Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dar a coñecer ao alumno o fundamento das principais técnicas dispoñibles para caracterizar as propiedades granulométricas, reológicas e microestructurales dos sólidos pulverulentos e compactados.
- Familiarizar ao alumno co manexo de equipos de caracterización de sólidos pulverulentos e compactados e coa utilización de programas informáticos útiles para a estimación dos parámetros máis importantes.
- Promover que o alumno leve a cabo unha integración da información mediante a aplicación da distintas técnicas.
- Bloque temático 1. Caracterización das propiedades de fluxo de sólidos pulverulentos. Métodos baseados na determinación de forzas de cizalla.
- Bloque temático 2. Caracterización das propiedades de compactación. Curvas forza-desprazamento e modelos de compresión.
- Bloque temático 3. Caracterización microestructural de sólidos pulverulentos e compactados. Porosimetría por intrusión de mercurio e absorción de gases.
- Bloque temático 4. Caracterización do contido en humidade (modelos) e cristalinidad.
• R. Martínez Pacheco. Tratado de Tecnología Farmacéutica Vol. 1. Síntesis, D.L, 2016, Madrid.
• Seville, J.P.K., Tuzun, U Y Clift, R. Processing of particulate solids. Blackie Academic & Professional, Londres, 1997.
• Podczeck, F. Particle-Particle Adhesion in Pharmaceutical Powder Handling. Imperial College press, Londres, 1998.
• Carstensen, J.T. Advanced Pharmaceutical Solids. Marcel Dekker, Inc., Nueva York, 2001.
• Coñecer a incidencia das propiedades reolóxicas e microestructurais dos sólidos sobre os procesos de fabricación e as propiedades finais das formas de dosificación sólidas.
Competencias: CB1, CE1.
• Enumerar e saber describir as técnicas máis empregadas na caracterización reolóxica e microestructural dos sólidos pulverulentos e compactados.
Competencias: CB1, CE1.
• Coñecer a información principal que se deriva do emprego das diferentes técnicas de caracterización de sólidos e a súa utilidade.
Competencias: CB1, CE1.
• Coñecer os criterios para seleccionar, en cada caso, a técnica de caracterización de sólidos máis adecuada.
Competencias: CB1, CB2, CG2, CG7, CE2, CE3.
• Saber realizar os cálculos necesarios para estimar os parámetros habitualmente utilizados na caracterización das propiedades reolóxicas e microestructurales das sólidos
Competencias: CB1, CG7, CE2, CE10.
• Coñecer os aspectos básicos dos sólidos que condicionan a súa interacción coa auga.
Competencias: CB1, CE1.
• Coñecer as técnicas para estudar a interacción dos sólidos coa auga.
Competencias: CB1, CE1.
• Coñecer as repercusións das interaccións sólido-auga no ámbito da tecnoloxía farmacéutica.
Competencias: CB1, CE3.
• Saber buscar, analizar e sintetizar información procedente de diferentes fontes para resolver un caso práctico relacionado coa reología e /ou a microestructura dos sólidos.
Competencias: CB5, CG1, CG4, CG11, CE3, CE4.
• Saber identificar, expor e resolver un caso práctico relacionado coa reoloxía e /ou a microestructura dos sólidos.
Competencias: CB5, CG5, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE11, CE12, CE13.
• Aprender de forma colaborativa
Competencias: CB5, CG9.
O curso contará con apoio e xestión a través da plataforma virtual da USC.
• Exposicións nas que se presentarán as técnicas de caracterización reolóxica e microestructural máis importantes.
• Seminarios interactivos nos que se realizarán actividades dirixidas a pór de manifesto a incidencia destas propiedades sobre as características da forma farmacéutica e para a selección da/s técnica/s máis adecuadas en cada situación concreta.
• Vistita ao Laboratorio do Grupo de Investigación I+D Farma
• Práctica de Laboratorio. Avaliación das propiedades de fluxo de sólidos e/ou interacción sólidos/auga. Realización e entrega de informe de práctica.
• Asistencia ás clases presenciais. Requisito
• Avaliación continua da actividade dos alumnos (10%).
Competencias: CB1, CB2, CG2, CG7, CE1, CE2, CE3, CE1
• Informe de prácticas (40%). A rúbrica de avaliación encontrase na aula virtual da materia
Competencias: CB5, CG1, CG4, CG5, CG9, CG11, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE11, CE12, CE13
• Proba escrita final (50%). A proba consistirá na resolución de exercicios e cuestións curtas.
Competencias: CB1, CB2, CG2, CG7, CE1, CE2, CE3, CE10
Total horas de traballo do alumno (3 ECTS x25 horas/ECTS)...............................75 horas
TRABALLO PRESENCIAL
Clases expositivas ...........................................................................................9 horas
Clases interactivas ..........................................................................................4 horas
Clases prácticas...............................................................................................6 horas
Titorías………...................................................................................................2 horas
Proba final.....................................................................................................2 horas
Total horas traballo presencial na aula e no laboratorio…………………….................23 horas
TRABALLO AUTONOMO DO ESTUDANTE
Estudio autónomo individual ............................................................................38 horas
Resolución de exercicios e problemas...................................................................4 horas
Elaboración, presentación e exposición do informe de prácticas..............................12 horas
Total horas traballo personal do estudante.......................................................... 52 horas
Coñecemento básico de inglés e manexo de programas informáticos.
PREVENCIÓN DA FRAUDE ACADÉMICA.
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida iniciar contra o/a estudanteinfractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados obtidos de fontes de acceso público sen reelaboración ou reinterpretación e sen a debida cita de autorías e fontes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
ASISTENCIA Á CLASE.
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia a clase é obrigatoria.
USO DA CONTA RAI.
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo RAI.
USO DA AULA VIRTUAL E ENTREGA DE TRABALLOS.
Os avisos, actividades e tarefas da materia xestionaranse a través da aula virtual. Os traballos realizados polo estudantado deberán entregarse tamén a través desta plataforma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou en grupo que se realicen para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; - Sempre que sexa posible, utilizar grapas no canto de encadernacións; - Imprimir a dobre cara e en calidade “aforro de tinta”; - Sempre que sea posible empregar follas en branco como separadores de capítulos ou partes; - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO.
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián na aula como nos traballos académicos encomendados.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL.
Non se poderá utilizar o teléfono móbil na aula, agás cando se empregue como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, sendo o estudantado responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inadecuado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS.
Pódese acceder á normativa de referencia “Política de Privacidade e Protección de Datos da USC” en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Alvaro Goyanes Goyanes
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- alvaro.goyanes.goyanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ignacio Insua Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
Martes | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
Mércores | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
Xoves | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Tecnoloxía Farmacéutica |