Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Relacionar Literatura e outras artes. Reflexionar sobre o espazo examinado particularmente na Literatura (en xeral e nas suas diversas manifestacións regradas en xéneros, e inclusive na sua materialidade) e na Arquitectura (en xeral e nos seus diversos espazos públicos e privados) e Fotografia, tomando consciencia da relación existente entre estas Artes, a través de diferentes exemplos. Aproximación ao problema xeral da representación artística do espazo, ao problema da autenticidade na arte e ao papel cognitivo das artes.
Contidos xerais
O hábito de compartimentar disciplinas artísticas ten provocado que mundos creativos como a Arquitectura e a Literatura, ou esta e a Fotografía, com excesiva frecuencia se desentendan. Mas en certos autores e obras a liña fronteiriza é traspasada de modo mais evidente e aparece un territorio maior partillado. Esta materia está dedicada ao espazo e á caligrafía dese espazo, na análise ou topoanálise a través de textos. Móstrase a fenomenoloxía humana e a súa relación co mundo por medio do exame de textos onde a espacialidade e a construción, particularmente arquitectónica e fotográfica, representan unha preocupación mais evidente ou perceptíbel. A casa e a Literatura, a construción da cidade ficcional, a Literatura das illas, do xardín, da floresta urbana, dos mapas, cemiterios, bosques... Todo iso na e con a Literatura.
Contidos específicos
(BLOQUES TEMÁTICOS)
00. Material de construción –o paradigma interartístico: Planos, Volumes, Músicas, Fotos, Danzas, Mapas...
01. Texto e arquitectura. Compostela na Literatura. Cidades Literarias (Paris, Lisboa, Porto, Barcelona).
02. A non-cidade. A Cidade Simbólica, a Cidade Utópica, a Arquitectura Marabillosa
03. A casa. O cofre. A cuncha. Os Espazos sonoro, aromático, iluminado.
04. A dicotomía Cidade/Campo. Bosque, Xardín, Xardín das Hespérides, outros xardíns.
05. A Illa, Illa dos Amores, outras illas. O Café, o Hotel, Cemiterios, Cais. O Espazo cultural.
06. A referencialidade e as artes.
07. Enunciación literaria e enunciación fotográfica.
08. Os xéneros en literatura e en fotografía. A fotografia publicitaria.
09. Analizar unha fotografía.
10. Estudos de caso: a) fotografía documental, literatura-documento e non ficción; b) o autorretrato literario e o autorretrato fotográfico.
(*O CAMPUS VIRTUAL faculta recortes destas referencias bibliográficas e ainda doutras suplementares)
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
ANSÓN, Antonio (2000). Novelas como álbumes. Fotografía y literatura. Murcia: Mestizo A. C.
BACHELARD, Gaston (1984). La Poétique de l’espace. Paris: P.U.F. [em trad. La Poética del espácio, México: Fondo de Cultura Económica, 1975 / A poética do espaço, São Paulo: Abril Cultural, 1978 / São Paulo: Martins Fontes, 1998 / São Paulo: Victor .Civita, 1984].
BARTHES, Roland (2003). A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía. Santiago de Compostela: Laiovento.
BERGER, John (2017). Para entender uma fotografia. São Paulo: Companhia das Letras.
BENEVOLO, Leonardo (1980). Projectar a cidade moderna. Lisboa: Presença.
CHEVALIER, Jean e GHEERBRANT, Alain (1994). Dicionário dos símbolos: mitos, sonhos, costumes, gestos, formas, figuras, cores, números. Lisboa: Teorema, D.L.
FRIAS, Joana Matos, EIRAS, Pedro e MARTELO, Rosa Maria (orgs.) (2017). Ofício múltiplo. Poetas em outras artes. Porto: Edições Afrontamento e Instituto Margarida Losa de Literatura Comparada da Universidade do Porto.
DUBOIS, Philippe (1993). O ato fotográfico e outros ensaios. Campinas: Papirus.
EGUIZÁBAL, Raúl (2006). Fotografía publicitaria. Madrid: Cátedra.
GOODMAN, Nelson (2006). Linguagens da Arte: Uma Abordagem a uma Teoria dos Símbolos. Lisboa: Gradiva [Trad. de Vítor Moura, Universidade do Minho, e Desidério Murcho, King's College London].
HALL, Edward (1986). A Dimensão Oculta. Lisboa: Ed. Relógio D`água.
KRAUSS, Rosalind (2012). O fotográfico. Barcelona e Amadora: Gustavo Gili.
LÓPEZ LITA, Rafael, MARZAL FELICI, Javier, e GÓMEZ-TARÍN, Francisco J. (eds.) (2005), El análisis de la imagen fotográfica. Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I. <http://repositori.uji.es/xmlui/handle/10234/34196>.
LOUREIRO, La Salette (1996). A Cidade em autores do primeiro modernismo: Pessoa, Almada e Sá-Carneiro. Lisboa: Estampa.
LYNCH, Kevin (1997). A imagem da cidade. São Paulo: Martins Fontes.
MARZAL FELICI, Javier (2015). Cómo se lee una fotografía. Interpretaciones de la mirada. 5ª ed. Madrid: Cátedra.
MONTIER, Jean-Pierre, LOUVEL, Liliane, MÉAUX, Danièle e ORTEL, Philippe (dirs.) (2008). Littérature et photographie. Rennes: Presses Universitaires de Rennes.
MUNFORD, Lewis (1965). A Cidade na História. Belo Horizonte: Itatiaia. [trad. La Ciudad en la historia: sus orígenes, transformaciones y perspectivas. Infinito, 1966].
PORTOGHESI, Paolo (1981). Después de la arquitectura moderna. Barcelona: Gustavo Gili.
PRINZ, Dieter (1980). Urbanismo. Lisboa: Presença.
RODRÍGUEZ FONTELA, Mª Ángeles (2004). “Literatura e fotografía”, in Arturo Casas (coord.), Elementos de Crítica literaria. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 533-568.
SALLES, Cecilia Almeida (2006). Redes da criação: construção da obra de arte. Vinhedo-São Paulo: Horizonte [Prefácio de Jean-Claude Bernardet].
SANTOS, Carlos Nelson (1988). A cidade como um jogo de cartas. Niterói: EDUFF.
SONTAG, Susan (2005). On Photography. New York: Rosetta Books.
VAN GELDER, Hilde e WESTGEEST, Helen (2011). Photography Theory in Historical Perspective. Malden e Oxford: Wiley-Blackwell.
YACAVONE, Kathrin (2017). Benjamin, Barthes y la singularidad de la fotografía. Salamanca: Alpha Decay.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTAR
BOURDIEU, Pierre (1965). Un art moyen. Essai sur les usages sociaux de la photographie. Paris: Les Éditions de Minuit.
CENTENO, Yvette Kace e FREITAS, Lima de [Coord.] (1991). A Simbólica do espaço: cidades, ilhas, jardins. Lisboa: Estampa.
CULLEN, Gordon (1993). Paisagem urbana. Lisboa: Ed. 70.
DIDI-HUBERMAN, Georges (2009). La imagen superviviente. Historia del arte y tiempo de los fantasmas según Aby Warburg. Madrid: Abada.
FERRARA, Lucrecia D`Alessio (1988). Ver a cidade: cidade, imagem, leitura. São Paulo: Nobel.
FLUSSER, Vilém (2009). Una filosofía de la fotografía. Madrid: Síntesis.
GRAU, Cristina (1989). Borges y la arquitectura. Madrid: Cátedra.
HAMON, Philippe (1989). Expositions: littérature et architecture au XIXe siécle. Paris: Libraire José Corti.
LAGERROTH, Ulla-Britta, LUND, Hans e HEDLING, Erik Hedling (eds.) (1997). Interart Poetics. Essays on the Interrelations of the Arts and Media. Amsterdam: Rodopi.
MALDONADO, Tomás (2004). ¿Es la arquitectura un texto? / y otros escritos. Buenos Aires: Infinito.
MANOVICH, Lev (2001). The Language of New Media. Cambridge: The MIT Press.
MARÍN, Pilar [et al.] (2001). Imágenes de la gran ciudad en la novela norteamericana contemporánea. Sevilla: Secretariado de Publicaciones, Universidad de Sevilla.
NERI, Stefano [ed.] (2007). Antología de las arquitecturas maravillosas en los libros de caballerías. Alcalá de Henares: Centro de Estudios Cervantinos
NORBERG-SCHULZ, Christian (1998). Intenciones en arquitectura. Barcelona, ed. G. Gili.
PARRA BAÑON, J. Joaquín (2004). Pensamento Arquitectónico na Obra de José Saramago. Lisboa: Caminho.
PRAZ, Mario (1979). Mnemosyne. El paralelismo entre la literatura y las artes visuales. Madrid: Taurus.
RABB, Jane M. (ed.) (1995). Literature and Photography: Interactions 1840-1990. Albuquerque: University of New Mexico Press.
RAMÍREZ, Juan Antonio [dir.] (2006). Escultecturas margivagantes: la arquitectura fantástica en España. Madrid: Siruela.
ROSSI, Aldo (1995). A Arquitetura da Cidade. São Paulo: Martins Fontes.
SALVADOR, Álvaro (2006). El impuro amor de las ciudades: (notas acerca de la literatura modernista y el espacio urbano). Madrid: Visor.
SOUGEZ, Marie-Loup (coord.) (2011). Historia general de la fotografía. 3ª ed. Madrid: Cátedra.
TUAN, Yi-Fu (1983). Espaço e lugar: a perspectiva da experiência. São Paulo: DIFEL.
WELLS, Liz (ed.) (2003). The Photography Reader. London: Routledge.
Competencia para identificar-analisar-relacionar os signos/símbolos e sentidos do espazo e fundamentalmente a arquitetura e a fotografia através dos textos literarios.
Actividades en contacto do profesor/alunado, apresentando os temas propostos nos contidos, nunha série de Aulas teóricas (50% das horas) e Aulas práticas (50% das horas). Apresentación de traballo de aluno/a, en Atividades dirixidas con Leituras atribuídas. Elaboración de exposición a partir desa tarefa autónoma.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na aula virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos.
Un 30% da cualificación procede da avaliación continuada (asistencia e actividade participativa nas clases, con exposición do comentario de 1 artigo ou núcleo temático durante dez minutos. Un 70% da cualificación procede da avaliación de 1 traballo escrito con resumo expositivo oral. Ese traballo terá relación cun dos dous sectores da materia (quer Arquitectura quer Fotografia) e será dirixido polo profesor correspondente. Na cualificación final realízase unha media ponderada da actividade participativa, exposición mínima de tarefa en clase e calidade do traballo escrito, observando a capacidade para aplicar os contidos adquiridos ao caso en estudo, tendo en conta positivamente a incorporación de recursos segundo as necesidades específicas que se enfrentan, así como a capacidade formal e expresiva para formular e redactar o traballo. Valorízase o grao de formación e información nas intervencións, a competencia para producir discurso, como tamén para escoitar os do resto de participantes, incorporando de maneira flexíbel e innovadora diverxencias con contribucións fundamentadas.
Estudantes excepcionalmente dispensad@s de asistir a clase de forma oficial, realizan traballo específico orientado de acordo co profesor.
Na 2ª Oportunidade será entregado o traballo pendente, no seu caso, ou emendado o da primeira entrega segundo as indicacións oportunas, no seu caso. A asistencia mínima a clase como marca a Normativa do Máster, así como a exposición breve do esbozo de traballo, é requirimento previo. Estudantes dispensad@s de asistir a clase de forma oficial, realizan traballo específico como na 1ª oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicada a Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións («Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes»).
20 horas contacto aluno/a.
10 horas traballo dirixido.
15 horas traballo autónomo de aluno/a.
A carga de créditos da cadeira (3) equivale a 75 horas de traballo do estudante.
Aconséllase tanto a consulta dos materiais de referencia disponibilizados na Aula Virtual da cadeira como o uso do horario de atendimento dos profesores.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. O español pode servir de apoio para esclarecimentos. Eventualmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (francés, inglés, italiano, etc), sempre que ao docente o considerar oportuno.
Jose Carlos Quiroga Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811824
- Correo electrónico
- carlos.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Arturo Casas Vales
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811870
- Correo electrónico
- arturo.casas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C04 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C04 |
25.05.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | D05 |
25.05.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
22.06.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | D05 |
22.06.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | D05 |