Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao rematar o curso o alumnado terá acadado os seguintes obxectivos relacionados cos ámbitos do SABER, SABER FACER e SABER SER e ESTAR.
Obxectivos referidos ao SABER:
- Definir os conceptos de ensinanza e aprendizaxe e analizar cales son os criterios que definen unha docencia de calidade.
- Identificar os cambios que implica na docencia o novo EEES e reflexionar sobre as súas consecuencias.
- Identificar as competencias que debe ter o profesorado para levar a cabo unha docencia de calidade.
- Identificar as competencias transversais que debemos potenciar no alumnado e coñecer estratexias para desenvolver ditas competencias.
- Coñecer as aplicacións das TICs no ensino universitario e reflexionar sobre a necesidade de integralas na docencia.
- Coñecer os elementos que configuran unha guía docente e reflexionar sobre a importancia de planificar a acción docente.
Obxectivos referidos ao SABER FACER:
- Identificar o noso propio estilo de aprendizaxe e as características que o definen e saber como melloralo.
Deseñar unha guía docente para un curso relacionado co ámbito da saúde incorporando actividades nas que se utilicen distintos métodos didácticos e incorporando recursos tecnolóxicos..
- Realizar unha presentación de Power Point ou similar destinada á docencia tendo en conta criterios de calidade.
- Manexar as ferramentas básicas da Plataforma virtual da USC e coñecer a súa potencialidade como ferramenta de apoio á docencia.
Obxectivos referidos ao SABER SER e ESTAR:
- Comprender e valorar a acción docente como unha labor complexa que esixe preparación e formación específica e a necesidade dunha actualización constante.
- Adoptar unha visión crítica sobre o reto que supón a incorporación ao EEES e valorar as posibilidades e dificultades que presenta de cara a mellorar a calidade da docencia na universidade.
- Adoptar unha actitude responsable e comprometida co propio proceso de aprendizaxe.
Estes obxectivos están dirixidos a que o alumnado adquira un nivel básico de competencia docente.
Tema 1: Tipos de ensinanza. O proceso de ensinanza-aprendizaxe
1.1. ¿Que significa ensinar e aprender?. ¿Que elementos interveñen nunha situación de aprendizaxe?
1.2. ¿Aprendemos todos do mesmo xeito?. Os estilos e enfoques de aprendizaxe
1.3. O proceso de ensinanzaaprendizaxe baseado en competencias
1.3.1. O concepto de competencia. Características e tipoloxía
1.3.2. A importancia das competencias transversais: cales son e como desenvolvelas
Tema 2: Experiencia docente. A planificación docente. As guías docentes. Metodoloxía da Avaliación.
2.1. A guía docente como instrumento de planificación do proceso de ensinanzaaprendizaxe: elementos e proceso de elaboración.
2.2. Os métodos docentes no ensino universitario: A lección maxistral participativa, A aprendizaxe cooperativa, A aprendizaxe baseada en problemas, O estudio de casos
2.3. A integración das TIC na docencia. A elaboración de presentacións multimedia para a docencia
Tema 3: A Formación Continua: Deseño e Impartición da Formación.
Este tema traballarase de forma autónoma a partir da lectura de diversos documentos e outro material.
Tema 4: Novos medios educativos. Dende a práctica clínica a elaboración e exposición de traballos científicos
- Falar en Público
- O profesor como líder dun Grupo de Traballo.
- Introdución ó concepto de Liderado
- Competencias de Liderado.
- Tipos de Liderado
- Dirección do Grupo e Traballo en Equipo
O orde dos temas pode ser alterado en función do desenvolvemento do curso.
POOO"
No curso on line atópanse numerosos recursos e documentos de interese para o estudo deste tema. Para ampliar coñecementos pódese consultar a seguinte bibliografía:
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Monereo Font, C. (2001). La enseñanza estratégica: Enseñar para la autonomía. Aula De Innovación Educativa, (100), 610.
- Monereo Font, C., Badia, A., Bilbao, G., Cerrato, M., & Weise, C. (2009). Ser un docente estratégico: Cuando cambiar la estrategia no basta. C & E: Cultura y Educación, 21(3), 237256.
- Morral Fernández, A., & Bou, T. (2002). Aprendizaje basado en problemas. Revista De Fisioterapia, (1), 2635.
- Torcido Nasarre, G. (2006). Descubriendo el aprendizaje cooperativo en la educación superior: Una experiencia formativa en los seminarios de orientación docente en la escuela de enfermería gimbernat. Ágora De Enfermería, 10(2), 940942.
- Zabalza Beraza, M. A. (2007). La didáctica universitaria. Bordón.Revista De Pedagogía, 59(2), 489510.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- García López, R., Candela, I., & Traver, J. A. (2001). Aprendizaje cooperativo (1st ed.) Editorial CCS.
- Zabalza Beraza, M. A. (2003). Competencias docentes del profesorado universitario: Calidad y desarrollo profesional (1st ed.) Narcea.
- Zabalza Beraza, M. A. (2008). El trabajo por competencias en la enseñanza universitaria. (1st ed., pp. 79113) Valladolid : Servicio de Publicaciones, Universidad Europea Miguel de Cervantes, D. L. 2008.
- Zabalza Beraza, M. A., Iglesias Martínez, M., Lapeña Pérez, C., & Pastor Verdú, F. (2006). Innovación en la enseñanza universitaria. (1st ed., pp. 2) [Alicante] : Institut de Ciències de l'Educació, D. L. 2006.
SENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE FORMACIÓN DO MASTER:
A materia de Enfoques Docentes ten como propósito xeral ofrecervos un espazo de análise e reflexión sobre o proceso de ensinoaprendizaxe en xeral e sobre a docencia universitaria no marco do EEES en particular aportando algunhas ferramentas e recursos para mellorar a calidade docente.
Para os alumnos que exercen a súa profesión no ámbito hospitalario, esta materia ten como finalidade aportarlles coñecementos tanto teóricos como prácticos, que lles permitan planificar e desenvolver con eficacia accións docentes en distintos ámbitos como poden ser a titorización e supervisión de prácticas clínicas do alumnado de enfermería, ou a realización de cursos de formación ou sensibilización dirixidos a pacientes, familiares, escolares, ou calquera outro sector da poboación.
COMPETENCIAS
Esta materia pretende que os alumnos adquiran un nivel básico de competencias docentes.
1) Enfrontarse ao deseño dunha actividade formativa do seu ámbito de formación académico – profesional
2) Elaborar o material audiovisual necesario para apoiar a impartición da actividade
3) Facer unha exposición e defensa pública da proposta formativa deseñada e dos aprendizaxes adquiridos durante o curso, co apoio dunha presentación audiovisual.
En concreto, ao rematar o curso os alumnos deben ser capaces de:
- Organizar e planificar a docencia
- Comunicar de forma oral e escrita na propia lingua os coñecementos docentes
- Incorporar á Actividade docente as habilidades básicas de manexo dun ordenador
- Xestionar a información para o proceso de ensino-aprendizaxe
- Resolver os problemas básicos relacionados coa ensinanza
- Traballar nun equipo multidisciplinar
- Comunicarse con expertos doutras áreas
- Aprender pola súa conta
- Deseñar e xestionar proxectos docentes
- Aceptar a responsabilidade do seu propio aprendizaxe e desenvolvemento profesional, utilizando a avaliación como medio para reflexar e mellorar a súa actuación e aumentar a calidade dos servizos prestados.
- Educar, facilitar, supervisar e apoiar aos estudantes de coidados de saúde e outros traballadores socio-sanitarios.
A metodoloxía a empregar durante o curso combinará diversas modalidades de traballo, técnicas e enfoques metodolóxicos. Pretendemos con elo que a propia forma de impartir o curso se converta nun contido de aprendizaxe.
O desenvolvemento das clases presencias será tipo taller cunha participación activa dos alumnos dirixidos polo profesor.
Ademais das actividades presenciais fomentarase a aprendizaxe autónoma e cooperativa propoñendo outras actividades para realizar fora da aula que impliquen tanto a reflexión e o traballo individual como a interacción co resto dos compañeiros e compañeiras e o traballo colaborativo. Para elo contamos co apoio do curso virtual da USC no que podedes atopar unha ampla información e recursos para traballar cada un dos temas: artigos, páxinas web, blogs, presentacións de power point, etc.
Dado que son poucos estudantes, no caso de que non se poidan desenvolver con normalidade as clases presenciais, desenvolveremos a docencia virtual a través de Teams. Procuraremos realizar a lo menos dúas sesións presenciais nas que os estudantes expoñan a Gía Docente e unha breve lección sobre un tema de libre elección dos da Guía Docente.
Ademais das actividades presenciais fomentarase a aprendizaxe autónoma e cooperativa propoñendo outras actividades para realizar fora da aula que impliquen tanto a reflexión e o traballo individual como a interacción co resto dos compañeiros e compañeiras e o traballo colaborativo a través de Teams. Para elo contamos co apoio do curso virtual da USC no que podedes atopar unha ampla información e recursos para traballar cada un dos temas: artigos, páxinas web, blogs, presentacións de power point, etc.
Os/as estudantes ten que realizar as actividades que figuran a continuación. De existir algún das circuntancias indicadas eno Plan de continexencia ao que se fai referencia no apartado de Observacións faríamos tutorías a través de Teams para orientar as corrección a realizar.
ACTIVIDADES A REALIZAR POLOS ALUMNOS DE FORMA AUTÓNOMA
A parte das actividades puntuais que poidan servir para reforzar algún aspecto ou contido concreto da materia, cada alumno deberá realizar as seguintes actividades:
1. Realización dunha guía docente para un curso ou seminario sobre un tema relacionado coa saúde ou coa súa formación académica previa. Fará entrega desta guía para a súa valoración polo profesor. Na última sesión do curso cada alumno fará unha exposición pública e defensa da guía docente.
2. Preparar unha lección elixida polo alumno e a exposición da mesma nas últimas sesións do curso.
3. Realización de dúas presentacións Power Point ou similares que sirvan de apoio para a exposición da guía docente e da lección.
4. Realización dun informe individual no que se recolla unha reflexión persoal dos coñecementos adquiridos durante o curso. O informe debe facer referencia aos seguintes aspectos:
a) Coñecementos adquiridos: ¿Que aprendín que non sabia antes?
b) Aplicación dos coñecementos: ¿Para que me vai servir o que aprendín?
c) Nivel de satisfacción das expectativas: ¿cumpríronse as miñas expectativas?,
¿aprendín todo o que esperaba aprender?
d) Valoración global do curso e suxestións de mellora: ¿que foi o que máis me gustou?
¿que foi o que menos me gustou? ¿que cousas cambiaría ou melloraría?
Esta materia está enfocada á mellora das competencias Docentes e Expositivas dos estudantes.
A avaliación das competencias sigue un método de Avaliación Continua en base as exposicións dos estudantes e a entrega dos materiais necesarios para a práctica docente (Guía docente, Guión da lección, Elaboración dunha presentación de apoio, ...).
Está previsto que a actividade académica en presenza do profesor sexa presencial pero no caso de que non fose posible, desenvolveríamos unha actividade síncrona utilizando “Reunións de Teams” co apoio do Campus Virtual da USC. Con esto manteríamos a parte esencial da materia aínda que adaptaríamos o instrumento á situación de cada momento.
O sistema de avaliación continua figura neste apartado. O estudantado que non superen a materia mediante a avaliación continua, terá que realizar un exame dos contidos desenvoltos no curso.
Ese exame terá unha parte escrita que substituíra a puntuación dos seguintes apartados:
1. Asistencia: 1 punto
2. Participación: 0,5 puntos
3. Avaliación formativa dos coñecementos sobre Estilos de Aprendizaxe ...: 0,5 puntos
4. Realización das actividades propostas ...: 1 punto
5. Informe individual: 1 punto
O resto do exame será un exame oral no que o estudante terá que facer as exposicións previstas para todo o estudantado.
A avaliación ordinaria da materia inclúe a realización das seguintes actividades:
1. Participación activa no desenvolvemento do curso: valorarase a partir de dous indicadores: Asistencia continuada a clase e participación activa nas actividades que se desenvolvan en clase.
2. Realización dunha guía docente para un curso relacionado co ámbito da saúde.
3. Realización dun Guión dunha lección elixida polo alumno no que se indique de forma detallada o que se pretende facer para o seu desenvolvemento.
4. Exposición pública da guía docente. Implica a defensa pública da guía docente realizada e a realización dunha presentación en Power Point ou similar.
5. Exposición da lección elixida polo alumno. Implica a realización dunha presentación en Power Point ou similar.
6. Realización dun informe individual sobre as aprendizaxes adquiridas no curso
Os alumnos que non superen a materia mediante a avaliación continua poderán realizar un exame final na data oficial fixada pola Facultade. Neste caso deberán entregar a Guía Docente e o Guión da Lección e o informe individual e facer as exposicións da guía e da lección elixida. O resto de actividades serán substituídas por un exame escrito no que deberán demostrar que acadaron os coñecementos expostos.
VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES:
ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN: 15%
1. Asistencia: 1 punto (será necesario a asistencia ó 80% das horas presenciais para superar a materia):
2. Participación: 0,5 punto (terase en conta a percepción do profesor)
CONCEPTOS DA MATERIA 50%
3. Avaliación formativa dos coñecementos sobre Estilos de Aprendizaxe e Deseño e Impartición dunha acción formativa: 0,5 puntos
4. Guía docente: 1,5 puntos (mínimo 1 punto para superar a materia)
5. Presentación da guía docente e da lección elixida: 3 puntos
REALIZACION DE TRABALLOS OU CASOS 25%
6. Realización das actividades propostas (Estilos de Aprendizaxe, Deseño e Impartición dunha acción formativa): 1 punto
7. Calidade das Presentacións Power Point ou similares: 0,5 puntos
8. Guión para a exposición da lección elixida: 1 puntos
APORTACIONS LIBRES DOS ALUMNOS 10%
9. Informe individual: 1 punto
Carga ECTs do curso: 5 créditos que equivalen a 125 horas de traballo do alumno distribuídas do seguinte xeito:
Docencia Presencial: 30 horas
Docencia expositiva: 10 horas
Docencia interactiva: 20 horas
Traballo Persoal e outras actividades: 95 horas
Titorías individuais
Lecturas recomendadas
Elaboración Guía docente e Guión da Lección elixida
Preparación da exposición da Guía e da Lección
Elaboración Presentacións PowerPoint ou similar
As titorías poderanse realizar tanto de forma presencial, no despacho do profesor, como vía correo electrónico ou por medio do teléfono.
PRERREQUISITOS
A materia non precisa de prerrequisitos específicos. Sen embargo recoméndase o seguinte:
- Dispoñer de ordenador persoal con conexión a Internet para poder acceder aos documentos aloxados no curso virtual así como para participar nas actividades online que se organicen.
- Estar dado de alta na USC Virtual para poder acceder ao curso virtual da materia.
- Ter unha actitude favorable e receptiva para a reflexión, a exploración, e o traballo autónomo e colaborativo nunha área de coñecemento distinta á túa formación de orixe.
PLAN DE CONTINXENCIA
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Docencia: a impartición das clases expositivas e interactivas de seminarios e laboratorios será fundamentalmente presencial. As titorías poden ser presenciais e virtuais (a través das ferramentas do campus virtual).
Avaliación: avaliación continua e proba final presencial.
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presenza física):
Ensino: o 50% do ensino expositivo e interactivo pode ser presencial e tamén se levará a cabo de forma electrónica mediante ferramentas e plataformas institucionais, con mecanismos síncronos e asíncronos. As titorías serán preferentemente virtuais.
Avaliación: avaliación continua, cunha proba final, preferentemente presencial.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de ensinar persoalmente):
Ensino: o ensino expositivo e interactivo desenvolverase exclusivamente virtual, a través de ferramentas e plataformas institucionais e mediante mecanismos síncronos e asíncronos. As titorías levaranse a cabo exclusivamente en liña.
Avaliación: avaliación continua cunha proba final de carácter exclusivamente telemático. Para os tres escenarios, a entrega de traballos e informes farase a través do campus virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase la entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizando ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada deste.
Sandra Vidal Martínez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- sandravidal.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Iris Estevez Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- iris.estevez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas Isabel Zendal (Xoán XXIII) |
18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas Isabel Zendal (Xoán XXIII) |
25.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
14.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |