 399-422.
__"Editar la periferia del texto. La experimentaciónn (para)textual en Emilia Pardo Bazán", en Perspectivas críticas para la edición de textos de literatura española, edición de E. Penas, Santiago de Compostela, Universidade, 2013, pp. 233-270.
__, El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres, edición, prólogo e notas de C. Patiño Eirín, Zaragoza, Contraseña, 2018.
Penas, Ermitas, “El Cisne de Vilamorta, de E. Pardo Bazán, los modelos vivos y la intencionalidad lectora”, Revista Hispánica Moderna, LII, 1999, pp. 341-349.
__, "Sobre la edición de textos de nuestros clásicos realistas-naturalistas del siglo XIX", en Perspectivas críticas para la edición de textos de literatura española, edición de E. Penas, Santiago de Compostela, Universidade, 2013, pp. 191-208.
Pérez Priego, Miguel Ángel, La edición de textos, Madrid, UNED, 2000.
Richmond, Carolyn, “Gérmenes de La Regenta en tres cuentos de Clarín”, en Actas del octavo Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas: celebrado en Brown University, Providence Rhode Island, del 22 al 27 de agosto de 1983, vol. II/ 2, Madrid, Ediciones Istmo, 1986, pp. 499-506. Disponible en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Valis, Noël M., “Pardo Bazán’s El Cisne de Vilamorta and the Romantic Reader”, Modern Languages Notes, Marzo 1986, pp. 299-324.
• Competencias xerais
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas nos contextos multidisciplinares relacionados co seu campo de estudo. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partires dunha información incompleta, que inclúe reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados ou non dun xeito claro e sen ambigüidades. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estando de maneira autodirixida e autónoma. Que os estudantes obteñan os coñecementos necesarios para o estudo e edición da literatura española. Que os estudantes coñezan as características fundamentais da literatura española dende unha perspectiva histórica e crítica. Que os estudantes coñezan autores e obras da literatura española, as súas características fundamentais (textuais) e críticas.
• Resultados da aprendizaxe:
1. Os estudantes aplican ás obras de Emilia Pardo Bazán as nocións e destrezas adquiridas.
2. O estudantes adquiren un elevado grao de especialización que lles permitirá editar e anotar textos de Pardo Bazán ou de outros autores do século XIX.
3. Os estudantes son quen de realizar unha análise literaria de Pardo Bazán.
4. Os estudantes son quen de levar a cabo un traballo de investigación literaria sobre Pardo Bazán ou sobre outros autores do século XIX.
As sesións de clase servirán de orientación de un traballo persoal en textos literarios, analizados e sometidos a comentarios e debates. O seguimento da materia esixe un esforzo de leitura por parte do alumno, previo ao desenrolo das clases, para garantir a asimilación das nocións explicadas e a participación.
Para o curso “Edición y anotación de textos de Emilia Pardo Bazán” seguirase unha metodoloxía teórico-práctica, aplicando os recursos propios da Ecdótica e da Xenética textual.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
No ámbito docente, as clases expositivas estarán fundadas na lección maxistral, mentres que as clases interactivas basearanse na análise de textos e, no seu caso, o control de lecturas. Con todo, a separación total entre teoría e práctica resulta improcedente, polo que os dous tipos de sesión estarán normalmente interrelacionados. En ambos os casos, a docente facilitará as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como nas titorías ou mediante a Aula Virtual ou ben o correo electrónico.
No ámbito da aprendizaxe, nas clases teóricas agárdase a participación activa do estudantado. Valoraranse as intervencións tanto na formulación de preguntas ou ampliacións sobre as leccións, como nas posibles respostas a cuestións que os docentes poidan plantexar ó fío da explicación. Nas clases prácticas a participación resulta igualmente básica. Agás no caso de dispensa de escolaridade, é legamente obrigatoria a asistencia ás aulas.
A avaliación final do alumno aplicará os criterios xerais de ponderación que se detallan a continuación:
-Asistencia e participación nas diferentes actividades das sesións coa profesora (30%).
-A realización de dous traballos que amosarán a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas (35% + 35%).
A segunda oportunidade, para os alumnos que na primeira obteñan avaliación inferior a 5, consistirá na realización de dous traballos de tema acordado previamente coa profesora, e que haberán de presentarse na data previamente fixada. A súa avaliación poderá completarse mediante unha entrevista persoal.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia, a avaliación final dependerá da realización de dous traballos, de tema acordado previamente cos profesores respectivos, e que deberán presentarse na data previamente fixada. A súa avaliación poderá completarse, no seu caso, mediante unha entrevista persoal.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A avaliación combinará probas teóricas e prácticas, cun peso respectivo na calificación final do 60% e o 40%, tanto en primeira como en segunda oportunidade. Ademais da asimilación de contados, considerarse fundamental a corrección na ortografía, estilo e capacidades de argumentación e expresión.
A parte teórica contempla a realización dun exame final que, nas dúas oportunidades de avaliación, terá lugar nas datas establecidas oficialmente polos centros.
En canto á práctica, será obrigatoria a asistencia participativa ás sesións de clase, e a realización das actividades programadas. No seu caso, a cualificación obtida en primeira oportunidade manterase na segunda oportunidade.
Os estudantes con dispensa oficial de docencia serán avaliados só mediante os exames correspondentes á parte teórica, que suporán o 100% da cualificación.
No seu caso, os estudantes con dispensa de escolaridade poderán seguir o curso axudándose dos materiales presentados na Aula Virtual.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
75 horas de traballo do alumno, repartidas ao 50% entre o traballo dirixido pola profesora nas aulas e nas titorías (1,5 créditos, 37.5 horas, dos que 22, 5 serán presenciais) e os traballos realizados para asimilar a materia (1,5 créditos, 37,5 horas).
Tal e como indica o cadro de distribución temporal das actividades formativas, aconséllase dedicar 20 horas á lectura dos textos literarios do programa da materia.
Tempo de estudo e traballo personal
75 horas de traballo do alumno, repartidas ao 50% entre o traballo dirixido polo profesor ou profesora na aula e nas titorías (1,5 créditos, 37.5 horas, dos que 22, 5 serán presenciais) e o traballo de libre elección do alumno para asimiliar a materia (1,5 créditos, 37,5 horas).
Tal e como indica o cadro de distribución temporal das actividades formativas, aconséllase dedicar 20 horas á lectura dos textos literarios do programa da asignatura
A correcta asimilación da materia esixe a lectura previa dos textos literarios do programa e da bibliografía recomendada. É aconsellable abordar a materia cun coñecemento claro da literatura española do século XIX e, en concreto, da obra da autora do programa.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Nos tres escenarios docentes e discentes posibles, dado que o traballo de lectura e análise dos textos non pode nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase o esforzó sostido desde principio do curso.
As titorías permitirán aclarar dúbidas ou profundar nalgún aspecto. En caso de confinamento, a atención será telemática, a través da Aula Virtual ou o correo electrónico.
OBSERVACIÓNS
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía da ensinanza
Como norma xeral, segundo as circunstancias, no ámbito docente combinaranse clases presenciais e non presenciais. Estas últimas serán pautadas de acordo co calendario da materia, e esixirán a lectura analítica de textos e materiais subministrados a través da Aula Virtual, con carácter asíncrono. No dominio discente, agárdase do estudante a participación activa nas sesións presenciais, tanto en demanda de aclaracións e ampliacións coma a raíz de aspectos concretos suscitados, e tamén a participación nas actividades non presenciais mediante a Aula Virtual ou o correo electrónico.
No seu caso, os estudantes con dispensa de escolaridade poderán seguir o curso axudándose dos materiales presentados na Aula Virtual.
Sistema de avaliación
A cualificación derivará da media ponderada das notas nos exames finais e as actividades interactivas, segundo a proporción antedita: exame teórico (60% da calificación) e actividades interactivas (40%), tanto en primeira como en segunda oportunidade.
O exame será presencial se a legalidade vixente o permite, e non presencial e síncrono se as circunstancias fosen outras.
Serán avaliados exclusivamente mediante exame os estudantes con dispensa de escolaridade.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía da ensinanza
De acordo co calendario oficial da materia, os docentes pautarán as actividades correspondentes a cada tema, baseadas na lectura analítica de textos literarios e materiais complementarios subministrados a través da Aula Virtual, con carácter asíncrono.
Os estudantes con dispensa de escolaridade poderán seguir o curso de igual xeito.
Sistema de avaliación
Tanto en primeira como en segunda oportunidade, aplicarase unha avaliación continua a partir de catro comentarios de texto escritos segundo as directrices dos docentes. En casos excepcionais debidamente motivados, como alternativa poderá plantexarse un exame final telemático e síncrono.
Serán avaliados exclusivamente mediante o exame telemático e síncrono os estudantes con dispensa oficial.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cristina Patiño Eirin
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- cristina.patino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 |