Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A materia busca o coñecemento das distintas ferramentas da comunicación nos produtos de ámbito cultural, desde a análise dos elementos que axudan a conformar unha imaxe positiva. Previa á comunicación dispoñemos de procesos que deben coñecerse (marca, imaxe pública, responsabilidade social…) para que a comunicación se produza dun xeito eficiente para a organización emisora.
Introdución teórica e práctica da comunicación, a construción de marca e as ferramentas de comunicación para a xestión de produtos culturais.
2.1 Contidos teóricos:
2.1.1. ASPECTOS BÁSICOS DO PROCESO COMUNICATIVO
Fundamentos epistemolóxicos: conceptos básicos de emisor, canle, receptor do proceso, acercamento aos modelos clásicos e comprensión destes, estruturas básicas de todos os participantes no proceso de comunicación publicitaria e corporativa, organizacións, medios de comunicación e outros canles e, finalmente, o receptor.
2.1.2 AS FERRAMENTAS DE COMUNICACIÓN.
Os distintos tipos de ferramentas que permiten comunicar dunha maneira eficiente: comunicación estratéxica e táctica. Comunicación corporativa. Relación cos medios. Comunicación Publicitaria. A acción como elemento codificable. Imaxe de marca.
2.1.3. CANLES DE COMUNICACIÓN
A necesidade de comunicar e as canles para cada escenario: os seus códigos, repertorio formal e procesos de produción: medios e soportes convencionais (prensa, radio, televisión, publicidade exterior...) non convencionais (below, web e interactivos) e novas morfoloxías publicitarias adecuadas a novos escenarios de recepción.
2.1.4. A ESTRATEXIA NA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A formulación estratéxica na comunicación. A Imaxe pública: estratexia (posicionamento, eixo de comunicación e valores), estratexia creativa e planificación de medios. Análise e elaboración da mensaxe en función dos diversos medios e soportes.
2.2 Contidos prácticos:
2.2.1. EMISOR: Análise de casos.
2.2.2 CANLE. Planificación de accións específicas.
2.2.3. CONTIDOS. O relato, a construción do relato comunicativo.
3.1. Bibliografía básica:
URLS
http://www.kantarmedia.es
http://www.adforum.es
http://www.portalcomunicacion.com/index.asp?lng=esp
http://adsoftheworld.com/
http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creativ…
http://www.canneslions.com/
http://www.postpublicidad.es
https://aulacm.com/blog/
https://lacriaturacreativa.com/
https://www.trecebits.com/
https://www.puromarketing.com/
https://ticsyformacion.com/
https://marketingland.com/
https://buffer.com/resources/
3.2. Bibliografía complementaria:
LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
HERNÁNDEZ MARTINEZ, Caridad (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
SANAGUSTIN, Eva (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
SOLANA, Daniel (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
MOLINÉ, Marcal (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
CUESTA CAMBRA, Ubaldo. (editor, 2012): "Planificación estratégica y creatividad". ESIC Editorial. Madrid, España.SALMON, Christian (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
COSTA, Joan: Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid 1995.
RICARTE, José M.: Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona 1998.
Analizar os recursos que fan da comunicación un proceso eficiente e preciso. Coñecemento das ferramentas e da metodoloxía capaz de axudar a entender procesos complexos. Capacidade creativa á hora de afrontar a elaboración dunha mensaxe e de superar as normas expresivas establecidas. Capacidade analítica dos mensaxes publicitarios, das campañas e de todo tipo de accións publicitarias e de relacións públicas.
As competencias que o alumno adquirirá son:
"CB8- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB1- Capacidade de manexar eficientemente la información provinte de distintas fontes para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2- Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CT2- Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3- Capacidade para coordinar actividades e traballar de forma colaborativa con colegas, redes e equipos de investigación no contexto dos servizos culturais.
CT8- Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT13- Capacidade para o uso de tecnoloxías da comunicación e a información.
CE1- Coñecemento do funcionamento das novas formas de transmitir información, de acceder a ela e de apropiarse dela.
CE3- Habilidade na xestión da comunicación cultural e da súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual
CE26- Adquisición das competencias pragmáticas e discursivas necesarias para xestionar a comunicación intercultural.
CE30- Adquisición das ferramentas precisas para a difusión dos produtos culturais.
CE32- Capacidade para establecer unha valoración crítica das diversas actividades que se levan a cabo en entornas reais de xestión cultural."
A modalidade semipresencial marca o tipo de aprendizaxe. Este desenvólvese de xeito online e, polo tanto, a aula virtual será o nexo de unión e comunicación entre o alumno e o docente en boa parte do proceso lectivo. O alumno terá acceso a través da aula virtual a todo o material de apoio necesario (que os docentes poñerán á súa disposición). Abriranse foros de debate sobre os temas que se traten en cada punto do temario para contribuír á conversa entre alumnos, entre alumnos e docentes e para a resolución de dúbidas. Cada quince días haberá unha sesión presencial, que servirá como apoio formativo do alumnado.
A asistencia ás aulas ten carácter voluntario.
O alumnado que non asista ás aulas disporá dos mesmos materiais, actividades e recursos cos que contará o alumnado que participe nas sesión presenciais. Polo tanto, poñeranse a disposición do alumnado que non asista ás aulas os textos, materiais, actividades, etc., que nela se traballen.
Os alumnos poden solicitar as titorías a través dos distintos canais (correo electrónico, en clase, whatsapp...) que se desenvolverán de forma virtual a través de Microsoft TEAMS ou por teléfono nos horarios establecidos para o mesmo.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño)
Mediante avaliación continua. Os criterios de avaliación, coa súa correspondente ponderación, serán estes:
- Traballo escrito a entregar no prazo establecido: 60%
- Participación activa nas canles de comunicación establecidas (foros, mensaxería,…) e seguimento regular do curso: 10%
- Exame na data fixada pola Secretaría do centro: 30%
- A proba final de exame é obrigatoria
SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo)
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Sesións presenciais: 7 horas (non obrigatorias).
Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 20 horas.
Realización do traballo programado: 28 horas.
Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 20 horas.
Na modalidade de docencia semipresencial será indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo de todo o cuadrimestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polos profesores, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización en prazo das tarefas programadas será o modo máis eficaz de acadar os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión quincenal de carácter presencial, aínda que non obrigatoria, será moi útil para clarexar os contidos máis complexos da materia.
Plaxios
Os textos do programa aos que os profesores outorgan validez son os das versións elaboradas por eles mesmos (i.e., a versión galega e a castelá).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Alejandro Vázquez Fernández
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816533
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Uxia Caride Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uxia.caride.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
01.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
03.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |