Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 16 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumno coñecementos suficientes que lle permitan identificar as alteracións neuropsicolóxicas asociadas ao dano cerebral adquirido, as demencias e outros trastornos neurodexenerativos, así como doutras patoloxías do SNC con implicacións neuropsicolóxicas
Proporcionar coñecementos que permitan ao alumno ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso, de acordo coas súas características e contexto.
Coñecer o procedemento a seguir para planificar, realizar, analizar e interpretar unha avaliación neuropsicolóxica.
Proporcionar coñecementos que permitan ao alumno ser capaz de realizar un informe neuropsicolóxico con diferentes propósitos.
Programa teórico
1.- Neuropsicoloxía dos procesos infecciosos cerebrais: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e avaliación neuropsicolóxica.
2.- Neuropsicoloxía das demencias e outros trastornos neurodexenerativos: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e avaliación neuropsicolóxica.
3.- Neuropsicoloxía doutras patoloxías con implicacións neuropsicolóxicas: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e avaliación neuropsicolóxica.
4.- Neuropsicoloxía dos trastornos cerebrovasculares: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e avaliación neuropsicolóxica.
5.- Neuropsicoloxía dos traumatismos cranioencefálicos etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e avaliación neuropsicolóxica.
6.- Neuropsicoloxía dos tumores cerebrais: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e avaliación neuropsicolóxica.
7.- Neuropsicoloxía da epilepsia: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico, e técnicas, e avaliación neuropsicolóxica.
Programa de prácticas
1.- Avaliación neuropsicolóxica dos procesos infecciosos
2.- Avaliación neuropsicolóxica das demencias e outros trastornos dexenerativos
3.- Avaliación neuropsicolóxica doutras patoloxías do SNC con implicacións neuropsicolóxicas
4.- Avaliación neuropsicolóxica dos trastornos cerebrovasculares
5.- Avaliación neuropsicolóxica dos traumatismos cranioencefálicos
6.- Avaliación neuropsicolóxica dos tumores cerebrais
7.- Avaliación neuropsicolóxica da epilepsia
8.- Intervención neuropsicolóxica en dano cerebral adquirido
Bibliografía básica
Arnedo, M., Bembibre, J. y Triviño, M. (2013). Neuropsicología: a través de casos clínicos. Madrid: Médica Panamericana.
Bibliografía complementaria
Barrio Alba del, A. (2018). El informe neuropsicológico.Madrid: Síntesis.
Blumenfeld, H. (2010). Neuroanatomy through clinical cases. (2ªEd). Sunderland, USA: Sinauer Associates
Corral Varela, M. (2018). Evaluación neuropsicológica de la memoria. Madrid. Síntesis.
Code, C. (1996). Classic cases in neuropsychology. Hove, England: Psychology Press.
Code, C., Wallesch, C.W., Joanette, Y. y Lecours, A.R. (2003). Classic cases in neuropsychology. Volume II. Hove, England: Psycyology Press.
Donders, J. (Ed.). (2016). Neuropsychological Report Writing.New York: Guilford Publications.
Gil, R. (2019). Neuropsicología (7ªEd). Barcelona: Elsevier.
Goddglass, H. y Kaplan, E. (2005). Evaluación de la afasia y de trastornos relacionados (3ª Ed). Buenos Aires: Médica Panamericana.
Grant, I. (2009). Neuropsychological assessment of neuropsychiatric and neuromedical disorders (3º Ed.). New York:Oxford University Press.
Holdnack, J. A., Drozdick, L., Weiss, L. G., e Iverson, G. L. (Eds.). (2013). WAIS-IV, WMS-IV, and ACS: Advanced Clinical Interpretation. Amsterdam: Academic Press.
Junqué, C. y Barroso, J. (Coords.) (2009). Manual deNeuropsicología. Madrid: Síntesis.Disponible vía Prelo
Jurado, M.A., Mataró, M, y Pueyo, R. (2013). Neuropsicología de las enfermedades neurodegenerativas. Madrid: Síntesis.Disponible vía Prelo
Kolb, B. y Whishaw, I.Q. (2017). Neuropsicología Humana (7ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Lezak, M.D., Howieson, D.B, Bigler, E.D. y Tranel, D. (2012). Neuropsychological Assessment. New York: Oxford University Press.
Mitrushina, M.N., Boone, K.B., Razani, J. y D’Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment (2ª Ed). New York: Oxford University Press.
Peña-Casanova, J., Gramunt Fombuena, N, y Gich Fullá, J. (2005). Test Neuropsicológicos: Fundamentos para una neuropsicología clínica basada en evidencias. Barcelona: Masson.
Peña-Casanova,J. (2007). Neurología de la Conducta y Neuropsicología. Madrid: Médica Panamericana.
Pérez García, M. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide.
Purves,D., Agustine, G.J., Fitzpatrick, D., Hall, W.C., LaMantia, A, y White, L.E. (2016). Neurociencia (5ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Ropper, A.H. y Samuels, M. (2017) Adams y Victor. Principios de Neurología (10ª ed) México: McGraw-Hill Interamericana de España.
Ruiz-Sánchez de León, J.M. y Pedrero Pérez, E.J. (2014). Neuropsicología de la adicción. Madrid: Médica Panamericana.
Snyder, P.J., Nussbaum, P.D. y Debins, D.L. (2014). Clinical neuropsychology. A pocket handbook for assessment (3ª Ed.) Whashington: American Psychological Association.
Strauss, E, Sherman, E.M.J. y Spreen, O. (2006). A compendium of neuropsychological tests. Administration, norms and comentary (3ª Ed.) New York: Oxord University Press.
Tulsky, D. S. et al (2003). Clinical interpretation of the WAIS-III and WMS-III. Amsterdam: Academic Press.
Weiner, M. F. y Lipton, A. M. (2005). Demencias: investigación, diagnóstico y tratamiento. Barcelona: Masson.
Webs de interés
Sociedad Internacional de Neuropsicología: https://www.the-ins.org/
División de Neuropsicología Clínica de la APA: http://www.div40.org/
Comisión Nacional de Acreditación Profesional (CNAP): http://www.acreditaciones.cop.es/
Das competencias establecidas para o Título de Máster, nesta materia abórdanse as seguintes:
Básicas
CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Xerais
CG2: Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica do comportamento humano, así como os factores sociais e biolóxicos que poden afectalo.
CG5: Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental.
CG6: Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde.
CG7: Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación dos mesmos.
CG11: Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respecto á diversidade e de resolución pacífica dos conflitos.
Transversais
CT3: Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
CT5: Saber desenvolver o seu traballo desde a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
CT6: Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
CT7: Saber analizar desde un punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións.
Específicas
CE2: Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipótese das que deducir enunciados contrastables.
CE3: Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4: Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE8: Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
CE10: Saber redactar informes psicolóxicos de forma adecuada aos destinatarios.
CE11: Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente.
CE12: Coñecer as obrigacións e responsabilidades do persoal sanitario relativas á confidencialidade da información e da protección de datos persoais dos pacientes.
As sesións expositivas, programadas na aula 9 (planta -2, módulo A) en sesións de aproximadamente 2 horas de duración(contemplando o tempo necesario para cumprir as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura), permitirán introducir e explicar os principais tópicos do programa teórico e contarán con apoio audiovisual. A bilbiografía básica para cada tema, así como o material gráfico de apoio, estarándisponibles no Campus Virtual e/ou no servizo de reprografía da Facultade.Se solicitará a realización de actividades con entrega programada e retroalimentación ou autoevaluación, a través do Campus Virtual ou de Forms para realizar a avaliación continua formativa.
As sesións interactivas, impartiranse en dous grupos no Laboratorio de Neuropsicología, (planta -2, módulo A) en sesións de aproximadamente 2 horas (contemplando o tempo necesario para cumprir as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura). Para lograr o máximo aproveitamento do tempo no laboratorio, entregarase con antelación o material necesario para a realización das actividades previstas, que o estudante deberá ler antes de acudir á sesión interactiva. Solicitarase a realización de actividades con entrega programada e retroalimentación ou autoevaluación, ben presencialmente, ben a través do Campus Virtual ou de Forms para realizar a avaliación continua formativa.
Ademais das sesións expositivas e interactivas, realizaranse tutorías individuais e en grupos reducidos.
Tutorías individuais: as profesoras da materia estarán dispoñibles nos seus despachos para consultas individuais sobre os contidos da materia no horario indicado na páxina web da Facultade
Tutorías en grupos reducidos: Programarase unha sesión de tutoría en dous grupos ao longo do semestre para valorar a evolución da materia e resolver dúbidas sobre a avaliación da mesma. Comunicaranse as datas coa debida antelación no Campus Virtual.
Por último, o proceso de aprendizaxe require do traballo autónomo do estudante, que deberá dedicar un tempo á lectura e estudo da bibliografía básica, á consulta do material didáctico adicional dispoñible no Campus Virtual e á realización das actividades solicitadas. Ademais, ao longo do curso recomendaranse lecturas complementarias.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptala a escenarios de semipresencialidad ou de docencia telemática (ver Observacións).
A avaliación dos coñecementos e das competencias adquiridas realizarase atendendo aos seguintes criterios:
(1) Avaliación continua formativa mediante a realización de diferentes actividades programadas a través do Campus Virtual ou de Forms, con retroalimentación ou autoevaluación, sobre os contidos teóricos e prácticos de cada tema (40% da cualificación final).
(2) Proba final complementaria presencial sobre o programa teórico e práctico, na data prevista oficialmente (60% da cualificación final). A proba consistirá na resolución dun caso e a resposta a preguntas curtas relacionadas co mesmo.
Para que calquera dos dous elementos nos que descansa a avaliación (avaliación continua e proba final complementaria) somen na cualificación final débese alcanzar un nivel mínimo en cada unha delas que represente un 50% da puntuación máxima.
Considerarase "non presentado" aos estudantes que non realicen a proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plagiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e ás fontes.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptala a escenarios de semi-presencialidad ou de docencia telemática (ver Observacións).
A materia consta de 4,5 créditos, que se corresponden cun total estimado de 112,5 horas de traballo do estudante. A distribución estimada, para o tres escenarios, é:
- Asistencia a actividades presenciais/virtuais síncronas: 37 horas (Expositivas: 20 h; Interactivas: 16 h; Tutoría dirixidas a grupos reducidos: 1 h)
- Traballo non presencial: 75,5 horas (Actividades de lectura e estudo de materiais: aprox. 60 h; realización de actividades avaliables: aprox. 15,5h.)
Para o correcto seguimento da materia recoméndase:
- Ter formación a nivel de grao nas materias máis directamente relacionadas con esta: Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Conductual; Neurociencia Cognitiva; Neuropsicología; Avaliación Psicolóxica I e II, e Psicometría.
- Seguimento continuado das actividades: Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas; implicación activa na dinámica de clase; lectura previa do material didáctico de apoio ás actividades interactivas para o máximo aproveitamento do tempo presencial no laboratorio; estudo dos contidos a medida que se vai desenvolvendo o programa; aproveitamento das tutorías para a resolución de dúbidas ou orientación no proceso de aprendizaxe
Plan de Continxencia:
Atendendo ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura exponse as seguintes adaptacións para os escenarios 2 (docencia semipresencial) e 3 (docencia telemática).
Escenario 2
Metodoloxía docente
Seguindo o mesmo calendario, distribución horaria e localización recollidos no escenario 1, realizaranse as seguintes adaptacións:
- Sesións expositivas. Impartirase presencialmente polo menos o 50% da docencia programada e telemáticamente, de maneira síncrona, a restante a través do equipo da materia en Teams (Neuropsicología-G2011328).
- Sesións interactivas. Impartirase presencialmente polo menos o 50% da docencia programada e telemáticamente, de maneira síncrona, a restante a través do equipo da materia en Teams (Neuropsicología-G2011328).
- Tutorías individuais. Serán presenciais, previa cita, ou telemáticas mediante Teams no mesmo horario de tutorías do escenario 1.
- Tutorías en grupos reducidos: Manteranse como no escenario 1.
Sistema de avaliación
En relación co escenario 1, a única adaptación consistirá en que a proba final complementaria será telemática síncrona a través do Campus Virtual.
Escenario 3
Metodoloxía docente
Seguindo o mesmo calendario e distribución horaria realizaranse as seguintes adaptacións:
- Sesións expositivas: Impartirase o 100% en sesións telemáticas síncronas a través do equipo da materia en Teams (Neuropsicología-G2011328). Poderanse facilitar, ademais, recursos docente telemáticos asíncronos (presentacións narradas, vídeos, etc.).
- Sesións interactivas: Impartirase o 100% en dous grupos en sesións virtuais síncronas a través do equipo da materia en Teams (Neuropsicología-G2011328). Poderanse facilitar, ademais, recursos docentes telemáticos asíncronos (presentación narradas, vídeos, etc.).
- Tutorías individuais: Serán telemáticas, a través de Teams, no mesmo horario de tutorías do escenario 1.
- Tutorías en grupos reducidos: A sesión será telemática a través do equipo da materia en Teams (Neuropsicología-G2011328).
Sistema de avaliación
En relación co escenario 1, a única adaptación consistirá en que a proba final complementaria será telemática síncrona a través do Campus Virtual.
Maria Montserrat Corral Varela
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813885
- Correo electrónico
- montse.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 9 |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
12.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |