Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Enuméranse a continuación os obxectivos da materia, divididos en tres bloques temáticos:
I. Comprensión da loita pola igualdade de xénero como dinámica de fonda transformación cultural dende a Modernidade até a actualidade.
Ia. Coñecer os fitos fundamentais na historia da loita pola igualdade de xénero.
Ib. Reflexionar sobre as transformacións culturais e sociais derivadas da loita pola igualdade de xénero.
Ic. Comparar o mundo occidental e outras tradicións baixo a óptica da igualdade de xénero.
II. Coñecemento das políticas de xénero
IIa. Coñecer as principais institucións implicadas na loita pola igualdade de xénero no ámbito local, autonómico, estatal, europeo e mundial.
IIb. Coñecer as políticas desenvolvidas dende estas institucións a favor da igualdade de xénero (realizarase o estudo específico de diversos casos concretos).
IIc. Coñecemento de políticas de xénero no entorno próximo (universidade, municipio, escola, comunidade autónoma).
III. Capacitación para a xestión (e transformación) cultural
IIIa. Detectar actitudes contrarias á igualdade de xénero e deseñar ferramentas sociopsicopedagóxicas para modificar ditas actitudes.
IIIb. Interpretar os feitos culturais (literatura, filosofía, arte, música, etc.) dende un punto de vista de xénero.
IIIc. Deseñar programas culturais complementarios das políticas de xénero.
Tema 1. Historia da teoría feminista I: dende as orixes á primeira vaga. 1ª sesión. Tema 2. Historia da teoría feminista II: a segunda e a terceira vagas. 2ª sesión Tema 3. Xestión cultural e xénero. 3ª Sesión.
Tema 4. Análise de intervencións culturais con perspectiva de xénero. 4ª sesión.
Tema 5. Deseño e avaliación dunha intervención cultural concreta. 5ª, 6ª e 7ª sesións.
Tema 1. Historia da teoría feminista I: dende as orixes á primeira vaga.
Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 1. De la Ilustración al segundo sexo. Madrid: Minerva Ediciones.
Tema 2. Historia da teoría feminista II: a segunda e a terceira vagas.
Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 2. Del feminismo liberal a la posmodernidad. Madrid: Minerva Ediciones.
Tema 3. Xestión cultural e xénero.
Galimberti, A. (2009) Gestión cultural y género (Texto elaborado a partir de la memoria del evento Gestión Cultural desde la Perspectiva de Género.)
http://www.cicloliterario.com/ciclo91diciembre2009/gestion.html
Liceaga, S., Maruri, M., Mesa Redonda: Gestión Cultural con Perspectiva de Género.
https://gestionculturaluv.files.wordpress.com/2013/06/gestion_cultural_… tiva_de_genero_-_silvana_liceaga_y_monserrat_ramirez.pdf
Ministerio de Cultura (2011) Mujeres y cultura, políticas de igualdad. Gautier, A. (ed.). Madrid (http://www.mav.org.es/documentos/mujeres%20y%20cultura_MCU.pdf).
Rodríguez, M. G. (2008) La gestión artístico-cultural y la mujer en España. Málaga: Servicio de publicaciones de la Univ. de Málaga.
Rodríguez, R. M. (2002) «¿Feminización de la cultura?» en Revista Debats 76,
Valencia, Institució Alfons el Magnànim.
http://articulotecafeminista.blogspot.com.es/2007/04/feminizacin-de-lac…
Tema 4. Análise de intervencións culturais con perspectiva de xénero.
Jiménez , M., J. Gallego, I. (eds.), (2003) Españolas del siglo XX promotoras de la cultura. Málaga: Servicio de Publicaciones, Centro de Ediciones de la Diputación de Málaga.
Llevadot, Laura (2022) Mi herida existía antes que yo. Barcelona, Tusquets Editores.
López, C. M., Fernández, A., Fernández, A. (eds.) (2012) El protagonismo de las mujeres en los museos. Madrid: Editorial Fundamentos.
Mayayo, P. (2003), Historia de mujeres, historias del arte. Madrid Cátedra.
Ministerio de Cultura (2011) Patrimonio en femenino. (Exposición virtual). Madrid.
Nochlin, L. (2007), “¿Por qué no han existido grandes artistas mujeres?”, en Karen Cordero, K. e Sáenz, I. (comp.), Crítica feminista en la teoría e historia del arte. México, UIA.
Pastor, P. (2012) El género en la gestión cultural en Aragón. Zaragoza: Observatorio de Cultura, Consejería de Cultura, Ayuntamiento de Zaragoza.
Pollock, G. (2006) Encounters in the visual feminist Museum. New York: Routledge.
Villa de la, R. (2011) La disputa sexual por las imágenes. Las mujeres en el sistema del arte en el Estado español. En Mujeres y cultura. Políticas de Igualdad, cit., pp. 33-40.
VV. AA. (1993-1998) Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). Barcelona: Anthropos.
VV. AA. (1990) La mujer en la pintura (s. XVIII-XX): Museo Provincial de Jaén 10 de enero-10 de marzo de 1991. Jaen: Consejería de Cultura y Medio Ambiente: Delegación Provincial.
Tema 5. Deseño e avaliación dunha intervención cultural concreta.
Ander-Egg, E. & Aguilar, M.J. (2012), Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales, Buenos Aires: Lumen, 2012.
Barona, F. (1999). Gestión cultural, una actitud de-vida: proyectos y gerencia. Cali (Colombia): Cámara de Comercio de Cali; Fundación ATMA.
Gonçalves, R.M (2015), “Dissertaçao de mestrado em gestâo artística e cultural. O desenho de projetos culturais place-specific”, em
http://repositorio.ipvc.pt/bitstream/20.500.11960/1599/1/Rosa_Pereira.p…
Mart
Competencias:
Nesta materia deben desenvolverse as competencias xerais do título codificadas do xeito seguinte:
4.1. Básicas
CB3: Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e capacidade de revisión e reflexión crítica das dinámicas socioculturais existentes.
CB5: Adquisición das habelencias para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e a aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz.
CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, incluía reflexións sobre as responsabilidades éticas e sociais vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
4.2. Transversais
CT3: Capacidade para coordinar actividades e traballar de xeito colaborativo con colegas, redes e equipos de investigación e no contexto dos servizos culturais. CT6: Habilidade para as relacións interpersonais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT12: Compromiso ético.
4.3. Específicas
CE28: Capacidade de situarse ante contextos culturais concretos e desempeñar as funcións dun xestor cultural.
CE29: Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos dende a perspectiva dun xestor cultural.
CE30: Adquisición das ferramentas precisas para a difusión dos produtos culturais
Os temas 1, 2 e 3, de carácter introdutorio, desenvolveranse mediante exposicións por parte do docente nas sesións interactivas presenciais. Colgaranse os materiais correspondentes no campus virtual.
O tema 4 desenvolverase de forma autónoma por parte do alumnado. Consistirá na identificación, análise e realización dun informe sobre algunha intervención cultural feita con perspectiva de xénero. O informe terá unhas 5000 palabras e será entregado en pdf e/ou presentado nunha sesión interactiva.
As actividades analizadas poderán provir de calquera eido da cultura.
Por exemplo:
- Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega
- Compostela, territorio das mulleres
- Roteiros de visibilización das mulleres (Madrid, ).
- Obradoiros de autoconciencia
- Animación cultural para o empoderamento de mulleres en artes visuais, escénicas. - Ciclos de cine con perspectiva de xénero
- Recuperación da memoria de mulleres represalias durante o franquismo.
O tema 5 dedicarase a elaborar unha intervención cultural concreta de maneira individual. Esta actividade constituirá o núcleo da avaliación e considérase como fundamental para o desenvolvemento da materia. Nomeadamente deberá recorrerse a un determinado elemento identificable como “cultural” no deseño desta actividade.
Por exemplo:
- visibilización de mulleres que teñan feito algunha achega cultural esquecida
- organización dunha actividade cultural
- rodaxe dun documental ou curtametraxe
- organización dunha exposición
- recuperación da memoria
Trátase unicamente dun proxecto de actividade, e non se agarda que sexa realizada. Malia o anterior, a actividade debe estar programada co maior realismo posíbel. Debe contar porén cun capítulo de financiamento (desagregación de gastos previsíbeis), e debe facerse asemade unha exploración de cales poderían ser as fontes de dito financiamento (convocatorias públicas en Concellos, Deputacións, Xunta, Fundacións, etc.).
Esta actividade debe ser descrita pormenorizadamente nun Informe Técnico.
Para todos os casos, incluíndo alumnado repetidor e alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación consistirá na elaboración dun PROXECTO DE INTERVENCIÓN CULTURAL DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO (100%).
A AVALIACIÓN CONTINUA (seguimiento, participación, exposicións e traballos na aula e titorías) poderá subir até un 20% a nota final.
Esta actividade “Proxecto de intervención cultural dende una perspectiva de xénero” debe ser descrita en detalle nun Informe Técnico, cun máximo de extensión de 7500 palabras. Poderá incluír calquera material que se considere relevante. Debe contar cos seguintes apartados:
1. Presentación do concepto de xénero sobre o que se pretende traballar
2. Presentación da intervención cultural prevista:
Descrición dos motivos polos cales se elixe.
Identificación do público ao que vai dirixida
Enumeración dos obxectivos que se pretenden acadar.
Produción: cronograma dos contactos que se deben establecer, as solicitudes hai que cursar (financiamento, locais), indicar como se vai contactar co público interesado, etc., etc., fixando tamén un calendario ou cronograma hipotético.
Plan de financiamento: presuposto detallado, taxación dos custes (material funxible, transporte, publicidade, etc.). Exploración de fontes de financiamento (convocatorias de diversas institucións).
3. Relación das facetas da actividade prevista cos obxectivos propostos. Cronograma: planificación detallada no tempo tanto da actividade de xestión previa como da realización da mesma. Debe establecerse unha data hipotética para a realización de dita actividade que será diferente se se trata dunha actividade puntual (visita a un museo, concerto, obra de teatro) ou dunha actividade cunha duración no tempo (p. ex. exposición).
4. Avaliación externa da actividade: enquisa sobre a consecución dos obxectivos
5. Autovaloración crítica.
O informe técnico será enviado por correo electrónico (ou a través da aula virtual).
A DATA DE ENTREGA SERÁ A DATA OFICIAL DE EXAME.
BAIXO NINGÚN CONCEPTO ACEPTARANSE PROXECTOS ENTREGADOS CON POSTERIORIDADE A ESA DATA.
Avaliación de competencias
Por medio da asistencia e participación ás sesións presenciais avalíanse as competencias: CT6, CT12.
Por medio do Proxecto e exame final avalíanse as competencias: CB3, CB5, CB8, CB9, CT3, CT12, CE28, CE29, CE30.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc
(1) Lectura semanal
(2) Preparación do traballo coas tutorias
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
(4) Completar as clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas
(6) Realización semanal das tarefas programadas
Delmiro Rocha Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824744
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
31.05.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
30.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |