Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Saber manexar axeitadamente as ferramentas informáticas que lle van axudar á análise de datos.
2.- Ser capaz de identificar os aspectos máis importantes no contexto da investigación clínica e da saúde para proceder á súa análise posterior.
3.- Ser capaz de planificar os diferentes deseños de investigación no ámbito da psicoloxía sanitaria.
4.- Ser capaz de seleccionar a mostra axeitada en función dos obxectivos da investigación.
5.- Saber elixir a técnica de análise de datos axeitada ao deseño empregado na investigación.
6.- Saber interpretar os resultados obtidos e comunicar as conclusións no contexto da investigación da psicoloxía clínica e da saúde.
7.- Ser capaz de elaborar un informe de investigación no que se recolla, cunha linguaxe precisa, os distintos aspectos referidos a método, resultados e interpretación.
8.- Saber analizar, de forma crítica, investigacións realizadas por outros autores/as no contexto da psicoloxía clínica e da saúde.
1.- Metodoloxía da investigación no contexto da psicoloxía da saúde.
2.- Deseños de investigación. Clasificación.
3.- Técnicas de análise de datos axeitadas a cada un dos deseños.
4.- Execución informática.
5.- Elaboración do informe de investigación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Ferraces, M.J., Godás, A. e García, J. (2019). Cómo realizar un estudio científico en Ciencias Sociales, de la Educación y de la Salud. Madrid: Dykinson.
León, O. G. e Montero, I. (2020). Métodos de Investigación en Psicología y Educación. Las tradiciones cuantitativa y cualitativa. 4ª edición revisada.McGraw-Hill España.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Argimon, J. M. e Villa, J. J. (2019). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Elsevier Health Sciences.
Ato, M. e Vallejo, G. (2015). Diseños de investigación en psicología. Pirámide.
Balluerka, N. e Vergara, A.I. (2002). Diseños de investigación experimental en Psicología. Madrid: Prentice-Hall.
Botella, J. e Caperos, J. M. (2019). Metodología de investigación en psicología general sanitaria. Síntesis.
Pardo, A., Ruíz M. A. e San Martín, R. (2009). Análisis de datos I en Ciencias Sociales y de la Salud. Síntesis.
Pardo, A. e San Martín, R. (2010). Análisis de datos II en Ciencias Sociales y de la Salud (2ª Ed). Síntesis.
Tejero, J.M. (2021). Técnicas de investigación cualitativa en los ámbitos sanitario y sociosanitario. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Competencias básicas e xerais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CG11 - Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respecto á diversidade e de resolución pacífica dos conflitos.
Competencias transversais
CT1 - Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional.
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
CT4 - Saber formular hipótese de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico.
CT6 - Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
Competencias específicas
CE3 - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4 - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber redactar informes psicolóxicos de forma adecuada aos destinatarios.
CE12 - Coñecer as obrigacións e responsabilidades do persoal sanitario relativas á confidencialidade da información e da protección de datos persoais dos pacientes.
CE16 - Participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito da Psicoloxía Xeral Sanitaria.
- Exposición teórico- práctica, por parte da profesora, dos contidos do temario utilizando como ferramenta de apoio o paquete estadístico SPSS.
- Aprendizaxe instrumental e aprendizaxe baseado en problemas.
- Resolución de exercicios e problemas. Realización práctica dalgún exemplo de investigación, incluíndo planificación da mesma, análise de datos e realización do informe.
1.- Exame teórico-práctico. Comprende o 70% da nota total.
2.- Realización de informe de actividades, que supón o 30% da nota total.
Os/as estudantes que teñan concedida a exención de docencia ou dispensa de asistencia terán o mesmo sistema de avaliación que os restantes estudantes, nas datas oficialmente establecidas.
A materia consta de 3 créditos, o que corresponde a un total estimado de 75 horas de traballo do/a estudante, que se considera repartidas do seguinte modo:
Asistencia a actividades presenciais: 24 horas; 12 en sesións expositivas e 12 en sesións interactivas.
A ASISTENCIA A CLASES EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS resulta fundamental para a comprensión dos contidos traballados na materia e para poder alcanzar os obxectivos da asignatura, se bien non terá valoración na avaliación.
Traballo non presencial: 51 h. Este deberá distribuírse en actividades de estudo (25 horas) e preparación de prácticas (26 horas).
Para un correcto aproveitamento desta materia, recoméndase:
1.- Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura de materiais e estudo dos contidos.
2.- Participación activa na aula.
3.- Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas e orientación no proceso de aprendizaxe.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar dun emprego non adecuado do mesmo.
Patricia Gómez Salgado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813929
- Correo electrónico
- patricia.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
07.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio docente de Psicofisioloxía |
07.07.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |