Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Constitucional, Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Área externa M.U en Avogacía (L), Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir destreza na redacción dos distintos tipos de escritos e prácticas en materia de dereito tributario, constitucional, internacional e da Unión Europea.
I. TRIBUTARIO:
1. Procedementos tributarios. Información e asistencia ao contribuínte. Comparación de valores e tasación pericial contraditoria. Procedemento de verificación de datos e comprobación limitada. Procedemento de Inspección. Procedemento de recadación. Procedemento sancionador tributario
2. Sistema tributario: a) Impostos sobre a Renda: IRPF; I. Sociedades; e I. sobre a Renda de Non Residentes. b) Impostos patrimoniais: I. sobre o Patrimonio; I. sobre Sucesións e Doazóns; e I. sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. c) Impostos sobre a actividade profesional: IVE e I. sobre Actividades Económicas. d) Imposición propia da Comunidade Autónoma de Galicia. e) A taxa xudicial.
3. Revisión de actos tributarios: a) Aspectos prácticos da información e asistencia aos obrigados tributarios. b) Procedementos especiais de revisión. c) Recursos: recurso de reposición e reclamacións económico- administrativas. d) O contencioso en materia tributaria.
II. DERECHO CONSTITUCIONAL:
1. A xurisdicción constitucional: concepto, orixe e natureza.
2. O Tribunal Constitucional español: composición, posición, estructura, funcionamento e competencias.
3. O control de constitucionalidade das leis: control abstracto e control concreto. Especial referencia á cuestión de inconstitucionalidade.
4. A defensa dos dereitos fundamentais.
5. O recurso de amparo:
6. Os conflictos constitucionais. En particular, os conflictos en defensa da autonomía local.
III. INTERNACIONAL E UNIÓN EUROPEA:
1. Procedemento ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. 2. Xurisprudencia básica para España do
TEDH. 3. Principios para a aplicación do Dereito da Unión Europea. 4. A aplicación xudicial do Dereito da Unión Europea.
NORMATIVA:
- Constitución española
- Lei xeral tributaria
- Real decreto 1619/2012 do 30 novembro (Regulamento polo que se regulan os deberes de facturación)
- Real decreto 1794/2008 do 3 novembro (Regulamento de procedementos amigables en materia de imposición directa)
- Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos
- Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.
- Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa
- Real decreto 2063/2004, do 15 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do réxime sancionador tributario
- Lei e regulamento do IRPF
- Lei e regulamento do IRNR
- Lei e regulamento do IS
- Lei e regulamento do IVE
- Lei do imposto sobre o patrimonio
- Texto refundido e regulamento do ITP e AJD
- Lei e regulamento do ISD
- Lei de financiamento das CCAA
- Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional
- Tratado de Lisboa
- Convenio europeo para a protección dos Dereitos Humanos
Para todos os textos legais de manexo necesario, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes.
DOUTRINA:
TRIBUTARIO:
CASADO OLLEIRO, G.; LOZANO SERRANO, C.; MARTIN QUERALT, J. y TEJEIRIZO LÓPEZ, J. M.: Curso de Derecho Financiero y Tributario, Ed. Tecnos (última edición).
CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Ed. Aranzadi, Pamplona (última edición).
MERINO JARA, I (Director): Procedimientos tributarios: aspectos prácticos. Ed. Bosch fiscalidad, (última edición).
PÉREZ ROYO, F. (Director); GARCÍA BERRO, F.; PÉREZ ROYO, I; ESCRIBANO LÓPEZ, F.; CUBERO TRUYO, A.; y CARRASCO GONZÁLEZ, F. M.; Curso de Derecho Tributario. Parte Especial, Ed. Tecnos, (última edición).
TRUYO, A. y CARRASCO GONZÁLEZ, F. M.; Curso de Derecho Tributario. Parte Especial, Ed. Tecnos (última edición).
CONSTITUCIONAL:
CAAMAÑO DOMÍNGUEZ et alli, Jurisdición y procesos constitucionales, MacGraw-Hill (última edición)
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J. / BRAGE CAMAZANO, J., Los conflictos en defensa da autonomía local: una nueva competencia del Tribunal Constitucional, Revista Aragonesa de Administración Pública, nº 117, 200, pp. 459-502.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J., La justicia constitucional europea ante el siglo XXI, Ed. Tecnos, 2ª ed., Madrid, 2007.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J, Derechos fundamentales. Esquemas para el estudio y materiales de trabajo, Andavira, 2! ed., Santiago de Compostela, 2018.
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, J. J. / GUDE FERNÁNDEZ, A., La reforma del trámite de admisión del recurso de amparo, en PÉREZ TREMPS, P (coord.), La reforma del Tribunal Constitucional, Tirant lo Blanch, Valencia, 2007.
GIMENO SENDRA, V / MORENILLA ALLARD, P., Los procesos de amparo, Ed. Colex (última edición)
TENORIO SÁNCHEZ, P., El recurso de amparo ante el Tribunal Constitucional. Perspectivas de reforma, Ed. Wolters Kluwer, (última edición).
DEREITO INTERNACIONAL E DA UNIÓN EUROPEA:
Council of Bars and Law Societies of Europe: Guía para abogados ante el TEDH, Bruselas, 2014.
MORTE, C.; Cómo presentar una demanda ante el Tribunal Europeo de Derechos Humanos, Ed. Tirant, 2014.
PARDO IRANZO, V., IGLESIAS BUHIGUES, J.L, MONTERO AROCA, J., El sistema jurisdiccional de la Unión Europea, Ed. Aranzadi, 2013
SARMIENTO RAMÍREZ-ESCUDERO, D., El Derecho de la unión Europea, Ed. Marcial Pons, Madrid, 2018.
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder a xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, etc.
O/a estudante deberá adquirir os seguintes coñecementos, habilidades e actitudes:
a) Desenvolver habilidades na redacción dos distintos tipos de escritos e prácticas en materia de dereito tributario, constitucional, internacional e da Unión Europea.
b) Saber elixir o tipo de actuación máis adecuada ás distintas situacións relacionadas cos problemas expostos entre os poderes públicos e os cidadáns.
c) Coñecer a elaboración de documentos, protocolos de actuación, etc, para facelos valer da forma máis conveniente e eficaz, ante os organismos competentes.
d) Coñecer e desenvolver na práctica, todo tipo de escritos, redacción de solicitudes, instancias, recursos, etc, ante
as distintas administracións públicas, en especial a administración tributaria, institucións da Unión Europea e órganos xurisdiccionais.
e) Saber expor e redactar os Recursos e Demandas axustadas a cada un dos supostos relacionados coa materia específica da materia, coñecendo e desenvolvendo os distintos supostos e casos procedimentales.
f) Coñecer e ser capaz de integrar a defensa e protección dos dereitos, no marco das relacións entre os
cidadáns, entidades xurídicas e outras partes interesadas, coa administración pública, en especial, a administración tributaria, e as institucións da Unión Europea.
g) Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o mellor asesoramento xurídico, dentro do marco das distintas relacións administrativas.
h) Saber desenvolver traballos profesionais, tanto individuais como en equipo, relacionados co contido global da
materia.
Mais concretamente:
Competencias básicas (CB):
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias xerais (CG):
CG1 - Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2 - Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3 - Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4 - Capacidade de organización e planificación.
CG5 - Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6 - Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8 - Capacidade de resolución de problemas.
CG9 - Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10 - Capacidade de argumentar tanto de forma oral coma escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11 - Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12 - Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT):
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE):
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3 - Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4 - Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5 - Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre abogados.
CE7 - Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar ao independencia de criterio.
CE8 - Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10 - Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 - Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, presenta cada tema; presentaranse os supostos prácticos a resolver, os temas ou cuestións a expor/debater e os traballos a realizar. Inclúense aquí tamén a realización de exames (controis, parciais, finais). Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
b) Docencia interactiva: Nela analizaranse e resolverán os problemas expostos, realizarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levarán a cabo as exposicións orais, debates e simulacións de actuacións profesionais que se programen.
Tanto nas clases expositivas como interactivas utilizarase e método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual e colectivamente sométano á análise e á toma de decisións. Ao utilizar o método do caso preténdese que os alumnos estuden a situación, definan os problemas, cheguen ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contrasten ideas, deféndanas e as reelaboren con novas achegas.
c) Tutorías: En aula, grupos reducidos ou personalizadas para aqueles alumnos que as precisen e nos temas que revistan unha especial dificultade. Nelas atenderase aos alumnos para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e actividades da materia.
A actividade a desenvolver polo alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a conferencias, xuízos e outras actividades de índole similar programadas polo profesor.
- Proceder á resolución dos supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e a xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na clase e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periódicamente nos programas de tutorías.
a) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obteráse o 100 % da nota final, constituindo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a elaboración de traballos e presentación de exposicións orais un 40% (20+20) e a realización de probas teórico-prácticas e outras actividades un 50%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece as partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para os efectos de que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións do Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
b) Exame final
Os alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder ao devandito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia ás clases superior ao 60% (unha porcentaxe de asistencia inferior leva consigo a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia).
Os alumnos con dispensa de asistencia ás clases deberán acudir directamente ao exame final da materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución de varios supostos prácticos (tipo casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
c) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Tributaria, Constitucional, Internacional e da Unión Europea" ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno. Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo (en horas): 75
A preparación axeitada da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema, previamente lido, e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente: obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina; trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de lle dedicar un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases acotío todas as súas dúbidas.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
Maria Rosa Varela Puga
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- mrosa.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Jose Julio Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Constitucional
- Teléfono
- 881814723
- Correo electrónico
- josejul.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Teijo Garcia
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814704
- Correo electrónico
- carlos.teijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor