Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición de competencias xerais, desexables para a formación xeral en Filosofía, e de competencias propias do campo que cobre esta materia. Outros obxectivos propios desta materia:
- Coñecer e afondar nas distintas interpretacións antropolóxicas da cultura e as principais achegas teóricas da disciplina antropolóxica.
- Achegarse a algúns dos interrogantes actuais da cultura: multiculturalismo, globalización/localización, apropiación cultural, gentrificación, turistificación, patrimonialización.
- Adquirir competencias para analizar e xestionar conflitos entre dereitos culturais e relativismo cultural.
- Adquirir destrezas para aplicar as competencias adquiridas a casos concretos e conflitos existentes en contextos de diversidade cultural.
1. Introdución á antropoloxía
2. Civilización-Raza-Cultura: transformacións nos paradigmas antropolóxicos
3. O etnocentrismo e o relativismo cultural
4. A cultura como praxe
4. Interrogantes actuais no ámbito da cultura: multiculturalismo, globalización/localización, apropiación cultural, gentrificación, turistificación...
LECTURAS BÁSICAS
Boas, Franz (1966) Race, language and culture. NY: FreePress.
Benedict, Ruth y Weltfish, Gene (1971) The races of mankind. Public affairs pamphlets. https://archive.org/details/TheRacesOfMankind
Malinowski, Bronislaw (1981) Una teoría científica de la cultura. Barcelona: edhasa.
Lévi-Strauss, Claude (1993) Raza y cultura. Raza e historia. Madrid: Cátedra.
Geertz, Clifford (2003) La interpretación de las culturas. BCN: Gedisa.
Díaz de Rada, Ángel (2010) Cultura, antropología y otras tonterías. Madrid: Trotta.
LECTURAS COMPLEMENTARIAS
Abu-Lughod, Lila (1991) “Writing against culture” en R. Fox (ed.) Recapturing
Anthropology: Working in the Present. Santa Fe: School of American Research Advanced Seminar Series.
Bauman, Zygmunt (2008) Multiples culturas, una sola humanidad. Madrid: Katz.
Bauman, Zygmunt (2002) La cultura como praxis. Buenos Aires: Paidós.
Benedict, Ruth (1971) El hombre y la cultura: investigaciones sobre los orígenes de la civilización contemporánea. BCN: Edhasa.
Benhabib, Seyla (2006) Las reivindicaciones de la cultura: igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz.
Bhabha, Homi (1994) El lugar de la cultura. Buenos Aires: Manantial.
Boas, Franz (1990) Cuestiones fundamentales de Antropología Cultural. BCN: Círculo de lectores.
Bohannan, Paul (1996) Para raros nosotros. Madrid: Akal.
Bourdieu, Pierre (1987) “Los tres estados del capital cultural”. Sociológica, 2.
Comaroff, John L.; Comaroff, Jean (2011) Etnicidad S.A. Madrid: Katz.
Eagleton, Terry (2017) Cultura. BCN: Taurus.
D’Eramo, Marco (2014) “Unescocidio”. New left review, 88:52-59.
Evans-Pritchard, Edward E. (1957) Antropología Social. Buenos Aires: Nueva Visión.
Evans-Pritchard, Edward E. (1987) Historia del pensamiento antropológico. Madrid: Cátedra.
Fraser, Nancy (2007) “Feminist Politics in the Age of Recognition: A Two-Dimensional Approach to Gender Justice”. Studies in Social Justice, 1: 23-35.
García Canclini, Nestor (1995) Consumidores y ciudadanos. Conflictos multiculturales de la globalización. México: Grijalbo.
Geertz, Clifford (2003) La interpretación de las culturas. BCN: Gedisa.
Goodenough, Ward H. (1975 [1971]) “Cultura, lenguaje y sociedad” en J.S. Kahn (ed.) El concepto de cultura textos fundamentales. BCN: Anagrama.
Grosfoguel, Ramón (2007b) “The epistemic decolonial turn. Beyond political-economy paradigms”. Cultural Studies, 21: 211-223. 10.1080/09502380601162514
Grosfoguel, Ramón (2013) «Racismo/sexismo epistémico, universidades occidentalizadas y los cuatro genocidios/epistemicidios del largo siglo XVI». Tabula Rasa: 31-58.
Harris, Marvin (2010) Vacas, cerdos, guerras y brujas. Madrid: Alianza.
Harris, Marvin (2009) Antropología cultural. Madrid: Alianza.
Harris, Marvin (2008) El desarrollo de la teoría antropológica: historia de las teorías de la cultura. Madrid: S.XXI.
Hobsbawm, Eric y Ranger, Terence (eds.) (1983) The invention of tradition, Cambridge:
Cambridge University Press.
Kirshenblatt-Gimblett, Barbara (1998) Destination Culture. Tourism, Museums, and
Heritage, Berkeley: University of California Press.
Kottak, Conrad P. (2011) Antropología cultural. México: McGraw-Hill.
Kroeber, A. L. (1975 [1917]) “Lo superorgánico”, en J.S. Kahn (ed.) El concepto de cultura textos fundamentales. BCN: Anagrama
Leach, Edmund (1971) Replanteamiento de la Antropología. Barcelona: Seix Barral.
Lévi-Strauss, Claude (1995) Antropología Estructural. BCN: Paidós
Linheira, Jorge (2018) La cultura como reserva india: treinta y seis años de políticas culturales en Galicia. Ed. Libros.com
Mariño Ferro, Xose Ramón (2004) Introdución á antropoloxía. Galicia: Editorial Cep.
Mead, Margaret (1973) Sexo y temperamento en las sociedades primitivas. Barcelona: Laia.
Murdock, George (1987) Cultura y sociedad. México: FCE.
Radcliffe-Brown, Alfred R. (1975) El método de la antropología social. Barcelona: Anagrama.
Rappaport, Roy A. (1987) Cerdos para los antepasados. El ritual en la ecología de un pueblo en Nueva Guinea. Madrid: Siglo XXI.
Sahlins, Marshall (2017) Cultura y razón práctica. Bcn: Gedisa.
Tylor, Edward B. (1994) Primitive culture: researches into the development of mythology, philosophy, religion, art and custom. London: Routledge.
White, Leslie (1982) La ciencia de la cultura. Un estudio sobre el hombre y la civilización. Buenos Aires: Paidós.
Wolf, Eric (2000) La cultura, ¿panacea o problema? En: Paz Moreno Feliú (ed.) Entre
las gracias y el molino satánico: lecturas de antropología económica. Madrid:
UNED, 19-31.
Competencias básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
Competencias transversais
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
Competencias específicas
CE1 - Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
CE7 - Saber interpretar con criterio crítico medios de expresión como os baseados nas representacións icónicas e plásticas.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Presentación por parte da docente dos contidos teóricos da materia que complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas. En función do escenario desenvolveranse de xeito presencial ou ben de xeito virtual en sesións síncronas/asíncronas a través da plataforma Teams e con materiais de apoio no Campus Virtual.
(2) Aulas interactivas.
1. Sesións de seminario interactivo con presentación, análise e comentario das lecturas propostas na propia aula ou ben dispoñibles no Campus Virtual.
2. Sesións de presentación e análise de borradores dos traballos finais individuais.
Nos distintos escenarios previstos o obxectivo será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa, ben de xeito presencial (escenario 1) ou ben a través de distintas sesións síncronas ou asíncronas, no Campus Virtual ou na plataforma Teams (escenario 2 e 3), nas que se traballaran os materiais propostos.
(3) Actividade titorial. Titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio ás lecturas. Titorización de apoio ao traballo desenvolvido ao longo do semestre. Titorización das presentacións e recomendación de bibliografía de apoio. En función dos distintos escenarios serán presenciais (escenario 1) ou virtuais (escenario 2 e 3) por Teams.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación activa nas aulas presenciais expositivas e interactivas– 20%
Presentación traballo individual – 20%
Traballo final individual – 60%
Existe a opción de que este traballo sexa común ás materias de formación básicas:
- Cidadanía, Xustiza e Democracia
- O concepto antropolóxico de cultura e da diversidade cultural
Cada alumna/o fará un traballo (entre 10-12 páxinas, a 1,5 espazo interlineal e letra 12 TNR) en relación aos contidos traballados durante o curso en ambas materias. En función da súa orientación fundamental, o traballo será avaliado por unha das dúas responsables das materias (aínda que a docente da outra materia sempre terá que estar informada por cada alumna/o do traballo que vai facer e de a quen llo entrega para avaliar). A nota deste traballo terase en conta nas dúas materias.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto a ausencia das sesións sen xustificar, supón a perda do dereito á avaliación continua e a necesidade de realizar un exame final na fecha oficial fixada.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá facer un traballo individual, seguindo as características previamente descritas e pautado pola docente, e o exame final. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Traballo individual: 50%
Exame final: 50%
3. Avaliación de alumnos con exención de docencia ou dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) será informado individualmente, atendendo as súas circunstancias persoais, de aqueles traballos e avaliables que compensen a súa falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito á avaliación continua segundo os porcentaxes establecidos.
ESCENARIO 2 E 3: DISTANCIAMENTO E/OU PECHE DAS INSTALACIÓNS
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Aulas expositivas e interactivas síncronas/asíncronas a través de Teams.
Asistencia e participación activa nas aulas expositivas e interactivas– 20%
Presentación traballo – 20%
Traballo final – 60%
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá facer un traballo individual e o exame final. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Traballo individual: 50%
Exame final: 50%
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos é:
Clases Expositivas 9h.
Clase Interactiva 12 h.
Horas de Titorías 3h.
Total horas presenciais: 24h.
Horas non presenciais de traballo do alumnado: 51h.
Non se precisa dunha formación previa específica, pero son de utilidade os coñecementos adquiridos en materias de antropoloxía social e cultural.
En calquera dos escenarios a asistencia e participación activa nas lecturas e debates propostos será imprescindible para o funcionamento da metodoloxía da ensinanza-aprendizaxe. Dada a importancia que adquirirá a docencia non presencial nos escenarios 2 e 3 o alumnado deberá facer un seguimento cotiá da aula virtual e da información, materiais e recursos que se implementen na mesma, participando activamente nas canles de comunicación.
Para favorecer a comunicación, é obrigatorio o uso do correo institucional rai.usc.es
PLAN DE CONTINXENCIA: Como xa foi indicado no apartado de metodoloxía da enxinanza-aprendizaxe e avaliación, en caso de declararse o escenario 2 ou 3 adaptarase a materia ao contexto virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados ou clips. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo"
Guadalupe Jiménez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Nussbaum (109) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Nussbaum (109) |
12.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
12.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
22.06.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
22.06.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |