Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Historia
Áreas: Historia da Arte, Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecementos
Con02: Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
Con04: Enumerar os métodos e os procesos para facer fronte a aspectos, situacións e fenómenos complexos do campo de estudo.
Con05: Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Con06: Confeccionar unha conciencia crítica e creativa das posibilidades interdisciplinares entre diferentes campos e disciplinas.
Con07: Recoñecer os criterios de actuación para a adaptación dos proxectos artísticos e patrimoniais en situacións de cambio a partir do coñecemento das dinámicas e do papel dos distintos axentes do sector cultural.
Os profesionais do patrimonio deben ser capaces de desenvolver estratexias de interpretación e divulgación do patrimonio cultural que resulten eficaces nos seus aspectos comunicativos e didácticos, ofrecendo calidade nos contidos, evitando as malas prácticas e promovendo a diversificación da oferta. Ante unha demanda cultural e/ou de lecer e turismo esixente, é necesario ofrecer propostas atractivas mais que teñan como base a investigación arredor do patrimonio e o foco nos contidos. Por iso, nesta materia vaise realizar unha aproximación aos diferentes medios e técnicas de interpretación do patrimonio, que permitan a aprendizaxe, o gozo e a posta en valor de contornos patrimoniais en diferentes tipos de formato (desde visitas guiadas ata a comunicación en redes sociais), establecendo unha conexión intelectual e emocional cos diferentes tipos de público, co obxectivo de fomentar nos usuarios actitudes de respecto e apreciación.
Introdución á interpretación e comunicación do patrimonio.
Potencial interpretativo dos recursos e estratexias didácticas para diferentes tipos de audiencias.
Xestión e organización eficiente da información. Construcción de diferentes tipos de relatos interpretativos e creativos, axeitados ás tipoloxías, recursos, tipos de público... Medios de interpretación persoais e non persoais.
Responsabilidade social: a mediación cultural e a didáctica do patrimonio como elemento activo na salvagarda do patrimonio cultural.
Medios de comunicación e redes sociais.
Alonso, Luis & Ruiz, Esther (2010). Didáctica del patrimonio. Teoría y práctica para educar en contextos patrimoniales. Gijón: Trea.
Ballart, Josep & Juan-Garcia, M. (eds.) (2001). El patrimonio cultural: Concepto, gestión y casos prácticos. Barcelona: Ariel.
Bodo, Simonetta; Gibbs, Katherine; Sani, Marcello (eds.) (2009). Museums as Places for Intercultural Dialogue: Selected Practices from Europe. MAP for ID.
García, L. & Alonso, F. (eds.) (2017). Cultura y comunicación en la era digital. Barcelona: Editorial UOC.
Ham, Sam H. (2013). Interpretation: Making a Difference on Purpose. Golden, CO: Fulcrum Publishing.
Hernández-Hernández, Fernando (2011). Educación, arte y cultura visual: Nuevas perspectivas investigadoras. Barcelona: Octaedro.
López, Carmen (2016). La museografía didáctica. Recursos expositivos para la educación patrimonial. Gijón: Trea.
López de Ávila, Alejandro (ed.) (2013). Patrimonio cultural 2.0. Nuevas tecnologías para la difusión cultural. Barcelona: Ariel.
Prats, Llorenç (2005). Antropología y patrimonio. Barcelona: Ariel.
Sánchez-Carretero, Cristina (ed.) (2013). Heritage, Pilgrimage and the Camino to Finisterre: Walking to the End of the World. Dordrecht: Springer.
Smith, Laurajane (2006). Uses of Heritage. London: Routledge.
Tilden, Freeman (1957 / edición revisada). Interpreting Our Heritage. Chapel Hill: University of North Carolina Press.
Uzzell, David & Ballantyne, Roy (eds.) (2008). Contemporary Issues in Heritage and Environmental Interpretation: Problems and Prospects. Norwich: The Stationery Office.
Villaespesa, Elena & Navarrete, Trilce (2021). Digital Heritage and Social Media. London: Routledge.
Competencias
Comp03: Traballar de xeito autónomo e con finalidades profesionais.
Comp04: Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
Comp07: Efectuar as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica.
Comp09: Organizar proxectos e/ou equipos actuando con autonomía individual e/ou liderado cando sexa necesario.
Comp10: Avaliar as responsabilidades respecto aos resultados do propio estudo ou traballo, ou dos doutras persoas, así como ao desenvolvemento profesional de persoas e grupos.
Impartición de sesións académicas con carácter teórico-práctico, orientadas a acadar unha aprendizaxe significativa sobre os contidos da materia.
A exposición dos contidos teóricos complementarase coa realización de sesións prácticas e interactivas en relación co deseño de propostas interpretativas e didácticas sobre o patrimonio cultural, que se exporán oralmente na aula para seren avaliadas. A materia terá un carácter eminentemente profesionalizador, polo que eventualmente se proporá tamén a realización de pequenos proxectos individuais de traballo non presencial, relacionados coa xestión dun plan de comunicación ou coa mediación cultural.
Para avaliar os resultados da aprendizaxe empregarase os métodos e criterios que se detallan a continuación, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
Avaliación continua: valorarase a participación activa e continuada do alumnado nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
Realización dun traballo dirixido academicamente (cunha extensión de 12-15 folios), que suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principios metodolóxicos básicos e o coñecemento dos contidos esenciais da materia.
O sistema de avaliación será o mesmo en calquera das dúas convocatorias (maio e xullo).
Alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases: será avaliado mediante un traballo escrito individual (100%), indicado polo profesorado da materia. Este sistema aplicarase nas dúas convocatorias posibles (Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral).
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe do estudantado expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003, do 5 de setembro.
Aplicarase a normativa sobre plaxio da USC.
Estudo da materia impartida e práctica persoal do alumno de elementos expostos nas clases: 85 horas
Realización de traballos: 40 horas
TOTAL: 125 horas
Mario Cesar Vila
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.cesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Francisco Prado Vilar
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- f.prado.vilar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 15 |