Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A NIVEL CONCEPTUAL
1. Coñecer e interpretar os cambios cognitivos no envellecemento normal e patolóxico.
2. Saber identificar e analizar os principais factores que favorecen a adaptación funcional nos cambios cognitivos normativos e patolóxicos.
3. Coñecer os fundamentos nos que se basea a avaliación e a intervención cognitiva no envellecemento normal e patolóxico
A NIVEL DE DESTREZAS E ACTITUDES
1. Axudar ao alumnado para utilizar de forma estratéxica coñecementos conceptuais, procedementais e actitudinais útiles e relevantes para a investigación e intervención cognitiva.
2. Axudar ao alumnado a coñecer e a utilizar algunhas estratexias e prácticas de actuación necesarias para a avaliación cognitiva xeral de adultos maiores.
3. Potenciar nos alumnos a necesidade de establecer relacións teóricas e metodolóxicas entre distintas materias relacionadas co desenvolvemento cognitivo en adultos maiores.
4. Adquirir e poñer en práctica os hábitos, actitudes e comportamentos que permiten o traballo en grupo, aprendendo a analizar, modificar e mellorar o propio funcionamento e o do grupo para conseguir os obxectivos propostos
1. Cambios cognitivos: desde o envellecemento normativo ata a deterioración cognitiva.
2. Cambios sensoriais e motrices. Influencia na cognición. Repercusións adaptativas.
3. Atención, memoria e linguaxe. Cambio e deterioración.
4. Intelixencia, creatividade e sabedoría.
5. Plasticidade, reserva cognitiva. Bases para a intervención cognitiva
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (EN LIÑA EN ACCESO ABERTO OU A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA USC EN FORMATO ELECTRÓNICO):
-Anderson, N. D., & Craik, F. I. (2017). 50 Years of Cognitive Aging Theory. The Journals of Gerontology Series B: Psychological Sciences and Social Sciences, 72(1), 1-6.
-Juncos-Rabadán, O., Pereiro, A.X. y Facal, D. (2019). Atención, memoria y lenguaje. En C. Triadó, F. Villar y M. Celdrán (Eds.,). Desarrollo adulto y vejez (pp. 75-105). Madrid: Ed. Alianza.
-Lojo, C., Facal, D., y Juncos-Rabadán, O. (2012). ¿Previene la actividad intelectual el deterioro cognitivo? Relaciones entre reserva cognitiva y deterioro cognitivo ligero. Revista Española de Geriatría y Gerontología, 47,6, 270-278.
-Park, D.C. & Festini, S.B. (2017). Theories of memory and aging: A look at the past and a flimpse of the future. Journals of Gerontology: Psychological Sciences, 72(1), 82-90.
- Villar, F. (2019). Inteligencia y sabiduría. En C. Triadó, F. Villar y M. Celdrán (Eds.,). Desarrollo adulto y vejez (pp. 107-137). Madrid: Ed. Alianza.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Alwin, D. F., & Hofer, S. M. (2011). Health and cognition in aging research. The Journals of Gerontology: Series B: Psychological Sciences and Social Sciences, 66B, 9-16
-Ballesteros, S., Mayas, J., & Reales, J. M. (2013). Cognitive function in normal aging and in older adults with mild cognitive impairment. Psicothema, 25(1), 18-24.
-Cabeza, R., Nyberg, L., & Park, D. C. (Eds.). (2016). Cognitive neuroscience of aging: Linking cognitive and cerebral aging. New York: Oxford University Press.
-Calero, M. D. y Navarro, E (2012). Envejecimiento óptimo: marcadores psicosociales de la evolución cognitiva en personas mayores de 80 años. Informació Psicològica, (104), 13-28.
-Días, Mª. C. y Peraita, H. (2008). Detección precoz del deterioro cognitivo ligero de la tercera edad. Psicothema, 3, 438-444.
-Hertzog, C., Kramer, A. F., Wilson, R. S., & Lindenberger, U. (2008). Enrichment effects on adult cognitive development: Can the functional capacity of older adults be preserved and enhanced? Psychological Science in the Public Interest, 9(1), 1-65.
-Kensinger, E. A., & Gutchess, A. H. (2017). Cognitive aging in a social and affective context: Advances over the past 50 years. The Journals of Gerontology: Series B, 72(1), 61-70.
-Latorre, J.M. et al. (2011). Memoria autobiográfica en la vejez. En A.X. Pereiro & O. Juncos-Rabadán (Eds). I Jornadas de investigación en Psicogerontología (pp.89-104). Santiago de Compostela: Servicio Publicaciones Universidad de Santiago de Compostela.
-Lindenberger, U. (2014). Human cognitive aging: Corriger la fortune? Science, 346(6209), 572-578.
-Lindenberger, U., & Mayr, U. (2014). Cognitive aging: is there a dark side to environmental support? Trends in Cognitive Sciences, 18(1), 7-15.-Montejo-Carrasco, P., Montenegro-Peña, M., & Sueiro-Abad, M.J. (2012). The Memory Failures of Everyday (MFE) Test: Normative data in adults. The Spanish Journal of Psychology 15, 3, 1424-1431
-Montenegro, M. y Montejo, P. (2009). Entrenamiento de la memoria. En R. Fernández-Ballesteros, R. (dir.). Psicología de la vejez. Una psicogerontología aplicada. Madrid: Pirámide.
-Montenegro, M., Montejo, P., Llanero, M., Reinoso, A. I. (2012). Evaluación y diagnóstico del deterioro cognitivo leve. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 32(2), 47-56.
-Navarro, E. y Calero, M. D. (2011). Relación entre plasticidad y ejecución cognitiva: el potencial de aprendizaje en ancianos con deterioro cognitivo. European Journal of Investigation in Health, Psychology and Education, 1(2), 45-59.
-Park, D. y Schwarz, N. (2006). Envejecimiento cognitivo. Madrid: Panamericana.
-Ruiz-Sánchez, J. M. (2012). Estimulación cognitiva en el envejecimiento sano, el deterioro cognitivo leve y las demencias: estrategias de intervención y consideraciones teóricas para la práctica clínica. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 32, 57-66
-Salthouse, T. A. (2014). Correlates of cognitive change. Journal of Experimental Psychology: General, 143(3), 1026-1048.
-Salthouse, T. A. (2016). Theoretical perspectives on cognitive aging. New York: Psychology Press.-Stern, Y. (2007). Cognitive reserve: Theory and applications. N. York: Taylor & Francis.
-Verhaeghen, P. (2013). Cognitive aging. In D. Reisberg (Ed), The Oxford handbook of cognitive psychology (pp 1014-1035). New York, NY: Oxford University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer a nivel avanzado o proceso de envellecemento normal e patolóxico desde o punto de vista psicobiológico, cognitivo, persoal e social.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
ESPECÍFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicogerontología.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicados ao estudo do envellecemento.
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos.
A metodoloxía docente utiliza varios formatos que se combinan de varias formas para cada tema:
1. Clase expositiva: O profesor fai unha explicación de cada tema.
2. Traballo individual do alumno: Os/as alumnos/ as traballan sobre o tema correspondente mediante as lecturas obrigatorias seleccionadas e aquelas optativas que sexan recomendadas polo profesor e/ou que consideren oportunas.
3. Traballo de grupo: En pequenos grupos trabállase en clase sobre as preguntas ou tarefas presentadas. Elabórase un informe resumen do traballo realizado que se presentará nos seminarios de debate e servirá como material de avaliación.
4. Seminarios de debate: Debaterase sobre os traballos realizados en grupo e sobre as cuestións expostas nas sesións expositivas.
5. Titorías de grupo: Programads para resolver cuestións referentes ao traballo individual, e sobre todas aquelas cuestións teóricas ou metodolóxicas que os alumnos/ as expoñan sobre os distintos temas do programa.
7. Práctica de campo: Visita ao Complexo Xerontolóxico “A Veiga”, Poboa de S. Xiao, Lugo, para coñecer o estado cognitivo dos residentes e os seus correlatos psico-sociais; entender o seu rendemento cognitivo e a súa relación con factores persoais e afectivos que permita ao estudantado facer unha valoración integral de persoas maiores institucionalizadas.
8. Informe individual sobre a Práctica de campo.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade.
1. Participación en clase e titorías: 20%
2. Exame ou informe de traballos individuais ou en grupo: 80%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade.
-Clases expositivas (horas presenciais): 9
-Clases interactivas (horas presenciais): 12
-Preparación de presentacións orais e debates (horas traballo autónomo): 5
-Traballos tutelados (horas non presenciais): 16
-Estudo da bibliografía recomendada (horas traballo autónomo): 30
-Titorías individuais ou en grupo (horas presenciais): 3
TOTAL: 75 horas
O estudo da materia relacionarase co estudo da materia "Bases psicobiolóxicas do envellecemento" porque os contidos son complementarios.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade
PLAN DE CONTINXENCIA EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA:
Para a metodoloxía da ensinanza, dada a incerteza causada pola situación sanitaria actual parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia. Nese caso, a docencia levariase a cabo por medios telemáticos (preferentemente a través das aplicacións do Campus Virtual, correo electrónico e Teams). Para todas as actividades programadas dentro da materia estableceranse os prazos adecuados para a sua realización/entrega os cales serán informados con a suficiente antelación no campus virtual. Naqueles casos en que sexa necesario realizar traballos en grupo, a súa formación respectará as directrices establecidas pola comisión do título e a docente da facultade, e ademáis, estableceranse as sesiones de traballo a través de Teams.
Para o sistema de avaliación, dependendo das circunstancias sanitarias as probas de avaliación programadas realizaranse con Moodle a través do Campus virtual, mantendo unhas condicións de avaliación similares ás que terían lugar de xeito presencial.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, existe a posibilidade de que parte dos contidos non sexan obxecto de avaliación, aínda que serán traballados na materia. Esto será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
David Facal Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sandra Peña Díaz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
10.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
20.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |