Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son os seguintes:
- Proporcionar coñecementos sobre prácticas artísticas do tipo site specific
- Fomentar o debate en torno á arte en espazos públicos
- Proporcionar ferramentas teóricas para afondar no debate arte-sociedade
1.- Arte, produción e consumo (autonomía da arte, produción artística e o consumo de masas).
2.- A arte como instrumento de acción política (arte e propaganda, marxismo revisitado, propostas de arte implicada).
3.- Espectáculo e cultura na cidade: produción, consumo, resistencia (debates teóricos en torno ás formas culturais, alternativas á cidade da modernidade, culturas da cidade).
4.- Intervencións urbanas e prácticas colaborativas (políticas culturais, bienais de arte pública, emerxencia e prácticas instituíntes).
DE REFERENCIA
Benjamin, W.: Obras. Libro I, volumen 2 ("La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica"). Madrid: Abada, 2008.
Débord, G.: La sociedad del espectáculo. Valencia: Pre-Textos, 2008.
Yúdice, G.: El Recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Barcelona: Gedisa, 2002.
BIBLIOGRAFÍA
Adorno, T.: Prismas. La crítica de la cultura y la sociedad. Barcelona: Ariel, 1962.
Brissac Peixoto, N.: Arte/cidade. Zona leste. Máquinas urbanas. Santiago de Compostela: Dardo, 2011.
Clark, T. J.: Imagen del pueblo. Gustave Courbet y la Revolución de 1848. Barcelona: Gustavo Gili, 1981.
Crow, T.: El Arte moderno en la cultura de lo cotidiano. Madrid: Akal, 2002.
--- El esplendor de los sesenta. Arte americano y europeo en la era de la rebeldía (1955-1969). Madrid: Akal, 2001.
Decter, J. & Draxler, H.: Exhibition as Social Intervention. ‘Culture in Action’, 1993. London: Afterall Books, 2014.
Deutsche, R.: Agorafobia. Barcelona: MACBA, Quaderns Portàtils, nº 12, 2008.
Doherty, C. (ed.): Situation. London & Cambridge (Mass.): Whitechapel Gallery / The MIT Press, 2009.
Duque, F.: Arte público y espacio político. Madrid: Akal, 2001.
Hebdige, D.: Subcultura. El significado del estilo. Barcelona: Paidós, 2013.
Lonitz, H.: Correspondencia (1928-1940). Theodor W. Adorno y Walter Benjamin. Madrid: Trotta, 1998.
Marcuse, H.: Un ensayo sobre la liberación. México: Joaquín Mortiz, 1969.
Ramírez, J.: Utopías artísticas de revuelta: Claremont Road, Reclaim the Streets, la Ciudad de Sol. Madrid: Cátedra, 2014.
Sección inglesa de la Internacional Situacionista: La revolución del arte moderno y el moderno arte de la revolución. Logroño: Pepitas de calabaza, 2007.
Zukin, S.: The Cultures of Cities. Oxford: Blackwell, 1996.
- Capacidade de análise e avaliación de arte actual.
- Desenvolver destrezas para realizar traballos escritos.
- Desenvolvemento de destrezas argumentativas en relación á crítica de arte.
- Capacidade de xestión de fontes visuais e recursos en rede sobre arte actual.
- Manexar con solvencia termos e conceptos chave en relación coa arte actual.
- Incentivar o debate en torno a presenza e utilización da arte en contextos urbanos.
Haberá dúas modalidades de clase, unha enfocada cara á exposición dos temas, por parte do profesor, con debates nos que participará o alumnado, e outra dedicada ao traballo práctico (aulas interactivas). Nesta, o desenvolvemento poderá variar en función do material a tratar: conceptos, textos de autores de referencia, ou análise de obras de arte e eventos de arte pública.
Para as clases interactivas se proporcionarán materiais aos alumnos en forma de textos escaneados e recursos en liña, e se indicarán previamente unha serie de preguntas ou guión de temas a considerar. A participación activa dos estudantes será incentivada desde o primeiro momento.
En grupos de dous ou tres, os alumnos deben facer un traballo a modo de ensaio, para o que aproveitarán parte dos materiais comúns proporcionados polo profesor, ademais de outros recursos ou fontes que deberán atopar tras unha pequena investigación.
A avaliación desta materia vaise levar a cabo a partir da asistencia e participación do alumnado na aula, e da presentación de traballos escritos. Non se contempla a realización de proba final. Estes son os elementos a considerar para a avaliación:
- Asistencia e participación en seminarios. O alumnado contará cos materiais con tempo suficiente e deberá incidir nas cuestións indicadas polo profesor nun guión previo. Valorarase a fondura das reflexións do alumnado, así como a pertinencia en relación aos debates suscitados. (50 %).
- Realización dun breve traballo escrito, tipo ensaio. Este será realizado en grupos, de dúas ou tres persoas, e tomará como punto central una obra de arte pública realizada para contextos específicos, ou un concepto de actualidade no debate sobre arte pública. Ao comezo do curso daranse indicacións sobre a extensión máxima (en ningún caso máis de 12 páxinas en total) e cuestións de estilo, e indicaranse as datas de presentación. (50 %).
Segunda oportunidade: Establécese unha segunda oportunidade na que o alumnado deberá presentar dous traballos: un primeiro de desenvolvemento dun dos temas do programa, e outro que versará sobre unha obra de arte pública, semellante ao proposto para a primeira oportunidade, pero a realizar de xeito individual. As indicacións para estes traballos serán proporcionadas con antelación suficiente polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará dunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten asignados 3 créditos ECTS, que se corresponden con 75 horas de traballo do alumnado. Seguindo as recomendacións indicadas para este tipo de créditos, un terzo se corresponde a horas presenciais e dous terzos a non presenciais. A distribución será como sigue:
24 horas presenciais, que se reparten en
- horas de clases expositivas: 12
- horas de clases interactivas: 8
- horas de titorías: 4
51 horas non presenciais, que se reparten en
- lecturas e estudio dos materiais proporcionados para as clases interactivas: 15 horas
- lectura dun libro e realización de breve recensión: 15 horas
- realización do traballo final: 21 horas en total, no semestre.
A asistencia a clases interactivas é obrigatoria, debéndose xustificar as ausencias.
Sempre que haxan dúbidas sobre os contidos vistos na aula, materiais para o estudo ou sistema de avaliación, é bo que os alumnos asistan a titorías ou pregunten ao profesor.
As lecturas, tarefas para interactivas, exposicións, e o traballo final débense ter listos dentro dos prazos previstos.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO
METODOLOXÍA
En caso de que as circunstancias obriguen a adaptar a docencia a un escenario de docencia parcial, esta se desenvolverá do seguinte modo:
- Clases Expositivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica).
- Clases Interactivas na aula. Desenvolveremos sesións para debatir e analizar textos nas aulas (textos que serán subidos con antelación á Aula virtual da materia). Os profesores proporcionaremos as indicacións necesarias para as análises a desenvolver, tamén a través da Aula virtual.
AVALIACIÓN
Mantense o sistema de avaliación e a proporción entre as partes (50% participación e asistencia, 50% traballo en grupo), así como a realización de traballo final. Valorarase igualmente a participación nas interactivas, pero en caso de que algún alumno ou alumna non poida seguir estas clases (previa notificación ao profesor), habilitarase unha opción personalizada, con exercicios de comentario e análise propostos polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun traballo final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINGENCIA ESCENARIO DE PECHE
METODOLOXÍA
- Clases Expositivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica).
- Clases interactivas en liña, a través da plataforma Microsoft Teams (docencia sincrónica), e con materiais proporcionados a través da aula virtual. Deberán realizar, ademais, algún exercicio a entregar a través da aula virtual.
AVALIACIÓN
Mantense o sistema e a proporción entre as partes (50% participación e asistencia, 50% parte práctica), así como a realización de traballo final. Valorarase igualmente a participación nas interactivas, pero en caso de que para algún alumno a asistencia ás clases de docencia remota sexa un problema, poderase substituír a participación pola realización de exercicios de comentario e análise propostos polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun traballo final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala Hipatia |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Sala Hipatia |
21.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
21.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
05.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
05.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |