Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Formulación da materia
1. Obxectivos xerais: Análise e comprensión dos trazos esenciais que definen o tempo presente e dos principais retos do mundo actual: cambios económicos, sociais, políticos, culturais e ambientais. Comprensión de como a partir deses trazos se constrúe un imaxinario colectivo entendido como conxunto de valores, prácticas, inquietudes e razoamentos que configuran os sinais de identidade da sociedade actual.
2. Obxectivos específicos: Interpretación e análise dos principais problemas que, xurdidos no tránsito dos anos 90 e o novo século XXI, condicionan o mundo que vivimos e a percepción que del temos: a globalización neoliberal e os seus mecanismos de actuación; a definición dunha nova "orde mundial"; os conflitos internacionais e os novos espazos xeoestratéxicos e políticos; o progreso material e a desigualdade na súa repartición; os grandes retos do século XXI.
Contidos
1.- A explicación histórica do noso tempo: Delimitación, conceptos e terminoloxía. O fin das certezas: cambio permanente e "crise estable". As "preocupacións universais" e a cosmovisión occidental.
2. A globalización actual e as súas múltiples interconexións. Globalización e economía: o neoliberalismo e o novo paradigma: "riqueza globalizada e pobreza localizada"; efectos e disparidade do desenvolvemento económico:"o 1% da poboación ten o que o 99% necesita"; as desigualdades internacionais e nacionais. Globalización e política: os organismos internacionais, os poderes transnacionais e o futuro dos estados-nación. Globalización e cultura: cultura de masas, pensamento único e homoxeneización cultural; a cultura do medo.
3. A desorde económica mundial: triunfo e crise do capitalismo. A dobre crise: financeira e agraria. A crise e a expulsión social. O fin do estado do benestar.
4. A nova "desorde internacional". A disolución do sistema bipolar e a configuración do sistema internacional. Os novos espazos estratéxicos e políticos. Políticas vellas para tempos novos. O unilateralismo e a dimensión militar da política estadounidense. O 11-S como detonante: os casos de Afganistán e Iraq.
5. A permanencia da guerra. Vellos e novos conflitos, vellos e novos inimigos. Análise dun conflito concreto: Oriente Medio. A permanencia do medo: a carreira nuclear e armamentística.
6. As fracturas do mundo global: pobreza e exclusión, os factores da exclusión. A fractura Norte/Sur e o maltrato a África. Xeopolítica da fame. As migracións internacionais: causas, reaccións e políticas nacionais; a "blindaxe" dos países ricos: o exemplo dunha Europa fortificada. O gran reto da diversidade cultural.
7. A crise ecolóxica e as crises alimentarias. O esgotamento das reservas; os problemas da auga e a desertización; o desigual acceso ás riquezas da Terra. Superpoboación e escaseza de alimentos: unha escaseza fabricada?; biopiratería, "agronegocios" e crises alimentarias; a fame no século XXI: unha arma de destrución masiva.
AVILES, J., SEPÚLVEDA, I. (2010): Historia del mundo actual. de la caída del Muro a la Gran Recesión, Síntesis, Madrid.
ALBIÑANA, A. (ed.) (1999): Geopolítica del caos, Madrid, Debate.
AROSTEGUI, J. (2004): La historia vivida: sobre la historia del presente. Madrid, Alianza.
CASTELLS, M. (2003): La galaxia internet. Barcelona, Debolsillo.
CHOMSKY, N. (2004): El mundo después de Irak. , Txalaparta, Tafalla (Navarra).
- (2007): Estados peligrosos. Oriente Medio y la política exterior estadounidense, Paidós Ibérica, Barcelona.
- (2012): La era Obama y otros escritos sobre el imperio de la fuerza, Pasado y Presente, Barcelona.
DOWER, J. (2012): Culturas de guerra. Pearl Harbor, Hiroshima, 11-S, Iraq, Pasado y Presente, Barcelona.
ESTEFANIA, J. (2007): la mano invisible. El gobierno del mundo , Aguilar, Barcelona.
- (2011): La economía del miedo, Galaxia Gutenberg, Barcelona.
- (2015): Estos años bárbaros, Galaxia Gutenberg, Barcelona.
ESTEVEZ, C., TAIBO, C. (2008): Voces contra la globalización, Crítica, Barcelona.
FONTANA LAZARO, J. (2011): Por el bien del imperio. Una historia del munso desde 1945, Pasado y Presente, Barcelona.
GIDDENS, A. (2000): Un mundo desbocado. Los efectos de la globalización en nuestras vidas. Taurus, Madrid.
HEED, D., McGREW, A. (2003): Globalización/Antiglobalización. Sobre la reconstrucción del orden mundial, Paidós, Barcelona.
HOBSBAWM, E. (2019): Un tiempo de rupturas. Sociedad y cultura en el siglo XX, Crítica, Barcelona.
KALDOR, M. (2001): Las nuevas guerras: violencia organizada en la era global, Tusquets, Barcelona.
NADAL GAYA, C. (2013): El mundo después del 11-S. diez años que interpretan los problemas actuales (2000-2010), Milenio, Lleida.
NAÏR, S (2003): El imperio frente a la diversidad del mundo, Debolsillo, Barcelona.
- (2007): Y vendrán ... Las migraciones en tiempos hostiles, Planeta, Barcelona.
- (2010): La Europa mestiza. Inmigración, ciudadanía, codesarrollo, Galaxia Gutenberg, Barcelona.
- (2016): Refugiados. Frente a la catástrofe humanitaria, una solución real, Crítica, Barcelona.
PETRAS, J. (2011): Imperialismo y barbarie, Txalaparta, Tafalla (Navarra).
RAMONET, I. (2002): Las guerras del siglo XXI: nuevos miedos, nuevas amenazas. Mondadori,Barcelona.
- (2016): El imperio de la vigilancia, Clave intelectual, Madrid.
SARTORI, G. (2003): La sociedad multiétnica. Pluralismo, multiculturalismo, extranjeros e islámicos, Taurus, Madrid.
SEGURA, A. (2004): Señores y vasallos del siglo XXI. Una explicación de los conflictos intenacionales. Alianza, Madrid.
STIGLITZ, J.E. (2006): El malestar de la globalización, Punto de Lectura, Madrid.
-(2006): Cómo hacer que funcione la globalización, Taurus, Madrid.
-(2012): El precio de la desigüaldad. El 1% de la población tiene lo que el 99% necesita, Taurus, Madrid.
TAIBO ARIAS, C. (2003): Cien preguntas sobre el nuevo desorden, Suma de Letras, Madrid.
-(2003): Globalización neoliberal y hegemonía de Estados Unidos, Arco Libros, Madrid.
VV.AA. (2014): Las claves del mundo actual. Una historia global desde 1989, Síntesis, Madrid.
VV.AA. (2016): Historia actual del mundo. de la posguerra a la cultura global, Síntesis, Madrid.
WALLERSTEIN, I. (2005): La decadencia del imperio. EEUU en un mundo caótico, Txalaparta, Tafalla (Navarra).
ZIEGLER, J. (2012): Destrucción masiva: geopolítica del hambre, Península, Barcelona.
- (2013): Los nuevos amos del mundo. Y la lucha de aquellos que se resisten a dejarse engullir por la globalización , Destino, Barcelona.
- (2017): El odio a Occidente. La memoria herida de los pueblos del Sur, Península, Barcelona.
- (2018): Hay que cambiar el mundo. Combates ganados, a veces perdidos, pero que juntos venceremos. Foca, Madrid.
Nesta materia débense desenvolver as competencias do título que se codificaron mediante:
Básicas
CB1. Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura;
CB2. Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional;
CB4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO);
CB9. Capacidade de comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
CB10. Posesión das habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Transversais
CT2. Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3. Capacidade para coordinar actividades e traballar de forma colaboradora con colegas, redes e equipos de investigación no contexto dos servizos culturais.
CT4. Transmisión da información e ideas en público de xeito claro e efectivo.
CT5. Habilidade na comunicación escrita e oral.
CT8. Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT9. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
Específicas
CE1. Coñecemento do funcionamento das novas formas de transmitir información, de acceder a ela e de apropiarse dela.
CE2. Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE4. Adquisición da capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
CE5. Capacidade para a elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
CE6. Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
CE8. Adquisición dos coñecementos precisos dos fundamentos das políticas de integración e redefinición das identidades no marco dos movementos migratorios.
CE10. Adquisición das capacidades de traballo, no ámbito da cultura, con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
CE12. Desenvolvemento das aptitudes e destrezas precisas para organizar equipos humanos e formar parte deles.
Nesta modalidade semipresencial o proceso de ensino e aprendizaxe desenvólvese a distancia e segundo as características de formación on-line. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docente e alumnado, se realizará a través da aula virtual da materia. Tamén a través da aula virtual da materia se lle proporcionará ao alumnado material de apoio e guía na súa adquisición dos contidos (referencias bibliográficas de lectura obrigatoria ou de lectura recomendada, documentos de interese, enlaces, vídeos, etc.)*, establecerase un calendario coas tarefas que debe realizar para a avaliación continua e abriranse foros para o debate e a resolución de dúbidas. Haberá sesións presenciais de asistencia non obrigatoria (fixadas polo horario oficial do Máster) que servirán de apoio no proceso formativo.
(*) Todo o alumnado disporá dos mesmos materiais, actividades, recursos, etc.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua. Os criterios de avaliación, coa súa correspondente ponderación, serán estes:
. Tarefas e actividades prácticas programadas e entregadas a través da plataforma virtual no prazo establecido no calendario de tarefas: 60%.*
. Excelencia nos traballos/evolución claramente positiva na elaboración dos mesmos : 10%
. Exame/proba final na data fixada pola Secretaría do centro: 30%**.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade.
(*) Durante o semestre faránse entregas parciais cunha periodicidade semanal/quincenal. A comezo do curso o alumnado disporá dun cronograma coas datas de entrega.
(**) O Exame/proba final é OBRIGATORIA e esixe á presencia física do alumnado.
Sesións presenciais: 6 horas (non obrigatorias)
Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 25 horas
Realización das tarefas e traballos programados: 34 horas
Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 10 horas
Na modalidade de docencia semipresencial será indispensable o traballo constante continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual polo menos unha vez á semana ao longo de todo o semestre. A lectura e estudo dos contidos proporcionados polos profesores, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización dentro do prazo das tarefas programadas será o modo máis eficaz de cumprir os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión quincenal de carácter presencial, aínda que non sendo obrigatoria, será moi útil para aclarar os contidos da materia.
Maria Pilar Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- mpilar.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 14 |
17.01.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
20.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |