Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Literatura Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer a literatura en Galicia en xeral, a través de figuras de relevancia universal, grazas ao coñecemento específico dos seus textos e contextos.
2. Poñer en práctica os coñecementos da literatura española e galega das escritoras e os escritores de Galicia no traballo cultural.
3. Dominar a investigación e a difusión do coñecemento, exposto no punto 1, a través da súa realización en prácticas de investigación e traballos de campo.
A- ROSALÍA DE CASTRO: aproximación integral
1. Os lugares da vida: de "filla do mar" a "madre" da poesía moderna
2. Os lugares da obra: legado intelectual dunha creadora galega e universal
3. Proxecto libre: poética da liberdade e da independencia
4. Musa humana: integración do íntimo e o social na Rosalía-Espronceda, Rosalía Petöfi, Rosalía Heine, Rosalía Hölderlin, Rosalía Machado e Rosalía Virginia
5. Polifonía poliédrica: a subversión múltiple de "a estranxeira na súa patria"
6. Obra galega: sexo, memoria e lugar en Cantares gallegos e Follas novas
B- JOSÉ ÁNGEL VALENTE: aproximación integral
1. José Ángel Valente: do neno da guerra ao proceso en Consello de Guerra
2. A poesía de José Ángel Valente: elexía, subversión, disolución e non discurso
3. A narrativa de José Ángel Valente: contra todo poder
4. O ensaio de José Ángel Valente: literatura e coñecimento; arte e vangarda; cultura, sociedade, política e memoria; filosofía e mística
5. O legado da Cátedra Valente de Poesía e Estética
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Rosalía de Castro, Obras completas, Madrid, Editorial Turner, 1993.
José Ángel Valente, Obras completas I. Poesía y prosa, edición e introducción de Andrés Sánchez Robayna, Barcelona, Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores, 2006.
José Ángel Valente, Obras completas II. Ensayos, edición Andrés Sánchez Robayna y recopilación e introducción de Claudio Rodríguez Fer, Barcelona, Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores, 2008.
José Ángel Valente, Diario anónimo 1959-2000 (edición e introducción de Andrés Sánchez Robayna), Barcelona, Galaxia Gutenberg - Círculo de Lectores, 2011.
Claudio Rodríguez Fer, ed., Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2012.
Claudio Rodríguez Fer, ed., Valente vital (Ginebra, Saboya, París), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2014.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Actas do Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo I, II y III, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega-Universidade de Santiago de Compostela, 1986.
Carmen Blanco, Sexo e lugar, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Claudio Rodríguez Fer, ed., José Ángel Valente, Madrid, Taurus, El Escritor y la Crítica, 1992.
Claudio Rodríguez Fer, ed., Material Valente, Gijón, Júcar, 1994.
Teresa Hernández, ed., El silencio y la escucha: José Ángel Valente, Madrid, Cátedra / Ministerio de Cultura, 1995.
Nuria Fernández Quesada, ed., Anatomía de la palabra, Madrid, Pre-Textos, 2000.
Claudio Rodríguez Fer, ed., Valente: el fulgor y las tinieblas, Lugo, Axac, 2008.
Nesta materia débense desenvolver as competencias xerais do título que se indican a continuación.
Básicas:
CB6- Comprender coñecementos que acheguen unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9- Saber comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10- Ter as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido e autónomo.
Xerais:
CB1- Ser capaces de manexar eficientemente a información proveniente de distintos lugares para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2- Ser capaces de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB3- Tomar conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e ter capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
CB4- Adquirir habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao largo de toda a vida, learning for life, segundo as directrices da Unesco)
CB5- Adquirir as habilidades para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade e non discriminación, así como aos valores democráticos e da cultura da paz.
Transversais:
CT2- Ter capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT2- Poder aplicar el pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de creación.
CT4- Poder transmitir información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
CT5- Ter habilidade na comunicación escrita e oral.
CT6- Ter habilidade para as relacións interpersonais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT7- Fomentar o interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos coñecementos.
CT8- Ter capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT9- Ter capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT10- Ter capacidade de adaptación a novas situacións (flexibilidade no uso e transferencia do coñecemento).
CT11- Ter capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo).
CT12- Adquirir compromiso ético.
Específicas:
C2- Ter capacidade para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE6- Comprender de maneira razoada o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
C10- Adquirir as capacidades de traballo, no ámbito da cultura, con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
C18- Coñecer a metodoloxía e a práctica investigadora en todas as áreas vinculadas á xestión dos bens culturais.
C20- Adquirir as destrezas e estratexias de composición de discursos, así como das ferramentas lingüísticas e pragmáticas precisas para realizar con éxito os trámites administrativos e as campañas de divulgación propias dos servizos culturais.
C21- Ter capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico.
C22- Adquirir capacidade de comprensión doutras culturas, de recoñecemento da diversidade e do seu reflexo nos usos lingüísticos e literarios.
- Actividade presencial: exposición polo profesorado dos contidos teóricos e metodolóxicos.
- Actividade presencial e a distancia: lecturas polo alumnado dos textos indicados polo profesorado.
- Actividade presencial e a distancia: realización de exercicios e traballos.
- Actividade presencial: debate en grupos reducidos.
- Actividade presencial: exposición oral.
- Actividade a distancia: foros e debate online.
- Actividade a distancia: exposición online.
- Actividade a distancia: estudo dirixido por videoconferencias, vídeos, PowerPoint..., seguindo o contido da materia.
A avaliación será continua e a nota final responderá ás ponderacións seguintes:
- Traballos escritos: 20%.
- Exposición oral: 20%.
- Exame: 40%.
- Probas a través da plataforma virtual: 2.5%.
- Actividades prácticas: 15%.
- Debates a través do foro virtual: 2.5%.
O alumnado con dispensa de asistencia compensará esa ausencia cun traballo acordado co profesorado e, polo demais, será cualificado tendo en conta os criterios xerais.
Na segunda oportunidade o alumnado será cualificado tendo en conta os mesmos criterios da primeira oportunidade.
O alumnado repetidor terá dúas opcións:
1- Ser avaliado segundo os criterios xerais
2- Realizar un exame que suporá o 100% da nota final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Como corresponde a unha materia de 6.0 créditos ECTS (cada crédito equivale a 25 horas de traballo) son precisas 150 horas de traballo:
- Prácticas de investigación e traballos de campo: 12 horas.
- Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica): 6 horas.
- Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumnado: 120 horas.
- Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico: 4 horas.
- Actividade presencial: actividades de avaliación: 8 horas.
Recoméndase unha actitude activa e seguir as indicacións acordadas.
VARIACIÓNS SEMIPRENCIAL E NON PRESENCIAL, DE NON SER POSIBLE A DOCENCIA PRESENCIAL ESTABLECIDA:
Escenario 2 (Distanciamento) Docencia semipresencial
Tendo en conta que algunha porcentaxe de sesións podería ser presencial, manteríase unha sesión presencial semanal para a resolución de dúbidas sobre os textos analizados e outros asuntos difíciles de resolver en sesións non presenciais.
As sesións non presenciais serán realizadas, cando sexan sincrónicas, por grupo en Ms Teams e a documentación fornecida mediante a Aula Virtual e as ferramentas de Moodle. A comunicación non presencial co alumnado farase por medio da Aula Virtual ou directamente por medio do correo electrónico persoal.
Escenario 3 (Peche instalacións) Docencia non presencial
Toda a docencia e a relación do alumnado e a profesora será por medios remotos, preferentemente a Aula Virtual, o correo electrónico persoal e sesións en grupo con Ms Teams que deberán axustarse ao horario e ao calendario oficialmente aprobado, sen prexuízo doutras sesións complementarias acordadas co alumnado participante nas sesións oficiais.
Nestes casos, a participación activa do alumnado será tida especialmente en conta dada a situación precaria de comunicación coa que nos enfrontariamos.
Carmen Blanco Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- carmen.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Claudio Rodriguez Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- claudio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
02.06.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
01.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |