Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía (L), Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O/a estudante deberá adquirir os seguintes coñecementos, habilidades e actitudes:
1. Coñecementos:
a) Coñecer a forma de relacionarse con outros profesionais e institucións.
b) Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
c) Coñecer as técnicas e estratexias para canalizar un asunto.
d) Coñecer os medios de obtención de datos en distintos organismos.
e) Coñecer o contido e utilidade dos documentos notariais máis habituais e valorar a conveniencia da súa utilización nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
· Coñecer as funcións dos diferentes rexistros públicos e a valorar a utilización dos documentos e actuacións do Rexistro no exercicio profesional.
· Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
· Coñecer a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de solución de conflitos alternativos á clásica vía xudicial.
· Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses.
· Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes, tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
· Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Dereito.
2. Habilidades:
· Saber desenvolverse nas súas relacións con outros profesionais e institucións.
· Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
· Aplicar as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais.
· Aplicar cada tipo de documento á finalidade requirida.
· Identificar os documentos para a súa utilización posterior ante os tribunais.
· Distinguir entre os distintos documentos notariais e rexistrais e saber elixir o máis axeitado para cada necesidade.
· Ser capaz de redactar documentos de diverso tipo.
· Saber identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis axeitado.
· Recoñecer os intereses reais e posturas das partes, tratando de proporcionarlles canles de comunicación e puntos en común.
· Aplicar as técnicas de negociación e resolución de conflitos.
· Ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de solución de conflitos alternativos á clásica vía xudicial.
· Saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
3. Actitudes:
a) Manter unha axeitada relación e comunicación co cliente e cos demais profesionais.
b) Adquirir o hábito de manter informado ao cliente.
c) Perder o medo á toma de decisións profesionais
d) Valorar o tipo de documento que é necesario utilizar en cada caso.
e) Valorar a idoneidade dos distintos documentos para o fin perseguido.
f) Adquirir o hábito de redactar aplicando correctamente formato e presentación.
g) Fomentar o diálogo e o achegamento das posturas en conflito.
h) Saber apreciar a conveniencia de propiciar solucións negociadas.
i) Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental.
1. Xestións profesionais: a) Estudos das posibilidades de acción xudicial, tempo e custo. b) Obtención de datos de oficinas e organismos. c) Asesoramento en cuestións técnicas. d) Campos de traballo (tribunais, autoridades, administración, notarías, rexistros, etc.).
2. O avogado nas Notarías: Instrumentos públicos, actas notariais, minutas, apoderamentos. Documentos outorgados no estranxeiro.
3. O avogado nos Rexistros: A información do Rexistro (notas simples e certificacións). Documentos inscribibles. A cualificación rexistral. Recursos contra a cualificación do Rexistrador.
4. As técnicas de negociación: a) Concepto, actitudes, tácticas e estilos de negociación; b) As fases da negociación; c) A ventá de opcións; d) Control das emocións; f) Liderado.
5. As técnicas da mediación: a) Concepto e características da mediación, en particular, as súas diferenzas con outros métodos alternativos de solución de conflitos; b) Regulación, ámbitos de aplicación e modelos de mediación; c) A figura do mediador; d) As fases do proceso de mediación; e) Efectos da mediación.
6. As técnicas da conciliación: a) Definición e características da conciliación; b) Diferenzas con outros métodos de solución de conflitos; c) Regulación, requisitos, procedemento e efectos.
7. As técnicas da arbitraxe: a) Concepto, características e diferenzas con outros métodos de solución de conflitos; b) Tipos, regulación e ámbito de aplicación; c) A organización e o procedemento arbitral; d) Efectos e execución do laudo arbitral; e) O avogado-árbitro.
NORMATIVA:
- Constitución española de 1978
- Código Civil
- Código de Comercio
- Lei de axuizamento civil
- Lei da Xurisdición Social
- Lei do Notariado e Regulamento da Organización e Réxime do Notariado (e os seus Anexos)
- Lei e Regulamento Hipotecario
- Regulamento do Rexistro Mercantil
- Lei e Regulamento do Rexistro Civil
- Lei da Xurisdición Voluntaria 15/2015, de 2 de xullo.
- Lexislación comunitaria e nacional sobre mediación
- Libro verde sobre as modalidades alternativas de solución de conflitos no ámbito do dereito civil e mercantil, elaborado pola Comisión das Comunidades Europeas o 19.04.2002
- Recomendación 1/1998 do Comité de Ministros do Consello de Europa, sobre mediación familiar
- Decisión marco do Consello da Unión Europea do 15 de marzo de 2001 (2001/220/ JAI), relativa ao estatuto da vítima no proceso penal: artigos 10 e 17
- Directiva 2012/29/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de outubro de 2012 pola que se establecen normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delitos, e pola que se substitúe a Decisión marco 2001/220/JAI do Consello.
- Directiva 2008/52/CE, sobre certos aspectos da mediación en asuntos civís e mercantís (DOUE do 24.05.2008)
- Lei 5/2012, de 6 Xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís.
- R.D. 980/2013, de 13 Decembro, de desenvolvemento da lei 5/2012 de mediación en asuntos civís e mercantís.
- Lei 4/2015, do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito.
- Leis autonómicas sobre mediación familiar.
- Lexislación comunitaria e nacional sobre arbitraxe.
- Lei 60/2003, do 23 de decembro, de arbitraxe.
- Lei 11/2011, do 20 de maio, de reforma da Lei 60/2003.
- Convenio de Nova York, do 10 de xuño de 1958, para o recoñecemento e execución de decisións arbitrais estranxeiras
- Convenio europeo sobre arbitraxe comercial internacional, do 21.04.1961
- Arbitraxe en materia de consumo: RDL 1/2007, do 16 novembro, que aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios; Recomendación 98/257/CE da Comisión, do 30 de marzo, relativa aos principios aplicables aos órganos responsables da solución extraxudicial dos litixios en materia de consumo; RD 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo.
DOUTRINA:
ALZATE SAEZ DE HEREDIA, R., Análisis y resolución de conflictos: una perspectiva psicológica, Bilbao, 1998.
BANACLOCHE PALAO, J., Los nuevos expedientes y procedimientos de jurisdicción voluntaria. Análisis de la ley 15/2015, Ed. La Ley, 2015.
BARONA VILAR, S., Mediación penal. Fundamento, fines y régimen jurídico, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
BARONA VILAR, S., Mediación en asuntos civiles y mercantiles en España. Tras la aprobación de la Ley 2/2012, de 6 de julio, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2013.
BUDJAC CORVETTE. B.A., Técnicas de negociación y resolución de conflictos (trad. Alba Ramirez, V.C.), Ed. Pearson Educación, México, 2011.
CREMADES SANZ-PASTOR, J. A., El arbitraje de derecho privado en España, Ed. Tirant lo Blanch, 2014.
ETXEBERRÍA GURIDI, J. F. (Dir.), Estudios sobre el significado e impacto de la mediación: ¿una respuesta innovadora en los diferentes ámbitos jurídicos?, Ed. Aranzadi Thomson Reuters, Navarra, 2012.
FERNÁNDEZ DE BUJÁN (dir.) / SERRANO DE NICOLÁS (coord..) y otros, Comentarios a la Ley 15/2015, de Jurisdicción voluntaria, Ed. Aranzadi, Navarra, 2016.
FERNÁNDEZ GIL, C., Cuestiones prácticas sobre jurisdicción voluntaria. Práctica jurídica, Ed. Tecnos, 2016.
GONZÁLEZ GRANADA, P., Quo vadis, jurisdicción voluntaria? (La reestructuración parcial de la materia en la Ley 15/2015) Ed, Reus, 2015.
MARTINEZ DE SANTOS, A., El acto de conciliación en la nueva Ley de Jurisdicción Voluntaria, Diario La ley, nº 8699, 10 de febrero de 2016.
SANTOS MARTINEZ, A.M., La conciliación tras la entrada en vigor de la Ley 15/2015, de jurisdicción voluntaria, Revista jurídica de Castilla y León, nº 38, enero 2016.
SOLETO MUÑOZ, H., Mediación y resolución de conflictos: Técnicas y ámbitos, Ed. Tecnos, Madrid 2011.
SOLETO MUÑOZ, H. & OTERO PARGA, M., Mediación y resolución de conflictos. Habilidades para una necesidad emergente, Ed. Tecnos, Madrid 2007.
Nas clases irase anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que resulte precisa en cada momento para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que lles son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant eon line, La Ley Digitil, El Derecho, etc.
COMPETENCIAS BÁSICAS (CB)
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
COMPETENCIAS XERAIS (CG)
CG1 - Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2 - Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3 - Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4 - Capacidade de organización e planificación.
CG5 - Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6 - Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8 - Capacidade de resolución de problemas.
CG9 - Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10 - Capacidade de argumentar tanto de forma oral coma escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11 - Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12 - Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, rego ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3 - Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4 - Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE7 - Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8 - Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10 - Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 - Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Utilizarase para actividades presenciais que non requiren unha participación activa dos estudantes. Poderan ter diferentes formatos (clases expositivas, presentación de materiais audiovisuais, etc.) e contarán con apoio de medios audiovisuais e informáticos, ao tempo que se procurará a maior implicación do alumno. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, dende a óptica da práctica, presenta cada tema; presentaranse os supostos prácticos a resolver, os temas ou cuestións a expoñer/debater e os traballos realizar. Inclúense aquí tamén a realización de exames (controis, parciais, finais). Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
b) Docencia interactiva: Organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, simulacións de actuacións profesionais que se programen, etc. Inclúese tamén aquí actividades consistentes en visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional, e de avaliación do tipo: na aula de informática mediante sistemas de docencia virtual, exposición de traballos, memorias, etc.
Tanto nas clases expositivas como interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual e colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Ao utilizar o método do caso preténdese que os alumnos estuden a situación, definan os problemas, cheguen ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contrasten ideas, as defendan e as reelaboren con novas achegas.
c) Titorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación de exposicións, busca e selección de material bibliográfico, revisión de prácticas ou problemas, etc. Na aula, grupos reducidos ou personalizadas para aqueles alumnos que as precisen e nos temas que revistan unha especial dificultade. Nelas atenderase aos alumnos para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e actividades da materia.
A actividade a desenvolver polo alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e institucións básicas da materia.
- Busca de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a conferencias, xuízos e outras actividades de índole similar programadas polo profesor.
- Proceder á resolución dos supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de xeito individual coma en grupo.
- Aplicación das normas e a xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na clase e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periódicamente nos programas de titorías.
a) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% da nota final, a realización de probas teórico-prácticas de coñecementos e habilidades un 30%, a elaboración de traballos escritos, exposicións orais, simulacións de actuacións e outras actividades un 60% da nota final.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece as partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para os efectos de que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
A efectos de la Normativa de Permanencia en las Titulacións do Máster, todas las actividades realizadas tanto durante como fuera de las clases, así como la asistencia a las clases serán valoradas. Por tanto, para que el alumno figure como “no presentado" en la correspondiente convocatoria será necesario que no asista a ninguna clase, no realice ninguna actividad ni se presente al examen.
b) Exame final
Os alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder ao devandito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia ás clases superior ao 60% (unha porcentaxe de asistencia inferior leva consigo a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia).
Os alumnos con dispensa de asistencia ás clases deberán acudir directamente ao exame final da materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución de varios supostos prácticos (tipo casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
c) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
- Docencia expositiva 9 horas
- Docencia interactiva 13 horas
- Titorías 2 horas
- Traballo persoal do alumno 51 horas
A axeitada preparación da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema, previamente lido, e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe encontrar excesivo problema en superar sastifactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina; trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e de preguntar nas clases habitualmente todas as súas dúbidas.
Polo tanto, recoméndase a asistencia habitual ás clases e titorías, e a realización dos diferentes traballos e actividades programadas polos profesores; así como efectuar un manexo habitual dos materiais normativos, xurisprudenciais, doctrinais e documentais que recomenden os profesores.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
Lotario Vilaboy Lois
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814634
- Correo electrónico
- lotario.vilaboy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade