Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Historia da Arte, Área externa M.U en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Aproximación aos axentes que conforman o sistema da arte. Estudo das condicións de produción, das relacións no mercado da arte, dos circuítos de difusión mediación, e as dinámicas institucionais.
1.- AS CONDICIÓNS DE PRODUCIÓN
1.1.- Traballo artístico, produción, precarización
1.2.- Fetichización do obxecto artístico e produción inmaterial
2.- SISTEMA DE MERCADO E INSTITUCIÓNS CULTURAIS.
2.1.- Unha relación desigual entre axentes (a economía da arte)
2.2.- Institucións artísticas: profesionalización e lóxica do evento
2.3.- Mediación: novas plataformas para a crítica de arte
3.- O ESPECTADOR ANTE A OBRA DE ARTE CONTEMPORÁNEA (Profa. Dña. Ángeles Alemán).
3.1.- A formación, a información e o debate.
3.2.- O espectador desconcertado e o espectador convertido.3
ALBARRÁN, J., Disputas sobre lo contemporáneo. Arte español entre el antifranquismo y la postmodernidad, Producciones de Arte y Pensamiento, Madrid, 2019.
ALIAGA, J. V.; NAVARRETE, C., Producción artística en tiempos de precariado laboral, Tierradenadie Ediciones, Madrid, 2017.
BOLTANSKI, L.; CHIAPELLO, E.: El nuevo espíritu del capitalismo, Akal, 2002.
CARRILLO, J. (ed.), Desacuerdos 1. sobre arte, políticas y esfera pública en el Estado español, MACBA / Arteleku / Universidad Internacional de Andalucía, Barcelona, 2004.
COHEN-SOLAL, A., El galerista Leo Castelli y su círculo, Turner, Madrid, 2011.
DURÁN, J. Mª, Hacia una crítica de la economía política del arte, Plaza y Valdés, Madrid, 2008.
FINDLAY, M., El valor del arte: dinero, poder, belleza, Fundació Gala-Salvador Dalí, Figueres, 2013.
FREY, B.; POMMEREHNE, W., Musas e mercados. Exploracións na economía da arte, Laiovento, Santiago, 1996.
GRAW, I., ¿Cuánto vale el arte? Mercado, especulación y cultura de la celebridad, Mardulce, Buenos Aires, 2015.
JIMÉNEZ-BLANCO, M. D.; MACK, C., Buscadores de belleza: historias de los grandes coleccionistas de arte, Arial, Barcelona, 2007.
LAZZARATO, M.: “Las desdichas de la ‘crítica artista’ y del empleo cultural”, Instituto europeo para políticas culturales progresivas (2007). [http://eipcp.net/transversal/0207/lazzarato/es ]
LINDEMANN, A., Coleccionar arte contemporáneo, Taschen, Colonia, 2010.
LUCAS, A.; NAVARRO M., Soledad Lorenzo: una vida con el arte, Proyectos utópicos, Madrid, 2014.
THORNTON, S., Siete días en el mundo del arte, Edhasa, Barcelona, 2010.
TRANSFORM: Producción cultural y prácticas instituyentes. Líneas de ruptura en la crítica institucional, Traficantes de sueños, Madrid, 2009.
BÁSICAS E XENERAIS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CG1 - Capacitar para deseñar e gestionar proxectos
CG2 - Predisponer para traballar en equipos interdisciplinares.
CG3 - Desenvolver destrezas de xestión: capacidade de tomar decisións, motivación.
TRANSVERSAIS
CT1 - Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Liderar e definir equipos
multidisciplinares
CT2 - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa
e espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS
CE2 - Dotar dos coñecementos suficientes para incorporarse ao ámbito profesional nas disciplinas impartidas no máster.
CE5 - Posuír e comprender coñecementos en torno á xestión cultural
O ensino organizarase nun total de 11 sesións: unha de 1 hora e 10 de dúas horas de duración.
Durante devanditas sesións desenvolveranse actividades de carácter expositivo, orientadas á presentación dos contidos da materia; sesións interactivas, nas que se potenciará a participación dos\/as estudantes; tutorías en grupo nas que se debaterán problemas específicos da materia; e tutorías individualizadas nas que se analizarán aquelas cuestións que o/a alumno/a desexe suscitar sobre a materia ou os traballos a realizar.
Criterios previos:
O estudante asistirá activamente ás clases en todas as súas modalidades.
O estudante demostrará un dominio dos contidos teóricos do primeiro bloque nunha proba escrita.
Completar o non realizado nas convocatorias ordinaria, con entregas e/ou realización da proba escrita na data indicada no horario oficial da Escola.
A avaliación será global e continua. Contemplará unha valoración integral do traballo e rendemento do estudante nos distintos aspectos do curso ao longo deste, tendo en conta todas as actividades previstas no mesmo. Neste sentido, puntuarase a participación activa en clase.
O nivel de asistencia requirido é de polo menos o 80% do horario lectivo, necesario para poder aplicar o criterio de avaliación continua coa valoración dos demais méritos imprescindibles para poder obter o aprobado final.
Avaliación:
A avaliación da materia realizarase a partir da suma de distintos elementos: asistencia e participación nas clases, e realización dun traballo en grupo. O desglose faise do seguinte xeito:
7 puntos serán avaliados polo profesor que asume a parte dos contidos correpondente á docencia da USC (5 puntos polos contidos do traballo + 2 puntos por asistencia e participación),
3 puntos avaliados polo profesorado que imparte desde Canarias (Universidad de Las Palmas de Gran Canaria).
Nas clases valorarase a participación ao longo do curso en debates y actividades que se propoñan, sempre en relación aos contidos do programa.
O traballo será realizado en grupos de 2 ou 3 alumnos, tamén a partir de temas propostos ao inicio das clases. Daranse as indicacións pertinentes, sobre prazos de entrega e extensión, ao comezo das clases, e estas estarán dispoñibles na Aula Virtual da materia.
Dispensa
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
ACTIVIDADES FORMATIVAS
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDAD
CLASE EXPOSITIVAS 9 80
CLASES INTERACTIVAS 12 80
TITORÍAS EN GRUPO 2 80
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS 1 100
EXAME E REVISIÓN 3 100
ACTIVIDADES AUTÓNOMAS DOS ESTUDIANTES 58 100
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO (Escenario 2)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino - Clases expositivas realizaranse tentando dar prioridade as modalidades sincrónicas (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) fronte ás asíncronas (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia. Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente. As titorías serán telemáticas.
Sistema de avaliación continua
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE PECHE (Escenario 3)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino - Clases expositivas e interactivas realizaranse tentando dar prioridades as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) fronte ás asíncronas (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en pdf, powerpoint, etc.) en función do desenvolvemento da docencia e adaptaranse aos horarios das clases. Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente. As titorías serán telemáticas
Sistema de avaliación: avaliación continua
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ivan Moure Pazos
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.moure [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
06.06.2022 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
12.07.2022 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |