Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Xenómica e Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender o proceso de mutación no cancro
Entender a dinámica evolutiva tumoral
Coñecer e aplicar distintas técnicas para o estudo xenómico do cancro
Coñecer as diferentes aplicación clínicas da xenómica do cancro
1. Introdución á bioloxía dos procesos tumorais e aspectos funcionáis do cancro
2. Alteracións xenéticas, patróns de mutación e procesos mutacionais
3. Evolución somática; heteroxeneidade intratumoral e clonalidade
4. Aplicacións clínicas entorno á xenómica do cancro e mediciña persoalizada
TEMAS
TEMA 1. Bioloxía do cancro
TEMA 2. Alteracións xenómicas do cancro
TEMA 3. Análisis dos xenomas do cancro
TEMA 4. Evolución do cancro
TEMA 5. Aplicacións clínicas da xenómica do cancro
Bibliografía básica:
Strachan T. Goodship J Chinney P. 2015. Genetics and Genomics in Medicine. Garland Science
Bibliografía complementaria:
Hesketh R. 2013. Introduction to Cancer Biology: A concise journey from epidemiology through cell and molecular biology to treatment and prospects. Cambridge University Press
Weinberg R.A. 2014. The Biology of Cancer. Garland Science.
Outros recursos para consulta:
• Greaves M. Maley C.C. 2012. Clonal evolution in cancer (Review). Nature, 481, 306-313.
• Martincorena I., et al. 2015. Somatic mutation in cancer and normal cells. 2015. Science, 349: 1483-1489
• Stratton M.R., Campbell P.J., Futreal P.A. 2009. The cancer genome. Nature, 458: 719-72
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais
CG01 - Capacidade para organizar e planificar o estudo e experimentación nas áreas de coñecemento implicadas.
CG02 - Integrar coñecementos e afrontar a toma de decisións baseada en información científica e técnica.
CG04 - Creatividade para xerar novas ideas e aplicalas no seu estudo actual e posterior.
Competencias Específicas:
CE01 - Comprender a relación entre a xenómica e a xenética e a saúde humana, animal e vexetal, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado ao avance da saúde.
CE03 - Desenvolver habilidades e habilidades na análise xenómica e xenética e no asesoramento xenético.
CE04 - Ser capaz de realizar a rastrexabilidade de material xenético para a detección de mutacións e o control de riscos e identificación de puntos críticos, en saúde, produción, manipulación e procesamento.
Competencias Transversais:
CT05 - Capacidade para reflexionar desde diferentes perspectivas do coñecemento.
CT06 - Capacidade para a xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións.
CT07 - Capacidade para preparar, presentar e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
CT08 - Capacidade para xestionar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
Leccións maxistráis onde presentaranse os contidos do temario e onde proporánse actividades de apredizaxe (presencialmente e/ou a través de contidos na aula virtual)
Discusión de exercicios propostos como actividade individual
• Proba escrita: Evaluarase mediante una proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (50% da calificación na materia)
• Proba práctica: O alumnado vai a elaborar un informe escrito cos exercicios resoltos de forma non presencial (40% da calificación final da materia)
• Avaliación continua: Evaluarase de maneira contínua tanto a asistencia ás clases, a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas, e a actividade na plataforma online (10% da calificación da materia)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Leccións teóricas (expositivas e interactivas): 22
Examen: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Precísase levar ordenador portátil as clases presenciais
PLAN DE CONTINXENCIA:
Os obxectivos, contidos, planificación, metodoloxía e avaliación mantéñense idénticos aos da modalidade presencial (escenario 1) no caso de que exista unha restrición parcial (escenario 2) ou total (escenario 3) á presencialidade. Para os escenarios 2 e 3, realizaranse as sesións de xeito virtual, no horario programado para a materia, empregando as ferramentas dispoñibles na USC como son o Campus Virtual e o programa Microsoft Teams que permiten a realización de vídeo-conferencias e gravacións. No escenario 2 as avaliacións realizaranse de xeito presencial, mentres que serán online para o escenario 3.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Miguel Abal Posada
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Bioloxía
- Correo electrónico
- miguel.abal [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Monica Martinez Fernandez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Xenómica e Xenética
- Correo electrónico
- monica.martinez.fernandez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h