Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 373 Horas de Titorías: 1.5 Clase Interactiva: 0.5 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Identificar e coñecer a asistencia ao maior prestada a través dos diversos niveis asistenciais.
- Favorecer o coñecemento da organización en canto a planificación e xestión da mesma.
- Afondar no coñecemento das realidades sociais e institucionais que configuran a profesión xerontolóxica: persoas, centros, servizos, programas, ámbitos de intervención, problemáticas, metodoloxías, etc., de maneira directa e participante.
- Ampliar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas na formación teórica do máster co fin de acadar mellores e máis axustados niveis de cualificación teórica, técnica e profesional.
- Observación e análise das realidades sociais e institucionais que configuran as institucións especializadas en práctica xerontolóxica
- Organizacións e relacións laborais da súa familia profesional.
- Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas ou proxectos de intervención.
- Procesos de inserción profesional.
García Herrero, G. A. e Ramírez, J. M. (2002). Diseño y evaluación de Proyectos sociales. 3ªed. Zaragoza: Libros Certeza.
A bibliografía ampliarase e concretarase durante o desenvolvemento da materia.
Prácticum contribúe á adquisición e desenvolvemento das competencias profesionais propias do título:
- Desenvolvemento do saber facer baseado na inserción preprofesional en contextos reais de xerontoloxía.
- Saber ser e estar nun escenario de traballo institucional ou privado de atención aos maiores.
- Ser capaces de desenvolver un traballo en equipos de carácter interdisciplinar, de acordo coas tarefas e funcións propias.
- Ser capaces de tomar decisións a partir da análise das necesidades e/ou demandas da realidade na que se desenvolve o Prácticum.
- Explicacións ao alumnado por parte do/a coordinador/a e dos/as supervisores/as sobre o proceso, desenvolvemento e institucións nas que se vai facer a experiencia preprofesional que supón as Prácticas Externas do Master de Xerontoloxía.
- Contacto e coordinación entre o/a supervisor/a e o/a titor/a na institución.
- Estadía dos/as alumnos/as nas institucións.
- Seguimento e titoría do alumnado nas institucións.
- Titoría e seguimento para a elaboración da Memoria.
- Avaliación das Prácticas Externas.
1. Seguimento do Prácticum. Fundaméntase nunha avaliación continuada do/a estudante polo seu correspondente profesor/a supervisor/a, a través de titorías individualizadas ou en grupo que se convocarán ou acordarán coa suficiente antelación. O número estimado de titorías presenciais necesarias para un bo seguimento é de tres.
2. Informe avaliativo do titor-colaborador. Permitirá tomar en consideración as valoracións realizadas polos responsables institucionais das Practicas, nos centros colaboradores. A tal efecto, cada titor/a disporá dun modelo de Informe no que deberá expresar os seus xuízos sobre o labor desenvolto polo/a estudante no período de prácticas.
3. Memoria das Prácticas Externas: consiste nun documento no que o/a estudante presentará: Descrición da experiencia das Practicas Externas así como reflexións e valoracións sobre a túa aportación a institución así como viceversa.
- Fase preparatoria: explicación; cuestionario de preferencias; selección e adxudicación da institución.
- Titorías individuais ou en grupo co/coa supervisor/a antes, durante e despois da estadía na institución: 3 horas.
- Análise de documentación: 30 horas.
- Dedicación presencial na institución seleccionada: ***** horas.
- Dedicación á elaboración do diario de prácticas: 25 horas.
- Dedicación á elaboración da Memoria das Prácticas Externas: 45 horas.
- Seguimento e avaliación: 30 horas.
Para a realización correcta das Prácticas e o seu desenvolvemento axeitado, recoméndase ao alumno cumprir os horarios e tarefas acordadas co profesor/a titor/a respecto do desenvolvemento das prácticas, respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos, así como elaborar e entregar ao titor/a a memoria de prácticas nas datas fixadas.
.
Cada alumno/a, unha vez asignado a un/ha supervisor/a, deberá, obrigatoriamente, poñerse en contacto con el/a antes de comezar a fase de prácticas. Cada supervisor/a decidirá as pautas concretas de desenvolvemento: datas e tipo de titorías, etc.
Escenario 2: distanciamento
Ensino expositivo e interactivo
O ensino expositivo poderá realizarse total ou parcialmente de maneira virtual, xa sexa con mecanismos síncronos ou asíncronos.
Tutorías
Prioridade á programación de tutorías (incluídos os do TFG e TFM) por vía telemática.
Avaliación
As probas finais, serán preferentemente telemáticas.
Escenario 3: peche de instalacións
Ensino expositivo e interactivo
O ensino expositivo poderá realizarse totalmente de maneira virtual, xa sexa con mecanismos síncronos ou asíncronos.
Aprazaránse as prácticas
Tutorías
Prioridade á programación de tutorías (incluídos os do TFG e TFM) exclusivamente por vía telemática.
Avaliación
As probas finais, serán telemáticas.
Manuel Gandoy Crego
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Teléfono
- 881812071
- Correo electrónico
- manuel.gandoy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade