Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Avogacía (L)
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Coñecementos:
a) Coñecer a terminoloxía xurídica máis usual
b) Coñecer as técnicas para construír un discurso claro e convincente.
c) Argumentar, con corrección xurídica, tanto oralmente coma por escrito.
d) Adquirir as técnicas e habilidades precisas para a elaboración dos documentos básicos, propios da profesión nos distintos ámbitos do exercicio profesional.
e) Coñecer os distintos tipos de redacción de cartas, informes e ditames.
f) Coñecer a normativa sobre minutación
g) Coñecer as técnicas da entrevista avogado-cliente, nas súas diferentes modalidades e a súa aplicación noutros ámbitos profesionais.
h) Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
i) Coñecer os sistemas e medios dos que debe valerse o avogado para crear convicción na súa mensaxe.
j) Coñecer os distintos tipos de linguaxe segundo a materia.
k) Coñecer as técnicas de consulta e entrevista, nas súas diferentes modalidades (persoal, telefónica...).
l) Coñecer as técnicas do informe oral e o interrogatorio.
m) Coñecer a forma de informe e actuación forense ante o tribunal do xurado.
n) Adquirir os coñecementos axeitados para mellorar as habilidades da comunicación.
2. Habilidades:
a) Saber que tipo de documento se debe empregar en cada caso e coñecer os seus contidos principais.
b) Ser capaz de elaborar distintos tipos de cartas e documentos.
c) Manexar as normas de honorarios, a elaboración de facturas, follas de encargo, etc.
d) Expresarse correctamente de forma escrita e verbal.
e) Empregar un estilo e unha estética axeitados
f) Ser conscientes do impacto do compoñente verbal, vocal e non vocal na comunicación.
g) Comunicar con claridade e confianza
h) Aplicar os distintos protocolos e estilos en estrados.
i) Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacións inesperadas.
j) Explorar e mellorar as habilidades de comunicación verbal e non verbal.
k) Argumentar con precisión, claridade e corrección lingüística
l) Saber aplicar as diferentes técnicas (entrevista, interrogatorio, informe...) no labor diario como avogados.
3. Actitudes:
a) Recoñecer nas técnicas de comunicación que utiliza o avogado un instrumento ao servizo dos labores profesionais e dos intereses do cliente, e non unha finalidade en se mesmas.
b) Coidar a pulcritude e claridade dos escritos.
c) Valorar o tipo de documento que se debe empregar en cada caso.
d) Manter unha relación axeitada e unha comunicación transparente co cliente, tanto oralmente coma por escrito, e adquirir o hábito de telo sempre informado respecto ao asunto encomendado.
e) Apreciar a conveniencia de adecuar a postura física para facilitar unha dicción axeitada e de efectuar algúns exercicios de dicción e articulación con carácter previo á realización dunha comunicación oral.
f) Ser conscientes das habilidades de comunicación propias e tratar de melloralas.
g) Acostumar a informarse e interrogar con claridade e convicción.
1. A comunicación como concepto global e a súa importancia no exercicio profesional.
2. A linguaxe xurídica: as súas características e peculiaridades.
3. O manexo das bases de datos de clientes, lexislación, xurisprudencia e doutrina.
4. Escritura forense: a) Contido e utilidade dos documentos profesionais máis habituais; b) Técnicas a empregar na elaboración dos principais documentos profesionais procesuais e extraxudiciais: forma do documento, claridade, concisión, linguaxe, etc; c) Elaboración de documentos extraxudiciais e procesuais sinxelos: cartas, notas, instancias, recibos, minutas, informes, demandas, denuncias, contratos, etc.
5 Oratoria forense: a) Técnicas para falar en público: locución, recoñecemento postural, comunicación non verbal, control dos nervios, etc; b) Os comportamentos a desenvolver (entusiasmo, seguridade, confianza, interese, personalidade, estado de ánimo...); c) Técnicas para preparación persoal; d) Técnicas de persuasión, en particular, a influencia ante xuíces e xurados; e) Técnica da entrevista/consulta: tipos, toma de datos, interrogatorio, documentación, resposta, etc; f) O discurso forense: Principios e carácteres da arte de falar e convencer. O destinatario do discurso forense. O informe forense: formas de preparación, predisposición, memoria, improvisación, notas, a confianza e a seguridade persoais e a súa proxección sobre o auditorio; g) A oralidade nos diferentes procesos; h) Medios técnicos e soportes: probas gráficas, audiovisuais, etc; i) Técnicas de interrogatorio e manexo na presentación de probas; j) Técnica das conclusións.
6. Simulacións de actuacións escritas e orais no ámbito extraxudicial e procesual.
DOUTRINA:
ARELLANO GARCÍA, C., Manual del Abogado / Práctica Jurídica, Ed. Porrua, 2014.
BARBERÁN MOLINA, P., Manual práctico del Abogado: Estrategias y tácticas procesales, Ed. Tecnos, Madrid, 2008.
COLOMA, R., AGÜERO SAN JUAN, C., Los abogados y las palabras, Revista de Derecho Universidad Católica del Norte, Año 19 -N° 1, 2012 pp. 39-69.
COQUILLAT VICENTE, A., y otros, Formularios de Demandas, Denuncias y Querellas: Penales, Contencioso-Administrativas, Civiles y Laborales, Ed. Tirant lo blanch, Valencia, 2014.
COUTURE, E. J. Los Mandamientos del Abogado, Ediciones Depalma, Buenos Aires, Argentina, 1990.
DEFLEUR, M.H./ KEARNEY, P./PLAX, T.G./DEFLEUR, M.L. (2005). Fundamentos de Comunicación Humana. Ed. McGraw-Hill. México D.F.
FERNÁNDEZ LEÓN, O., Con la Venia, Manual de oratoria para abogados, Ed. Aranzadi. Pamplona, 2013.
FERNÁNDEZ LEÓN, O., El abogado y el juicio, Ed. Aranzadi. Pamplona, 2016.
GUDIN RODRIGUEZ-MAGARIÑOS, F., Manual práctico del letrado de la defensa, Ed. Experiencia.
PABÓN PARRA, P.A., Oralidad. Testimonio. Interrogatorios y Contrainterrogatorio en el Proceso Penal Acusatorio, Librería Jurídica Sánchez, Santa Fe de Bogotá, Colombia, 2005.
SOLÓRZANO GARAVITO, C. R., Sistema Acusatorio y Técnicas del Juicio Oral, Ediciones Nueva Jurídica, Santa Fe de Bogotá, Colombia, 2005.
O profesorado indicará nas clases con suficiente antelación a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que resulte precisa en cada momento para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que proporciona o servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, etc.
COMPETENCIAS BÁSICAS (CB)
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
COMPETENCIAS XERAIS (CG)
CG1 - Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2 - Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3 - Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4 - Capacidade de organización e planificación.
CG5 - Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6 - Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8 - Capacidade de resolución de problemas.
CG9 - Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10 - Capacidade de argumentar tanto de forma oral coma escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11 - Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12 - Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE5 - Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre abogados.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE12 - Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de abogado.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Utilizarase para actividades presenciais que non requiren unha participación activa dos estudantes. Poderan ter diferentes formatos (clases expositivas, presentación de materiais audiovisuais, etc.) e contarán con apoio de medios audiovisuais e informáticos, ao tempo que se procurará a maior implicación do/da alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, dende a óptica da práctica, presenta cada tema; presentaranse os supostos prácticos a resolver, os temas ou cuestións a expoñer/debater e os traballos realizar. Inclúense aquí tamén a realización de exames (controis, parciais, finais). Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do/da alumno/a nas clases.
b) Docencia interactiva: Organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, simulacións de actuacións profesionais que se programen, etc. Inclúese tamén aquí actividades consistentes en visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional, e de avaliación do tipo: en aula de informática mediante sistemas de docencia virtual, exposición de traballos, memorias, etc.
Tanto nas clases expositivas como interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual e colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Ao utilizar o método do caso preténdese que os alumnos estuden a situación, definan os problemas, cheguen ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contrasten ideas, as defendan e as reelaboren con novas achegas.
c)Tutorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación de exposicións, busca e selección de material bibliográfico, revisión de prácticas ou problemas, etc. Na aula, grupos reducidos ou personalizadas para aqueles alumnos que as precisen e nos temas que revistan unha especial dificultade. Nelas atenderase aos/ás alumnos/as para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e actividades da materia.
A actividade a desenvolver polo alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e institucións básicas da materia.
- Busca de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a conferencias, xuízos e outras actividades de índole similar programadas polo profesor/a.
- Proceder á resolución dos supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de xeito individual coma en grupo.
- Aplicación das normas e a xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na clase e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periódicamente nos programas de titorías.
a) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria as clases, que se controlará por medio dunha folla de presencias; esixindose un mínimo dun 85% para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuales ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a realización de simulacións e a presentación de exposicións orais un 40% (20+20), a redacción de documentos profesionais e presentación de traballos escritos un 20% e a realización de probas téorico-prácticas un 30%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a non demostra que coñece as partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, a efectos de que, de selo caso, poidan presentarse ao exame final.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións do Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Xa que logo, para que o/a alumno/a figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
b) Exame final
Os/as alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder a dito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia ás clases dun 60 % (unha porcentaxe de asistencia ás clases inferior ó 60 % conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia).
Os/as alumnos con dispensa de asistencia ás clases deberán acudir directamente ao exame final da materia.
O exame final farase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución de varios supostos prácticos (tipo casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o/a alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
c) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, as listas coas cualificacións de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da fecha e horario no que o alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia de Escritura e Oratoria Forense ten un total de tres créditos. O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala depende, lóxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a. Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do/da alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais 51
Volume de traballo mínimo 75
A axeitada preparación da materia aconsella que o/a alumno/a asista a clase co material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema, previamente lido, e cos traballos encomendados xa feitos na súa totalidade.
O/a alumno/a non debe encontrar excesivo problema en superar sastifactoriamente a materia se xunto co dito anteriormente, obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina, trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional, é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudio e preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles, e de preguntar nas clases habitualmente todas as súas dúbidas.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).