Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecementos
Con03: Seleccionar coñecementos avanzados dos principais métodos de investigación aplicables ao ámbito de traballo ou de aprendizaxe na práctica profesional.
Con07: Recoñecer os criterios de actuación para a adaptación dos proxectos artísticos e patrimoniais en situacións de cambio a partir do coñecemento das dinámicas e do papel dos distintos axentes do sector cultural.
Esta materia pretende dotar o alumnado dunha serie de habilidades e competencias de orientación práctica, centradas respectivamente na xestión da investigación e nos procedementos máis comúns na intervención sobre o patrimonio. Os núcleos temáticos arredor dos que se organiza a materia son os seguintes:
A investigación nun contexto internacional (opcións de financiamento por parte de institucións públicas e privadas, redacción dunha solicitude de proxecto, colaboración co sector privado). Políticas e estratexias de transferencia.
Documentación e difusión da investigación (redacción de memorias de seguimento e informes, xustificación económica). Creación, conservación e interoperabilidade de arquivos dixitais (plan de xestión de datos).
Organización e coordinación de equipos humanos dedicados á investigación.
Recursos para a investigación do patrimonio: tratamento de fontes, técnicas de documentación e organización da información. Estruturación de textos científicos e traballos académicos.
Do informe histórico-artístico á incoación dun expediente BIC. Informes técnicos en restauracións, rehabilitacións e plans directores.
Instrumentos e métodos para a catalogación do patrimonio cultural.
AA.VV. Manual de gestión del patrimonio cultural. Madrid: Síntesis, 2008.
Bellido Gant, María del Mar. La gestión documental del patrimonio cultural. Granada: Comares, 2017.
Borrego, Ángel. Gestión de la información científica en la era digital. Barcelona: UOC, 2011.
Capel, Horacio. El patrimonio cultural: concepto, protección, gestión y uso. Barcelona: Edicions del Serbal, 2019.
De la Torre, Marta (ed.). Assessing the Values of Cultural Heritage. Los Angeles: Getty Conservation Institute, 2002.
Fontal Merillas, Olaia. La educación patrimonial: del patrimonio a las personas. Xixón: Trea, 2003.
González-Varas Ibáñez, Ignacio. Conservación de bienes culturales: teoría, historia, principios y normas. Madrid: Cátedra, 2008.
Hernández Hernández, Fernando. Cómo redactar informes científicos y académicos. Madrid: Narcea, 2020.
Herráez, Pedro. El informe histórico-artístico: de la investigación a la gestión del patrimonio. Madrid: Abada, 2014.
ICOMOS España. Principios para la conservación y restauración del patrimonio arquitectónico. Madrid: ICOMOS, 2014.
Llorente Hernández, Ramón. La catalogación del patrimonio cultural: teoría, metodología y práctica. Valencia: Universitat de València, 2016.
López-Yarto, Amelia. Cómo elaborar un informe para la declaración de Bien de Interés Cultural (BIC). Madrid: Ministerio de Cultura, 2010.
Marín Hernández, José Antonio. Elaboración de planes directores para el patrimonio. Madrid: Ministerio de Cultura, 2012.
Muñoz Viñas, Salvador. Teoría contemporánea de la restauración. Madrid: Síntesis, 2004.
Ortega Valcárcel, José. Planificación y gestión del patrimonio cultural. Madrid: Síntesis, 2008.
Rius Ulldemolins, Joaquim. Políticas culturales: hacia un nuevo paradigma. Barcelona: Gedisa, 2010.
UNESCO. Directrices para la gestión de datos de investigación. París: UNESCO, 2021.
Valcárcel, Mª José. La gestión de proyectos de investigación: justificación, seguimiento y evaluación. Sevilla: Universidad de Sevilla, 2015.
Habilidades
H/D01: Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados no campo de estudos.
H/D05: Propoñer novas alternativas de forma autónoma e creativa.
H/D06: Resolver problemas complexos na área de coñecemento, no campo científico ou na práctica profesional, e resolvelos de maneira táctica, estratéxica e creativa.
H/D08: Xestionar proxectos artísticos e culturais no entorno profesional.
H/D09: Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
H/D10: Difundir os resultados da investigación que contribúan ao coñecemento ante públicos especializados e non especializados.
Competencias
Comp03: Traballar de xeito autónomo e con finalidades profesionais.
Comp06: Amosar capacidade de traballo en equipo.
Comp08: Xestionar e transformar contextos de traballo ou de estudo complexos e imprevisibles que demandan novos enfoques estratéxicos.
Comp09: Organizar proxectos e/ou equipos actuando con autonomía individual e/ou liderado cando sexa necesario.
Comp10: Avaliar as responsabilidades respecto aos resultados do propio estudo ou traballo, ou dos doutras persoas, así como ao desenvolvemento profesional de persoas e grupos.
materia ten unha orientación eminentemente profesionalizadora, polo que o groso dos contidos está destinado a familiarizar o alumnado cunha serie de recursos imprescindibles para abordar calquera proxecto futuro, tanto desde a investigación como desde a intervención sobre o patrimonio. Neste sentido, na aula presentaranse exemplos prácticos e casos concretos que poidan servir para interiorizar procedementos e dinámicas de traballo, que comezarán a poñerse en práctica coa realización de proxectos noutras materias como Proxecto de comisariado e Proxectos en xestión do patrimonio.
Para avaliar os resultados da aprendizaxe empregaranse os seguintes métodos e criterios, e as cualificacións indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
Avaliación continua: valorarase a participación activa e continuada do alumnado nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
Realización dun traballo dirixido academicamente (cunha extensión de 12-15 follas), que suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principios metodolóxicos básicos e o coñecemento dos contidos esenciais da materia.
O sistema de avaliación será o mesmo en calquera das dúas convocatorias (maio e xullo).
Alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases: será avaliado mediante un traballo escrito individual (100%), indicado polo profesorado da materia. Este sistema aplicarase nas dúas convocatorias posibles (Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral).
O sistema de cualificacións expresarase mediante notas numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003, do 5 de setembro.
Aplicarase a normativa sobre plaxio da USC.
Estudo da materia impartida e práctica persoal do alumnado dos elementos expostos nas clases: 85 horas
Realización de traballos: 40 horas
TOTAL: 125 horas
Francisco Prado Vilar
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- f.prado.vilar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |