Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Dereito Administrativo, Área externa M.U en Avogacía (L)
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta materia ten por obxecto que o alumnado adquira os coñecementos, as habilidades, destrezas e actitudes propias do ámbito da actuación ordinaria e sancionadora das administracións públicas e domine a actuación procesual no seo da "xurisdición contencioso-administrativa", revisora da correcta actuación da Administración, para un adecuado exercicio profesional.
Máis concretamente, preténdese que o alumnado coñeza e manexe con corrección:
- A distinción entre os diferentes ámbitos e estadios da Administración: Territorial, Institucional (Organismos Públicos) e Corporativa. Obter un grao de coñecemento moi preciso da estrutura orgánica da Administración.
- As características do acto administrativo.
- O procedemento de elaboración do acto administrativo.
- As singularidades do procedemento administrativo.
- Os actos de comunicación e notificación.
- As consecuencias da falta de resolución nos prazos legalmente establecidos e, en particular, o réxime do silencio administrativo positivo e negativo, así como o modo de facelo valer.
- As alegacións e os recursos administrativos.
- O réxime dos recursos administrativos máis habituais, as súas diferenzas e procedencia.
- O principio de legalidade e as súas principais manifestacións.
- Os dereitos e deberes da cidadanía.
- Os dereitos e deberes da Administración en relación co administrado.
- As particularidades da potestade administrativa sancionadora e, en especial, os seus límites, así como as diferenzas e analoxías co proceso penal.
- O ámbito da xurisdición contencioso-administrativa.
- As vinculacións entre o procedemento e o proceso contencioso-administrativo.
- As condicións para ser parte no proceso contencioso-administrativo.
- Os requisitos e as especialidades do proceso contencioso-administrativo.
- Os distintos procedementos no terreo contencioso-administrativo, así como as medidas cautelares, momento da súa solicitude e utilidade.
- A diferenciación entre as distintas formas de terminación do proceso de modo extraxudicial.
- O procedemento de execución das resolucións xudiciais.
- Saber elixir o tipo de actuación máis adecuada ás distintas situacións relacionadas cos problemas expostos entre as administracións públicas e os administrados.
- Saiba redactar escritos, solicitudes, documentos, instancias, recursos, protocolos de actuación… en orde a desenvolverse e relacionarse xuridicamente coas diferentes administracións públicas. Obteña a capacitación necesaria para a redacción de escritos forenses na vía xurisdicional, tales como demandas, conclusións, recursos etc. así como para a intervención oral nos actos de vista.
- Ser capaz de integrar a defensa e protección dos dereitos, no marco das relacións entre os cidadáns, entidades e outras partes interesadas coa Administración pública.
Parte I. PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO.
CONTIDOS:
1. A normativa reguladora do procedemento administrativo: a) Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións públicas; b) Principios xerais do procedemento administrativo.
2. Os suxeitos do procedemento administrativo: especial referencia aos "interesados".
3. Actos expresos e presuntos; a obrigación de resolver.
4. Termos e prazos no procedemento. Anulabilidade e nulidade.
5. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e finalización.
6. Os recursos administrativos: Alzada, reposición e revisión.
7. A administración electrónica.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Aprender a distinguir entre os diferentes ámbitos e estadios da Administración: Territorial, Institucional (Organismos Públicos) e Corporativa.
- Obter un grao de coñecemento moi preciso da estrutura orgánica da Administración.
- Exame das características do acto administrativo.
- Procedemento de elaboración do acto administrativo.
- Estudo das singularidades do procedemento administrativo.
- Coñecemento dos actos de comunicación e notificación.
- Coñecer as consecuencias da falta de resolución nos prazos legalmente establecidos e, en particular, o réxime do silencio administrativo positivo e negativo, así como o modo de facelo valer.
- Coñecer en profundidade as alegacións e os recursos administrativos.
- Coñecemento do réxime de recursos máis habituais, as súas diferenzas e procedencia.
Habilidades:
- Asumir o rol de avogado/a valorando desde o principio a expectativa de vencemento e custo.
- Descartar o uso de formularios para conseguir que o alumno/a automatice os seus propios escritos e se familiarice con eles, sen prexuízo do seu uso como mecanismo de corrección unha vez realizados os traballos encomendados.
- Alcanzar soltura no manexo dos actos de comunicación. Notificación defectuosa.
- Distinguir entre actos expresos e presuntos.
- Diferenciar os distintos tipos de nulidade, anulabilidade e invalidez dos actos administrativos e as súas consecuencias.
- Manexar con soltura os termos e prazos do procedemento. Cómputo. Días e meses.
- Elaborar con soltura peticións, solicitudes e instancias ante a Administración de forma correcta, expoñendo con precisión, claridade e brevidade o que se pretende.
- Reaccionar con exactitude e prontitude aos actos de execución da Administración.
Actitudes:
- Analizar con detemento as fases do procedemento.
- Valorar os dereitos e deberes da cidadanía ante a Administración.
- Valorar a forma de exercicio dos dereitos e deberes dos cidadáns.
- Valorar a importancia dos actos de comunicación e dos vicios do acto administrativo, así como as súas consecuencias.
- Valorar a importancia de intervir na práctica da proba no procedemento común.
- Evitar a utilización de figuras administrativas nulas, anulables ou inválidas.
- Manter relacións correctas coas administracións públicas, co órgano e co funcionario/a ante o que nos atopemos, para conseguir a defensa máis eficaz posible dos dereitos e intereses do cliente.
TAREFAS:
- Con carácter xeral, elaboración de casos prácticos reais tramitados ou en tramitación.
- Con carácter xeral, corrección de viva voz de calquera exercicio práctico encargado ao alumno/a.
- Analizar, partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, diferentes supostos nos que se discuta a natureza do acto administrativo.
- Procurar, desde a "posta en escena" dun caso práctico real, que o alumnado razoe, dialogue e coñeza os criterios xurisprudenciais sobre o procedemento administrativo.
- Formular un problema e analizar como se debe actuar: quen, a quen, que e como.
- Elaborar un protocolo de actuación ao facerse cargo do asunto.
- Encomendarlles aos alumnos a realización dalgunha xestión persoal ante a Administración.
- Facilitar unha relación de supostos para determinar en cales opera o silencio administrativo (positivo ou negativo).
- Examinar notificacións e escritos de diversos ámbitos e determinar os seus defectos.
- Entregar expedientes administrativos para analizar e detectar posibles defectos.
- Redactar escritos por partes (encabezamentos e solicitudes) con diversas variantes.
- Redactar solicitudes e peticións dirixidas á Administración (p.e., facendo valer o silencio administrativo, con aplicación de lexislación, doutrina e xurisprudencia).
- Preparar un esquema previo no que se delimiten os motivos de impugnación.
- Analizar diversos supostos e determinar a impugnación procedente, así como redactar os escritos de referencia con variedade de supostos.
Parte II. PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO SANCIONADOR.
CONTIDOS:
1. A potestade sancionadora da Administración. Fundamento constitucional e límites.
2. Os principios de legalidade: reserva de lei e tipicidade. Transposición dos principios do dereito penal ao ámbito do dereito administrativo sancionador. Normativa reguladora: Lei 40/2015 de 1 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público.
3. O principio "non bis in idem". Prexudicialidade penal: efectos.
4. Exercicio da potestade sancionadora. Exame da diversa normativa procedimental de aplicación. A caducidade do procedemento.
5. A importancia da proba no procedemento administrativo sancionador.
6. A responsabilidade e a culpabilidade das infraccións administrativas.
7. Concepto, clases e gradación das sancións administrativas. Principio de proporcionalidade.
8. A extinción das infraccións e as sancións administrativas.
9. Garantías constitucionais no procedemento sancionador e a denuncia da súa infracción no procedemento administrativo.
10. O principio "nulla pena sine iudicio" e a executoriedade dos actos sancionadores da Administración.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o principio de legalidade, irretroactividade, tipicidade, responsabilidade e proporcionalidade e as súas principais manifestacións.
- Coñecer os dereitos e deberes da cidadanía.
- Coñecer os dereitos e deberes da Administración en relación co administrado.
- Coñecer as particularidades da potestade administrativa sancionadora e, en especial, os seus límites, así como as diferenzas e analoxías co proceso penal.
Habilidades:
- Detectar a presenza ou omisión das garantías procesuais e constitucionais na actividade administrativa sancionadora.
- Redactar con precisión, claridade e brevidade escritos de alegacións en procedementos sancionadores.
Actitudes:
- Evitar a utilización de figuras anticonstitucionais ou con garantías nulas.
TAREFAS:
- Con carácter xeral, elaboración de casos prácticos reais tramitados ou en tramitación.
- Con carácter xeral, corrección de viva voz de calquera exercicio práctico encargado ao alumno/a.
- Exercicios prácticos de utilización dos principios esenciais do procedemento administrativo sancionador, para que sexan detectados polos alumnos.
- Identificar a normativa procedimental e sancionadora de aplicación.
- Procurar, desde a "posta en escena" dun caso práctico real, que o alumnado razoe, dialogue e coñeza os criterios xurisprudenciais sobre o procedemento administrativo sancionador que se lles expoña.
- Formular diversos supostos sobre a subordinación da potestade administrativa á xurisdición penal, para que os alumnos debatan sobre a súa legalidade.
- Debater acerca das principais particularidades que presenta a executoriedade dos actos administrativos sancionadores da Administración.
- Examinar notificacións e escritos de diversos ámbitos e determinar os seus defectos (sancións de tráfico, transportes, etc.).
- Preparar un esquema previo no que se delimiten os motivos de impugnación.
- Redactar escritos de alegacións e desca rgo, con proposición de proba, etc. Recursos.
Parte III. A ORDE XURISDICIONAL CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA.
CONTIDOS:
1. Ámbito.
2. Competencia obxectiva, funcional e territorial. Extensión: efectos. As cuestións prexudiciais e incidentais.
3. Órganos xurisdicionais.
4. Partes: demandante, demandado e codemandados; capacidade, postulación e lexitimación.
5. Obxecto: O carácter revisor do acto administrativo e a superación do carácter revisor. Actividade administrativa impugnable. Pretensións. Acumulación. Contía.
6. As medidas cautelares: Problemática e tramitación. A suspensión do acto recorrido e a caución.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito da xurisdición contencioso-administrativa.
- Coñecer as vinculacións entre o procedemento e o proceso administrativo.
- Coñecer as condicións para ser parte no proceso administrativo.
- Coñecer os requisitos e as especialidades do proceso administrativo.
- Medidas cautelares, momento da súa solicitude e utilidade.
Habilidades:
- Desenvolverse con soltura nas distintas posicións procesuais.
- Saber determinar a competencia obxectiva e territorial.
- Manexar con solvencia os diferentes escritos procesuais.
- Utilizar adecuadamente as medidas cautelares.
Actitudes:
- Tomar conciencia da rigorosidade dos sinalamentos e dos prazos.
- Valorar os posibles beneficios da interposición do recurso tendo en consideración, sobre todo, a resolución das medidas cautelares.
- Preparar de forma responsable os procesos en que se debe intervir como avogado da parte.
TAREFAS:
- Con carácter xeral, elaboración de casos prácticos reais tramitados ou en tramitación.
- Con carácter xeral, corrección de viva voz de calquera exercicio práctico encargado ao alumno/a.
- Examinar, en grupo ou individualmente, varios expedientes administrativos para determinar a estratexia que se debe seguir.
- Preparar un esquema no que se delimiten os motivos de impugnación.
Parte IV. PROCESO ADMINISTRATIVO (declarativo ordinario).
CONTIDOS:
1. Interposición. Prazos.
2. Emprazamento aos interesados e admisión do recurso.
3. Demanda, contestación e alegacións previas. Prazos: notificación electrónica, especial referencia ao seu cómputo.
4. Proba.
5. As opcións da fase final. Vista e conclusións.
6. A terminación do procedemento: Sentenza (contido, extensión e límites); Outras formas de terminación (desistencia, conformidade coa demanda e conciliación).
7. Taxas e custas procesuais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito e a tramitación deste proceso.
Habilidades:
- Desenvolverse con soltura nas distintas posicións procesuais e trámites deste proceso.
- Corrección técnica e forense da actuación na vista.
Actitudes:
- Preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como abogado/a da parte.
TAREFAS:
- Con carácter xeral, elaboración de casos prácticos reais tramitados ou en tramitación.
- Con carácter xeral, corrección de viva voz de calquera exercicio práctico encargado ao alumno/a.
- Redactar escritos de demanda contra diferentes actos administrativos.
- Asistir a tribunais para presenciar a práctica da proba.
- Elaborar un protocolo persoal para acudir á vista.
- Realizar simulacións da fase oral do proceso ordinario ocupando as diferentes posicións procesuais.
- Utilizar as bases de datos para buscar lexislación, xurisprudencia e doutrina nas que apoiar a fundamentación da demanda.
Parte V. PROCESO ADMINISTRATIVO (abreviado e declarativos especiais).
CONTIDOS:
1. O procedemento abreviado.
a) Ámbito.
b) Particularidades procesuais respecto do proceso ordinario.
c) A vista do procedemento abreviado.
2. Os procedementos especiais.
a) O procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa.
b) Outros procedementos especiais: cuestión de ilegalidade, suspensión administrativa previa de acordos, extinción de partidos políticos, etc.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito e a tramitación do proceso abreviado.
- Coñecer as particularidades dos procesos especiais.
Habilidades:
- Desenvolverse con soltura nas distintas posicións procesuais e trámites do procedemento abreviado.
- Corrección técnica e forense da actuación na vista.
- Identificar o suposto de feito que xustifica acudir a un procedemento especial.
Actitudes:
- Preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado/a da parte.
TAREFAS:
- Con carácter xeral, elaboración de casos prácticos reais tramitados ou en tramitación.
- Con carácter xeral, corrección de viva voz de calquera exercicio práctico encargado ao alumno/a.
- Redactar os escrito de parte máis habituais nestes tipos de procesos.
- Elaborar un protocolo persoal para acudir á vista.
- Realizar simulacións da fase oral do proceso abreviado ocupando as diferentes posicións procesuais.
- Utilizar as bases de datos para buscar lexislación, xurisprudencia e doutrina nas que apoiar a fundamentación da demanda.
Parte VI. PROCESO ADMINISTRATIVO (recursos).
CONTIDOS:
1. O sistema de recursos.
2. Os recursos contra resolucións procesuais do Letrado da Administración de Xustiza.
3. Os recursos contra providencias e autos interlocutorios.
4. O recurso de apelación: a) Resolucións recorribles; b) Tramitación procedimental.
5. O recurso de casación: a) Resolucións recorribles; b) Tramitación procedimental.
6. O proceso de revisión: a) Resolucións revisables; b) Tramitación procedimental.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o sistema de recursos no proceso administrativo, así como a técnica de tramitación dos máis habituais.
Habilidades:
- Detectar os motivos de impugnación da resolución xudicial e elixir o recurso adecuado.
- Desenvolverse con soltura en cada un dos trámites dos diversos recursos.
Actitudes:
- Estar atento ás notificacións das resolucións e prazos para interpoñer os recursos.
- Preparar de forma responsable os procesos nos que se debe intervir como avogado da parte.
TAREFAS:
- Exame de sentenzas desde a perspectiva da súa impugnación: análise dos feitos declarados probados; posible predeterminación da decisión na redacción dos feitos; estudo da fundamentación xurídica, motivación suficiente; estudo dos diferentes motivos de impugnación e do recurso adecuado, etc.
- Utilizar as bases de datos para buscar lexislación, xurisprudencia e doutrina en que apoiar a fundamentación do recurso e/ou da oposición.
- Redactar os escritos de parte propios dos recursos máis frecuentes.
- Realizar tramitacións simuladas dos recursos máis habituais.
Parte VII. PROCESO ADMINISTRATIVO (execución de resolucións xudiciais).
CONTIDOS:
1. O papel da Administración e dos órganos xurisdicionais na execución contencioso-administrativa.
2. Execución voluntaria e execución forzosa.
3. Incidentes: Suspensión, inexecución, expropiación e imposibilidade de execución.
4. As diferentes modalidades de execución: a) Sentenzas que condenan ao pago dunha cantidade líquida; b) Sentenzas que comportan obrigacións de facer.
5. A extensión da execución e efectos da sentenza a suxeitos que non foron parte no proceso.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as particularidades do proceso de execución de sentenzas.
Habilidades:
- Desenvolverse con soltura nos diferentes trámites propios do proceso de execución.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de poñer ou non en marcha os mecanismos propios da execución de resolucións xudiciais.
TAREFAS:
- Con carácter xeral, elaboración de casos prácticos reais tramitados ou en tramitación.
- Con carácter xeral, corrección de viva voz de calquera exercicio práctico enc argado ao alumno/a.
- Redactar os escritos de parte propios máis habituais no proceso de execución.
NORMATIVA:
- Constitución Española.
- Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa.
- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
- Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
- Real Decreto 320/1994, do 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Procedemento Sancionador en materia de Tráfico, Circulación de vehículos a motor e Seguridade Vial.
DOUTRINA:
COSCULLUELA MONTANER, L.: Manual de Derecho Administrativo. Parte general, Ed. Civitas, Cizur Menor, (última edición).
ESTEVE PARDO, J.: Lecciones de Derecho administrativo, Ed. Marcial Pons, Madrid, (última edición).
FERNÁNDEZ FARRERES, G.: Sistema de Derecho Administrativo, Ed. Civitas, Cizur Menor, (última edición).
GAMERO CASADO, E, y FERNÁNDEZ RAMÓN, S. Manual básico de Derecho Administrativo, Ed. Tecnos (última edición)
GARCÍA DE ENTERRÍA, E., y FERNÁNDEZ, T.R. : Curso de Derecho Administrativo, I, Ed. Civitas, Cizur Menor, (última edición).
GONZÁLEZ PÉREZ, J., Comentarios a la Ley de la jurisdicción contencioso administrativa, Ed. Civitas (última edición).
Memento práctico Admnistrativo, Ed. Francis Lefebvre (última edición).
MENÉNDEZ GARCÍA, P. (dir.) EZQUERRA HUERVA, A. Lecciones de derecho administrativo. Ed. Civitas (última edición)
SÁNCHEZ MORÓN, M.: Derecho Administrativo. Parte general, Ed. Tecnos, Madrid, (última edición).
SANTAMARÍA PASTOR, J.A.: Principios de Derecho Administrativo General, I, Ed. Iustel, Madrid, (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que lles son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, etc.
Co estudo desta materia o alumno/a obterá unha serie de coñecementos, habilidades e destrezas que lle permitirán iniciar procedementos administrativos ante as diferentes administracións públicas e efectuar o seu seguimento durante a tramitación administrativa, respondendo ás incidencias que poidan presentarse desde o punto de vista fáctico e xurídico, e intervindo en defensa do seu cliente de modo eficaz ante a Administración, na xestión e control dos expedientes administrativos.
Así mesmo, o alumno/a realizará unha aprendizaxe no terreo do procedemento iniciado de oficio pola Administración, en especial no réxime sancionador, obtendo a experiencia necesaria para redactar toda clase de alegacións, pregos de descargo e recursos nas súas diferentes modalidades ata o inicio da vía xurisdicional.
Na vía propiamente contencioso-administrativa o alumno/a profundará desde un punto de vista práctico, nas cuestións procesuais (xurisdición, competencia, capacidade, lexitimación, procedemento, contía, postulación...) e, en particular, coidará o enfoque da lexitimación pasiva, interpoñer e contestar recursos contencioso-administrativos, demandas, dominar a técnica probatoria, elaborar escritos de interposición, impugnación e oposición de recursos, así como procurar garantir o éxito da pretensión executiva.
Co estudo desta materia o alumnado obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán:
- Ter un grao de coñecemento preciso da estrutura orgánica da Administración.
- Ser consciente dos dereitos e deberes da cidadanía, así como da Administración co administrado.
- Familiarizarse co funcionamento ordinario e especial (ou sancionador) das administracións públicas.
- Realizar os trámites máis habituais propios do procedemento administrativo e saber que facer nos casos de falta de resolución nos prazos legalmente establecidos.
- Interpoñer os recursos administrativos máis habituais.
- Manexarse con soltura nos procedementos ordinarios e nos procedementos especiais máis habituais propios da xurisdición contencioso-administrativa.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía propia do procedemento administrativo e do proceso contencioso-administrativo e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases e a realización das actividades programadas polo profesorado, obterá unha visión global do procedemento administrativo e do proceso contencioso-administrativo, así como dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, ademais das distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB):
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias xerais (CG):
CG1 - Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2 - Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3 - Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4 - Capacidade de organización e planificación.
CG5 - Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6 - Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8 - Capacidade de resolución de problemas.
CG9 - Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10 - Capacidade de argumentar tanto de forma oral coma escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11 - Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12 - Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT):
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE):
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3 - Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4 - Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5 - Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre abogados.
CE7 - Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8 - Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determi nantes para o asesoramento xurídico.
CE10 - Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 - Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar ós alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver os alumnos/as, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaborarlas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas atenderanse os alumnos/as para analizar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
a) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e realización de probas teórico-prácticas un 50%, a elaboración de traballos e exposicións orais un 40%.
Deste modo obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e realización de probas teórico-prácticas un 50%, a elaboración de traballos e exposicións orais un 40% da nota final.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece as partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para os efectos de que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións do Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como "non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
b) Exame final
Os alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder ao devandito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia real ás clases superior ao 60% (unha porcentaxe de asistencia inferior leva consigo a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia).
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución de varios supostos prácticos (tipo casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases deberá solicitar dispenaa de asistencia. A comisión académica do máster valorará, á hora de concedela ou denegala, se a materia esixe a asistencia, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, etc., pois, como regra xeral, todas as materias do máster presentan un compoñente práctico que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
c) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificaciones. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Administrativa I" ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo: 75
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o alumno/para debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia. Resulta aconsellable tamén ter aprobada a materia de Práctica Xurídica Civil I que se imparte no primeiro semestre do máster.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
Alejandro Villanueva Turnes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros