Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer a linguaxe poética nas súas formas e xéneros, a través da práctica poética de Rosalía de Castro.
2. Coñecer de maneira teórica e práctica a obra poética de Rosalía de Castro nos seus contextos.
1- FORMAS E XÉNEROS POÉTICOS: CONCEPTOS
2- COÑECEMENTO TEÓRICO-PRÁCTICO DA LINGUAXE POÉTICA
2.1. OS TEXTOS: retóricas poéticas
2.2. OS CONTEXTOS: contextos histórico-literarios e artísticos, histórico-sociais, antropolóxico-etnográficos, ideolóxico-filosóficos, biográfico-psicolóxicos...
3- ROSALÍA DE CASTRO NOS SEUS CONTEXTOS POÉTICOS
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Rosalía de Castro, Obras completas, Madrid, Editorial Turner 1993.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Actas do Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo I, II y III, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega-Universidade de Santiago de Compostela, 1986.
Carmen Blanco, El contradiscurso de las mujeres, Vigo, Editorial Nigra, 1997.
Carmen Blanco, Sexo e lugar, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Aurora López / Andrés Pociña, Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica, Vols, I, II e III, A Coruña, Fundación Barrié, 1991 e 1993.
1. Coñecer e recoñecer a poética de Rosalía de Castro
2. Coñecer e recoñecer a diversidade dos materiais textuais existentes no ámbito poético.
3. Coñecer e recoñecer a diversidade dos contextos existentes no ámbito poético.
4. Comprender e interpretar as creacións poéticas nas súas formas e xéneros.
Traballo expositivo e interactivo, persoal e colectivo, na aula, baseado, fundamentalmente, nas lecturas concretas da bibliografía primaria propostas, e traballo persoal do alumnado sobre outras lecturas e outras actividades propostas.
A avaliación será continua e valorarase tanto o proceso do traballo interactivo na aula como o resultado final do traballo realizado.
A nota final valorará por igual ambos os traballos: 50% traballo interactivo na aula e 50% traballo persoal acordado.
O traballo activo nas sesións e o traballo persoal serán establecidos de común acordo entre a profesora e o alumnado. Os criterios de avaliación concretos serán expostos pola profesora para chegar a un acordo común co alumnado na aula.
A nota final da materia terá, pois, moi en conta a participación activa e informada nas sesións, así como a realización das lecturas indicadas, outras actividades propostas e, se se estima preciso, un exame. A asistencia é obrigatoria, e non se pode superar o 25% de ausencias sen xustificar.
O alumnado que teña dispensa de asistencia será avaliado mediante un traballo persoal específico acordado coa profesora e, no caso de querer, terá tamén a opción de realizar un exame.
O alumnado que non poida ser avaliado na primeira oportunidade e opte á segunda oportunidade será cualificado tendo en conta os mesmos criterios da primeira oportunidade, na medida do posible, e terá tamén a opción de realizar un exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O alumnado participará en 24 horas presenciais, expositivas e interactivas á vez, e realizará 75 horas totais de traballo.
Recoméndase unha actitude activa e ler a bibliografía básica mínima que se indicará na aula.
A LINGUA DA DOCENCIA na aula (lingua galega ou española) será acordada en común por todas as persoas directamente implicadas (estudantes e profesora) segundo as necesidades.
Tamén segundo as necesidades concretas do alumnado, na aula facilitarase información sobre edicións bilingües ou traducións da obra de Rosalía de Castro a outras linguas distintas da lingua galega e castelá orixinais da autora.
Recoméndase un coñecemento básico das linguas galega e española, aínda que non é preciso un dominio absoluto do estándar das linguas para cursar a materia. A profesora facilitará o proceso de mellora e aprendizaxe da lingua, a través da literatura, con información e material específicos para cada caso persoal.
PLAN DE CONTINXENCIA
Seguiranse as medidas necesarias propias do "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia 2021-2022" sintetizadas nos Escenarios 2 e 3.
VARIACIÓNS SEMIPRENCIAL E NON PRESENCIAL, DE NON SER POSIBLE A DOCENCIA PRESENCIAL:
Escenario 2 (Distanciamento) Docencia semipresencial
Tendo en conta que algunha porcentaxe de sesións podería ser presencial, manteríase unha sesión presencial semanal para a resolución de dúbidas sobre os textos analizados e outros asuntos difíciles de resolver en sesións non presenciais.
As sesións non presenciais serán realizadas, cando sexan sincrónicas, por grupo en Ms Teams e a documentación fornecida mediante a Aula Virtual e as ferramentas de Moodle. A comunicación non presencial co alumnado farase por medio da Aula Virtual ou directamente por medio do correo electrónico persoal.
Escenario 3 (Peche de instalacións) Docencia non presencial
Toda a docencia e a relación do alumnado e a profesora será por medios remotos, preferentemente a Aula Virtual, o correo electrónico persoal e sesións en grupo con Ms Teams que deberán axustarse ao horario e ao calendario oficialmente aprobado, sen prexuízo doutras sesións complementarias acordadas co alumnado participante nas sesións oficiais.
Nestes casos, a participación activa do alumnado será tida especialmente en conta dada a situación precaria de comunicación coa que nos enfrontariamos.
Carmen Blanco Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- carmen.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C03 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C03 |