Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender a importancia da idea de cosmopolitismo na tradición occidental dende a sua orixe na antigüedade.
Comprender e analizar as dimensións teóricas e prácticas do problema do cosmopolitismo na modernidade, en particular no período da ilustración.
Comprender a relación do concepto de cosmopolitismo co de cidadanía e con outros como o de humanidade, forxados ambos no contexto da modernidade ilustrada.
Coñecer as teorías actuais e debates relevantes en torno á cuestión do cosmopolitismo.
Identificar o concepto e a cronoloxía da globalización.
Identificar as tensions e polaridades da globalización e valorar as propostas do cosmopolitismo contemporáneo neste horizonte.
Coñecer e examinar o funcionamiento das institucions que representan na actualidade o xermolo dunha sociedade – incluso dun Estado – cosmopolita (ONU, UNESCO, Tribunal Penal Internacional, ONG´s, etc.).
Adicar unha particular atención ás propostas cosmopolitas con enfoque de xénero.
Dende o punto de vista instrumental: desenvolver o razonamento crítico e as capacidades de argumentación e deliberación dirixidas a analizar situacions reais no mundo globalizado.
Os contidos do programa artellanse arredor de tres núcleos, dous de orientación teórica e un de orientación teórico-práctica. Desde o punto de vista teórico prestarase atención nun primer bloque temático aos xermolos do cosmopolitismo no pensamento antigo (período helenístico) e – mais polo miudo – ás propostas da modernidade, tales como a do Abbé St. Pierre e a de Kant. Tratase de comprender a grande innovación que supuxo, no eido xurídico, a proposta do ius cosmopoliticum. Paralelamente farase unha aproximación á reconstrucción da xénese do importante concepto xurídico-político de cidadán/cidadanía, así como do concepto de humanidade, que podemos caracterizar preliminarmente como ético-antropolóxico. Adicarase atención especial a algunhas obras de Kant dos seguintes ámbitos: filosofía política, filosofía moral e filosofía da historia.
Nun segundo bloque de tipo teórico examinarase a aportación dalguns dos autores mais representativos do cosmopolitismo contemporáneo, tanto dende la óptica normativo-xurídica de tradición kantiana (Rawls, Habermas, Höffe), como desde a óptica sociolóxica (Beck, Morin). Paralelamente realizarase unha valoración da situación actual, que deu en chamarse globalización, examinando as propostas do cosmopolitismo como unha solución posible – de carácter progresista e emancipatorio – capaz de contribuir a reconducir ás tensions e polaridades características da globalización cara á meta común da construcción dun mundo que poda ser compartido polos seres humanos en paz e con miras a unha prosperidade cuxos parámetros sexan as auténticas necesidades humanas e non – como se veu dando – o que determina o mercado global.
O traballo teórico-práctico consistirá nun exame detallado da estructura e o funcionamento de institucions supraestatais como a ONU, a UNESCO, o Tribunal Penal Internacional, etc., que poden ser consideradas como o xermolo dunha sociedade cosmopolita e que, ademais, hunden a suas raíces directamente nas propostas realizadas por Immanuel Kant nalguns dos seus escritos.
Os contidos ordeanse do seguinte xeito:
Bloque teórico I: Das orixes ate Kant.
- Entre cínicos e cosmopolitas: Dióxenes e Alexandre Magno.
- Cosmopolistismo e estocismo.
- Cosmopolitismo e cristianismo.
- A noción de humanidade e o cosmopolitismo ético-político de Kant.
- O avance cara ao ius cosmopoliticum (do Abbé St. Pierre a Kant).
- A Declaración Universal dos Dereitos do Hombre e do Cidadán.
Bloque teórico II: Cosmopolitismo e globalización.
- Concepto e cronoloxía da globalización.
- Globalización e cosmopolitismo: o diagnóstico de Edgar Morin.
- Outros autores destacados do cosmopolitismo contemporáneo (Rawls, Habermas, Beck, Appiah).
- Cosmopolitismo e feminismo: ¿cómo afecta a globalización ás mulleres?
Bloque teórico-práctico III: Cosmopolitismo práctico.
Estudio do funcionamento de institucions como a ONU, a UNESCO, o Tribunal Penal Internacional, ONG´s, etc., a través das súas páxinas web e outros documentos.
Os títulos marcados con asterisco considéranse bibliografía básica (5 títulos), o resto é bibliografía secundaria.
Ankerl, G. (2000): Global communication without universal civilization. INU societal research. Vol.1: Coexisting contemporary civilizations: Arabo-Muslim, Bharati, Chinese, and Western. Geneva: INU Press.
Appiah, A. K. (2001): Kosmopolitischer Patriotismus. Frankfurt a. M., ed. Suhrkamp.
- (2007): La ética de la identidad, Buenos Aires-Madrid, ed. Katz.
- (2007): Cosmopolitismo: la ética en un mundo de extraños, Buenos Aires- Madrid, ed. Katz.
- (2008): Mi cosmopolitismo. Buenos Aires, Madrid, ed. Katz.
Archibugi, D. & Held, D.(eds.) (1995): Cosmopolitan Democracy. An Agenda for a New World Order. Cambridge, Polity Press.
Beck, U. (2005): La mirada cosmopolita o la guerra es la paz. Barcelona, Paidós.
- (2008): La sociedad del riesgo mundial. En busca de la seguridad perdida. Barcelona, Paidós.
- (2009): El dios personal: la individualización de la religión y el espíritu del cosmopolitismo. Barcelona, Paidós.
Bilbeny (2007): La identidad cosmopolita: Los límites del patriotismo en la era global. Barcelona, Ed. Kairós.
Brock, G. & and Brighouse, H. (eds) (2005): The Political Philosophy of Cosmopolitanism, Cambridge, Cambridge University Press.
Cortina, A. (2000): Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía, Madrid, Alianza Editorial, 2000.
Estévez Araujo, J. A. (2000) «Ciudadanía cosmopolita versus globalización neoliberal», en Silveira Gorski, H. (coord.), Identidades comunitarias y democracia, Madrid, Trotta, pp. 285-296.
Florián Sánchez, H. L. (2012). Recensión de: M. Nussbaum. La tradición cosmopolita : un noble e imperfecto ideal, en Praxis Filosófica (53), pp. 239 - 248.
Granja Castro, D. M. & Leyva Martínez, G. (eds.) (2009): Cosmopolitismo. Barcelona, ed. Anthropos.
Habermas, J. (1995): Más allá del Estado nacional. México, Fondo de Cultura.
Held, D. (1997): Democracia y el orden global. Del Estado moderno al gobierno cosmopolita, Barcelona, Paidós.
*Höffe, O. (2007): Ciudadano económico, ciudadano del estado, ciudadano del mundo. Etica y política en la era de la globalización. Buenos Aires-Madrid, ed. Katz.
- (2009) Derecho intercultural. Barcelona, Gedisa.
*Kant, I. (2001): Sobre la paz perpetua. Madrid, Tecnos.
*- (2006): Ideas para una historia universal en sentido cosmopolita. Madrid, Tecnos.
Lessing, G. E., (1984): Natán el sabio, Madrid, Espasa-Calpe.
Martínez Guzmán, V. (2000): «Globalización, seguridad y cosmopolitismo», en: Papeles de Cuestiones Internacionales, 69, pp. 17-27.
*Morin, E. (2011): La vía para el futuro de la humanidad, Barcelona, Paidós.
Nussbaum, M. (2020): La tradición cosmopolita : un noble e imperfecto ideal. Paidós.
Ortega Carcelén, M. (2006): Cosmocracia: política global para el siglo XXI, Madrid, Síntesis.
Quesada, F. (ed.) (2008): Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política. Madrid, Trotta.
Rawls, J. (1996): Liberalismo Político. Barcelona, Crítica.
Shiva, Vandana (2006): Manifiesto para una democracia de la tierra: justicia, sostenibilidad y paz. Barcelona, Paidós,
*Scuccimarra, L. (2017): Los confines del mundo. Hª del cosmopolitismo desde la Antigüedad, Oviedo, KRK.
Velasco, Juan Carlos (2007): «Ayer y hoy del cosmopolitismo kantiano», en: Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política, 16, pp. 91-117.
Zolo, D. (2002): «Una crítica realista al globalismo jurídico desde Kant a Kelsen y Habermas», en Anales de la Cátedra Francisco Suárez, 36, pp. 197-218.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que as/os estudantes adquiran capacidades e coñecimentos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
CG2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os coñecimentos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG3 - Que as/os estudantes sexan capaces de transmitir coñecimentos, ideas orixinais e solucions propostas.
CG4 - Que os/as estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na busca de solucions.
CG5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
CE1 - Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecimentos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecimientos adquiridos na resolución de novos problemas. CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuizos, deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debatir e deliberar.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e oráis), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisions.
CT02 - Personais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacions interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta diante de novas situacions. Creatividade, coñecimento de outras culturas e costumes. Iniciativa e esprito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cos problemas de igualdade e medioambientais.
As competencias avaliaranse a través das distintas actividades a realizar durante o curso.
Priorizarase a dinámica de seminario (clases interactivas), sobre a base de exposicións realizadas polos alumnos/as de documentos fundamentáis (textos de lectura obligatoria, páxinas web institucionáis). Empregaranse tamén clases expositivas ou maxistrais, nas que a profesora realizará a exposición de temas e conceptos especialmente dificultosos e nucleares para o desenvolvemento do programa. A selección de documentos para o traballo na aula (textos fonte de lectura obrigatoria e páxinas web institucionais) realizarase no principio do curso de acordo cos alumnos/as. Fixarase asimesmo o calendario de exposicións.
Dado que se pretende fomentar a participación, os alumnos/as deben ser muy conscientes de que son corresponsables do traballo na aula e, polo tanto, deben levar a cabo unha boa preparación das sesións do curso mediante o estudo dos textos obrigatorios e da bibliografía recomendada, así como mediante a realización de preguntas de comprensión á profesora nas titorías ou a través da aula virtual, etc. Asimismo deben preparar as suas exposicións de textos ou de páxinas web institucionáis de forma didáctica para que as mesmas resulten útiles aos seus compañeiros/as.
AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua realizarse tendo en conta DOUS apartados de calificación:
Breve exposición na aula (máximo 15 minutos) sobre pasaxes dos textos de Kant. Ideas para unha historia universal en clave cosmopolita (1784) e Cara á paz perpetua (1795). O reparto de pasaxes e o calendario de presentacións realizarase na primeira semana do curso. Valor: 40 % da nota. Esta exposición pode ser sustituida pola presentación na aula da páxina web dunha institución internacional das que se mencionan no apartado práctico do programa.
Traballo escrito sobre outro texto, institución, autor ou tema de interés para o alumno/a (100 % de la nota). Extensión: máximo 10 folios, Letra: Times New Roman, 12 pt., Interliñado 1,5. Valor: 60 % da nota. Eventualmente poderase coordinar este traballo co doutra asignatura.
Os alumnos/as que acumulen máis de tres faltas sen xustificar perden o seu dereito de avaliación continua, en cuxo caso poden optar á avaliación mediante examen final (valor 100% da nota).
AVALIACION DE ALUMNOS/AS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Estes alumnos/as serán avaliados mediante un traballo escrito sobre un tema do seu interés que teña cabida no marco da asignatura e logo de realizar unha entrevista persoal coa profesora (valor: 100 % da nota).
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas.
Horas presenciais semanais: 3 horas (9 horas docencia expositiva e 12 horas docencia interactiva). Aproximadamente 24 horas no conxunto do semestre. Incluindo 3 horas de titorías.
Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con textos: 1,5 horas. Aproximadamente 9 horas no semestre.
Horas de estudo semanais (ademais das non presenciais): 2 horas semanais.
Aproximadamente, 30 horas no semestre.
Participación nas presentacios.
Preparación dos temas/textos asignados.
Consulta de dúbidas na aula o unas titorías.
Atención á expresión oral e escrita.
Incluiense aquí o conxunto de observacións recomendadas polo Departamento de Filosofía e Antropoloxía para as modificacións dos programas das materias (curso 2025-2026).
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non hai obriga de respostar a ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tableta ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais
e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario
dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
22.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
22.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
08.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
08.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |