Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 16 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Proporcionar os coñecementos necesarios para entender como se desenvolven os problemas psicolóxicos na infancia e na adolescencia que se manifestan no ámbito familiar e educativo
2. Capacitar para a identificación, a delimitación e a análise das alteracións emocionais e comportamentais infanto-xuvenís nos contextos familiar e escolar
3. Dar a coñecer as consecuencias psicolóxicas en nenos e adolescentes en situación de risco e as posibles estratexias de prevención e intervención a desenvolver en tales circunstancias
4. Ensinar as habilidades profesionais necesarias para planificar e desenvolver programas de intervención psicolóxica na infancia e na adolescencia, incluindo a valoración das necesidades e obxectivos a considerar, así como dos recursos dispoñibles
5. Capacitar para levar a cabo unha axeitada avaliación dos efectos dos programas de intervención e realizar o seu seguimento
Cuestións conceptuais, consideracións éticas e peculiaridades asociadas á avaliación e intervención na infancia e adolescencia
Avaliación e intervención en problemas de conduta
Avaliación e intervención en problemas de ansiedade
Avaliación e intervención en problemas afectivos
Intervención en situacións de risco para a saúde psicolóxica de nenos/as e adolescentes
Bibliografía básica
Fernández-Zúñiga, A. (2014). Habilidades del terapeuta de niños y adolescentes. Madrid: Pirámide. Edición dixital (Ebook)
Ortigosa, J.M., Méndez, F.J. e Riquelme, A. (2014). Procedimientos terapéuticos en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide. Edición dixital (Ebook)
Bibliografía complementaria
Barkley, R.A. (2006). Niños hiperactivos: Cómo comprender sus necesidades especiales. Barcelona: Paidós
Cerezo, F. (1999). Conductas agresivas en la edad escolar: Aproximación teórica y metodológica, propuestas de intervención. Madrid: Pirámide
Ezpeleta, L. (Ed.) (2005). Factores de riesgo en psicopatología del desarrollo. Barcelona: Masson
Frick, P.J., Barry, C.T. e Kaumphaus, R.W. (2010). Clinical assessment of child and adolescent personality and behavior. Nueva York: Springer
Kazdin, A. E. e Weisz, J.R. (Eds.) (2003). Evidence-based psychotherapies for children and adolescentes. Nueva York: Guilford
Méndez, F.X. y Maciá, D. (Eds.) (1995). Modificación de conducta en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide
Méndez, F.X., Espada, J.P. e Orgilés, M. (Coord.) (2006). Terapia Psicológica con niños y adolescentes: Estudio de casos clínicos. Madrid: Pirámide. Edición dixital (Ebook)
Moreno, I. (2018). Terapia de conducta en la infancia: Guía de intervención. Madrid: Pirámide, 2ª edición (Ebook)
Romero, E., Villar, P., Luengo, M.A., Gómez-Fraguela, J.A. e Robles, Z. (2013). EmPeCemos: Programa para la intervención en problemas de conducta infantiles. Madrid: TEA
Sells, C.P. (1998). Treating the tough adolescent. A family-based, step-by-step guide. Nueva York: Guilford
XENERAIS/BÁSICAS
CG4 - Coñecer en profundidade os factores psicosociales asociados aos problemas de saúde e enfermidade.
CG7 - Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación dos mesmos.
CG8 - Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e evaluar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT3 - Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
CT7 - Saber analizar desde un punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións.
ESPECÍFICAS
CE1 - Saber aplicar as principais teorías sobre a etiología dos trastornos do comportamento humano na conceptualización de cada caso.
CE3 - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4 - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE5 - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramiento, etc.).
CE6 - Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
CE7 - Saber realizar o seguimiento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, si fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
CE9 - Saber deseñar programas de prevención e de promoción da saúde psicolóxica en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles.
En cada clase semanal repartirase o tempo entre a exposición dos contidos teóricos da materia (docencia expositiva) e o debate/discusión ou o traballo práctico do estudio de casos (docencia interactiva de seminario).
A parte expositiva das clases incorporará, para cada tema, a introducción (especificando os apartados, as lecturas básicas e os obxectivos a acadar) e explicación dos tópicos básicos do programa, así como a abordaxe das cuestións que xurdan entre o alumnado. Ademáis formularánse na aula interrogantes ou problemas concretos para motivar e reforzar o interés do alumnado e provocar a implicación activa dos/as estudantes no tema que está sendo tratado.
A parte interactiva incluirá actividades diversas, tales como análise reflexiva de casos ou de documentación audiovisual e tarefas de diseño e planificación de intervencións ante problemáticas diferentes no ámbito da saúde mental infanto-xuvenil. En tales actividades, o traballo individual combinarase con tarefas grupais, que suporán a posta en funcionamento de técnicas de aprendizaxe cooperativa. Ademáis, como actividade complementaria de carácter voluntario, propoñerase un traballo en grupo para ser realizado de forma autónoma, pero sempre baixo orientación e supervisión docente. O traballo deberá presentarse de forma oral ante a clase, permitindo plantexar un debate global no que se intercambiarán preguntas e comentarios relevantes sobre o tópico abordado. A finalidade desta actividade é que o alumnado profundice nas posibles utilidades que a materia ofrece no exercicio da súa profesión.
Como apoio á materia, o alumnado dispondrá dunha aula virtual no Campus Virtual da USC
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia semipresencial ou telemática(ver Observacións).
Na avaliación da materia, tomarase en consideración tanto a valoración do grao de coñecemento adquirido en relación aos contidos da materia, como a avaliación continua formativa. O rendemento no exame teórico-práctico terá un peso do 50% da calificación final do alumno/a (máximo 5 puntos). A avaliación continua suporá o 50% restante da nota; inclúe a valoración das tarefas e actividades interactivas propostas (35%; máximo 3,5 puntos) e a valoración do traballo en grupo voluntario (1,5%, máximo 1,5 puntos).
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia semipresencial ou telemática (ver Observacións).
A materia consta de 4,5 ECTS, que se corresponde cun total de 112,5 h de traballo do estudante que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia a clases expositivas e interactivas: ademais das 36 horas expositivas presenciales
Asistencia a tutorías en grupos reducidos: 2 horas
Traballo non presencial: estímase que o tempo de traballo persoal do estudiantado requirido para superar a materia será de 76,5 horas (actividades de lectura e estudo: 31,5 h, preparación de seminarios e elaboración de informes de prácticas: 30 h, elaboración de traballos en grupo: 15 h).
Tal e como se organiza a materia, a súa superación implica adquirir a capacidade para entender, diferenciar e relacionar conceptos e ideas. Para conseguilo recoméndase o aproveitamento de todos os recursos metodolóxicos que se pon ao alcance do alumnado, isto é, a asistencia ás clases expositivas acompañada da revisión e estudio diario dos contidos, así como a participación activa nas clases interactivas e a implicación nas actividades complementarias.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia poden sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia semipresencial ou telemática (ver Observacións).
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de xeito autónomo polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual.
No caso de que certos contidos teóricos non poidan tratarse en clases expositivas presenciais, serán impartidos a través da aula virtual, utilizando recursos telemáticos asincrónicos (p. ex., presentacións narradas, textos e/ou cuestionarios de autoavaliación). En canto á docencia interactiva que deba impartirse en remoto, as actividades a realizar proporanse a través da Aula Virtual, e serán organizadas en función dunha programación de entregas e seguimento coa oportuna retroalimentación. De ser necesaria a presentación telemática do traballo voluntario en grupo, recorrerase á plataforma Microsoft Teams.
Sistema de avaliación:
Dependendo das circunstancias sanitarias, o exame teórico-práctico poderá ter lugar de xeito telemático. Neste caso, ante a realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Así mesmo, nos escenarios de docencia semipresencial ou telemática, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual.
Recomendacións para o estudio da materia:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, recoméndase levar ao día os contidos e facer seguimento continuado da actividade que se rexistre na Aula Virtual, pois certos temas e tarefas que serán obxecto de avaliación poden ser propostos para traballarse por medios telemáticos.
Estrella Romero Triñanes
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813921
- Correo electrónico
- estrella.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Villar Torres
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813920
- Correo electrónico
- paula.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 9 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 9 |
14.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |