Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquirir os coñecementos necesarios sobre os principios conceptuais e metodolóxicos das técnicas de potenciais evocados (PE), de resonancia magnética funcional (RMf) e outras técnicas de neuroimaxe, usadas no estudo do envellecemento neurocognitivo.
- Adquirir habilidades e destrezas necesarias para a valoración do significado funcional dos resultados derivados de estudos con distintas técnicas de neuroimaxe funcional no envellecemento.
- Desenvolver unha capacidade de valoración crítica das posibilidades e limitacións desas técnicas na súa aplicación ao estudo do envellecemento.
- Coñecer e saber acceder ás fontes documentais máis importantes sobre a investigación psicofisiolóxica no envellecemento san e con deterioro cognitivo.
- Aprender a elaborar informes no marco dos estudos psicofisiolóxicos do envellecemento.
Parte teórica:
1. Avaliación psicofisiolóxica (neurocognitiva) do envellecemento. Marco xeral; abordaxes. Neurociencia cognitiva do envellecemento.
2. Procedimentos e técnicas de avaliación psicofisiolóxica (neurocognitiva) do envellecemento
3. Principais avances no estudo dos procesos cognitivos avaliados no ámbito da psicofisioloxía (neurociencia cognitiva) do envellecemento san e con deterioro cognitivo: percepción, atención, memoria, linguaxe, funcións executivas.
4. Na procura de marcadores neurocognitivos do envellecemento san e o que cursa con deterioro cognitivo lixeiro (DCL).
Parte práctica:
1. O uso das técnicas de rexistro da actividade cerebral en humanos na investigación do envellecemento neurocognitivo. Caso práctico (a desenvolver no Laboratorio de Psicofisioloxía).
2. Deseño dun experimento de avaliación psicofisiolóxica (neurocognitiva) do envellecemento, ou ben realización dun trabajo de revisión bibliográfica sobre avaliación dalgún dos procesos cognitivos no envellecemento.
Cabeza, R. (2004). Neuroscience frontiers of Cognitive aging. Approaches to cognitive neuroscience of aging. In Dixon-Backman-Nilsson (Eds). New frontiers in cognitive aging. Oxford: Oxford University Press.
Cabeza, R., Nyberg, L., & Park, D. (Eds.). (2005). Cognitive neuroscience of aging. Oxford, UK: Oxford University Press.
Dennis, N. A. & Cabeza, R. (2006). Neuroimaging of healthy cognitive aging. In: Salthouse, TA.; Craik, FEM., editors. Handbook of Aging and Cognition. Vol. 3rd edition. New York: Psychological Press; 2008. p. 1-56.
Fabiani, M. (2012). It was the best of times, it was the worst of times. A Psychophysiologist's view of cognitive aging. Presidential Address (2008). Psychophysiology, 49, 283–304.
Friedman, D. (2008). The components of aging. In: Luck & Kappenman (2008). Oxford handbook of event-related potential components (pp. 513–536). New York, NY: Oxford University Press.
Grady, C.L. (2005). Functional connectivity during memory tasks in healthy aging and dementia. In R. Cabeza, L. Nyberg & D. Park (Eds). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking cognitive and cerebral aging. (Chapter 12, pp. 286-308). Oxford: Oxford University Press.
Grady, C.L. (2008). Cognitive Neuroscience of Aging. Annals of the New York Academy of Sciences,1124, 127-144.
Hof, P.R. & Mobbs, C. V. (2009). Handbook of the neuroscience of aging. London, Academic Press-Elsevier.
Madden, D.J., Whiting, W.L., & Huettel, S.A. (2005). Age-related changes in neural activity during visual perception and attention. In R. Cabeza, L. Nyberg & D. Park (Eds). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking cognitive and cerebral aging. (Chapter 7, pp. 157-185). Oxford: Oxford University Press.
Park, D.C. & Gutchess, A.H. (2005). Long-Term memory and aging: A cognitive neuroscience perspective. In R. Cabeza, L. Nyberg & D. Park (Eds). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking cognitive and cerebral aging. (Chapter 9, pp. 218-245). Oxford: Oxford University Press.
Park, D. & Reuter-Lorenz, P. (2009). The adaptive brain: Aging and Neurocognitive Scaffolding. Annual Review of Psychology, 60, 173-196.
Phillips, L.H. & Andrés, P. (2010). The cognitive neuroscience of aging: New findings on compensation and connectivity. Cortex, 46, 421-4
Reuter-Lorenz, P., & Park, D. (2010). Human Neuroscience and the aging mind. A new look at old problems. Journal of Gerontology B-Psychol Sci Soc Sci, 65B, 405-415.
Reuter-Lorenz, P. & Sylvester, C.C. (2005). The cognitive neuroscience of working memory and aging. In R. Cabeza, L. Nyberg & D. Park (Eds). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking cognitive and cerebral aging. (Chapter 8, pp. 186-217). Oxford: Oxford University Press.
Rugg, M.D. & Morcon, A.M. (2005). The relationship between brain activity, cognitive performance, and aging: The case of memory. In R. Cabeza, L. Nyberg & D. Park (Eds). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking cognitive and cerebral aging. (Chapter 6, pp. 132-154). Oxford: Oxford University Press.
Competencias específicas:
- Adquirir os coñecementos necesarios sobre os principios conceptuais e metodolóxicos das técnicas de potenciais evocados (PE), de resonancia magnética funcional (RMf) e outras técnicas de neuroimase, usadas no estudo do envellecemento neurocognitivo.
- Adquirir habilidades e destrezas necesarias para a valoración do significado funcional dos resultados derivados de estudos con distintas técnicas de neuroimaxe funcional no envellecemento.
- Desenvolver unha capacidade de valoración crítica das posibilidades e limitacións desas técnicas na súa aplicación ao estudo do envellecemento.
- Coñecer e saber acceder ás fontes documentais máis importantes sobre a investigación psicofisiolóxica no envellecemento san e con deterioro cognitivo.
- Aprender a elaborar informes no marco dos estudos psicofisiolóxicos do envellecemento.
Competencias xenéricas:
- Amosar interese pola aprendizaje continuada, a actualización de coñecementos e a formación profesional continuada.
- Coñecer e interiorizar os principios deontolóxicos da Psicoloxía no ámbito profesional da avaliación psicofisiolóxica.
- Desenvolver a capacidade de selección e aplicación de instrumentos de avaliación psicofisiolóxica axeitados.
- Capacidade para deseñar, planificar e desenrolar protocolos de avaliación psicofisiolóxica no ámbito do envellecemento.
Recursos de aprendizaxe:
- Bibliografía recomendada.
- Materiais de contidos presentados na páxina no Campus Virtual da materia.
- Laboratorio de Psicofisioloxía, dotado de equipo multicanle de potenciais evocados cerebrais e ferramentas para a programación e xestión de tarefas e de estimulación; ferramentas de rexistro da actividade EEG; ferramentas de procesamento e análise do sinal EEG.
En función da situación sanitaria a metodoloxía da ensinanza pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver observacións).
- Exame ou elaboración dun traballo por parte do/a estudante: 50 %
- Informe e defensa do traballo realizado: 30 %
- Participación en clases presenciais: 10 %
- Participación en sesións interactivas: 10 %
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver observacións).
Clases presenciais teóricas (exposición) 0,4 (10 horas)
Clases presenciais prácticas (interactivas) 0,4 (10 horas)
Titorías individuais ou en grupo 0,4 (10 horas)
Traballo autónomo do alumno 0,8 (20 horas)
Ter formación de nivel de grao nas bases biolóxicas do comportamento humano (Fundamentos de Psicobioloxía -neurofisioloxía e neuroanatomía-, Psicoloxía Fisiolóxica/Neurociencia Condutual, Psicofisioloxía/Neurociencia Cognitiva, Neuropsicoloxía, Farmacoloxía do Comportamento).
En canto ao posgrao, é recomendable que se matricule nas outras materias adscritas a área de Psicobioloxía.
PLAN DE CONTINXENCIA - METODOLOXÍA DA ENSINANZA EN ESCENARIOS 2 E 3
En caso de que, por mor da situación sanitaria, se establezan restricións á actividade docente presencial, contémplanse as seguintes adaptacións na metodoloxía de ensino e no sistema de avaliación.
Con carácter xeral, para todas as actividades que se desenvolvan en formato telemático, as plataformas informáticas a empregar serán o Teams de Microsoft (para vídeo-comunicación) e o Campus Virtual de Moodle (para realización e entrega de tarefas e probas de avaliación, e para comunicacións mediante foros), todo isto sempre mediante o usuario corporativo e sen detrimento do uso do correo-e (igualmente corporativo) para comunicación simple e individualizada.
Metodoloxía de ensino
Escenario 2 (restrición parcial da presencialidade).
SESIÓNS EXPOSITIVAS: Dado que o número de estudantes previstos non é superior a 10, realizaranse segundo o calendario oficial na aula asignada.
SESIÓNS INTERACTIVAS: mantéñense no mesmo horario e distribución de grupos. Dependendo da práctica de que se trate, manterase nas mesmas condicións, de ser o caso nunha aula de maior tamaño, ou modificarase para evitar as partes que requiran de contacto físico (v.g., colocación de eléctrodos para rexistros psicofisiolóxicos). Se as indicacións xerais da organización deste "escenario" para a Facultade o esixise, algunhas das sesións poderían adaptarse a un formato de impartición en remoto (síncrono). Isto podería conlevar a alteración da orde prevista das prácticas en función do momento de entrada en vigor deste escenario e das previsións relativas á súa duración.
SESIÓNS DE REVISIÓN/TITORÍA EN GRUPO: nos mesmos termos que no escenario 1.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: nos mesmos termos que no escenario 1.
TITORÍAS INDIVIDUAIS: nos mesmos termos que no escenario 1, realizaranse preferentemente de modo telemático.
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DE TIC: ao contemplado no escenario 1, engádese o uso da plataforma Teams para as sesións de clase / titorías en remoto.
Escenario 3 (restrición total da presencialidade).
SESIÓNS EXPOSITIVAS: A docencia desenvolverase completamente en remoto, de xeito síncrono e respectando os horarios do Escenario 1. A exposición de contidos nestas clases focalizarase nos aspectos máis esenciais e/ou complexos, e se complementará con resolución de dúbidas e/ou realización de actividades sobre os contidos
SESIÓNS INTERACTIVAS: As prácticas non dependentes de equipamento específico de laboratorio realizaranse de modo remoto-síncrono. Aquelas que dependan de equipamento serán substituídas por actividades (vídeos, resolución de problemas, etc.) implementables en remoto.
SESIÓNS DE REVISIÓN/TITORÍA EN GRUPO: substitúense por retroalimentación sobre as actividades entregada vía CV a través desa mesma ferramenta.
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE: nos mesmos termos que no escenario 1.
TITORÍAS INDIVIDUAIS: nos mesmos termos que no escenario 1, realizaranse exclusivamente mediante comunicación telemática
SOPORTE DA MATERIA A TRAVÉS DE TIC: ao contemplado no escenario 1, engádese o uso da plataforma Teams para as sesións de clase / titorías en remoto.
Sistema de avaliación
Escenario 2 (restrición parcial da presencialidade).
Será o mesmo que no escenario 1 adaptado á modalidade presencial ou remota en función do que dispoña a Comisión do Título e/ou o Decanato da Facultade: se non fose posible realizar algunha das avaliacións de modo presencial directo, realizarase utilizando as ferramentas proporcionadas pola USC para a docencia "en remoto"; o tipo de exame será o especificado para o escenario 1.
Escenario 3 (restrición total da presencialidade).
Será o mesmo que no escenario 1, coa diferenza de que os exames ou a presentación de traballo se realizarán de modo remoto, utilizando as ferramentas proporcionadas pola USC.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Fernando Díaz Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813800
- Correo electrónico
- fernando.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Venres | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
14.01.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
27.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |