Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Dereito Administrativo, Área externa M.U en Avogacía (L)
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O estudante deberá adquirir os seguintes coñecementos, habilidades e actitudes:
a) Desenvolver habilidades na redacción dos distintos tipos de escritos e prácticas en materia de dereito administrativo, en orde a desenvolverse e relacionarse xurídicamente coas distintas administracións públicas.
b) Saber elixir o tipo de actuación máis adecuada, ás distintas situacións relacionadas cos problemas suscitados entre as administracións públicas e os administrados.
c) Coñecer a elaboración de documentos, protocolos de actuación, etc, para facelos valer da forma máis conveniente e eficaz, ante os organismos competentes.
d) Coñecer e desenvolver na práctica, todo tipo de escritos, redacción de solicitudes, instancias, recursos, etc, ante as distintas administracións públicas.
e) Saber suscitar e redactar os Recursos e Demandas axustadas a cada un dos supostos relacionados coa materia específica da asignatura, coñecendo e desenvolvendo os distintos supostos e casos procedimentais.
f) Coñecer e ser capaz de integrar a defensa e protección dos dereitos, no marco das relacións entre os cidadáns, entidades xurídicas e outras partes interesadas, coa Administración Pública.
g) Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o mellor asesoramiento xurídico, dentro do marco das distintas relacións administrativas.
h) Saber desenvolver traballos profesionais, tanto individuais como en equipo, relacionados co contido global da materia.
1: EXPROPIACIÓN FORZOSA.- Concepto, obxecto e suxeitos do procedemento expropiatorio. A causa, requisito de interese público ou social. O xusto prezo. Procedementos de determinación: o mutuo acordo e o xurado de expropiación. Pago do prezo e responsabilidades por demora. Ocupación dos bens. Expropiación urxente. Expropiacións especiais. Ocupación temporal. Especialidades no ámbito autonómico.
2: URBANISMO.- Conceptos básicos. Principios do dereito urbanístico. Lexislación básica, tanto autonómica como estatal. Planeamento urbanístico. Execución do planeamento. Disciplina urbanística e responsabilidade. Protección e restauración da legalidade. Infraccións e sancións. Suspensión e revisión de licenzas ilegais. Os delitos urbanísticos.
3: MEDIO AMBIENTE.- Dereito administrativo ambiental. Obxecto e fin da lexislación ambiental. Procedementos de avaliación. A contaminación acústica. Patrimonio histórico. Costas e portos. Augas e montes.
4: CONTRATACIÓN PÚBLICA.- Contratación do sector público. Contratos das administracións públicas. Obxecto e ámbito de aplicación. Tipos contractuais. Contratos administrativos e contratos privados.
5: FUNCIÓN PÚBLICA.- Normativa e conceptos básicos da función pública. Estatal, autonómica e local.
6: RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL.- Fundamento. Concepto de lesión. Presupostos básicos de imputación: funcionamento anormal do servizo, funcionamento normal. Danos resarcibles e conceptos indemnizatorios. Relación de causalidade. Prazos de reclamación e procedemento. Competencia da xurisdición contencioso-administrativa. Responsabilidade por actos da administración de xustiza. Responsabilidade do Estado.
7: ESTRANXEIRÍA.- Réxime xurídico dos estranxeiros no dereito español. Réxime de entrada, estancias e permanencias. Réxime sancionador en materia de estranxeiría. Infraccións e sancións. A expulsión. Procedementos sancionadores. Recursos.
NORMATIVA:
- Constitución española.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e de Rehabilitación urbana.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
- Regulamento da Lei de expropiación forzosa (Decreto do 26 de abril de 1957).
- Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público
- Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público.
- Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia e a normativa de desenvolvemento
- Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos extranxeiros en España e a súa integración social.
- Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación Ambiental
- Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 16 de abril de 2014, pola que se modifica a Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente
- Directiva 2001/42/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación ambiental dos efectos de determinados planes e programas no medio ambiente.
DOUTRINA:
ARNAIZ RAMOS, R.: Control de Legalidad Urbanística a través de Calificación Registral. Revista Crítica de Derecho Inmobiliario, Nº. 728 (última edición).
CAMY ESCOBAR, J.: La Calificación Registral de los Actos de Parcelación Urbanística en Andalucía. Ed. Registradores de España (última edición).
CANO MURCIA, A.: Manual de Licencias de Apertura de Establecimientos, Ed. Aranzadi (última edición).
CANO MURCIA, A.: Manual de Licencias de Ocupación y Primera Utilización, Ed. La Ley (última edición).
CARBALLEIRA RIVERA, M.T.: La Responsabilidad Patrimonial de las Administraciones Públicas, Ed. Meubook, Santiago de Compostela (última edición).
CORTÉS MORENO, A.: El Régimen Jurídico de la Situación Legal de Fuera de Ordenación: La Declaración de Situación en Asimilación a la de Fuera de Ordenación en el Derecho Urbanística Andaluz. Revista de Práctica Urbanística, Nº 109, Ed. La Ley, Noviembre 2011.
COSCULLUELA MONTANER, L.: Manual de Derecho Administrativo, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
ESTEVE PARDO, J.: Lecciones de Derecho administrativo, Ed. Marcial Pons, Madrid (última edición).
FERNÁNDEZ FARRERES, G.: Sistema de Derecho Administrativo, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, T.R.: Manual de Derecho Urbanístico, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
GAMERO CASADO, E.: Tratado de contratos del sector público, Ed. Tirant lo blanch, Valencia (última edición).
GARCÍA DE ENTERRÍA, E., y FERNÁNDEZ, T.R.: Curso de Derecho Administrativo, II, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
GONZÁLEZ MARIÑAS, P.: Disciplina Urbanística en Galicia, Ed. Rexurga (última edición).
LÓPEZ PORTO, P.(coord), y VVAA.: Licencias, Comunicaciones Previas y de Actividad en Galicia, Ed. Iurisutilitas, Santiago, 2019.
LÓPEZ PORTO, P y GARCÍA RODRÍGUEZ, D.: Fuera de Ordenación: Estudio práctico para técnicos y juristas que tengan que enfrentarse a esta institución, Ed. Iurisutilitas (última edición).
MEILÁN GIL, J.L y VV.AA.: Comentarios a la Ley de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia, Ed. Aranzadi. (última edición).
MEMENTO.: Licencias Urbanísticas, Ed. FrancisLefebvre (última edición).
OREIRO, J.,(coord) y VVAA.: Guía Práctica de Responsabilidad Patrimonial en Urbanismo, Ed. Iurisutilitas (última edición).
PARADA VÁZQUEZ, R.: Derecho Administrativo, II, Ed. Open Ediciones Universitarias, Madrid (última edición).
QUIRÓS ROLDÁN, A y VV.AA.: El Régimen de Fuera de Ordenación Urbanística, Ed. Atelier (última edición).
SÁNCHEZ GOYANES, E., y VV.AA.: Derecho urbanístico de Galicia, Ed. La Ley (última edición).
SÁNCHEZ MORÓN, M.: Derecho Administrativo. Parte General, Ed. Tecnos, Madrid (última edición).
SÁNCHEZ MORÓN, M., Derecho de la Función Pública, Ed. Tecnos, Madrid (última edición).
SANTAMARÍA PASTOR, J.A.: Principios de Derecho administrativo general, II, Ed. Iustel, Madrid (última edición).
TRAYTER JIMÉNEZ, J.M.: Derecho administrativo. Parte General, Ed. Atelier, Barcelona (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que lles son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, etc.
Competencias básicas (CB):
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias xerais (CG):
CG1 - Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2 - Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3 - Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4 - Capacidade de organización e planificación.
CG5 - Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6 - Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8 - Capacidade de resolución de problemas.
CG9 - Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10 - Capacidade de argumentar tanto de forma oral coma escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11 - Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12 - Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT):
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE):
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3 - Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4 - Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5 - Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre abogados.
CE7 - Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar ao independencia de criterio.
CE8 - Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10 - Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 - Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
As actividades formativas a realizar no aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Utilizarase para actividades presenciais que non requiren unha participación activa dos estudantes. Poderán ter diferentes formatos e contará con apoio de medios audiovisuales e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, presenta cada tema; presentaranse os supostos prácticos a resolver, os temas ou cuestións a expoñer/debater e os traballos a realizar. Inclúense aquí tamén a realización de exames (controis, parciais, finais). Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
b) Docencia interactiva: Nela analizaranse e resolverán os problemas suscitados, realizarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, debates e simulacións de actuacións profesionais que se programen.
Tanto nas clases expositivas como interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual e colectivamente o someta a análise e a toma de decisións. Ao utilizar o método do caso preténdese que os alumnos estuden a situación, definan os problemas, cheguen ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contrasten ideas, as defendan e as reelaboren con novas achegas.
c) Titorías: Na aula, grupos reducidos ou personalizadas para aqueles alumnos que as precisen e nos temas que revistan unha especial dificultade. Nelas atenderase aos alumnos para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e actividades da materia.
A actividade a desenvolver polo alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a conferencias, xuízos e outras actividades de índole similar programadas polo profesor.
- Proceder á resolución dos supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de xeito individual como en grupo.
- Aplicación das normas e a xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na clase e nas simulaciones de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periódicamente nos programas de titorías.
a) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
Deste modo obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e realización de probas teórico-prácticas un 50%, a elaboración e presentación de traballos e exposicións orais un 40%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece as partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para os efectos de que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións do Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado” na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
b) Exame final
Os alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder ao devandito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia ás clases superior ao 60% (unha porcentaxe de asistencia inferior leva consigo a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia).
Os alumnos con dispensa de asistencia ás clases deberán acudir directamente ao exame final da materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución de varios supostos prácticos (tipo casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
c) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacions. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
Traballo presencial
- Clases expositivas 18
- Clases interactivas 24
- Seminarios
- Casos prácticos (18)
- Debates (6)
- Simulación de actuacións profesionais
- Titorías 6
- Titorías de aula
- Titorías grupo reducido
- Titorías personalizadas
- Realización de probas
Total horas de traballo presencial: 48
Traballo persoal do alumno/a:
- Estudo autónomo, individual ou en grupo 24
- Lecturas recomendadas
- Preparación de presentacións orais en relación con casos prácticos, simulacións de actuacións profesionais, xurisprudencia e doutrina, debates e similares 30
- Preparación de traballos escritos en relación con casos
prácticos, actuacións profesionais, xurisprudencia e doutrina e similares 42
- Asistencia a conferencias, xuízos e outras actuacións profesionais, e outras tarefas propostas polo profesor 3
Total horas traballo persoal do alumno: 102
A adecuada preparación da materia aconsella que o alumnado asista ás prácticas provisto do material lexislativo e jurisprudencial correspondente a cada tema, previamente lido, e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co devandito anteriormente, obtén periodicamente todos os materiais da disciplina; trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados e de preguntar ao titor/a habitualmente todas as súas dúbidas.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
Beltran Puentes Cociña
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- beltran.puentes.cocina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros