Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A Tras cursar esta materia o alumno debe ser capaz de:
1. Entender o funcionamento e dinámicas comunicativas da sociedade en rede para dispoñer de criterio a fin de deseñar estratexias de comunicación que aseguren a eficiencia comunicativa.
2. Aplicar os modelos combinados de canalización de mensaxes nos medios tradicionais e nos novos medios, así como as estratexias para a comunicación transmedia.
3. Usar as ferramentas máis habituais de traballo nos diferentes contextos e medios.
4. Analizar o consumo de medios (coñecemento dos sistemas de medición de audiencias e dos sistemas de planificación de estratexias comunicativas).
5. Elaborar plans de dirección e xestión da comunicación, o márketing e publicidade para a xestión cultural.
6. Aplicar os mecanismos que conducen a un bo plan integrado de comunicación para a xestión cultural.
1. A Comunicación nas sociedades actuais: as mensaxes, as técnicas e os soportes, as marcas.
2. A Comunicación nas organizacións: modelos organizativos, técnicas.
3. A publicidade: técnicas persuasivas, modelos narrativos.
4. O márketing: tipos de márketing, mercadotecnia dixital.
5. Estratexias de comunicación: plan global de comunicación.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. ASPECTOS BÁSICOS DO PROCESO COMUNICATIVO
1. Introdución
2. Fundamentos epistemolóxicos:
2.1. Relacións entre comunicación e marketing
2.2. Comunicación cultural
2.3. Factores da comunicación
3. Modelos clásicos de comunicación
3.1. Modelos lineais
3.2. Modelos circulares
3.3. Modelos reticulares
4. Estruturas básicas do proceso de comunicación publicitaria e corporativa
TEMA 2. AS FERRAMENTAS DA COMUNICACIÓN
1. Comunicación estratéxica e táctica.
2. Comunicación corporativa:
2.1. Tipos de comunicación corporativa
2.2. Claves dunha boa comunicación corporativa
3. Relación con medios
4. Comunicación Publicitaria
5. Imaxe de marca
5.1. A imaxe de marca nas redes sociais
TEMA 3. CANLES DE COMUNICACIÓN
1. Modelos de xestión cultural
2. Metodoloxía de proxectos na xestión cultural
2.1. Definición do proxecto
2.2. Dotación de recursos
2.3. Execución
2.4. Comunicación
3. Desenvolvemento dunha estratexia de marketing
3.1. Análise de situación: DAFO
3.2. Estrutura e contidos dun Plan de marketing
4. Medios e soportes
4.1. Medios e soportes convencionais
4.2. Marketing non convencional
4.3. Marketing mix
5. Novas morfoloxías publicitarias adecuadas a novos escenarios de recepción.
TEMA 4. A ESTRATEXIA NA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
1. Introdución
2. Obxectivos da comunicación
3. Desenvolvemento da estratexia da comunicación
4. Mix de comunicación ou mestura de comunicación
4.1. Instrumentos
4.2. Criterios de selección de instrumentos
5. Planificación de medios
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Lectura de textos e reflexións que axuden á comprensión da comunicación e publicidade.
• Debate en grupos reducidos ao redor de diferentes supostos prácticos facilitados pola docente.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cuadrado M. (2019). Mercados culturales: Doce estudios de marketing. Barcelona: Editorial UOC.
Cuesta Cambra, U. (2012). Planificación estratégica y creatividad. Madrid: ESIC Editorial.
Grant, R. (2014). Dirección estratégica: conceptos, técnicas y aplicaciones Navarra: Editorial Aranzadi.
Salmon, C.(2008) Storytelling: la máquina de fabricar historias y formatear la mente . Barcelona: Ediciones Península.
Sanagustín, E. (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amorós García, Marc (2018). Fake News. La verdad de las noticias falsas. Barcelona: Plataforma Actual.
Carrión, R. (2015) Análisis de los usos y prácticas profesionales. Datos sobre las redes en los medios de comunicación y en las empresas e instituciones. Estudios sobre el mensaje periodístico. Vol. 21. Recuperado de http://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/view/51134/47472
Cassany, D. (2006). Tras las Líneas. Sobre la escritura contemporánea. Barcelona: Anagrama
Grewal, Dhruv; Levy, Michael (2018). Marketing (6.ª ed.). Nueva York: McGraw-Hill Education
Guerrero-Pico M. y Scolari C. (2016). Narrativas transmedia y contenidos generados por los usuarios: el caso de los crossovers. Cuadernos.info, 38,183-200.
Hernández Martínez, C. (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
Jaramillo-Dent, D., Vizcaíno-Verdú A., De-Casas-Moreno P., Baldallo-González, C. (2020) Instagramming: Temas, Tópicos y Tendencias. Barcelona: Octaedro.
Jenkins, Henry (2008). Convergence Culture. La cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Barcelona: Paidós.
Linheira, J (2018). La cultura como reserva india. Treinta y seis años de políticas culturales en Galicia. Madrid: Editorial Hispalibros.
Pérez-Tornero, J. M. (2020). La gran mediatización I. El tsunami que expropia nuestras vidas. Del confinamiento digital a la sociedad de la distancia. UOCPress – Comunicación, número 50.
Ricarte, José M (1998). Creatividad y comunicación persuasiva. Barcelona: Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona.
Rius Ulldemolins, J. y Rubio Arostegui, J.A (Coord.) (2016) Treinta años de políticas culturales en España: Participación cultural, gobernanza territorial e industrias culturales. Revista Andaluza de Antropología, ISSN 2174-6796, Nº. 11, 2016, págs. 288-293.
Rivera, J (1995). El periodismo cultural. Buenos Aires: Paidós Estudios de Comunicación.
Rodrigo Alsina, M. (1995). Los modelos de la comunicación. Madrid: Editorial Tecnos.
Rodríguez-Ardura, I. (2014) Estrategia de marketing de medios sociales: conceptos y pasos para formar conexiones. Oikonomics [en línea]. nº 2, pp. 15-19.
Solana, D. (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
Zafra, Remedios (2017). Después del entusiasmo. Madrid: Anagrama.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1-Capacidade de manexar eficientemente a información provinte de distintos cauces para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2- Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB3- Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica do dinámicas socio-culturais existentes.
CB4- Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten o autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO)
CB5- Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos e da cultura da paz
CB6- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran autodirixido ou autónomo
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1- Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación
CT2- Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
CT3- Capacidade de coordinar actividades e traballar de forma colaborativa con colegas, redes e equipos de investigación no contexto dos servizos culturais
CT4- Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva
CT5- Habilidade na comunicación escrita e oral
CT6- Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos
CT7- Fomento do interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos coñecementos
CT8- Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida)
CT9- Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT10- Capacidade de adaptación a novas situacións (flexibilidade no uso e transferencia do coñecemento)
CT11- Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo)
CT12 - Compromiso ético
CT13 - Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e a información
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE27- Coñecemento das políticas de xestión da diversidade lingüística nas sociedades multiculturais
CE28- Capacidade de situarse ante contextos culturais concretos e desempeñar as funcións dun xestor cultural
CE29 - Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos desde a perspectiva dun xestor cultural
CE30 - Adquisición das ferramentas precisas para a difusión dos produtos culturais
A modalidade semipresencial marca o tipo de aprendizaxe que se sustenta na aula virtual como plataforma de nexo de unión entre o alumnado e a docente. O material de aula e os todos os recursos didácticos de apoio quedarán dispoñibles para a súa libre consulta.
A metodoloxía docente fomentará que o alumnado dispoña de ferramentas que lle permitan construír en por si o proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias. Para iso combinaranse diferentes técnicas (lección maxistral, resolución de exercicios e casos prácticos, aprendizaxe orientada a proxectos) que propicien en todo momento situacións dinámicas, participativas e interactivas para o alumnado.
Ademais fixarase un cronograma calendarizado para a entrega de prácticas e traballos. Habilitaranse diferentes foros de debate para que a participación sexa activa e continua co fin de contribuír a xerar conversación relacionada coa materia de estudo, aclarando posibles dúbidas e dando seguimento aos contidos.
Cada quince días celebrarase unha sesión de clases presencial, de carácter optativo na súa asistencia para o alumnado, que servirá de apoio no proceso formativo.
O alumnado que non asista presencialmente ás clases dispoñerá dos mesmos materiais, actividades e recursos cos que contarán os que se asistan. Os alumnos poderán solicitar as titorías a través das distintas canles (correo electrónico, en clase, etc) que se desenvolverán de forma virtual a través de Microsoft TEAMS ou teléfono nos horarios establecidos para iso.
Tendo presente que a materia está impartida por unha profesora asociada, é dicir, unha profesional activa no mundo laboral, daráselle prioridade á análise e aplicación práctico da teoría a supostos reais. Deste xeito, a elaboración de varios traballos individuais e por grupos por parte do alumnado será o fío condutor e obxectivo final de consecución da materia.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a) Exercicios prácticos individuais e grupais (debate, lecturas, análises de casos) (60%).
b) Participación activa nas canles de comunicación establecidos (foros, mensaxes #etc) e seguimento regular do curso (10%).
c)Exame teórico (30%). O exame é obrigatorio.
Segunda oportunidade (xullo):
Neste caso avaliarase nun 50% a parte práctica, que consistirá nun exercicio práctico individual acordado coa profesora, e nun 50% a parte teórica, que consistirá nun exame. Será necesario alcanzar un mínimo de catro puntos en cada unha das partes (práctica e teórica) para poder calcular a media que permita avaliar de forma positiva a materia.
ALUMNADO REPETIDOR:
Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación continua descrito con anterioridade.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato dispénsaa de asistencia a clase e, por tanto, non poidan seguir o sistema de avaliación continua, deberán acordar coa profesora un exercicio práctico que computará o 50% da nota que se completará noutro 50% coa realización dun exame teórico, tendo que obter un mínimo de catro puntos en cada parte para poder calcular a media que permita avaliar de forma positiva a materia.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só teranse en conta a estes efectos aqueles casos que fosen valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
Sesións presenciais: 7 horas (non obrigatorias).
Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 20 horas.
Realización do traballo programado: 28 horas.
Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 20 horas.
Na modalidade de docencia semipresencial será indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual de forma frecuente e cada semana ao longo de todo o cuadrimestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados pola docente, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización en prazo das tarefas programadas será o modo máis eficaz de conseguir os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión quincenal de carácter presencial, aínda que non obrigatoria, será moi útil para aclarar os contidos máis complexos da materia.
Valorarase de forma positiva o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, o seguimento das actividades programadas e o seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC. Así como unha actitude proactiva nas aulas. Recoméndase que o alumnado realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema co fin de seguir de forma correcta o temario e a adquisición de competencias.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, a maiores, todos os procesos realizados durante as prácticas serán coñecementos que poderán ser avaliados.
Uxia Caride Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uxia.caride.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
04.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
03.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |