Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 8 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Proporcionar aos estudantes coñecementos sobre os fundamentos teóricos e empíricos da intervención en Neuropsicoloxía.
- Dar a coñecer aos estudantes as principais estratexias de intervención e rehabilitación neuropsicolóxica.
- Proporcionar coñecementos que permitan aos alumnos e alumnas ser capaces de deseñar, desenvolver e avaliar programas de rehabilitación neuropsicolóxica, en función do diagnóstico e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso
- Proporcionar coñecementos que permitan ao alumno ser capaz de identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.
1. Fundamentos da intervención neuropsicolóxica. Principios da rehabilitación neuropsicolóxica: plasticidade cerebral, obxectivos e variables modeladoras da recuperación. Estratexias de intervención neuropsicolóxica.
2. Técnicas de rehabilitación neuropsicolóxica. Aspectos a ter en conta para planificar, aplicar e avaliar un programa de rehabilitación.
3. Rehabilitación neuropsicolóxica das funcións cognitivas: atención-concentración, memoria, linguaxe, funcións executivas, praxias, gnosias e conciencia dos déficits.
4. Rehabilitación neuropsicolóxica na práctica clínica: ámbitos de aplicación, intervención coas familias, aspectos éticos e legais.
Bibliografía básica:
Bruna Rabbasa, O., Roig Fusté, J. M., Puyuelo Sanclemente, M., Junqué Plaja, C. & Ruano Hernández, A. (2011). Rehabilitación Neuropsicológica: Intervención y práctica clínica. Barcelona: Elsevier.
Muñoz, J.M. & Tirapu, J (2001). Rehabilitación neuropsicológica. Madrid: Síntesis.
Muñoz Marrón, E. (2006). Estimulación cognitiva y rehabilitación neuropsicológica. Barcelona: UOC.
Noggle, C., Dean, R., & Barisa, M. T. (Eds.). (2013). Neuropsychological Rehabilitation. Springer Publishing Company.
Sohlberg, M. M. & Mateer, C. A. (2001). Cognitive Rehabilitation: An integrative neuropsychological approach. New York: Guilford Press.
Triviño, M., Arnedo, M., Bembibre, J. (coord.) (2020). Neuropsicología a través de casos clínicos. Evaluación y rehabilitación (2ª ed.). Madrid: Médica-Panamericana.
Bibliografía complementaria:
Arnedo, M., Bembibre, J., Montes, A., Triviño, M. (2015). Neuropsicología Infantil: A través de casos clínicos. Madrid: Médica Panamericana
Arango Laprilla, J.C. (2006). Rehabilitación Neuropsicológica. México: Manual Moderno.
Attix, D.K. & Welsh-Bohmer, K.A. (2006). Geriatric neuropsychology: assessment and intervention. New York: Guildord Press.
Bruna Rabassa, O., Signo Miguel, S. & Molins Sauri, M. (2018). Intervención neuropsicológica en los trastornos neurodegenerativos. Madrid: Síntesis.
Champion, A.J. (2006). Neuropsychological Rehabilitation: A resource for group-based education and intervention. England: John Wiley & Sons.
De Noreña, D., Ríos-Lago, M., Bombín-González, I., Sánchez-Cubillo, I., García-Molina, A. & Tirapu-Ustárroz, J. (2010). Efectividad de la rehabilitación neuropsicológica en el daño cerebral adquirido (I): atención, velocidad de procesamiento, memoria y lenguaje. Revista de Neurología, 51: 687-98.
De Noreña, D, Sánchez-Cubillo, I, García-Molina, A, Tirapu-Ustárroz, J., Bombín-González, I. & Ríos-Lago, M. (2010) Efectividad de la rehabilitación neuropsicológica en el daño cerebral adquirido (II): Funciones Ejecutivas, Modificación de conducta y psicoterapia, y uso de nuevas tecnologías. Revista de Neurología, 51: 733-744
Gil, R. (2019) Neuropsicología (7ª ed.). Barcelona: Elsevier.
Johnstone, B & Stonnington, H. (2009). Rehabilitation of neuropsychological disorders: A practical guide for rehabilitation professionals. New York: Psychology Press.
Junqué, C. & Barroso, J. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.
Kolb, B. & Whishaw, I.Q. (2006). Neuropsicología Humana (5ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Lezak, M.D., Howieson, D.B & Loring, D.W. (2004). Neuropsychological Assessment (4ª Ed). New York: Oxford University Press.
Navarro, J.F. & Espert, R. (1995). Neuropsicología: casos clínicos y pruebas razonadas de autoevaluación. Madrid: Siglo Veintiuno.
Pardos Veglia, A. (202019). Intervención neuropsicológica infantil. Madrid: Síntesis.
Pérez M. (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide
Pérez Sánchez, M. (2019). Intervención neuropsicológica en los trastornos adquiridos del lenguaje. Madrid: Síntesis.
Prigatano, G.P. (1999). Principles of Neuropsychological Rehabilitation. New York: Oxford
University Press.
Rains, G.D. (2003). Principios de Neuropsicología Humana. Mexico: McGrawHill.
Tirapu, J., Ríos, M, y Maeztu, F. (2009). Manual de Neuropsicología. Barcelona: Viguera.
Wilson, B. A., Gracey, F., Evans, J. J., & Bateman, A. (2009). Neuropsychological Rehabilitation: Theory, Models, Therapy and Outcome. Cambridge University Press
Sánchez Cabeza, A. (2018). Intervención neuropsicológica y funcional en apraxias. Madrid: Síntesis.
Wilson, B. A., Herbert, C.M. y Shial, A. (2003). Behavioural approaches in neuropsychological rehabilitation: optimising rehabilitation procedures. New York: Psychology Press.
Outros recursos con información de interese sobre Intervención Neuropsicolóxica:
Portal de Neuropsicoloxía: http://www.neuropsychologycentral.com
División de Neuropsicoloxía Clínica da APA: http://www.div40.org/
Revistas especializadas en Rehabilitación Neuropsicolóxica:
Neuropsychological Rehabilitation: http://taylorandfrancis.metapress.com
Neurorehabilitation: http://www.iospress.nl
Das competencias establecidas para o Título de Máster, nesta materia se abordan as seguintes:
Básicas e Xerais:
CG11 - Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respeto á diversidade e de resolución pacífica dos conflictos.
CG6 - Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no ámbito da Psicoloxía Xeral Sanitaria, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde.
CG8 - Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concurran en cada caso.
CG9 - Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións adecuadas para unha interacción efectiva cos pacientes, familiares e coidadores nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguemento psicolóxicos.
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Específicas:
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipóteses das que deducir enunciados contrastables.
CE5. Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica mais adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, tratamento, rehabilitación, consello, asesoramento, etc.).
CE6. Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
CE7. Saber realizar o seguimento dunha intervención, de acordo cos obxectivos fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas
Transversais:
CT3: Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
CT5: Saber desenvolver o seu traballo dende a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
CT7. Saber analizar dende o punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións
As clases, de 120 minutos de duración, impartiranse no Laboratorio de Neuropsicoloxía (planta -2 do Módulo A). Consistirán en sesións presenciais expositivas dos temas recollidos no programa de contidos e sesións interactivas. Para o seu mellor seguimento, previamente o/a estudante disporá do material de apoio utilizado na aula.
As sesións interactivas impartiranse tendo en conta o desenvolvemento de contidos nas sesións expositivas, estando programadas para realizarse trala finalización da exposición de contidos en cada tema. Nas sesións interactivas inclúense actividades relacionadas co estudio de casos e a aprendizaxe baseada en problemas, así como co manexo de ferramentas do ámbito da intervención neuropsicolóxica. O/a alumno/a irá elaborando un informe sobre estas actividades, recolléndoas nun portafolio que deberá entregar á profesora a través do Campus Virtual.
Ademais, coa finalidade de valorar a evolución, grao de adquisición de coñecementos e habilidades adquiridas por parte dos/as estudantes nas clases, deberán realizar un Traballo Tutelado individual, integrando a súa aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos. Este traballo será entregado a través do Campus Virtual.
As actividades formativas das clases compleméntanse coa asistencia a titorías.
*Titorías individuais: a profesora da materia estará dispoñible en horario de titorías para atender dúbidas e calquera cuestión relacionada co desenvolvemento da materia e os seus contidos. O horario de titorías está exposto na páxina web da Facultade, e na porta do seu despacho (nº 78, módulo A).
*Traballo autónomo do estudante: Ademais da asistencia ás actividades presenciais, o estudante deberá adicar un tempo á lectura de materiais complementarios e estudo dos contidos, así como á elaboración de informes.
*O Campus Virtual da USC será a ferramenta que se utilice para por a disposición do alumnado calquera dos materiais relacionados coa metodoloxía docente da materia, que terán por defecto formato dixital. Adicionalmente poderá dispoñerse de materiais no servizo de reprografía da Facultade.
*Crearase un foro específico no Campus Virtual dirixido a atender dúbidas relacionadas coa docencia.
*A docencia presencial se impartirá nun escenario de "normalidade adaptada" dacordo ás Directrices da USC para o desenvolvemento da docencia no curso 2020-21 (acordo de Consello de Goberno 30/4/2021).
*En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou semipresencialidade (ver apartado de Observacións)
A avaliación dos coñecementos e das competencias adquiridas, tanto nas clases teóricas como prácticas, realizarase atendendo aos seguintes criterios:
1.- Realizarase un exame final do programa teórico e de prácticas completo, dirixido a verificar o nivel de coñecementos dos estudantes. Este exame terá un peso do 50% na cualificación final.
2.- Valorarase a asistencia ás clases e participación nelas, co cumprimento das actividades programadas en cada unha das sesións e a elaboración do correspondente portafolio. A avaliación desta parte pesará un 20% na cualificación final.
3.- Valorarase a realización dun informe de traballo individual, tendo en conta: a capacidade para argumentar e responder ás cuestións formuladas; a organización da información; a expresión e coherencia do documento; o manexo e precisión da linguaxe científica; a calidade formal da presentación escrita seguindo as normas da APA. A avaliación desta parte suporá un 30% da cualificación final
*Para que calquera dos elementos nos que descansa a avaliación sumen na cualificación final débese alcanzar un nivel mínimo en cada uno deles, que represente un 35% da puntuación máxima.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver apartado de Observacións)
A materia consta de 3 créditos, que se corresponden cun total estimado de 75 horas de traballo do estudante, que se reparten en:
- Asistencia a actividades presenciais: 25 horas (Expositivas: 16 h; Interactivas: 8 h; Titorías: 1 h)
- Traballo non presencial: 50 horas (Actividades de lectura e estudio de materiais: aprox. 35 h; elaboración de informes: aprox. 15 h.)
-Asistir regularmente ás clases expositivas e interactivas.
-Participar e implicarse activamente na dinámica das clases e na realización das actividades programadas.
-Preguntar para resolver dúbidas.
-Completar as notas de clase coas lecturas recomendadas dos materiais.
-Estudar os contidos a medida que se vai desenvolvendo o programa.
-Utilizar as titorías para a resolución de dúbidas e/ou orientación no proceso de aprendizaxe.
-Facer e entregar o traballo/portafolio nos prazos fixados.
No desenvolvemento da materia se considerará que o/a alumno/a ten formación a nivel de grao en materias sobre as bases biolóxicas da conduta (Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva), en Neuropsicoloxía, así como en materias de intervención en Psicoloxía Clínica e da Saúde. Ademais, que a nivel de posgrao, estará familiarizado con aspectos xerais da intervención en Psicoloxía Sanitaria e a Neuropsicoloxía Aplicada.
**PLAN DE CONTINXENCIA (segue as medidas do Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 acordado no Consello de Goberno USC do 30/4/2021)
ESCENARIO 2. Distanciamento (restriccións parciais á presencialidade física)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual. Ata un 50% da docencia interactiva poderá ser impartida con recursos telemáticos. En calquera caso se manterán os horarios programados.
Teams e o Campus Virtual da USC serán as ferramentas a utilizar para a docencia virtual, síncrona ou asíncrona respectivamente.
Coma no escenario 1 o alumnado terá dispoñible con anticipación -a través do Campus Virtual da USC- todo o material de apoio empregado para a docencia e calquera material necesario para a realización das actividades previstas.
Se manterá a realización e entrega programada de actividades, con retroalimentación ou autoavaliación, a través do Campus Virtual.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de modo telemático (a través de Teams).
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación da aprendizaxe será o mesmo que no escenario 1, pero dependendo das circunstancias sanitarias as actividades contempladas para a avaliación, incluida a proba final, poderían pasar a ser telemáticas. En calquera caso, se terá en conta que “para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Toda a docencia e titorías se realizarán de xeito virtual, mantendo os horarios programados, preferentemente de modo síncrono a través de Teams, ainda que tamén se poderían incorporar recursos asíncronos a través do Campus Virtual. Parte dos contidos poderían ter que ser adaptados ao non poder ter acceso a materiais do Laboratorio de Neuropsicoloxía e/ou ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual.
Coma nos escenarios 1 e 2, o alumnado terá dispoñible con anticipación -a través do Campus Virtual da USC- todo o material de apoio audiovisual e calquera material necesario para a realización das actividades previstas.
Se manterá a realización e entrega programada de actividades, con retroalimentación ou autoavaliación, a través do Campus Virtual.
As titorías levaranse a cabo de modo telemático (a través de Teams).
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación da aprendizaxe será o mesmo que nos outros escenarios, pero as actividades contempladas para a avaliación serán todas telemáticas (a través do Campus Virtual). En calquera caso, se terá en conta que “para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Dolores Rodríguez Salgado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813917
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:45-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
11:00-11:45 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
26.04.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicobioloxía |
06.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicobioloxía |